Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Creouse un grupo para facer un seguimento do Plan Dixital composto por máis do 70% dos/as xefes/as de departamento. Ao ser os xefes/as de departamento é máis sinxelo trasladar aos departamentos a análise do plan.
Respecto aos obxectivos do primeiro trimestre:
- 001PD, a acción de informar ao claustro e a CCP da importancia do Plan Dixital foi realizada.
- 003PD, Información á comunidade educativa da posibilidade de ordenadores de préstamo. Realizada.
- 004PD, a solicitude de encerados dixitais foi realizada.
- 005PD, moitos cursos teñen activos foros, pero ainda non está avaliado o número deles.
- 006PD, temos constancia que se están creando contidos para as aulas virtuais, sen contabilizar o total.
- 007PD, o uso seguro de Internet e a existencia de fakenews foi inserido nas programacións didácticas, polo que será traballado ao longo do curso.
- 008PD, estamos traballando no inventario.
- 009PD, todo o alumnado de 1º ESO foi formado no uso da aula virtual, correo electrónico e partillar documentos en nube.
- 010PD, substituíse os microcursos por información nun metacurso na aula virtual.
Realizaronse todos os obxectios respecto ao segundo trimestre.
Os departamentos fixeron un seguemento do Plan dixital.
Todos os obxectivos do Plan Dixital do curso foron cubertos agás o 008PD referente a introducir os datos do inventario na aplicación da Consellería de Educación porque a Consellería non abríu ainda a dita aplicación.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:
-
Establecer un equipo de profesores/as para a xestión e seguimento do plan dixital de centro, implicando a maior cantidade de xefas/es de departamento posibles.
-
O secretario informará polo menos unha vez por trimeste sobre a consecución dos obxectivos.
-
O secretario informará nun claustro a final de curso sobre a consecución dos obxectivos do Plan Dixital no curso e a elaboración do Plan Dixital do curso vindeiro.
Cumpríronse todos os obxectivos agás un, o 008PD referente a introducir os datos do inventario do centro na aplicación da Consellería de educación xa que foi imposible ao non existir a apliación.
Para o curso vindeiro pretendemos plantear menos obxectivos e máis accións en cada un para ser máis eficaces e eficientes.
Comunicación e difusión
-
Publicarase o Plan Dixital na web do centro.
-
Informarase a principio de curso á CCP e ao Claustro tanto da importancia dunha estratexia dixital coma dos contidos do Plan Dixital.