Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro

Nome: C.E.I.P Filomena Dato

Dirección: Rúa do ensino, nº4- CP 32890 - A Valenzá -Barbadás- Ourense.

Teléfono e fax: 988244869

e-mail: ceip.filomena.dato@edu.xunta.es

páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfilomenadato

Niveis educativos que se imparten: Educacion Infantil e Primaria

Numero de alumnado:300

Número de profesorado: 29

1.2 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo de centro.

Os veciños de Barbadás traballan principalmente na construcción, o comercio, os servizos e a industria, quedando nas ultimas decadas a agricultura e a gandaria relegadas aos últimos lugares do ranking municipal das diferentes dedicacións laborais.

Atopámonos con que a maior parte dos pais e nais do alumnado só posúen os estudos elementais ou medios, sendo unha minoría os que realizaron estudos universitarios.

Con todo esto podemos concluir que o nivel socioeconómico e cultural das familias é , en xeral, medio-baixo.

O plan dixital contribuirá de maneira directa á consecucción dos obxectivos establecidos no Proxecto Educativo e relacionarase cos outros plans nos que participa o centro: Plan Proxecta, Contratos Programa, PLAMBE ( no caso de que o concedan) ,...

Este plan terase en conta na PXA do curso 23/24

1.3 Breve xustificación do mesmo

Normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

Art.111 bis, Art.121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Disposicion adicional quinta da resolución 17 de xuño de 2021, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso academico 2021-2022

Disposicion adicional terceira da resolucion do 18 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucción para o desenvolvemento dos ciclos formativos de fp do sistema educativo no curso 2021-2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formacion Profesional, pola que se ditan as instruccións para o deseño. elaboración  e implementación do Plan DIxital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4 Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital  participaron 6 mestres/as. O proceso levase a cabo a través de reunións periódicas, xornadas formativas, traballo individual e grupal.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa foron o Test SELFIE, o Test CDD, enquisas, debates e distintas reunión no PFPP

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Escaso dominio de ferramentas ofimáticas Alumnado Si
Debilidade 1. Descoñecemento do uso e existencia de determinadas ferramentas e aplicacións dixitais. Familias Si
Debilidade Non están actualizados os equipamentos e redes. Equipamentos insuficientes. Necesitamos de persoal externo para resolver incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Debilidade . O centro non participa no Proxecto EDIXGAL. Oferta Non
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbtito dixital 2.Non existe unha estratexia dixital. 3. Non existe certificación en competencias dixitais. Organización de centro Non
Debilidade 1. Falta de motivación do profesorado. 2. O profesorado non emprega tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Si
Fortaleza 1.O alumnado sí aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza . Están dispostas a empregar os seus medios para que o alumnado poida seguir o ensino non presencia Familias Non
Fortaleza . Suficientes espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza Dispoñemos de Aula Virtual en funcionamento e o uso do Espazo Abalar para comunicacións coas familias. Oferta Non
Fortaleza . Existen canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Fortaleza 1.Si se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. 2. Suficiente participación en proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Insuficientes equipos para o ensino. 2. Non están actualizados os equipamentos nin as redes. Administración educativa Si
Ameaza 1. Problemas de conectividade do alumnado. 2.Insuficientes equipos para a aprendizaxe. 3. Non existe reflexión sobre TIC. Contorna Non
Ameaza 1. Cambios constantes na lexislación educativa Lexislación Si
Oportunidade 1. Adecuada oferta de actividades formativas. 2. Moitas aplicacións en liña dispoñibles Administración educativa Non
Oportunidade 1. Adecuada participación das familias. 2. Boa relación coa ANPA 3. Boa participación das familias. ANPA Non
Oportunidade 1. Bo uso das TIC para comunicación regular e ben organizada 2. Boa colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Contorna Non
Oportunidade 1. Bo coñecemento da lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade 1. Mellora da relación do centro con outras entidades. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a travès do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno,  e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas nas presente análise DAFO sinaladdas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os items en obxectivos qe trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na segunte lapela.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD 1. Establecer un equipo de profesores para a dinamización do plan dixital do centro.
O02PD 2. Actualizar e renovar a páxina web e a rede wifi do centro
O03PD 3. Coñecer e utilizar aplicacións ou programas no ámbito dixital mellorando as competencias básicas do profesorado.
O04PD 4. Crear un aula de informática portátil e ampliar zona de uso informático
O05PD 5. Mellora das habilidades dixitais do alumnado
O06PD 6. Estudar as posibilidades do material de polos creativos para empregalos no curso 24/25

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, unha visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.

A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo:

O01PD  que consiste en potenciar o uso da Aula virtual e outros espazos virtuais entre a comunidade educativa.

En relación ao obxectivo O02PD que consiste en actualizar e renovar os dispositivos dixitais e a rede do centro están realizadas as accións AO2.1

En relación ao obxectivo O03PD que consiste en actualizar e renovar os dispositivos dixitais e a rede do centro están realizadas as accións AO2.1

En relación ao obxectivo O04PD que consiste en mellorar as competencias dixitais do profesorado están realizadas as accións AO3.1 ; AO3.2 ; AO3.3 ; AO3.4

En relación ao obxectivo O05PD que consiste en mellorar as habilidades dixitais do alumnado están realizadas as accións AO4.1

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre acadouse os obxectivos:

O02PD actualizaronse e renovarse os dispositivos dixitais e a rede do centro (protocolo DHCP)

O03PD acadouse o obxectivo

O04PD que consiste en mellorar as competencias dixitais do profesorado acadouse despois de realizado o curso coa profesora externa.

3º Trimestre

Ao longo do terceiro trimestre acadaronse os obxectivos:

AO4.3  acadouse o obxectivo

AO3.4 acadouse o obxectivo finalizando con éxito o plan de formación.

AO1.3 acadouse o obxectivo

AO1.1 acadouse o obxectivo

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento para a avaliación do Plan Dixital é o seguinte: 

Avaliación procesual: Unha vez ao trimestre. Valorarase:

                    - O estado da execucuon das accións

                    - A análise e valoración dos resultados e , de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Avaliación final: unha vez ao ano. Valorarase:

                    - Logro dos obxectivos

                    - Propostas de mellora

Valoración xeral

A valoración xeral é moi positiva, este ano acadaronse obxectivos que deberían terse producido fai algíns anos como a renovación e posta a punto da aula de informática que empezara fai tres anos pero por razóns de presuposto no pudiera acadarse. Activouse o protocolo DHCP que fai a conectividade moito máis fluida e sinxela. O profesorado, ainda en número reducido, comeza a empregar a aula dixital para poñer traballos, anuncios e explicacións, facilitando o proceso de ensino-aprendizaxe.  Quedan tarefas pendentes como a implicación de todos e todas nesta evolución cara o ensino dixital ou actualizado aos novos tempos sen deixar nunca atrás valores e ensinanzas positivas tradicionais.

Proposta de mellora

Implicar a todo o profesorado e alumnado no emprego das novas tecnoloxías para ampliar o uso da páxina web e aula virtual. 

Coñecer e empregar aplicacións ou programas no ámbito dixital por parte da comunidade educativa

Colaborar con outras entidades con charlas e talleres que expliquen ao alumnado a necesidade de seguridade e precaución nas rede

Ampliar as zonas de uso informático e a rede wifi do centro.

Ampliar e mellorar as habilidades dixitais do alumnaso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan A difusión do plan farase a través da páxina web do centro; quedando unha copia a disposición da Comunidade Educativa, na secretaría do mesmo