Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP San Salvador atópase no concello de A Arnoia, situado na provincia de Ourense, a 35 kilómetros da capital da provincia, cunha poboación aproximada de 1.040 habitantes segundo o Instituto Nacional de Estatística.

O concello de A Arnoia pertence á Comarca do Ribeiro e limita ao noroeste con Ribadavia, ao nordeste con Castrelo de Miño, ao leste con Cartelle, ao sueste con Gomesende e ao suroeste con Cortegada. Localízase na unión do río Arnoia, que divide o concello en dúas partes, co Miño. A zona nordeste do concello é a máis escarpada, onde se localiza o Coto de Novelle (712 m). Nela hai bosques de piñeiros e frondosas. O canón do río Arnoia é escarpado e con fervenzas. Ao sur do río, á altura da minicentral eléctrica, hai un gran bosque de sobreiras de máis de mil hectáreas no seu extremo suroriental estremando co concello de Cartelle. A zona suroeste, que forman os vales de Santo Amaro, San Vicente e Remuiño, ten unha altura media de só 80 m. A súa poboación, galegofalante na súa maioría, adícase: á agricultura, salienta o cultivo da vide e pementos; ao sector servizos, posto que conta cun balneario á beira do río Miño e unha residencia de anciáns. As xentes da Arnoia son moi emprendedoras e traballadoras e o nivel socioeconómico e cultural e medio.

O centro conta con tan só tres unidades: unha de EI e dúas de EP. A aula de EI conta cun total de 15 alumnos e alumnos (dous alumnos/as de 4º de EI, tres de 5º e nove de 6º de EI). As dúas unidades de EP están organizadas do seguinte xeito:

- Aula de 1º, 2º e 3º de EP; conta con 19 alumnos/as (catro en 1º, catro en 2º e once en 3º).

- Aula de 4º, 5º e 6º de EP; conta con 12 alumnos/as (catro de 4º, catro de 5º e catro de 6º).

O Plan Dixital pode supor un importante pulo na implantación das tecnoloxías dixitais no centro, carente de actividade de Dinamización TIC e cun profesorado con baixo nivel de competencia nas mesmas. A mellora na dispoñibilidade de tecnoloxía pode resultar decisiva, xa que os equipos informáticos do centro están obsoletos e con pouco mantemento, debido a que dende a administración non se deu resposta as peticións de equipamento informático nos últimos anos. Estes avances suporán unha mellora notable nos proxectos que se levan a cabo no centro.

O Plan Dixital modificará tamén a Programación Xeral Anual do centro, especialmente debido a inclusión de novos obxectivos para garantir o desenvolvemento do proxecto:

- Favorecer o uso das TIC no proceso de ensinanzaaprendizaxe.

- Mellorar a administración e comunicación do centro e da comunidade educativa.

-Promover a formación do profesorado, as familias e o alumnado nas TIC.

O Marco Europeo para a Competencia Dixital Docente (DigCompEdu) responde á crecente concienciación de moitos Estados membros europeos de que o persoal docente precisa de competencias dixitais especializadas para a sía labor coa finalidade de aproveitar o potencial das TIC para a innovación e a mellora na educación : competencias profesionais docentes + competencias pedagóxicas docentes + competencias dixitais do alumnado.

O Plan Dixital está enmarcado nun ámbito lexislativo composto polas seguintes regulacións:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

  • O Plan Dixital do centro desenvolveuse nas seguintes fases:

    FASE I. ANÁLISE E DIAGNOSE DE SITUACIÓN DOS CENTROS (2021-22)

  • Presentación e contacto co centro

  • Comezo do SELFIE e preguntas personalizadas

  • Informe de resultados do SELFIE

  • Informe grupal do test CDD

  • FASE II. DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL (2021-22)

  • Obxectivos do Plan de Acción

  • Pan Dixital

  • FASE III. IMPLANTACIÓN, SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PLAN DIXITAL (2022-23)

  • Informe DAFO

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para recoller a información foron a autoavaliación SELFIE, os resultados do informe grupal CDD e outras fontes como a observación directa das necesidades e da situación real de partida no centro.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado é consciente da importancia dun comportamento seguro e responsable das tecnolxías dixitais. 2. O alumnado carece de tecnoloxía na casa para levar a cabo tarefas con tecnoloxías dixitais: equipos informáticos axeitados, internet. 3. O alumnado non comprende a importancia de otorgar recoñecemento o traballo dos demáis. 4. O alumnado carece de yhabilidades dixitais para diferentes materias e para resolver problemas técnicos básicos. Alumnado Non
Debilidade 1. As familias carecen de habilidades suficientes para poder axudar ao alumnado co traballo na casa relacionado coas tecnoloxías dixitais. 2. As familias carecen de equipamento informático suficiente para a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. 3. As familias carecen de acceso a internet estable e de calidade para poder acceder a aprendizaxes con tecnoloxías dixitais. Familias Si
Debilidade 1. O centro carece de infraestructura digital suficiente para a ensinanza aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Debilidade 3. O centro carece de asistencia técnica suficiente e axeitada cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Debilidade 4. O centro non conta con equipos suficientes para que o alumanado poda levar a casa de ser necesario Infraestruturas Non
Debilidade 5. No centro non existen sistemas de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade 2.O centro carece de dispositivos suficientes para untilizar na labor docente Infraestruturas Non
Debilidade 1. O centro carece dunha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade 1. Non reflexionamos nin debatimos sobre as nosas necesidades de Desarrollo profesional continuo (DPC) no relativo a ensinanza con tecnoloxías dixitais 2. Non coñecemos oferta en DPC que se axeite ao noso baixo nivel de competencia dixital no relativo a mantemento de equipos informáticos, actualizacións de sofware libre ou conexións a rede. 3. Entre o persoal docente non hai profesorado cun nivel alto en informática nin tecnoloxías dixitais. 4. As actividades de DPC relacionadas coa tecnoloxía e realizadas nos últimos cursos non supuxeron unha mellora cualitativa na competencia nin na práctica docente. 5. O uso de tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe son escasas: baixa creación de recursos dixitais e de empregos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade 1. Non existe persoal non docente no centro. Persoal non docente Non
Fortaleza 1.O alumnado aprende a comprobar se a información que atiopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Fortaleza 1. As familias contan con dispositivos que permiten a comunicación a través de tecnoloxías dixitais. 2. As familias están motivadas cara o uso de tecnoloxías de comunicación. Familias Si
Fortaleza 1. O noso centro conta con acceso a internet para o uso do persoal docente con conta da xunta 2. Debido ao pouco alumnado do noso centro contamos con equipo suficiente para o aprendizaxe 3. O centro conta con espazos físicos que poderían ser utilizados para aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza 2. Debido ao pouco alumnado do noso centro contamos con equipo suficiente para o aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza 3. O centro conta con espazos físicos que poderían ser utilizados para aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Interese do persoal docente por desenvolver e integrar novos modelos de ensinanza e aprendizaxe que utilicen tecnoloxías dixitais para lograr mellores resultados de aprendizaxe. 2. Participamos en actividades de DPC relacionadas coas tecnoloxías dixitais. 3. O profesorado fai uso de recursos educativos en liña. 4.Hai unha boa comunicación dixital coa comunidade educativa, ainda que con ferramentas non institucionais. Persoal docente Si
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Presións ao profesorado para levar a cabo proxectos e actividades para as que carecen de tempo suficiente e formación axeitada ao nivel de partida. 2. Falta de resposta ante as solicitudes de material axeitado para a práctica docente con tecnoloxías dixitais durante diversos anos académicos. 3. Apoyo técnico moi limitado e, con respecto a moitos squipos adquiridos polo centro, inexistente. 4. Falta de tempo para que o profesorado poida pór en práctica ensinanzas con tecnoloxías dixitais de xeito axeitado e significativo 5. Falta de tempo e oferta formativa axeitada para que o profesorado poida mellorar as competencias e habilidades dixitais precisas para poder utilizar os equipos de forma eficiente e que poidan implementar ensinanzas con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza 1. Zona rural con dificultades de acceso a internet de calidade ou puntos de conexión públicos abertos e seguros. Contorna Non
Ameaza 1. Falta de iniciativas ou empresas relacionadas coa tecnoloxía na contorna. Outras Non
Oportunidade 1. Promesa de axudas para equipos informáticos Administración educativa Non
Oportunidade 1. ANPA dialogante e participativa ANPA Non
Oportunidade 1. Interese por incluir aspectos relacionados coas tecnoloxías dixitais na lexislación educativa Lexislación Si
Oportunidade 1. Empresas da zona colaboradoras co centro cando se pide participación. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo do contexto DAFO podemos ver que o punto de partida non é fácil, queda moito traballo por facer para dixitalizar o centro, é preciso traballar dende as fortalezas e aproveitando as oportunidades para poder superar as debilidades sen vernos perxudicados polas ameazas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Creación da radio escolar e formación básica para o seu manexo.
002PD Levar a cabo un traballo conxunto entre as aulas e as actividades extraescolares de informática e Robótica.
003PD Uso de abalar como ferramenta de comunicación coas familias.

Seguimento

Procedemento

Mensualmente procédese a facer un seguimento do grado de desenvolvemento das accións do Plan Dixital coa intención de que se vaian acadando ou modificando e redeseñando as que sexan precisas coa finalidade de alcanzar os obxectivos propostos.

1º Trimestre

Iniciamos o curso escolar 23/24 con moitas ilusións, dentro no noso Plan Dixital, o primeiro punto marcado é a creación da nosa radio escolar, partimos totalmente de cero, o noso proposito e a creación dun espazo fixo dentro do centro, en principio na aula de música, pero seguimos sen equipos e recursos para poder montala.

Dentro do programa de Polos Creativos, estamos recibindo diferentes formacións, e tamén esperando a que chegue ao centro os equipos asignados para poder contar con eles o antes posible, mentres tanto, contamos coa axuda do noso profesor das actividades extraescolares organizadas pola Anpa-Concello de Arnoia, a clase de Robótica faise os xoves na aula de informática cunha participación moi numerosa do alumnado do centro, e as clases de Informática son os martes e mércores con horarios de 14:10 - 15:10. 

No mes de decembro, participaron os alumnos e alumnas de 4º-5º e 6º nun concurso de Poscast organizado dentro da provincia de Ourense polo xornal "La Región" sendo os gañadores na categoría de Educación Primaria.

Durante todo o trimestre, seguimos realizando horas de traballo individual e traballo grupal con diferentes alumnos e alumnas de diferentes cursos do centro e cos coordinadores dos diferentes programas.

Estamos organizando para a seguda avaliación diferentes cursos de Radio e Robótica a través da coordinación do programa Polos Creativos, seguimos en obras para instalar o cableado nas aulas de música e a ludoteca para poder crear o espazo da radio e Polos.

A comunicación durante o curso 23/24 por parte do centro coas familias será a través de Abalar-Xunta.

 

2º Trimestre

O día 8 de xaneiro comezamos a segunda avaliación, as obras de mellora para conectar Internet na aula de música e ludoteca seguen sen rematar, seguimos contando cos equipos do profesor das actividades extraescolares para poder facer radio, estamos a realizar diferente formación por parte do Cefore Ourense.

A comunicación por parte do centro coas familias xa é do 100 % con Abalar-Xunta.

Seguimos cun bo traballo coordinado entre as actividades extraescolares de informática e robótica, sendo moi positivo á hora de traballar nas aulas.

3º Trimestre

O día 2 de abril comeza a terceira avaliación, por parte do persoal do centro, a comunicación coas familias con Abalar-Xunta, uns dos obxetivos marcados no noso Plan Dixital, está totalmente normalizado, podendo usar outras ferramentas como correo electrónico, WhatsApp, Mensaxes SMS, pero como recurso puntual e informal, e como resposta a comunición que chega o noso centro.

Polo tanto, o noso obxectivo 003PD Uso de abalar como ferramenta de comunicación coas familias cúmplese para o curso 2023/24.

Na terceira avaliación o traballo conxunto das actividades extraescolares e centro e moi positiva, o coñecementos en infórmatica e robótica que se imparten nas actividades extraescolares facilitan o traballo nas aulas en horario escolar.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos levarase a cabo en reunións de todo o claustro do centro:

- Avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

A nosa valoración xeral do curso 2023/24 desde o Ceip San Salvador de Arnoia é moi positiva, acadamos doús obxectivos e o terceiro "Creación da radio escolar e formación básica para o seu manexo" deixámolo parcialmente aberto a unha continuidade para o curso 24/25, e así poder seguir mellorando nas instalacións, materiais e formación docente e do alumnado.

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso 2024/25, seguiremos traballando nas melloras das instalación do centro e intentaremos acadar o noso obxectivo primeiro para rematar o espazo da radio escolar, o mesmo tempo, desde o Plan Dixital proporanse novas iniciativas para toda a comunidade educativa do Ceip San Salvador de Arnoia.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de centro é accesible a través da páxina web.