Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este plan está concibido como un documento vivo que conten os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa. Cada un na medida de súas posibilidades e o seu nivel actual de formación.

Seguiremos oas directrices da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, que regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o Proxecto Educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Elaboraremos este Plan Dixital en liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, a consellería) persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

 Proceso de elaboración

A participación do Coordinador TIC no proceso de deseño e implementación do Plan Dixital de Centro é clave, tanto pola visión global que dende a súa responsabilidade pode aportar (na fase de deseño), como pola capacidade para mobilizar recursos da organización e de xerar liderazgos distribuídos que permitan o cambio atendendo a principios democráticos (na fase de implementación).

Ao longo do curso 2021-2022 para o deseño e elaboración do Plan Dixital seguimos as seguintes pautas:

1. Realizamos a análise da situación do centro a través da ferramenta para a diagnose de situación SELFIE, con esta ferramenta realizamos o análise, e detectamos as necesidades, debilidades e problemas que tiñamos no centro

2. Test de Competencia Dixital Docente , de xeito complementario, o profesorado realizou o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permitiu obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencia (A1-C2), polas áreas deste Marco.

3. Realizamos a diagnose de situación do centro:

     a.   A partir do Informe SELFIE, xeramos un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que nos permitiu a análise da situación do centro e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

     b. O Informe Individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

4.  Unha vez feito os análises comezamos coa elaboración do Plan Dixital. O Plan Dixital realizouse en base a información recollida do informe de análise da situación do centro e de acordo coa estrutura que se recolle no anexo da Resolución do 3de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

5. Unha vez rematado a elaboración do Plan Dixital este será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro.

c.     No curso 2023-2024, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua. Avaliamos mediante indicadores de logro, estos indicadores serán significativos para medir o grao de consecución dos obxectivos e poder facer axustes e melloras.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A participación do Coordinador TIC no proceso de deseño e implementación do Plan Dixital de Centro é clave, tanto pola visión global que dende a súa responsabilidade pode aportar (na fase de deseño), como pola capacidade para mobilizar recursos da organización e de xerar liderazgos distribuídos que permitan o cambio atendendo a principios democráticos (na fase de implementación).

Ao longo do curso 2021-2022 para o deseño e elaboración do Plan Dixital seguimos as seguintes pautas:

a.      A través da páxina: https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/login/index.php

Mantivemos contacto coa nosa mentora ADIX que nos facilitou os materias, e indicounos as instrucións, asesoramento e formación para comezar coa elaboración de cada un dos apartados do Plan Dixital,

b.     Realizamos a análise da situación do centro a través da ferramenta para a diagnose de situación SELFIE, con esta ferramenta realizamos o análise, e detectamos as necesidades, debilidades e problemas que tiñamos no centro

c.      Test de Competencia Dixital Docente , de xeito complementario, o profesorado realizou o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permitiu obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencia (A1-C2), polas áreas deste Marco.

d.     Realizamos a diagnose de situación do centro:

  •  A partir do Informe SELFIE, xeramos un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que nos permitiu a análise da situación do centro e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.
  •  O Informe Individual do test CDD permitiu ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP.

e.      Unha vez feito os análises comezamos coa elaboración do Plan de Acción onde elaboramos as táboas de obxectivos os cales seguen os seguintes puntos:

  • Fixar os obxectivos serán específicos, concretos, medibles respondendo a metas cuantificables, alcanzables, realistas e definidos no tempo
  • Definir os indicadores que permitirán avaliar a consecución ou non dos obxectivos. Os indicadores responden a escalas numéricas, e van acompañados dun valor obtivo o meta que é aquel que nos marcamos segundo o obxectivo ao que fan referencia.
  • Definir as acciones necesarias para alcanzar os obxectivos

f.      O Plan Dixital realizouse en base a información recollida do informe de análise da situación do centro e de acordo coa estrutura que se recolle no anexo da Resolución do 3de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

g.     Unha vez rematado a elaboración do Plan Dixital este será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro.

No curso 2022-2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua. Avaliamos mediante indicadores de logro, estos indicadores serán significativos para medir o grao de consecución dos obxectivos e poder facer axustes e melloras.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H10 . O alumnado non aprende a comunicarse utilizando as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade H6. O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Debilidade H9. No noso centro o alumnado non aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Debilidade Falta de acceso a internet e materiais dixitais nas familias Familias Si
Debilidade Pouca implicación nas familias na aplicación ABALAR Familias Non
Debilidade Falta de aula de informática Infraestruturas Non
Debilidade Falta de ordenadores e tablet, e pantallas dixitais Infraestruturas Si
Debilidade Falta de actualización das aplicacións instaladas (sistemas operativos e programas ofimáticas). Infraestruturas Non
Debilidade Non existe criterios de seguridade nin de conservación de datos ou imaxes Infraestruturas Si
Debilidade A1 O noso centro non conta cunha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade B1- No noso centro non avaliamos os nosos progresos de ensinanza e aprendizaxe empregando as novas tecnoloxías Organización de centro Non
Debilidade A3.Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital Organización de centro Non
Debilidade D3. O noso equipo directivo non nos axuda a intercambiar experiencias no relativo á ensinanza das novas tecnoloxías nin reflexiona con nosoutros sobre as nosas necesidades de DPC no relativo á ensinanza das novas tecnoloxías Organización de centro Non
Debilidade F6 O profesorado non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando as tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade F3 O Profesorado non utiliza as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Si
Debilidade F1. O profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado Persoal docente Si
Debilidade G3. O profesorado non utiliza las tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación adecuada ao alumnado Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non utiliza las tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnos Persoal docente Si
Debilidade F5 No centro o alumnado non utiliza a tecnoloxía para traballar en grupo Persoal docente Si
Debilidade E2. O profesorado non crea recursos dixitais para reforzar o seu método de ensinanza Persoal docente Non
Debilidade E3. O profesorado non emprega entornos virtuales de aprendizaxe cos alumnos Persoal docente Si
Debilidade F3 O profesorado non utiliza as tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza H1.O noso alumnado ten un comportamento seguro e responsable Alumnado Si
Fortaleza H4. O alumnado é capaz de verificar a calidade da información nas redes Alumnado Si
Fortaleza Familias colaboradoras e implicadas Familias Non
Fortaleza Boa asistencia técnica Infraestruturas Si
Fortaleza Temos os espazos físicos que poden facilitar a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza C3. O centro conta con acceso a internet en todas as instalacións Infraestruturas Si
Fortaleza Gran oferta de actividades formativas na utilización de ferramentas institucionais, ( Portal Educativo, aulas virtuais, etc.) Oferta Non
Fortaleza Plans de formación do profesorado (PFPP) Oferta Si
Fortaleza Boa comunicación online en todas as actividades que se desenvolven no centro para darllas a coñecer a toda a comunidade educativa Organización de centro Si
Fortaleza Páxina web do centro actualizada Organización de centro Si
Fortaleza Uso online do sistema de control do alumnado (XADE) Organización de centro Non
Fortaleza E1. O profesorado e quen de buscar recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza F1 O profesorado asigna diferentes actividades ao alumnado empregando as tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza F4. O profesorado ten unha boa actitude cara a Inclusión do alumnado incluído actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado Persoal docente Si
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C2. No noso centro no contamos cos suficientes dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Si
Ameaza Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro Administración educativa Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna Contorna Si
Ameaza Falta de comunicación entre os centros que desenvolven proxectos similares da contorna Contorna Si
Ameaza Descoñemento por parte do profesorado de todos os programas dixitais existentes Lexislación Si
Ameaza C7. Descoñecemento por parte do profesorado de todos os aspectos referidos á Protección de datos Prazos moi cortos para elaborar o plan dixital de centro Lexislación Non
Ameaza B3. No noso centro non colaboramos nin utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións Outras Si
Oportunidade Aposta forte da administración pola transformación dixital Administración educativa Non
Oportunidade É un incentivo para a mellora da calidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade D2. Facilidade na participación no desenvolvemento profesional continuo por parte do CEFOREN e do FPROF Administración educativa Si
Oportunidade C5. Posibilidade de ter asistencia técnica proporcionada pola UAC Administración educativa Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Si
Oportunidade Colaboracións a través de entornos dixitais co centro escolar ANPA Non
Oportunidade Boa localización do centro Contorna Non
Oportunidade E-Dixgal, Navega con rumbo, Biblioteca creativa, espazos Maker Lexislación Non
Oportunidade Resolución existente para a elaboración do plan dixital Lexislación Non
Oportunidade Un concello involucrado e receptivo antes as propostas do centro escolar Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para realizar este análise, empregamos a ferramenta SELFIE [auto-reflexión], unha ferramenta en liña gratuíta que pretende axudar aos centros escolares a plantexar como utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr unha aprendizaxe efectiva e innovadora. Baseada no marco da Comisión Europea para organizacións educativas dixitalmente competentes [Dig-compOrg]. SELFIE axudounos a coñecer que funciona ben, en que aspectos necesitamos mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso Centro.

 A información que obtivemos gracias ao autodiagnóstico realizado mediante SELFIE foi clave para entender a situación actual e permitiunos tomar decisións orientadas á acción.

Este informe aporta luz sobre a situación actual do Centro dende a perspectiva dos equipos directivos, o profesorado e o alumnado tanto nas áreas organizativas como nas pedagóxicas en relación co nivel de uso e integración que realizan das tecnoloxías neses procesos.

Cumprimentamos unha táboa Excel cos resultados obtidos do SELFIE, e existiron reunións es debates sobre os resultados e unha posta en común entre todo o profesorado.

ANÁLISES CUANTITATIVO Presentamos unha visión xeral dos aspectos positivos e negativos empregando un análises matemático e estatístico mediante estas táboas de análises cuantitativo, nos que se reflicte na parte superior a media obtida en cada área

TEST DE COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE No proceso de integración das TIC no sistema educativo galego detéctase a necesidade de proporcionar ao profesorado instrumentos de valoración para coñecer a propia competencia TIC docente e poder elixir dentro da oferta formativa aquelas actividades que mellor respondan ás súas necesidades.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso xeneralizado das encerados dixitais nas aulas (A3)
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3)
O03PD Actualizar e promover o uso da web do centro.
O04PD Promover e aumentar o numero de publicacións do Facebook do colexio
O05PD Almacenar dixitalmente en disco duros externos toda información administrativa e audiovisual relativa ao centro escolar(C2)
O06PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do centro (D3)
O07PD Aprender a comunicarse o alumnado a través da aula virtual do centro (H10)
O08PD Creación dunha base da datos sobre a competencia dixital e os medios dixitais das familias (Brecha Dixital)

Seguimento

Procedemento

Para poder avaliar o plan mediremos o grado de consecución dos obxectivos que nos marcamos neste dous contextos:

 

1.      No contexto da avaliación procesual Cada unha das acciones propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudaran a determinar si o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións no plantexamento de estas accións durante o curso para que as propostas se materialicen

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao mes, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

a. Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.

b. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

2.      No contexto da avaliación final Co análises destes indicadores, se elaborará un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

a.     Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

b.     A ferramenta de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análises da competencia dixital do Centro. Anualmente

c.      Análise dos avances do profesorado en materia dixital na práctica docente e nos procesos de avaliación do alumando. Mediante a avaliación da Competencia Dixital Docente a través do Test de Competencia Dixital Docente

d.     A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE:

i.     Valoración da utilización das Tics por parte do alumnado na adquisición e práctica das súas aprendizaxes.

ii.     Análise dos avances do alumnado coas Tics no proceso de ensinanza- aprendizaxe.

iii.     Balance dos programas e/ou plataformas educativas empregadas polo alumnado no proceso educativo(aula virtual, web do centro, blogue de aula...)

e.     No referente ao profesorado:

              i.     Estimación das dificultades detectadas polo profesorado na xestión das Tics en relación a práctica educativa diaria.

             ii.     Concreción da elaboración de material dixital por parte do profesorado.

             iii.     Balance dos programas e/ou plataformas educativas empregadas polo profesorado no proceso educativo(aula virtual, web do centro, blogue de aula...)

f.      No referente ao centro:

             i.     Avaliación das melloras acadadas en relación ao equipamento e as infraestruturas requiridas

             ii.     Concreción da participación en programas, actividades e/ ou estratexias relacionadas coas tics.

             iii.     Análise do acceso ás tics por parte das familias do alumnado co obxectivo de atallar a fenda dixital.

O informe do progreso formara parte da Memoria anual do centro.

1º Trimestre

Nome do centro CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO Data e hora da visita 13 novembro ás 12:00 h
Enderezo Estrada de Valdepereira S/n 32454 Cenlle , Ourense
Teléfono 988 40 40 56
Correo electrónico ceip.carmen.garcia.carrasco@edu.xunta.es
Páxina web www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarmengarcia
Redes sociais https://es-es.facebook.com/ceipcarmen.garciacarrasco.7/
Director/a González Iglesias, Laura
Coordinador/a EDPD #CompDigEdu Raquel Pérez Fernández Acordos adoptados

 

Acordos adoptados con accións recomendadas

Orde do día: 1º Información en relación a implementación e seguimento do PD.

2º Obxectivos e accións correspondentes ao PD 2023-24.

3º Seguimento e avaliación do PD a través de EduCalidade neste curso.

4º Infórmase de que data límite da aprobación en claustro e consello é o 6 de novembro.

5º Posibles dúbidas ou necesidades no proceso.

 

Recollida de boas prácticas innovadoras:  Polos creativos

 

Planificou formación específica sobre competencia dixital (a través dun PFPP)

Si

Itinerario 1: A convivencia escolar e a educación inclusiva encaixan na escola, grupo de traballo Itinerario

Itinerario 2:: Creación de material dixital empergando a realidade aumentada, a realidade inmersiva, o croma. Grupo de traballo

Outros acordos/observacións

Acceso correcto a EduCalidade e a AV por parte da persoa coordinadora. O PD do curso 2023-24 xa está cargado agás as modificacións pertinentes.

 

O PD do curso 2023-24 xa está cargado agás as modificacións pertinentes. Data vindeira visita prevista A concretar

 

 

2º Trimestre

REUNION CON TODO O  PROFESORADO DO CENTRO

Nome do centro  CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO

Data e hora da- visita  12/03/2024 – 15:40 Horas

Enderezo  Estrada de Valdepereira S/n 32454 Cenlle Ourense

Teléfono  988 404 056

Correo electrónico  ceip.carmen.garcia.carrasco@edu.xunta.es

Páxina web  www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarmengarcia/?q=system/files/32015918_CEIPCarmenGarciaCarrasco_PlanDixital_V1.0_05062022..pdf

Redes sociais

Ceip Carmen García Carrasco (facebook.com)

Colexio de Cenlle

(33) Ceip Cenlle - YouTube

 

 

Acordos adoptados con accións recomendadas

Orde do día

1º Seguimento dos obxectivos do PD correspondentes ao 2º trimestre

2º Información e asesoramento do aplicativo Educalidade

3º PFPP FORMACION

4º Rogos e preguntas

 

ACORDOS E ACCIÓNS RECOMENDADAS

Os obxectivos establecidos no plan continúan en marcha. Realizarase unha revisión das accións correspondentes a este trimestre.

Informase e solvéntanse pequenas dúbidas en relación coa acreditación da competencia dixital do profesorado. Explicase a información dispoñible e remítese a contacto co CFR para información máis concreta.

 

Recollida de boas prácticas innovadoras

Programas educativos de mellora da competencia dixital e/ou STEM nos que participa o CEIP Carmen García Carrasco no curso 2023-2024:

• Polos Creativos

• Proa+

 

Planificou formación específica sobre competencia dixital (a través dun PFPP)

Continúase coa formación das liñas do PFPP e polos creativos.

 

 

 

 

 

3º Trimestre

REUNION CON TODO O  PROFESORADO DO CENTRO

Nome do centro  CEIP CARMEN GARCÍA CARRASCO

Data e hora da reunión co profesorado  28/05/2024 – 15:40 Horas

Enderezo  Estrada de Valdepereira S/n 32454 Cenlle Ourense

Teléfono  988 404 056

Correo electrónico  ceip.carmen.garcia.carrasco@edu.xunta.es

Páxina web  www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarmengarcia/?q=system/files/32015918_CEIPCarmenGarciaCarrasco_PlanDixital_V1.0_05062022..pdf

Redes sociais

Ceip Carmen García Carrasco (facebook.com)

Colexio de Cenlle

(33) Ceip Cenlle - YouTube

 

 

Acordos adoptados con accións recomendadas

Orde do día

1º Seguimento dos obxectivos do PD correspondentes ao 3 º trimestre  moitos dos obxectivos non foron acadados pola falta do tempo do preofesorado para poder levalos a cabo

2º PFPP FORMACION das súas actividades  A formación aproveitouse ao máximo no tempo que foi posible reunirse a pesares dos contratempos existentes, xa que o profesorado aínda que estivo moi implicado á elevada carga de traballo que tivemos neste curso e a falta de horas libres moitas das actividades que tiñamos pensadas non se puideron levar a cabo

3º Rogos e preguntas

 

ACORDOS E ACCIÓNS RECOMENDADAS

Se remata coa formación programada no marco deste PFPP.

Se chega ao compromiso de tentar acadar a maioría de obxectivos posibles ao remate do curso.

 

Recollida de boas prácticas innovadoras

Programas educativos de mellora da competencia dixital e/ou STEM nos que participa o CEIP Carmen García Carrasco no curso 2023-2024:

• Polos Creativos

• Proa+

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan mediremos o grado de consecución dos obxectivos que nos marcamos neste dous contextos:

 

1.      No contexto da avaliación procesual Cada unha das acciones propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudaran a determinar si o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións no plantexamento de estas accións durante o curso para que as propostas se materialicen

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao mes, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

a.     Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.

b.     Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 

2.      No contexto da avaliación final Co análises destes indicadores, se elaborará un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

a.     Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

b.     A ferramenta de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análises da competencia dixital do Centro. Anualmente

c.      Análise dos avances do profesorado en materia dixital na práctica docente e nos procesos de avaliación do alumando. Mediante a avaliación da Competencia Dixital Docente a través do Test de Competencia Dixital Docente

d.     A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE:

     i.     Valoración da utilización das Tics por parte do alumnado na adquisición e práctica das súas aprendizaxes.

     ii.     Análise dos avances do alumnado coas Tics no proceso de ensinanza- aprendizaxe.

     iii.     Balance dos programas e/ou plataformas educativas empregadas polo alumnado no proceso educativo(aula virtual, web do centro, blogue de aula...)

e.     No referente ao profesorado:

          i.     Estimación das dificultades detectadas polo profesorado na xestión das Tics en relación a práctica educativa diaria.

         ii.     Concreción da elaboración de material dixital por parte do profesorado.

        iii.     Balance dos programas e/ou plataformas educativas empregadas polo profesorado no proceso educativo(aula virtual, web do centro, blogue de aula...)

f.      No referente ao centro:

        i.     Avaliación das melloras acadadas en relación ao equipamento e as infraestruturas requiridas

       ii.     Concreción da participación en programas, actividades e/ ou estratexias relacionadas coas tics.

       iii.     Análise do acceso ás tics por parte das familias do alumnado co obxectivo de atallar a fenda dixital.

 

O informe do progreso formara parte da Memoria anual do centro.

Valoración xeral

A valoración xeral do desenvolvemento do noso Plan Dixital 23/24 expón uns resultados desiguais que suxiren a reformulación ou matización dalgunhas das metas propostas no noso centro. No momento da avaliación final, a concreción desta valoración é a seguinte:

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

OBXECTIVO 1   Promover o uso xeneralizado das encerados dixitais nas aulas (A3)

A dirección do centro máis o equipo TIC executaron en prazo as accións deseñadas para acadar este obxectivo, destinadas a sentar as bases organizativas para o desenvolvemento do Plan. Salientar a realización das dúas liñas do PFPP foron realizadas e tiveron un bo resultado, aínda asi seguiremos con este obxectivo cara o ano que vén para seguir formando ao profesorado no emprego das pizarras e dos encerados dixitais actuais que temos nas aulas.

Este obxectivo foi acadado, experimentando un notable impulso coa implementación dos paneis interactivos nas nosas aulas e a formación recibida, dende a asesoría ABALAR para o seu óptimo aproveitamento. É salientable a facilidade para integrar este novo recurso nas materias, a súa sinxeleza de manexo e o acerto de combinar maqueta ABALAR e Android no dispositivo. Neste eido, ábrese un amplo abano de posibilidades para os vindeiros curso, permitindo o deseño de obxectivos para a implementación e sistematización da práctica docente nesta ferramenta.

OBXECTIVO 2 Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3)

Esta pendente por falta de tempo do profesorado e responsables da actividade

OBXECTIVO 3 Actualizar e promover o uso da web do centro.

O noso obxectivo deste ano foi acadado, aínda que queda pendente cara o curso que ven quen será a/o responsable de subir toda a información na web do centro.

OBXECTIVO 4 Promover e aumentar o numero de publicacións do Facebook  do colexio (https://www.facebook.com/ceipcarmen.garciacarrasco.7)

O noso obxectivo deste ano foi acadado, aínda que queda pendente cara o curso que ven quen será a/o responsable de subir toda a información no facebook.

OBXECTIVO 5 Almacenar dixitalmente en disco duros externos toda información administrativa e audiovisual relativa ao centro escolar(C2)

Este obxectivo esta pendente xa que queda moita información e moitos video e fotos por almacenar das últimas semanas do colexio.

OBXECTIVO 6 Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, entre o profesorado do centro (D3)

Esta pendente por falta de tempo do profesorado e responsables da actividade. 

OBXECTIVO 7 Aprender a comunicarse o alumnado a través da aula virtual do centro (H10)

Ao longo do curso fíxose patente que a consecución efectiva deste obxectivo resultaría pouco funcional no noso centro, á vista das características da nosa comunidade educativa expostas na análise do DAFO. A Aula Virtual é unha ferramenta que non coñece todo o profesorado e polas caracteristicas do noso centro moito alumnado non ten dispositivos electrónicos nas súas casas para que podan facer uso da aula virtual. Polo tanto, no vindeiro Plan 23/24 seguiremos con este obxectivo

OBXECTIVO 8 Creación dunha base da datos sobre a competencia dixital e os medios dixitais das familias (Brecha Dixital)

Esta pendente por falta de tempo do profesorado e responsables da actividade

Proposta de mellora

Cara o curso que ven o máis importante e que o profesorado implicado podar ter máis horas para dedicalas ao desarrollo e implementación do Plan Dixital, xa que dada as caracterisiticas do noso centro na actualidade o Coordinador do Plan non ten horas disponibles para o cumplimento destes obxectivos. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Farase unha difusión do Plan Dixital a todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e  familias) a través da web do centro, redes sociais (facebook), circulares ou trípticos que permita coñecer os obxectivos que se perseguen co mesmo e que implican a colaboración de todos.

A persoa encargada da coordinación do equipo de dinamización do plan dixital distribuirá a organización do plan:.

  • Cada titor encargarase de difundir o plan dixital na súa aula por medio de actividades.
  • O coordinador encargarase da publicación na páxina do centro das novidades, avisos, difusión…
  • Os docentes que non dispoñan de titoría encargaranse da realización de actividades interactivas ou busca de actividades para certas celebracións/conmemoracións para que o alumnado realice posteriormente.