Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

  • Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación hai tres artigos nos que xustificar o plan dixital de centro. O Art. 111 bis, de tecnoloxías da información e da comunicación. O Art. 121, do proxecto educativo.
  • Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro,de educación. Artigo 111.
  • A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 do plan dixital de centro.
  • A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Decreto 155/2022 de 15 de setembro.

CONTEXTUALIZACIÓN

O colexio C.P.R Plurilingüe Luís Vives é un Centro privado concertado, de acordo ao dereito recoñecido pola Constitución Española (CE 27,6) e de acordo co disposto nos artigos 121 da LOMCE e 62 e ss.da LOMLOE.

Está ubicado na rúa Aira do Fonsillón nº 4, na zona limítrofe do concello de Barbadás co concello de Ourense.

Conta cuns 40 profesores e uns 650 alumnos/as.

Titular do Centro é Luis Vives, Sociedade Cooperativa Galega, sendo a maior parte dos profesores do centro os titulares tamén do mesmo, e polo tanto implicados non só no ámbito pedagóxico, se non tamén, nos servizos e medios postos a disposición das nosas familias (transporte, gardería, comedor, actividades extraescolares…).

Segundo os estudos realizados sobre a poboación relacionada co noso centro pódese chegar á conclusión de que a composición sociolóxica do mesmo é de tipo medio, cun nivel de pais con grandes expectativas para os seus fillos, uns pola súa formación e outros polo afán de superación que desexan para eles, debido á gran competitividade que marca a sociedade actual.

O alumnado procede, principalmente, dos barrios próximos ao centro: Barbadás, Marcelo Macías, A Carballeira, As Camelias, Avenida de Portugal, San Cibrao das Viñas….

Tamén asisten ao centro alumnado doutras zonas da cidade utilizando o noso transporte escolar.

O Plan Dixital servirá como apoio e folla de ruta para unha mellora na competencial dixital de todos os axentes da comunidade educativa.

Vese como un proceso necesario, case imprescindible, de cara a sociedade xa non do futuro senón do presente.

Servirá de axuda interdisciplinar e de proxectos.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Crearase un Grupo de Traballo/Seminario desde o CEFORE.

Seguiranse as indicacións do ADIX.

Realizaranse enquisas SELFIE, CDD si así se considera para a elaboraración do DAFO.

Estableceranse uns obxectivos iniciais ou de punto de partida e as accións a realizar para a consecución dos obxectivos propostos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE
  • Test de Competencia Dixital Docente
Interno
77 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6. O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas en internet Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais Alumnado Non
Debilidade H11. O alumnado aprende a codificar e/ou programar Alumnado Non
Debilidade H7. O alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade C10. Administranse dispositivos que o alumnado pode levar á casa Alumnado Non
Debilidade C13. Contemplase que o alumnado poda traer os seus propios dispositivos á clase Alumnado Non
Debilidade H13. O alumnado aprende a resolver problemas técnicos Alumnado Si
Debilidade C13. Contemplase que o alumnado poda traer os seus propios dispositivos á clase Familias Non
Debilidade C10. Administranse dispositivos que o alumnado pode levar á casa Infraestruturas Non
Debilidade C15. O alumnado con NEE ten acceso a tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Non
Debilidade C16. Existen repositorios en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade C1. Existe unha estructura de equipamento e redes actualizados Infraestruturas Si
Debilidade Conlevan un custo económico Oferta Non
Debilidade B1. Avalianse os progresos no ensino coas tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Debilidade B4. Colaborase con outros centro ou organizacións Organización de centro Non
Debilidade A4. Dispose de tempo para explorar Organización de centro Non
Debilidade C16. Existen repositorios en liña que conteñan materiais de ensinanza aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade A1.Existe unha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade G8. facilitase ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Organización de centro Si
Debilidade E2. Creanse recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade F5. Úsanse as tecnoloxías dixitais para a colaboración/cooperación entre alumnado Persoal docente Non
Debilidade F6. Foméntase a participación en proxectos interdisciplinares usando as tec. dixitais Persoal docente Non
Debilidade G3. Utilízanse as tecnoloxías dixitais para facilitar unha retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Non
Debilidade A4. Dispose de tempo para explorar Persoal docente Non
Debilidade B1. Avalianse os progresos no ensino coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade E5. Utilízanse recursos abertos Persoal docente Non
Debilidade F3. Empréganse tec. dixitais para actv. que fomenten a creatividade do alumnado Persoal docente Non
Debilidade G1. Empréganse as tecnoloxías dixitais para avaliar Persoal docente Non
Debilidade G6. Utilizanse tec. dixit. para que o alumnado realice observacións construtivas sobre o traballo dos demais Persoal docente Non
Debilidade G8. facilitase ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade G10. Valóranse as habilidades dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro Persoal docente Non
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais Persoal docente Non
Debilidade UTIC. Profesorado con competencias dixitais insuficientes Persoal docente Si
Debilidade G5. Úsanse as tecnoloxías dixitais para que o alumando reflexione sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade E2. Creanse recursos dixitais Persoal non docente Non
Debilidade H1. O alumnado aprende a actuar de maneira segura na internet Persoal non docente Non
Debilidade F5. Úsanse as tecnoloxías dixitais para a colaboración/cooperación entre alumnado Persoal non docente Non
Debilidade H3. O alumnaado aprende a actuar de maneira responsable na internet Persoal non docente Si
Debilidade H4. O alumnado aprende a comprobar que a información da internet é fiable e precisa Persoal non docente Si
Fortaleza H8. O alumnado aprende a comunicarse empregando tec. dixitais Alumnado Non
Fortaleza C8. Hai dispositivos a disposición do alumnado Alumnado Non
Fortaleza O alumando é proclive ao uso das tecnoloxías no ámbito da aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza H10. Empréganse as tecnoloxías dixitais en diferentes materias Alumnado Non
Fortaleza AFC. A escola ten unha comunicación regular e ben organizada Familias Non
Fortaleza C8. Hai dispositivos a disposición do alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Existen dispositivos para a labor docente Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Disponse de acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Disponse de asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza PE4. Proporcionase axuda técnica para resolver problemas Oferta Non
Fortaleza A3. Exploranse novas modalidade de ensino coas tecnoloxías Oferta Non
Fortaleza Servizos (comedor, actividaes,..) con amplio horario para conciliación familiar Oferta Non
Fortaleza PE5. As ferramentas dixitais que ofrece o centro garanten a formación mixta Oferta Non
Fortaleza C5. Disponse de asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza C12. Existe un plan para abordar as necesidades do alumnado Organización de centro Non
Fortaleza A3. Exploranse novas modalidade de ensino coas tecnoloxías Organización de centro Non
Fortaleza C13. Contemplase que o alumnado poda traer os seus propios dispositivos á clase Organización de centro Non
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Non
Fortaleza C15. O alumnado con NEE ten acceso a tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Fortaleza PE3. Promóvense actividades formativas para profesorado Organización de centro Non
Fortaleza A3. Exploranse novas modalidade de ensino coas tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza B3. Colaborase con outras entidades Persoal docente Non
Fortaleza D1. Debátese sobre as necesidades de formación Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambianse experiencias Persoal docente Non
Fortaleza E1. Búscanse recursos dixitais en liña Persoal docente Non
Fortaleza E4. Empréganse tecnoloxías dixitais para a comnicación Persoal docente Non
Fortaleza G7. Promovese desde o equipo directivo o uso das tec.dixitais con fins de avaliación Persoal docente Non
Fortaleza Estabilidade laboral do persoal Persoal docente Non
Fortaleza B2. Debátense as vantaxes e desvantaxes do ensino coas tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza E3. Empréganse entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza D2. Hai acceso e posibilidades de formación Persoal docente Non
Fortaleza F1. Utilízanse as tecnoloxías dixitais para adaptarse as necesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza F4. Utilízanse as tecnoloxías dixitais para motivar ao alumando Persoal docente Non
Fortaleza Estabilidade laboral do persoal Persoal non docente Non
Fortaleza D3. Intercambianse experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza E1. Búscanse recursos dixitais en liña Persoal non docente Non
Fortaleza F4. Utilízanse as tecnoloxías dixitais para motivar ao alumando Persoal non docente Non
77 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de persoal Administración educativa Non
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para os profesores Administración educativa Si
Ameaza AFC. Acceso limitado dos estudantes a dispositivos dixitais ANPA Non
Ameaza AFC. Baixa competencia dixital das familias ANPA Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna ANPA Non
Ameaza Non agrupa a todas as familias Contorna Non
Ameaza Pouca actividade Contorna Non
Ameaza Pouca estabilidade lexislativa Lexislación Non
Ameaza Prezo dos dispositivos e servizos Outras Non
Ameaza Competitividade Outras Non
Oportunidade A Administración apoia a transformación educativa a través das tec.dixitais Administración educativa Non
Oportunidade A Administración dotará de dispositivos ás familias vulnerables Administración educativa Non
Oportunidade Participación das familias ANPA Non
Oportunidade H11. O alumnado aprende a codificar e/ou programar Contorna Non
Oportunidade Relación coa/a ANPA/s. Contorna Non
Oportunidade A5. Respectanse os dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Non
Oportunidade C7. Existen sistemas de protección de datos Lexislación Non
Oportunidade B3. Colaborase con outras entidades Outras Non
Oportunidade DPC3. Formación do profesorado presencial Outras Non
Oportunidade DPC7 Programas acreditados Outras Non
Oportunidade B4. Colaborase con outros centro ou organizacións Outras Non
Oportunidade DPC1. Formación de profesorado en rede Outras Non
Oportunidade DPC6. Formación a través da rede de formación Outras Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  • Infraestructuras:

-       Mellorar a conectividade a internet para poder dar estabilidade a conexión de todos os equipos.

-       Ampliar as conexión mediante cableado ou sen fíos (wifi) para poder chegar a todos os espazos con garantías de conexión

  • Equipamento:

-       Dispositivos tecnolóxicos:

o   2 ordenadores para as aulas polivalentes e laboratorio.

o   5 ordenadores para cubrir a ratio de alumnado de ESO na aula de informática.

o   5 portátiles para os departamentos e renovación dos actuales, están obsoletos e o profesorados está usando os equipo perosais.

o   25 tablets para que os usuarios da mesma clase poidan realizar a mesma actividade ao mesmo tempo e ofrecen máis flexibilidade de adaptación ao ANEAE; equipos de adaptación para ANEAE, …

-       6 PDIs para dar posibilidades de interacción nas aulas polivalentes ou desdobre, por exemplo relixión/valores, e para as aulas de Apoio.

-       3 equipos ultraportátiles para o ANEAE.

-       2 Impresoras para despachos e departamentos.

-       4 equipos de audio (altavoces) e 4 equipos de video (cámaras/webcam) para complementar aos ordenadores en aulas polivalentes/desdobre.

  • Servizos dixitais educativos:

-       Mantemento e asesoramento no mantemento da páxina web.

-       Licencias para programas de control parental.

-       Licencias para programas/aplicacións de índole educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD A1.Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC)
O02PD E2.Crear unha biblioteca dixital con recursos educativos
O03PD B1 Acreditar a competencia dixital dentro do claustro
O04PD H4 - O alumnado aprende a actuar de maneira segura na internet
O05PD C1 Actualizar e/ou renovar os equipos dixitais do centro
O06PD H13.Aprender a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais.

Seguimento

Procedemento

O equipo  de dinamizacion e implementación do Plan Dixital realizará xuntanzas, alo menos unha por trimestre, para valorar a evolución do Plan.

A persoa mentora ADIX manterá comunicación co coordinador/a de Plan Dixital para analizar o desenvolvemento do proxecto.

O coordinador/a, a través da ferramenta "educalidade", rexistrará os avances e avaliación do plan baixo a supervisión da directora.

1º Trimestre

A solicitude de axudas a centros concertados para renovación de medios foi denegada por falta de fondos polo que o centro irá afrontando o custo dos gastos de reposición e  arranxo de equipos pero sen novas adquisicións..

Creouse un Seminario a través do CFR para a dinamización e implementación do Plan dixital. Aprobado o 03/11/2023

Explicouse no claustro a folla de ruta e os obxectivos para a implemntación do Plan.

Recibiuse formación sobre a plataforma escolar (educamos) a cargo da editorial SM.

Tras esta información os diferentes obxectivos están da seguinte maneira:

O01PDA1.Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC) Está acadado para este curso.

O02PDE2.Crear unha biblioteca dixital con recursos educativos Está en proceso. O profesorado está elaborando o material.

O03PDB1 Acreditar a competencia dixital dentro do claustro está en proceso a través de formación individual e a través da formación ofrecida polo CEFORE mediante un seminario

O04PDH4 - O alumnado aprende a actuar de maneira segura na internet en proceso xa se realizou algunha sesión

O05PDC1 Actualizar e/ou renovar os equipos dixitais do centro este obxectivo previsiblemente non se acadará xa que nunha primeira instancia a Xunta denegou as axudas previstas por falta de fondos.

O06PDH13.Aprender a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Este obxectivo, de momento está aplazado.

2º Trimestre

Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24. Ofreceráselle ao alumnado a posibilidade de acadar unha competencia dixital de maior nivel.

Tras esta información os diferentes obxectivos están da seguinte maneira:

O02PDE2.Crear unha biblioteca dixital con recursos educativos Está en proceso. O profesorado está elaborando o material.

O03PDB1 Acreditar a competencia dixital dentro do claustro está en proceso a través de formación individual e a través da formación ofrecida polo CEFORE mediante un seminario e estanse creando as distintas evidencias para a acrditación

O04PDH4 - O alumnado aprende a actuar de maneira segura na internet en proceso xa se realizou algunha sesión

O06PDH13.Aprender a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Este obxectivo, de momento está aplazado.

3º Trimestre

Algún alumnado realizou as probas de acreditación de competencia dixital.

Os diferentes obxectivos están da seguinte maneira:

O01PDA1.Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do plan dixital de centro (PDC) Acadado.

O02PDE2.Crear unha biblioteca dixital con recursos educativos. Rematado e acadado o obxectivo.

O03PDB1 Acreditar a competencia dixital dentro do claustro. Rematou o seminario satisfactoriamente. Todos os participantes acadaron a acreditación do nivel A2 aínda así nonse acadou o obxectivo xa que só un 60% do claustro ten CDD A2 ou superior

O04PDH4 - O alumnado aprende a actuar de maneira segura na internet. Realizáronse as sesións, algunha delas a cargo de INCIBE

O05PDC1 Actualizar e/ou renovar os equipos dixitais do centro este obxectivo previsiblemente non se acadará xa que nunha primeira instancia a Xunta denegou as axudas previstas por falta de fondos.

O06PDH13.Aprender a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Obxectivo apeazado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

AVALIACIÓN PROCESUAL
Sin menoscabo da revisión indicada en cada data de finalización de cada acción farase un seguimento onde se analizará:
- Estado de execución das accións.
- Análise e valoración dos resultados.
- Modificacións ou adaptacións das accións de ser necesario.
- Propostas de mellora.
A temporalización destas avaliacións:
- Último día lectivo do mes de outubro.
- Último día lectivo do mes de decembro.
- Último día lectivo do mes de febreiro.
- Último día lectivo do mes de abril.

AVALIACIÓN FINAL

Farase a principios de xuño e incluirá:
- Valoración do logro dos obxectivos.
- Propostas de mellora.

Valoración xeral

Valoraicón moi positiva xa que se alcanzaron 4 dos 6 obxectivos propostos e un non foi acadado moi causas alleas ao centro.

Proposta de mellora

Centrarase sobre todo en insistir na melllora de equipos e dispositivos nas aulas, seguir avanzando na competencia dixital do profesorado e alumnado, empregar máis os medios tecnolóxicos como ferramenta de aprendizaxe sobretodo incidindo na avaliación. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan, lido no claustro a principio de curso, presentado no Consello Escolar para a súa aprobación e posteriormente publicado na páxina web do centro (www.luisvivesourense.com) con acceso libre aos membros da comunidade educativa do noso centro.