Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento da implantación do Plan Dixital do centro realizarase con caráter mensual. Asimesmo, trimestralmente realizaráse unha análise en profundidade e un balance, coa axuda do noso mentor de centro.
Para coñecer o grado de implantación úsanse os seguintes recursos:
- Observación directa
- Entrevistas con membros da comunidade educativa
- Elaboración e interpretación de follas de rexistro, documentos informativos, estatísticas e enquisas.
Neste trimestre leváronse a cabo segundo a temporalización prevista as seguintes accións:
- OBXECTIVOS 01PD, 02PD E 03PD: Realizouse una reunión do PFPP O233118 Descubrindo o Polo creativo, onde se falou sobre a posibilidade de facer unha docencia sobre o Láser de Corte, prevista na acción A01.2., a posibilidade de facer unha formación sobre a máquina de chapas, prevista na acción A02.1., e a posibilidade de facer una formación sobre a impresora 3D prevista na acción A03.1.
- OBXECTIVO 04PD: Revisouse a web do centro para detectar elementos sen actualizar previsto na acción A04.1. do plan.
- OBXECTIVO 05PD: Non se realizou ninguna acción deste obxectivo neste trimestre.
Neste trimestre leváronse a cabo segundo a temporalización prevista as seguintes accións::
- OBXECTIVO 01PD: Realizouse unha actividade de gravado na láser de corte co alumnado de Ciclo Medio, aínda que aínda non se fixera a formación prevista na acción A01.2.
- OBXECTIVO 02PD: Realizouse unha actividade ca máquina de chapas co alumnado de Ciclo Medio, previsto na acción A02.2.
- OBXECTIVO 03PD: Realizáronse 2 sesións de formación do PFPP O233118 Descubrindo o Polo creativo orientadas ó manexo da impresora 3D, previstas na acción A03.1.
- OBXECTIVO 04PD: Mantívose actualizada a Web, seguindo a acción A04.2.
- OBXECTIVO 05PD: Non se realizou ninguna acción deste obxectivo neste trimestre.
Neste trimestre leváronse a cabo segundo a temporalización prevista as seguintes accións:
- OBXECTIVO 01PD: Realizouse unha sesión de formación do PFPP O233118 Descubrindo o Polo creativo orientadas ó manexo da cortadora Láser, prevista na acción A01.2.
- OBXECTIVO 02PD: Realizouse unha sesión práctica cos docentes do PFPP O233118 sobre o manexo da máquina de chapas, prevista na acción A02.2. e realizouse unha actividad ca máquina de chapas para PROXECTO COMPETENCIAL, previsto na acción A02.2.
- OBXECTIVO 03 PD: Realizáronse diversos traballos na impresora 3D para as materias de EPVA, TECNOLOXÍA E PROXECTO COMPETENCIAL, previsto na acción A03.2.
- OBXECTIVO 04 PD: Mantívose actualizada a Web, seguindo a acción A04.2.
- OBXECTIVO 05 PD: Traballáronse as competencias dixitais cos alumnos de 1º da ESO mediante diversas actividades realizadas na asignatura de EPVA, prevista na acción A03.1.
Avaliación
Para coñecer o grado de implantación úsanse os seguintes recursos:
- Observación directa
- Entrevistas con membros da comunidade educativa
- Elaboración e interpretación de follas de rexistro, documentos informativos, estatísticas e enquisas.
- A valoración xeral é positiva, sobre todo cas sesións de formación nas ferramentas dos polos, que van usándose cada vez mais e por mais docentes.
- Os alumnos tamén son bastantes receptivos a estas ferramentas, pero bótase en falta un espacio mais adecuado á realidade das aulas, ya que é inviable levar a un grupo numeroso ós Polos Creativos, e só ponden ir grupos reducidos.
- Tentar ampliar o espazo dos polos cunha nova sala adicada ó audiovisual.
- Seguir formándonos nas ferramentas dos polos creativos.
- Conseguir cada vez mais implicación de toda a comunidade educativa.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado, o presente Plan Dixital será difundido entre os membros da comunidade educativa na web de educalidade.