Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará, alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, dúas visitas anuais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do Plan Dixital , o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.
No primeiro trimestre levouse a cabo principalmente o seguinte obxectivo:
O3PD: Coñecer e respetar os Protocolos de Protección de datos.
Líñas de actuación:
- Elabourese un protocolo de protección de datos de forma de decálogo visible para toda a comunidade educativa a través de Abalar e a páxina web do centro.
Os obxectivos pendentes non poden ser incluídos nun trimestre en concreto pois levaránse a cabo durante todo o curso escolar mantendo unha aprendizaxe activa e continua dos mesmos:
- O1PD: Mellorar a formación do profesorado en Competencia Dixital.
- O2PD: Inventariar e manter operativos en bo estado os recursos materiais dixitais do centro.
Plans e líñas de actuación:
- Realizaronse sesións presencias do curso PFPP para formar ao profesorado en competencia dixital.
- Actualización da páxina Web con pequenas modificacións.
Os obxectivos que plantexamos para este curso escolar teñen que estar acadados o finalizar pero iso non quita de que o profesorado se comprometa a introducir o aprendido na súa labor como docente e que se vexa reflexado.
Avaliación
Para avaliar o plan, farase un seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos por parte do/a coordinador/a e/ou do equipo directivo, da seguinte maneira:
- Unha avaliación procesual, cunha frecuencia dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións de cada obxectivo, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación final, cunha frecuencia dunha vez ao ano (final do curso). Os aspectos a considerar incluirán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A valoración xeral do plan foi de cumplimento alto e polo tanto satisfactoria. Dase detalle dos tres obxectivos do plan:
- O1PD Mellorar a formación do profesorado en Competencia Dixital. Avanzouse a través da posta en práctica do plan e da formación que conlevou, logrando mellorar a competencia dixital do profesorado, aínda que non se considera que se elevara tanto como para acadar un nivel B2, aínda que si algún dos docentes máis implicados mellorou cara un nivel intermedio.
- O2PD Inventariar, manter operativos e en bo estado os recursos materiais dixitais do centro. Na práctica educativa reverteu significativamente, desenvolvéndose na aula traballos con recursos dixitais antes non empregados. Aínda que non se cumpriu cun inventariado estrito, si se recolleron os datos dos equipos en uso.
- O3PD Coñecer e respectar os Protocolos de Protección de datos. Dar a coñecer a toda a comunidade educativa da importancia da protección de datos e a pegada dixital.
Para o vindeiro curso propomos:
- Realizar formación sobre as pantallas interactivas dispoñibles nas aulas de nova instalación.
- Fomentar no alumnado hábitos saudables en torno ao uso de novas tecnoloxías.
- Inventariar os recursos, renovar equipos e manter equipos actualizados seguros.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado o PD, este púxose a disposición da comunidade educativa na páxina web do centro, quedando tamén no centro para a súa consulta aberta a calquera interesado.