Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

A EASD Antonio Faílde xorde co Decreto 207/2005 que converte as escolas de arte en escolas de arte e superiores de deseño, cumprindo os requisitos do Real decreto 389/1992 para os centros que impartan ensinos artísticos.

Trátase dun centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, polo que as súas ensinanzas teñen carácter oficial e validez académica e profesional en todo o Espazo Común Europeo, estando adaptados ao Real Decreto 96/2014 que establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES).

A EASD Antonio Faílde ten adaptada a súa oferta formativa ás directrices do Tratado de Bolonia, e suma aos seus tradicionais ensinos profesionais de ciclos formativos superiores e medios, os títulos de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño na especialidade de Gráfico e na especialidade de Interiores (D. 41/2023, art. 2.1).

A EASD Antonio Faílde está integrada na Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial dentro da Secretaría Xeral de Educación Formación Profesional e conta cun Regulamento Orgánico propio (ROC), Decreto 61/2011, do 24 de marzo, que establece o Regulamento orgánico das escolas de arte e superiores de deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade do centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva, como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna. O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que ven recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Funcional de Escola e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

A nosa oferta educativa acolle un amplo número de especialidades que impartimos a través de ciclos formativos e as chamadas ensinanzas artísticas superiores de deseño, que son, a todos os efectos equivalentes a unha titulación universitaria.

Visión

O noso proxecto común proponse crear un espazo de relación onde ensinar e promover a cultura do deseño a través das distintas especialidades.

Comprendemos o deseño como un medio poderoso para axudar a resolver os problemas humanos da realidade social nos que se inscribe.

Para materializar os nosos principios confiamos na educación multidisciplinar, a cultura do proxecto e a aposta decidida pola innovación permanente.

Instalacións

A actual e definitiva sede da EASD Antonio Faílde sitúase nun edificio contemporáneo, pensado para responder funcionalmente aos requisitos propios das especialidades que integran o noso proxecto educativo.

Así, ademáis das aulas teóricas, o centro dispón de obradoiros orientados á formación práctica equipados con tecnoloxías específicas en comunicación, prototipos, fotografía ou edición entre outros. De igual modo, a escola conta cunha biblioteca de libre acceso, salón de actos e cafetería.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que nos permite o coñecemento da realidade do noso centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Para realizar esta análise, dende o Equipo de Dinamización do Plan Dixitalización, axudámonos da ferramenta SELFIE, organizando a información segundo os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación:

• Lideranza.
• Desenvolvemento profesional.

  • Infraestrutura e equipamento.

  • Prácticas de ensino e aprendizaxe.

  • Prácticas de avaliación.

  • Competencia dixital do alumnado.

    SELFIE (siglas que en inglés significan «auto-reflexión sobre unha aprendizaxe efectiva mediante ou fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas innovadoras»), é unha ferramenta en liña gratuíta que pretende axudar aos centros escolares a exporse como utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr unha aprendizaxe efectiva e innovadora.

    Estes resultados poden axudar a entender en que punto se atopa o noso centro e, desde aí, iniciar un diálogo sobre o uso das tecnoloxías e desenvolver un plan de acción para o centro educativo. Desta forma, o informe de centro SELFIE pódenos ofrecer información sobre puntos fortes e débiles da nosa organización educativa con relación á dixitalización deste e como esta dixitalización contribúe a mellorar a aprendizaxe do alumnado. Por último, SELFIE pode empregarse máis adiante para avaliar os avances realizados e axustar o plan de acción.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Obsolescencia programada de hardware. Necesidade de actualización periódica. Software profesional específico. Infraestruturas Si
Debilidade Renovación dos equipos informáticos, proxectores, imaxe e son. Infraestruturas Si
Debilidade Dificultades para poder seguir os cursos de formación por coincidir moitas veces con horario de clase do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de máis persoal Auxiliar Administrativo para a xestión debido aos perfís e ámbitos profesionais aos que se dirixe a oferta formativa da EASD. Persoal non docente Si
Fortaleza Xestión adecuada de licenzas educativas. Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. Alumnado Si
Fortaleza Servizo de préstamo de portátiles ao alumnado que o precise. Infraestruturas Non
Fortaleza Ámbitos profesionais aos que se orienta a formación do alumnado plenamente dixitalizados. Oferta Non
Fortaleza Profesorado dixitalmente competente. Capacidade de adaptación e receptividade ás novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Calidade humana e eficiencia nas cuestións laborais. Persoal non docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Concédense poucos cursos para certas especialidades que contan con número reducido de profesorado e precisan formación moi específica. Administración educativa Si
Ameaza Que a evolución das novas tecnoloxías derive a unha situación na cal se chegue a prescindir dunha grande parte do profesorado. Contorna Si
Oportunidade Adecuada financiación da EASD para abordar compras de equipamento. Administración educativa Non
Oportunidade Servizo de mantemento equipos informáticos moi competente Proximidade física do CFR para xestionar cursos de formación. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á detección da fotografía do centro realizada a través da ferramenta SELFIE, que nos proporciona un informe da situación, estaríamos preparados para realizar a análise DAFO.

DAFO é unha ferramenta de análise que estuda as características internas (debilidades e fortalezas) e externas (ameazas e oportunidades).

Esta análise debemos realizala coa maior claridade e sinceridade posible, expoñendo a realidade específica e actual do centro. Algúns datos que poderían xurdir desta análise:

  • Escaseza de infraestruturas tecnolóxicas.

  • Diferenzas notables en termos de competencia dixital docente e do alumnado.

  • Reticencia á actualización de metodoloxías por parte do profesorado.

  • Actitude favorable cara ao uso das tecnoloxías como medio de mellora do proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Oferta ampla de desenvolvemento profesional no uso das tecnoloxías educativas.

  • Traballo colaborativo a través das tecnoloxías para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar as competencias dixitais do profesorado do centro en materia do uso de software específico de deseño
O02PD Informar e asesorar sobre o acceso á rede WIFI da Xunta para o alumnado de estudos profesionais (novo) e continuar coa información e asesoramiento ao alumnado de graos
O03PD Mellorar e actualizar o equipamiento informático do centro

Seguimento

Procedemento

O procedemento para a revisión do seguimento dos obxectivos do Plan Dixital 2024-25 será levado a cabo nas reunións correspondentes á Área de Calidade e Promoción das Ensinanzas. Así mesmo, toda a información relacionada co Plan Dixital estará publicada na plataforma de Educalidade. Ademáis da plataforma, o Plan Dixital será comunicado ao profesorado en reunións do claustro, garantindo así a súa correcta difusión e comprensión entre os membros do equipo docente, onde a comunidade docente terá a oportunidade de facer propostas e ou peticións, ademais das reunións informais ou comunicacións a través de mail.

1º Trimestre

Reunión Área de Calidade e Promoción das Ensinanzas: A Coordinación TIC informa nesta reunión sobre os obxectivos:

O.1. Mellorar as competencias dixitais do profesorado do centro en materia do uso de software específico de deseño

  • Formación do profesorado:
    • Coordinacion do curso de formación para o profesorado:
      • Relator: Resolto
      • Contidos: En proceso
      • Datas para o desenvolvemento: Resolto

O.2. Informar e asesorar sobre o acceso á rede WIFI da Xunta para o alumnado de estudos profesionais (novo) e continuar coa información e asesoramiento ao alumnado de graos

  • A Xunta envia as instrucións para que o alumnado das ensinanzas profesionais poidan ter acceso por primeira vez á wifi da Xunta. Iniciarase nos próximos días a difusión entre o alumnado.

O.3. Mellorar e actualizar o equipamiento informático do centro

  • Estado dos equipos informáticos:
    • Revisión dos equipos (os PC da 203 necesitan actualizar a tarxeta gráfica)
      • Solicitude de tabletas gráficas
      • Actualización na xestión dos equipos de préstamo para o alumnado
  • Estado da actualización do software:
    • Actualización do software existente (os equipos da Aula 203 xa non soportan máis actualizacións de Adobe Photoshop)
    • Instalación dos drivers das tabletas gráficas na 203: En proceso
    • Ampliación e solicitude de software específico para Ilustración: En proceso
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento para a avaliación do Plan Dixital consiste en revisar o cumprimento dos obxectivos nas reunións de área. Dita avaliación considérase positiva se cumpre máis do 50% do obxectivo.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital de Centro faise público entre a comunidade educativa para o seu coñecemento.

A estratexia de publicitación e difusión do Plan Dixital entre a comunidade educativa, será tanto mediante a activacion de sistemas de información na Aula Virtual coma mediante documentos en liña ou na nube para compartir incidencias.