Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

CPR Plurilingüe Miraflores

Urbanización Monterrei Rúa Un nº9

32710 Pereiro de Aguiar

secretaria@colegiomirafloresourense.es

O Colegio Miraflores aposta por un modelo integral que ofrece formación dende os 4 meses ata a entrada na Universidade.

1.2. Contextualización do PD no centro.  Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

As Tecnoloxías da Información e Comunicación son unha ferramenta de aprendizaxe, investigación e comunicación integrada no traballo das diferentes áreas curriculares ao longo das diferentes etapas educativas coas que contamos. O computador, a tableta dixital e os dispositivos táctiles son unha ferramenta habitual de traballo na sociedade actual que nos rodea, é por iso polo que cremos preciso estimular ao alumnado, aos equipos docentes e tamén aos pais e nais a coñecer estas novas tecnoloxías para seguir abrindo camiños á creatividade e á investigación, incorporando ao proceso de ensino/aprendizaxe as posibilidades que nos ofrecen.

É por isto que o centro non pode permanecer á marxe do desenvolvemento que as TIC están a ter na sociedade xa que posibilitan novos xeitos de comunicación e están a traer novas actitudes na xuventude o que implica a súa incorporación como un recurso máis ao proceso de ensino/aprendizaxe e asemade un gran reto para os docentes, pois abre novas posibilidades didácticas que hai que explorar; como é a utilización do traballo por proxectos como referente fundamental no proceso de ensino/aprendizaxe xa que é nestes proxectos de investigación onde as TIC cobran o seu máximo significado.

O Colexio conta con un departamento TIC, este departamento xorde da necesidade do centro de coordinar a acción educativa no ámbito das TIC’s..

No Colexio desenvólvese dende fai 6 anos o Proxecto Mobile Learning onde os alumnos dende 6 EP ata Bacharelato traballan con IPads xestionados polo Colexio.

1.3. Breve xustificación do mesmo

O Plan dixital baséase no seguinte marco legal:

-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

-Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

O PD está directamente vinculado co proxecto de centro xa que todos os obxectivos deste PD están relacionados coa formación contunuada do alumnado e profesorado.

O centro pretende ofrecer os seus alumnos unha formación integral facilitando a adquisición dunha elevada preparación persoal que lle permita construír o seu futuro con plena liberdade e con forme ás súas aspiracións. Proporciona un clima de traballo no que o dominio das tecnoloxías constitúe un elementos básicos do proxecto educativo.

Infraestructura, equipamento e servizos dixitais

As seguintes táboas recollen a información sobre a situación de partida en canto a recursos materiais, contidos e actividades realizadas no centro de maneira dixital e a continuación indícanse as medidas de actuación do actual Plan TIC xa en funcionamento no centro.

***Táboas en ANEXO I

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foi o informe SELFIE.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7. Dispositivos de alumnos xestionados polo centro con certas limitacións de uso Alumnado Si
Debilidade C14. Amplias instalacións complican acceso wifi Infraestruturas Si
Debilidade C2. Uso de dispositivos persoais nas aulas EP (dispositivos obsoletos en Aulas EP) Infraestruturas Non
Debilidade B1 Xornadas axustadas. Escaso tempo para avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade A4 Docentes con xornadas moi apretadas. Pouco tempo disponible para exploración Persoal docente Si
Fortaleza C8. IPads propios dos alumnos a partir de 6º EP e ata 2 Bach C2 Smarts TV aulas ESO e BACH Alumnado Si
Fortaleza C10.Aula de informática dotada de dispositivos suficientes para o total de alumnos (1 sola liña no momento actual) Alumnado Si
Fortaleza C13 Nivel socioeconómico xeral alto Familias Si
Fortaleza C14. Amplias instalacións C10.Aula de informática dotada de dispositivos Infraestruturas Si
Fortaleza H1 Oferta de extraescolares ESO-EP centradas no uso seguro e responsable das tecnoloxías Oferta Non
Fortaleza B4 Grandes oportunidades de sinerxias para o ensino e o aprendizaxe: proxectos Erasmus B4 Amplo uso de Educamos e Teams en toda a organización alumnado e docentes Organización de centro Si
Fortaleza A3. Docentes xóvenes A3. Fomento da innovación desde dirección B2.Claustro reducido. Persoal docente Si
Fortaleza B3 Proxectos interdisciplinares que fomenta a colaboración dixital E1 Uso habitual de recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza D3. Persoal non docente valorado e implicado na vida diaria do centro Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1 Administración centralizada en poucas persoas Administración educativa Non
Ameaza Centro pequeno. Pouca representación ANPA ANPA Non
Ameaza Centro situado en entorno natural relativamente lonxano a núcleo urbano Contorna Non
Ameaza C7. Amplo uso de dispositivos persoais no manexo de datos sensibles Lexislación Si
Oportunidade Posibilidade de formación continua destinada ao profesorado Administración educativa Si
Oportunidade Centro pequeno. Pouca representación AMPA ANPA Non
Oportunidade Centro situado en entorno natural relativamente lonxano a núcleo urbano Contorna Non
Oportunidade B4 Prácticas en empresas privadas bach Contorna Non
Oportunidade Gabinete externo de consulta xurídica Lexislación Non
Oportunidade B3. Colaboracións con Mexico, Turkía, Portugal, Letonia, Embaixada Europea. (Activo Dept de internacioanlización e proxectos Erasmus) B4 Colaboración coa administración local e autonómica Outras Non
Oportunidade B4. Acordos coa UNED Outras Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del diseñamos o Plan de Acción.

Partindo das reflexión do PD 2022/2023, manteremos o mesmo obxectivo que reformularemos para facilitar a súa consecución, os seguintes obxectivos: 

- Capacitar ao alumando no uso seguro e responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ("Pegada Dixital")

- Implementar na aula o aprendido na formación do profesorado sobre a intelixencia artificial    

- Formar ao profesorado sobre a xestión dos materiais na aula concedidos de "Polos Creativos"    

- STEM BACH: traballar en contextos que favorezan un pleno desenvolvemento das competencias dixitais

- Concienciar ao alumnado sobre os perigos das rrss e súa adición ("Plan Director, entre outros")

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Capacitar ao alumando no uso seguro e responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
O02PD Implementar na aula o aprendido na formación do profesorado sobre a intelixencia artificial
O03PD Formar ao profesorado sobre a xestión dos materiais na aula concedidos de "Polos Creativos"
O04PD STEM BACH: traballar en contextos que favorezan un pleno desenvolvemento das competencias dixitais
O05PD Concienciar ao alumnado sobre os perigos das rrss e súa adición.

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente reunirase o equipo para valorar o avance do obxectivo do PD.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Presente Plan avaliarase unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital será público para a Comunidade Educativa e estará dispoñible no Servidores do colexio.

https://www.colegiomirafloresourense.es/plandigital/

Neste curso 2023/2024 a nova versión do PD porase a disposición da comunidade educativa a través da seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32020720