Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará unha visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.
A coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da directora.
Reunións periódicas para avaliar a implementación do plan e os obxectivos acadados.
Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O5PD xa que tivemos no noso centro, persoal cualificado que nos impartiu formación sobre o uso das novas pantallas dixitais.
En relación ao O02PD Afondar na aprendizaxe dun comportamento seguro e responsable no uso de Internet, están realizadas as accións AO2.1.: Inclusión no Itinerario TIC do centro de contidos relacionados co uso seguro e responsable das tecnoloxías e recursos dixitais:
-Afondamento nas ferramentas, medidas e estratexias de seguridade
-Dereitos de autor e licencias de uso dos recursos dixitais.
E iniciouse o O03PD:: Seguese a concienciar as familias no o emprego das ferramentas dixitais corporativas para a comunicación Abalarmóbil e páxina web do centro e a correcta presentación de documentación dixital de ser preciso.
Na actualidade temos acadadas as accións AO3.: Divulgar entre as familias novas no centro e lembrar ao resto da comunidade educativa a necesidade do emprego da App Abalarmóbil en todas as súas funcionalidades., AO3.2: Rexistrar o emprego do Abalarmóbil para xustificar faltas, solicitar titorías e recibir e emitir mensaxes. e AO3.3 estando en proceso as AO3.4 e AO3.5
Temos xa iniciado o obxectivo O7PD que seguirá desenvolvendose todo o período escolar.
No mes de novembro inicia o obxectivo O6PD, coa formación a través de PFPP cuxa temática é as Bibliotecas Creativas.
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.
No 2º trimestre cargouse o Plan Dixital en Educalidade.
Difusión do uso responsable e seguro dos recursos dixitais.
Elaboración de documentos en formato autoeditable.
implantación na nosa web, do punto laranxa, cun enlace que deriva ao equipo determindo todas as suxerencias
Creación de dipticos para a exposición no taboeiro do punto naranxa.
No 3º trimestre estableceranse os obxectivos cara ao vindeiro curso.:
Formar ao profesorado no funcionamento e manexo dos paneis dixitais interactivos.
formación do profesorado na temática dos polos creativos.
Seguir facendo materiais, ata acadar a dixitalización de toda a documentación
O obxectivo 07p10 está iniciado, o vindeiro ano, continuaremos con dita formación, xa que é moi ampla e ímos pouco a pouco para asimilala.
Valoración das actividades levadas a cabo: Constátase a necesidade de dar maior difusión, a través dos medios habituais: Páx. web, Abalar de Centro...á posibilidade de cubrir os documentos de uso habitual en secretaría en formato autoeditable.
Plan Director.
Avaliación
Os participantes na elaboración, implementación e seguimento do Plan Dixital fomos capaces de seleccionar, analizar e interpretar o grao de consecución dos obxectivos propostos que nos sirven para determinar as accións a desenvolver de cara ao vindeiro curso ( Plan de acción)
Empregáronse axeitadamente as tecnoloxías dixitais para mellorar a comunicación organizativa, a través do emprego da plataforma Abalar, con estudantes, familias e de ser preciso, cos demáis membros da comunidade educativa.
Constatouse o aumento das familias que usan o Abalar Móbil para comunicarse cos titores e titoras, xustificar faltas e pedir citas de titoría.
Promoveuse a reflexión crítica sobre o uso e emprego responsable do contido dixital, difundiuse información sobre protección de datos, participamos no Plan director.
Elaboráronse documentos de uso habitual en formato autoeditable.
-Difusión de documentos en formato autoeditable: é necesario dar unha maior difusión á posibilidade de cubrir a documentación en formato autoeditable, a través da páxina web, Abalar...información entre o alumnado, etc
-Formación para o emprego dos Paneis Dixitais.
-Conseguir o emprego pola totalidade das familias das ferramentas dixitais corporativas para a comunicación Abalarmóbil e páxina web do centro e a correcta presentación de documentación dixital de ser preciso.
Comunicación e difusión
O PD será presentado no Claustro e Consello Escolar nas reunións previstas para MES de xuño.
O plan será publicado na páxina web do centro e no blog das TIC e dado a coñecer polo equipo directivo e o profesorado nas reunións que se realicen no comezo do curso 23/24.