Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.           Introdución

1.1.       Datos básicos do centro

1.2.       Ceip de Baltar

·         Avda.Sargento Seoane S/N 

·         ceip.baltar @ edu.xunta.es

·         Colexio de dúas unidades,unha de infantil e outra de primaria.

·         23 alumnos.Catro mestres/as a tempo completo e tres itinerantes.

1.3.       Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

            O Concello atópase a 55 km. de Ourense.O nivel socioeconómico das familias é medio-baixo con escaso nivel sociocultural.A nivel científico-tecnolóxico tanto infraestruturas como recursos son precarios.

1.4.       Breve xustificación do mesmo

 

 •Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

•Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

•Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

•Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

•Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa

 

1.5.       Proceso de elaboración

O plan dixital será levado a cabo, principalmente polo profesorado a tempo completo ainda que formará parte do equipo, tamén unha mestra que vén o centro dóus dias a semana.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumrntos utilizados, nun primeiro momento para a recollida de información foron o informe Selfie e o Test CDD durante o curso 2021/2022.

No curso 2022/2023 basándonos na imformación recollida seguiuse a intentar implementar e mellorar para a consecución dos obxectivos do plan.

Durante o curso 2023/2024 implementamos dous obxectivos onde pretenderemos recoller e inventariar o material tecnolóxico do centro e para elo usarase a aplicación Xade da Xunta de Galicia. Ademáis tentaremos tomar medidas para a protección de datos no centro para o cal se concienciará a toda a comunidade ,ediante reunións informativas e posterior modificación das NOF do centro.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Analfabetismo dixital/Aulas mixtas Alumnado Non
Debilidade Escasa formación tecnológica e cultural/Actitude defensiva ante os cambios¿ Familias Non
Debilidade Falta de equipamento a nivel de ordenadores / Non hai aula de informática/O profesorado non ten ordenadores/Conexións deficientes¿ Infraestruturas Si
Debilidade É difícil coordinar a docencia directa co alumnado co mantemento dunha infraestructura dixital. Oferta Non
Debilidade A organización depende do profesorado cambiante polo que é inviable unha organización a curto e longo prazo. Organización de centro Non
Debilidade Falta de persoal e cambiante cada curso académico/ Excesiva carga burocrática e lectiva./ Aulas mixtas Persoal docente Non
Fortaleza A nivel de novas tecnoloxías a motivación é elevada. Alumnado Si
Fortaleza Como a ratio por aula e a nivel de centro é baixa, o número de familias implicadas é pouco numeroso.Isto favorecería a súa formación . Familias Si
Fortaleza Espazo existente para a dotación informática. Infraestruturas Non
Fortaleza Actitude positiva do profesorado. Oferta Si
Fortaleza Actitude positiva do profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Tomaranse medidas relacionadas coa protección de datos. Organización de centro Si
Fortaleza Concienciación por parte do persoal deste curso sobre a necesidade da mellora tecnolóxica e metodolóxica. Persoal docente Si
Fortaleza Predisposición do profesorado para facer un inventario do material informático do centro. Persoal docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Familias pouco estimuladas dixitalmente Contorna Non
Ameaza Falta de material informático nas familias do rural Contorna Non
Ameaza Falta de suficiente material informático no centro Outras Non
Oportunidade Familias e mestres motivados e implicados na dixitalización Contorna Non
Oportunidade Disponse de espazo físico suficiente para a aula informática Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Neste curso 2023/2024 Realizarase un inventario de todo o material informático co que conta o centro e tomaranse medidas relacionadas coa ciberseguridade e proteccfión de datos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implementar no colexio a aula de informática.
O02PD Conseguir a implicación de alumnado e familias no PD
O03PD Inventariar o material tecnolóxico do centro
O04PD Implementar medidas sobre ciberseguridade e protección de datos.

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo. A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

Unha avaliación procesual, cunha frecuencia dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións de cada obxectivo, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre empezamos a inventariar o material tecnolóxico do centro nun documento aberto para seguir introducindo o material que próximamente vaia chegando así como implementar certas medidas sobre protección de datos como tentar sacar as fotos das actividades sin que se vexan as caras dos pequenos e avisar as familias de non sacar fotos dentro do colexio e prsuposto que non as difundan en redes sociais.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre introducíronse no documento de inventariado certo material tecnolóxico como algún computador que chegóu mais tarde.

Seguese a insistir na protección de datos polo que se recorda a prohibición de difundir fotografías en redes sociais.

3º Trimestre

Durante o terceiro trimestre inventariouse un computador novo no documento de inventario. Seguiuse a insistir na importancia da protección de datos e retomamos o obxectivo der implicar as familias no Plan dixital polo que se lles recorda o uso da aplicación abalar para as comunicación co centro así como recordarlles que revisen a páxina web do centro onde se colgrán fotografías das diferentes actividades realizadas durante o curso.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o plan, farase un seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos por parte do/a coordinador/a e/ou do equipo directivo, da seguinte maneira:

- Unha avaliación final, cunha frecuencia dunha vez ao ano (final do curso). Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral a valoración do PD neste curso e boa xa que se acadou parte dos obxectivos propostos a excepción da aula de informática por falta de material.

Proposta de mellora

Como proposta de mellora de cara o ano que vén suprimirase o obxectivo de implementación da aula de informática polo de implementación dunha aula de Polos CXreativos xa que se está a espera do material que se supón que enviará a consellería para tal fin.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PD será presentado para a súa aprobación  no Consello Escolar realiozado no mes de Outubro publicarase na páxina web do centro ademáis de visitando o seguinte enñlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32016236