Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para facer o seguimento anual dun PD levamos a cabo os seguintes procedementos:
- Realizar unha avaliación inicial para determinar que áreas precisan melloras.
- Establecer obxetivos claros e sinxelos e revisalos ao longo do curso.
- Revisar os indicadores de ditos obxetivos.
- Axustar o plan dixital a realidade do centro.
- Mellorar a competencia dixital do profesorado realizando cursos de formación.
- Informamos sobre a actualización do plan dixital ao claustro, ao consello e ás familias nas reunións de aula que se fixeron a principio de curso. Tamén explicamos que está visible na aplicación educalidade aportando o enlace correspondente, do mesmo xeito hai un bloque específico do PD 23-24 na web do colexio.
- Inscrición nun PFPP cunha liña específica en competencia dixital para traballar con aplicacións de edición , elaboración e avaliación de contidos dixitais. Valoramos positivamente el gran número de profesorado apuntado ao PFPP, mostrando as súas inquedanzas en materia dixital.
- Este curso entramos no programa Polos Creativos. Estamos na etapa de formación , esperando que chegue o material para realizar actividades.
- Integración nas programacións de aula de ferramentas dixitais para a elaboración de actividades, contidos, avaliación.
- Actualización da páxina web do colexio e da aula virtual.
- Segue a formación en Polos Creativos .
- Conferencias do Plan Director sobre cyberacoso e os perigos en internet.
- Activación do Punto laranxa na web do centro e creación da conta de correo para "convivencia".
- Realización de actividades STEAM organizadas e coordinadas polo equipo de biblioteca levadas a cabo no tempo de lecer.
- Elaboración de podcast de radio para distintos concursos e celebracións.
- Mantemento e actualización da web do centro.
- Actualización dos cursos e subida de material a aula virtual.
- Desde o equipo tic , organización dun concurso para cambiar o deseño da web do cole.
- Desde normalización, organización do concurso Benchocanta . Subir a web do colexio podcast de radio versionando ao galego grandes éxitos.
- Obradoiro de radio da man de José María Bara. A súa paixón pola técnica e locución acompáñao en máis de 25 anos de experiencia no eido da radiodifusión. Desenvolveu diversos postos como locutor/director de magazine, redactor e presentador de informativos e programas musicais entre outras funcións. Realizou traballos na Cadena Ser, 40 Principales, Cadena Cope e Cadena 100.
- Experiencias de actividades STEAM realizadas no Club de Ciencia.
- Empregamos aplicacións dixitais como digicraft, scrach ...
Avaliación
Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar si o obxetivo proposto foi acadado e si é preciso realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.
- Levarase a cabo unha avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Unha avaliación final ao rematar o curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoramos moi positivamente a motivación e o alto número de participación do profesorado en todas as actividades relacionadas coa mellora da competencia dixital , como por exemplo, os seminarios do Pfpp levado a cabo neste curso.
Tamén foi moi positivo o uso dos paneis dixitais nas diferentes aulas moi motivadores para o alumnado. Todavía faltan catro paneis dixitais para as aulas do terceiro ciclo.
O uso do carro dos portátiles por as aulas de primaria foi positiva para que o alumnado desenvolva a competencia dixital.
Para o vindeiro curso continuaremos traballando en mellorar e reforzar os contidos adquridos en competencia dixital en profesorado e alumnado. Tamén insistir no tema de seguridade en internet mediante charlas e conferencias sobre o acoso en redes sociais.
Por ooutra banda , deixamos algúns posibles obxectivos para o plan dixital 24-25:
. introducir as tecnoloxías dixitais como ferramentas clave na avaliación de situacións educativas.
. solicitar a continuación no PFPP con novas liñas de traballo, por exemplo, intelixencia artificial ou drones.
. consolidar a presenza do centro en redes sociais e internet.( a biblioteca temos instagram e facebook)
. mellorar a integración do plan tic nasa programacións.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado enviarase o Plan Dixital a través do correo coorporativo a todo o profesorado e publicarase na páxina web do centro . Así mesmo, haberá unha copia na aula virtual, no espazo creado para o plan dixital de centro, onde se recolle toda a información e documentación do Plan.
Para a súa difusión empregaremos o enlace para esta aplicación: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32016029