Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O IES Carlos Casares é un centro rural da alta montaña ourensá. Acolle alumnado dunha zona con innumerables núcleos illados de poboación, o que dificulta o acceso a ocio, oportunidades, cultura… de calidade.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa… O noso centro está a participar por cuarto ano consecutivo no proxecto de libros dixitais E-Dixgal. Neste senso, un grupo de 10 docentes vén de publicar material e recursos propios a través do portal educativo Recursos Abalar. Da mesma forma, o noso alumnado traballa con contidos dixitais a través de proxectos como Aprendo Programando ou Rapazas nas TIC (Plan Proxecta) e outros similares. Consideramos fundamental ofrecer ao noso alumnado as mesmas oportunidades que o resto de nenas e nenos galegos, sendo consciente que nos ubicamos nunha zona con problemas de comunicación e mobilidade.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

Agardamos seguir a participar no vindeiro curso no proxecto E-Dixgal así como en diferentes programas do Plan Proxecta. Concretamente o PD permitiranos por un lado garantir accesibilidade a toda a comunidade educativa e por outro a integración en diferentes proxectos, non só dixitais, senón tamén aqueles que utilizan o medios dixitais como vía. Reseñable tamén a oportunidade de formación para o profesorado en eidos coma a avaliación e autoavaliación dixital da práctica docente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  1. Autoavaliación SELFIE: resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa

  2. Test CDD: información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro, táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no TestCDD.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia dixital das familias mellorable Familias Si
Debilidade Falta da potenciación do uso ético de recursos e contornas dixitais Organización de centro Si
Debilidade Baixa aplicación das TICs no eido da autoavaliación da práctica docente e na avaliación e feedback do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Na actualidade non procede Persoal non docente Non
Fortaleza Puntuación superior a 4 na avaliación da competencia dixital ESO e FP Existencia de voluntariado TIC para resolución eventualidades aula Alumnado Si
Fortaleza Interese das familias na vida dixital do centro Familias Si
Fortaleza Dispoñibilidade de rede e equipamentos en cesión para todo o alumnado Infraestruturas Si
Fortaleza Participación en proxectos dixitais (E-Dixgal, Aprendo programando, continuidade nas liñas TIC do PFPP) que posibilita a aprendizaxe en entornos virtuais Oferta Si
Fortaleza Alumnado, profesorado e ED en todos os niveis valoran positivamente a estratexia disital do IES Organización de centro Si
Fortaleza Compromiso coa creación de materiais propios e no uso sistemático da aula virtual e na autoaprendizaxe Seis docentes de 27 con funcións de coordinación TIC Persoal docente Si
Fortaleza Na actualidade non procede Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasa oferta e baixa calidade da oferta editoria E-Dixgal Administración educativa Si
Ameaza Número reducido de familias pertencentes á ANPA ANPA Si
Ameaza Limitación de empresas e pouca diversificación de sectores na contorna máis inmediata. Baixa conectividade en determinadas aldeas dos concellos da área de influencia do IES. Contorna Non
Ameaza Necesidade dunha base de datos de empresas con oferta FCT Outras Non
Oportunidade Confianza que se nos amosa na autonomía de centro Administración educativa Si
Oportunidade Actitude colaborativa. Participación positiva en tempos de non presencialidade (Covid) ANPA Non
Oportunidade A obriga dun Plan Dixital como acicate para a propia autoavaliación Lexislación Si
Oportunidade AGARESO (proxecto EPDLAB), narrativas dixitais Fundación Botín, proxecto educación emocional campus virtual Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

As áreas prioritarias son a garantía de recursos e oportunidades para o alumnado, o traballo coas novas tecnoloxías en aspectos coma a avaliación e autoavaliación e a relación entre familias e centro a través de medios tecnolóxicos.

 

Neste intre, o centro dispón de suficiente equipamento e infraestrutura tecnolóxica. Porén, pode ser posible o requerimento de material novo, dependendo dos membros da comunidade educativa, en especial o alumnado, que así o requiran.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Garantir en todo momento a dispoñibilidade e correcto funcionamento de equipamento TIC e conectividade para todo o alumnado, tanto dentro coma fóra do IES
02PD Crear unha liña de traballo no PFPP, con continuidade no tempo, adicada á creación de recursos didácticos para as materias de, cando menos, un curso da ESO
03PD Deseñar un protocolo específico de adaptación ao contexto dixital tanto da avaliación e feedback do alumnado como da autoavaliación da propia práctica docente
04PD Deseñar e avaliar un plan de información e formación específico orientado ás familias no contexto dixital, especialmente no que se refire a comunicación virtual co IES (Abalar, web¿) e aos contextos vinculados ás aulas virtuais do IES

Seguimento

Procedemento

- Reunións periódicas mensuais co equipo docente

- Reunións periódicas trimestrais co mentor ADIX

1º Trimestre

- Revisión cumprimento accións primeiro trimestre

- Reunión con equipo ADIX

Valoración positiva.

2º Trimestre

- Revisión cumprimento accións segundo trimestre

- Reunión con equipo ADIX

Adiar formación en ABALAR con familias para o 3º trimestre.

3º Trimestre

- Revisión cumprimento accións terceiro trimestre

- Reunión con equipo ADIX

- Valoración positiva do traballo realizado, coa valoración do ADIX de tres obxectivos acadados e o cuarto parcialmente acadado (estamos a 10 puntos porcentuais do valor desexado de familias que utilizan contextos virtuais para a súa relación co IES, o que pretenderemos acadar o vindeiro curso).

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Para o obxectivo 1, levaráse a cabo a súa avaliación unha vez no primeiro trimestre e sempre que haxa incorporacións de alumnado.

Para o obxectivo 2, realizarase o seguimento unha vez por trimestre nos dous primeiros, e dúas no terceiro, prestando especial atención ás xestións realizadas para a publicación de recursos didácticos.

Para o obxectivo 3, faráse o seguimento avaliación a avaliación, atendendo ás necesidades do profesorado e valorando o seu feddback en relación coa avaliación e autoavaliación no contexto dixital.

Para o obxectivo 4, faráse o seguimento do mesmo unha vez por trimestre, prestando especial atención ao terceiro trimestre e ás comunicacións establecidas entre o centro e as familias, necesidades das mesmas, etc.

Proposta de mellora

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Neste senso, será fundamental o feedback que os indicadores e as persoas da comunidade implicadas nos poidan aportar. Utilizaráse esta avaliación para a actualización do plan de cara ao seguinte curso.

As valoracións achegadas polo ADIX son positivas, con 3 de 4 obxectivos acadados totalmente e 1 de 4 parcialmente.

As valoracións do equipo docente son positivas, amosando o agradecemento por incluír formación específica para avaliación e autoavaliación en contextos virtuais. De feito, a esta formación acudiu máis da metade do claustro, o que representa case o triple dos membros que forman o equipo adicado á redacción e implementación do PDC.

O feedback que nos chega do alumnado é tamén positivo, conseguimos chegar con equipos/conectividade a aqueles fogares que carecían dos mesmos por diferentes circunstancias. Neste senso, e cumprindo con dous dos obxectivos que nos marcamos neste plan (1 e 3), reflectimos as valoracións medias sobre un máximo de 5 puntos emitidas polo alumnado do IES con respecto a tres ítems significativos:

  • Disponibilidade de equipamento: 4.56
  • Xestión de incidencias relacionadas co equipamento TIC: 4.22
  • Uso da aula virtual no contexto da avaliación: 4.10

O feedback que nos chega das familias é bo, pero mellorable. Na formación específica de ABALAR móbil acodiron poucas persoas, iso si, moi interesadas. O curso que vén trataremos de incrementar esta cifra, aproveitando novas funcionalidades que se poidan incorporar á APP.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Definición da estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa (posterior á súa aprobación).

 

- Publicación na web do IES

- Presentación aos novos Claustro e CE

- Inclusión nos documentos propios de centro

- Xeración dun buzón virtaul de valoracións, suxerencias e melloras