Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Aquis Querquernis é un centro público de ESO e Bacharelato situado na rúa Outeiro s/n, en Bande. Acolle alumnado da Baixa Limia (concellos de Bande, Muíños, Entrimo, Lobeira e Lobios) e do concello de Verea. A zona da Baixa Limia é unha área eminentemente montañosa, de relevo accidentado e cun forte encaixonamento dos ríos. Podemos destacar as seguintes características demográficas:

  • Dispersión e atomización poboacional, descenso demográfico continuado, envellecemento demográfico e predominio da poboación inactiva.
  • Con respecto á economía, trátase dunha zona na que o peso do sector primario segue a ser considerable. O sector secundario ten unha presenza mínima na comarca. Polo que respecta ao sector servizos, preséntasenos un panorama tamén escaso pero que vai mellorando ao elevarse o número de bares, restaurantes, aloxamentos rurais… Un último apunte debe ser destacado no que respecta ás características económicas da Baixa Limia: a alta porcentaxe de poboación subsidiada, característica esta que se corresponde de maneira lóxica cunha poboación envellecida. Respecto á situación lingüística a comarca presenta un predominio aplastante do galego como lingua vehicular. 

No curso 2023-2024 o centro conta con 77 alumnos e alumnas matriculados na ESO e 16 no bacharelato. O claustro está integrado por 24 profesores, distribuídos en 17 departamentos didácticos e o persoal non docente conta con un conserxe, unha administrativa e dúas persoas de persoal de limpeza.

O contexto lexislativo para a elaboración do Plan Dixital é o seguinte:

O Plan Dixital de centro debe encaixar no contexto institucional mais amplo que ven recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo do centro e ambos documentos deben estar en total consonancia.

Programación Xeral Anual do curso 23/24:

-Dotar ao alumnado de estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC

-Utilizar o ordenador como medio de integración, de creación, de cooperación e de expresión das propias ideas

-Mellorar a proposta didáctica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC

-Empregar as TIC para o traballo cotián e nas actividades de aula

-Consultar e obter información a través das TIC

-Favorecer a superación das limitacións de acceso ás TIC derivadas das desigualdades sociais

-Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación

-A comunicación do centro coa comunidade educativa terá que levarse a cabo a través de ABALAR.

O centro, partindo dos datos extraídos das pesquisas á comunidade educativa establece a necesidade de elaborar obxectivos reais e sobre todo posibles para acadar maiores competencias dixitais en todos os membros da comunidade. Este plan, previsto e concretizado para o vindeiro curso, establecerá pautas de cambio nas comunicacións e competencias do alumnado, familias e profesorado, o que esperamos que repercuta positivamente na realidade docente. 

A actualización do Plan Dixital por parte do equipo de dinamización para o curso 2023-2024 elaborouse sempre en base ás directrices e pautas establecidas na lexislación para a implementación do Plan, así como as recomendadas na formación específica recibida para a súa elaboración e ao proceso realizado por parte da comunidade educativa do Selfie e do Test CDD no curso 2022-23.

Para realizar este plan de acción, encamiñado á mellora da situación do centro en canto á súa dixitalización, plantexáronse distintos obxectivos necesarios a curto e longo prazo, e escolléronse cinco que se consideran prioritarios para centrar os esforzos no vindeiro curso. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test CDD e Selfie

Ademáis de inventariado sobre infraestructuras, equipamentos e servizos dixitais do centro: 

Todo o centro e os seus recursos tecnolóxicos dispoñen de acceso a Internet a través da rede de cable (Rede Corporativa da Xunta) e mediante conexión wifi do programa “Escuelas Conectadas”, sendo en xeral boa.

O equipamento tecnolóxico do que se dispón procede da dotación da Xunta e de adquisicións do propio centro e consta de:

  • 39 ordenadores "torre"
  • 17 ordenadores portátiles
  • 7 kits dixitais completos (proxector, pantalla e portátil)
  • 2 kits dixitais (proxector e pantalla)
  • 2 pantallas interactivas
  • 12 impresoras
  • 12 proxectores
  • 4 tablets

A distribución é a seguinte: 

  • aula informática: 17 ordenadores
  • aula tecnoloxía: 1 portátil, 8 ordenadores torre e unha impresora
  • aula de clase: kit dixital en 9 aulas
  • secretaría, dirección e xefatura de estudos: ordenador e impresora en cada un
  • sala de profesorado: 5 ordenadores torre, proxector e impresora
  • aula PT: 6 portátiles, 1 ordenador torre, 1 proxector e unha pantalla interactiva. 
  • aulas de inglés e laboratorio de Física teñen un ordenador portátil, proxector e pantalla dixital. 

 

 

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade baixo nivel de competencia dixital e poucos recursos para o emprego das novas tecnoloxías na aula Alumnado Si
Debilidade baixo nivel de competencia dixital e poucos recursos para o emprego das novas tecnoloxías na aula Familias Si
Debilidade pouco equipamiento accesible para a comunidade educativa Infraestruturas Si
Debilidade profesorado con pouca disponibilidade horaria para ofrecer unha maior oferta educativa nas súas correspondentes especialidades Oferta Si
Debilidade necesaria a participación en diferentes posibilidades de formación de profesorado Persoal docente Si
Fortaleza motivación alta no alumnado de cara ao emprego de recursos TIC. Alumnado Si
Fortaleza centro con pouco alumnado que permite a intervención personalizada coa comunidade educativa Familias Si
Fortaleza existe estratexia dixital e fluidez na comunicación Organización de centro Si
Fortaleza centro aberto á inclusión de novas posibilidades, con profesorado interesado na implicación. - posibilidades de mellora na comunicación entre a comunidade educativa coas distintas ferramentas das que dispomos (abalar, web, aula virtual...) Organización de centro Si
Fortaleza claustro reducido con estabilidade que facilita a comunicación e colaboración entre o profesorado, e emprego e creación de recursos educativos online Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza baixa matrícula de alumnado que impide en ocasións unha maior oferta educativa para o alumnado. recortes de profesorado e límites establecidos pola administración que impiden unha ampla oferta educativa. Administración educativa Si
Ameaza baixa implicación das familias no funcionamento do centro ANPA Si
Oportunidade amplo catálogo de formación para o profesorado en TIC Administración educativa Si
Oportunidade creación da ANPA ANPA Non
Oportunidade novo currículo que incide no desenvolvemento da competencia dixital Lexislación Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Acadar que alomenos o 90% das comunicacións entre familias e profesorado se realicen a través das ferramentas corporativas.
O02PD Levar a cabo e acadar participación en cursos de formación sobre as posibilidades de comunicación a través das ferramentas corporativas para profesorado e familias e de aproveitamento dos recursos TIC do centro.
O03PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.
O04PD Actualizar a páxina Web do instituto
O05PD Inventariar o material dixital do centro

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, unha visita trimestral ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital , o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

No primeiro trimestre leváronse a cabo as seguintes accións:

AO1.1. O profesorado enviou ás familias unha mensaxe de presentación a través de Abalar.
AO1.2. O Xade usouse para a comunicación das condutas contrarias á convivencia do alumnado.

AO3.1. O alumnado recibiu formación por parte do profesorado sobre o uso da Aula Virtual.
AO3.2. No primeiro trimestre realizáronse as seguintes colaboracións para desenvolver a competencia dixital do alumnado:
-    Videoconferencia sobre a robótica.
-    Charla pegada dixital (AMTEGA)
-    Charla ciberseguridade "¿Qué hacen los Hackers y por qué los necesitamos? (Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións)

AO4.1. Actualizáronse os contidos da páxina web do instituto.

2º Trimestre

No segundo trimestre leváronse a cabo as seguintes accións:
AO1.2. O Xade usouse para a comunicación das condutas contrarias á convivencia do alumnado.
AO2.1. Actualizouse a Aula Virtual para o profesorado con acceso a novos recursos dixitais relacionados coas ferramentas corporativas (AbalarBox e Agueiro)
AO3.2. No segundo trimestre realizáronse as seguintes colaboracións para desenvolver a competencia dixital do alumnado:
     - Charla “seguridade en dispositivos móbiles”
AO4.1. Actualizáronse os contidos da páxina web do instituto.

3º Trimestre

No terceiro trimestre leváronse a cabo as seguintes accións:

AO1.2. O Xade continúa usándose para a comunicación das condutas contrarias á convivencia do alumnado.

AO2.2. Formación no centro e/ou creación de grupo de traballo de emprego e aproveitamento da impresora 3D.

AO3.2. No terceiro trimestre realizáronse as seguintes colaboracións para desenvolver a competencia dixital do alumnado: Coloquio do Día das Rapazas nas TIC 2024

AO4.1. Actualizáronse os contidos da páxina web do instituto.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

  • a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre, valorando o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

En xeral, acadáronse a maioría dos obxectivos propostos no Plan Dixital agás o O05PD referente a inventariar o material dixital do centro, non sendo posible realizalo xa que aínda non existe a aplicación da Consellería. Tampouco se levou a cabo a formación do profesorado para o aproveitamento dos taboleiros dixitais porque non se recibiron no centro ditos taboleiros. 
Por último, sinalar que non se atopou a forma de que fose produtivo para o centro o envío de autorizacións para actividades complementarias e/ou extraescolares a través de enlaces a formularios creados en AbalarBox.

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Publicación do Plan Dixital na Páxina Web do Centro