Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Desde a coordinación TIC están a levarse a cabo accións como a supervisión e actualizacións no software instalado nos diferentes equipos, a supervisión no funcionamento do relativo ás novas tecnoloxías e comunicacións (por exemplo rede wifi, impresión en rede etc.), actualización do inventario de equipos do centro, entre outros.
Ademais estase coordinando o curso de formación para profesorado para mellorar as competencias dixitais do mesmo, este ano está relacionado coa Intelixencia Artificial aplicada ao software de deseño.
Neste trimestre desde a coordinación TIC leváronse a cabo accións como a supervisión do funcionamento da wifi, a posta en marcha dos ordenadores enviados para uso dos docentes, supervisión das conexións do salón de actos grande e solicitude de máis paneis dixitáis para mellorar a calidade tecnolóxica das aulas.
Ademáis completouse o curso de formación ao profesorado actualizando as competencias dixitais ampliando os coñecementos da Intelixencia Artificial aplicado ao deseño.
No último trimestre fixéronse labores de seguimento. Redactouse a memoria da coordinación TIC e propuséronse melloras para o próximo curso. Observouse o uso das TIC nas aulas e noutros espazos do centro. Analizáronse e valoraron a calidade do soporte técnico que se ofreceu á comunidade educativa durante o ano académico 2023-24. Do mesmo xeito valorouse o impacto das TIC no proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
Avaliación
Comunicación e difusión
O presente Plan Dixital de Centro farase público entre a comunidade educativa para o seu coñecemento.
A estratexia de publicitación e difusión do Plan Dixital entre a comunidade educativa, será tanto mediante a activacion de sistemas de información na Aula Virtual coma mediante documentos en liña ou na nube para compartir incidencias.