Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital  en relación coa normativa vixente.

O plan dixital é o documento que desenvolve a estratexia dixital de centro que deberá estar contemplada no seu proxecto educativo, art. 121, recollendo a estratexia dixital do centro, dacordo co establecido no artigo 111.bis, sendo a labor do director promovelo e impulsalo como di o artigo 132 da LO 2/2006, do 3 de maio de Educación.

O obxectivo de que todos os centros educativos dispoñan dun plan dixital que estruture as estratexias organizativas e académicas, de maneira que se logre a transformación do centro nunha organización educativa dixitalmente competente, está recollido no Programa para a mellora da competencia dixital educativa ComDigEdu acordado pola Conferencia Sectorial do 21 de xullo de 2021.

Este plan será deseñado, elaborado e implementado nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia segundo a Resolución do 3 de setembro de 2021 da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional.

Ademais deberanse ter en conta tanto a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP, o artigo 37.1do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro e o artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 nos que se ditan instrucións para o desenvolvemento da ESO e o artigo 35.1 do DECRETO 157/2022 do 15 de setembro e o artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022 do 15 de setembro nos que se ditan instricións para o desenvolvemento do Bacharelato, así coma a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do plan dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo.

O IES San Mamede está situado no concello de Maceda. Porén, a área de influencia do instituto abarca outros concellos, como Baños de Molgas, Xunqueira de Espadanedo, Vilar de Barrio, Esgos, Montederramo e, en menor medida, Paderne de Allariz e Parada do Sil.

Os concellos de Maceda, Baños de Molgas, Xunqueira de Espadanedo e Paderne de Allariz pertencen á comarca de Allariz-Maceda.

  • O concello de Vilar de Barrio pertence á comarca da Limia.
  • Os concellos de Montederramo e Parada do Sil pertencen á comarca de Terra de Caldelas.
  • O concello de Esgos pertence á comarca de Ourense.

Proceso de elaboración.

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, pero, ao mesmo tempo, a propia organización aprende a través da súa práctica, da reflexión sobre a súa propia práctica e das relacións que establece coa súa contorna.

Un centro educativo é, por tanto, unha organización que aprende e pon ao servizo, tanto da aprendizaxe do alumnado como da súa propia aprendizaxe, a tecnoloxía. O Marco DigCompOrg axuda a poñer o foco nos distintos procesos que dan lugar a esas dúas aprendizaxes e axuda a deseñar o plan dixital de centro como principal instrumento para recoller as estratexias que un centro educativo debe poñer en marcha para a súa dixitalización.

Baseada no marco da Comisión Europea para organizacións educativas dixitalmente competentes, SELFIE pode poñer de relevo que é o que funciona, en que aspectos se necesita mellorar e cales deberían de ser as prioridades dun centro.

SELFIE reúne, de forma anónima, as opinións do alumnado, profesorado e equipo directivo sobre o modo en que se utiliza a tecnoloxía no centro. Para iso utilízanse preguntas e enunciados breves e unha escala simple de valoración do 1 ao 5. Os enunciados abarcan ámbitos como o liderado, as infraestruturas, a formación do profesorado e as competencias dixitais do alumnado.

Estes resultados poden axudar a entender en que punto se atopa o centro e, desde aí, iniciar un diálogo sobre o uso das tecnoloxías e desenvolver un plan de acción para o centro educativo. SELFIE pode utilizarse máis adiante para avaliar os avances realizados e axustar o plan de acción.

Como dicimos, o informe de centro SELFIE utilizouse como base para a reflexión e o diálogo no seo da comunidade educativa no seu conxunto.

Posto que a puntuación media nunha área determinada ou para un enunciado determinado é indicador do ben que o centro está a empregar as tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe, os resultados poden utilizarse para identificar os puntos fortes e febles e incluílos nun plan de acción.

 

 

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE de cada etapa educativa.

Test CDD.

Para a realización da análise DAFO utilizouse tamén a información que proporcionou verbalmente o profesorado dende a súa experiencia diaria na aula.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Traer o propio dispositivo. 2. Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. 3. Competencias dixitais do alumnado. Aprender a codificar ou programar. 4. Competencias dixitais do alumnado. Resolver problemas técnicos. 5. Realizar observacións sobre o traballo dos demais. Alumnado Si
Debilidade 1. Traer o propio dispositivo. Familias Non
Debilidade 1. Tempo para explorar o ensino dixital. 2. Traer o propio dispositivo. 3. Repositorios de libros de lectura dixitais. Organización de centro Si
Debilidade 1. Tempo para explorar o ensino dixital. 2. Proxectos interdisciplinarios. 3. Realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Competencias dixitais do alumnado. Aprender a comunicarse. 2. Competencias dixitais do alumnado. Habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza 1. Infraestrutura. 2. Acceso a Internet. 3. Protección de datos. Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza 1. Estratexia dixital. 2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado. 3. Novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Novas modalidades de ensino. 2. Apoio ao profesorado para que explore novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. 3. Participación no DPC. 4. Recursos educativos en liña. 5.Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe. 6. Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Recursos educativos en liña. Persoal non docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Medios que faciliten a implantación das TIC. 2. Funcionalidade do software de comunicación actual coa comunidade educativa. 3. Obrigación de emprego de sistemas dixitais menos funcionais ca o empregado actualmente. Administración educativa Si
Ameaza 1. Fractura dixital. Apoio para abordar dificultades. Contorna Non
Ameaza 1. Posibles restricións de emprego da tecnoloxía a menores de idade. Lexislación Non
Ameaza 1. Calidade da conexión a Internet. Outras Non
Oportunidade 1. Apoio ao profesorado para que explore novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade 1. Boa relación coas organizacións da contorna. Contorna Non
Oportunidade 1. Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da súa realidade no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do plan dixital en termos de obxectivos e accións que hai que desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver actividades encamiñadas a compensar as desigualdades no acceso ás tecnoloxías.
O02PD Renovar os equipos obsoletos.
O03PD Formación dixital do profesorado e biblioteca virtual de recursos dixitais.
O04PD Desenvolver actividades colaborativas entre diferentes departamentos
O05PD Fomentar o uso de recursos tecnolóxicos para reunións e traballo colaborativo
O06PD Desenvolver estratexias tecnolóxicas coas que afrontar incidencias e avarías.
O07PD Fortalecer a ciberseguridade e protección de datos implementando medidas efectivas e promovendo a concienciación na comunidade educativa.

Seguimento

Procedemento

O centro ten duas vías para o seguimento da implantación do PD.

- Crease un grupo de traballo (PFPP)  O2305114 - PFPP O2331079 Seguimento do Plan Dixital e programa Polos Creativos,  para tal fin.

- Reunión trimestral entre o coordinador de dinamización TIC do centro e o mentor.

1º Trimestre

Fixeronse varias reunións:

Unha inicial na que se estudaron os obxectivos do PD anterior e se modificaron para o curso actual.

Unha segunda reunión na que se estudou o obxectivo 4 para recavar información sobre as posibles actividade conxuntas entre departamentos.

E por último pretendíase unha terceira na última semana de clase para levar o seguemento dos obxectivos do PD,  pero que non se puido levar a cabo e se fará a comezos do segundo trimestre.

Neste trimestre completouse o obxectivo O07PD; realizaronse de xeito completo as accións: AO1.1, AO1.2, AO3.1, AO4.1, deixando os obxectivos parcialmente conseguidos.

 

 

2º Trimestre

Fixeronse varias reunións:

Unha inicial na que repasaron os obxectivos acadados do primeiro trimestre, xa que a reunión final dese trimestre non se puido levar a cabo.

Unha segunda reunión na que se analizaron os obxectivos e as accións asociadas a acadar no segundo trimestre.

Unha runión final de trimestre na que se analizou a consecución de obxectivos e accións.

As conclusións destas reunións en canto a obxectivos cumpridos e accións completas ou non ata este punto no PD forón:

Obxectivos completados mediante as súas acción asociadas son: O07PD;

Parcialmente completos: O04PD (AO4.1  completa e o resto de accións en proceso); O03PD (AO3.1 completa e o resto de accións en proceso); O02PD (AO2.1 completa, falta que os manden o resto de accións en proceso); O01PD(AO1.1 e AO1.2 completas e o resto de accións en proceso).

Obxectivos en proceso: O06PD

3º Trimestre

Leváronse a cabo varias reunións:

Unha inicial na que coma sempre se avaliaron os obxectivos concluídos anteriormente e se estableceron os obxectivos e accións a cumprir neste trimestre.

Outra reunión intermedia no trimestre na que se valorou o avance no mesmo e se estableceron as pautas para a consecución dos obxectivos sen acadar.

E unha última reunión na que neste caso se analizou o PD deste ano e se estableceron unha conclusións.

As conclusións destas reunións en canto a obxectivos cumpridos e acción completas neste curso no PD foron:

Obxectivos completados mediante as súas acción asociadas son: O01PD; O03PD; O05PD; O06PD; O07PD

Parcialmente completos:

O02PD (AO2.1 completa, falta que os manden o resto de accións en proceso xa que están asociadas ao envío do material);

O04PD (realizouse pero en menor medida do esperado, e dicir esperábase acadar un valor máis alto de actividades colaborativas entre departamentos)

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración xeral do obxectivos do PD é a seguinte:

O01PD Desenvolver actividades encamiñadas a compensar as desigualdades no acceso ás tecnoloxías.

No proceso de matrícula recollese información relativa á acción AO1.1 polo que esta xa se acada no 1º trimestre. Tamén neste trimestre se da por acadada a AO1.2 xa que todo o profesorado ten aceso a aula virtual e á formación en liña relativa a esta.

As accións seguintes AO 1.3 e 1.4 lévanse a cabo ao longo do curso completo e fixéronse con éxito polo que se dan por acadadas.

Este obxectivo polo tanto considerase acadado.

O02PD  Renovar os equipos obsoletos.

A acción AO2.1 estaba planificada para o primeiro trimestre e fíxose no segundo. O inventario non se pode rematar xa que depende do envío de equipamento, pero levase facendo todo o curso. Por último a acción AO2.3 faise ao longo do curso polo equipo TIC.

Debido a que inda non chegou o material considerase que o obxectivo está acadado pero non de forma completa.

O03PD  Formación dixital do profesorado e biblioteca virtual de recursos dixitais.

No tócante a este obxectivo o profesorado conta cunha guía TIC á súa disposición que pode consultar e ademais mercáronse bastantes recursos dixitais engadidos a diferentes convenios con empresas de formación. 

Polo tanto considerase que este obxectivo esta acadado.

O04PD Desenvolver actividades colaborativas entre diferentes departamentos

Fíxose unha reunión inicial a comezo do curso lectivo e acordáronse varias actividades colaborativas, ao final non se levaron todas a cabo polo que se considera que este obxectivo esta acadado pero en menor medida do esperado.

O05PD Fomentar o uso de recursos tecnolóxicos para reunións e traballo colaborativo.

Neste caso case todas as reunións (CCP, Claustros e avaliacións) se levaron a cabo de xeito telemático, ademais todo o profesorado do centro emprega plataformas conxuntas para diferentes labores, isto sumado á plataforma que a consellería proporciona para os seguimentos fai que se considere o obxectivo acadado.

O06PD Desenvolver estratexias tecnolóxicas coas que afrontar incidencias e avarías.

No relativo a este obxectivo, asa tarefas relacionadas coas accións asociadas realízanse no centro durante todo o curso lectivo polo que se considera o obxectivo acadado.

O07PD Fortalecer a ciberseguridade e protección de datos implementando medidas efectivas e promovendo a concienciación na comunidade educativa.

Este último obxectivo considerase acadado dende o remate do 1º trimestre xa que todos os datos relativos a protección de datos do alumnado se solicitan na matricula do mesmo. 

 

 

Proposta de mellora

Acadar de xeito completo os obxectivos pendentes de acadar. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Toda a comunidade educativa e, coñecerá o Plan dixital que estará á súa disposición na unidade compartida creada para este fin.  Ademaistamén se poderá ver dende a páxina web do centro www.iessanmamede.com. Poderase acceder dende o espazo de "Alumnado e familias" e despois dende a opción de menú "Plan dixital".

Poderase revisar tamen na ligazón en eduCalidade (https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32016431)