Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan dixital de Centro foi elaborado polo equipo do IES Xermán Ancochea co asesoramento do Equipo de Responsables do ADIX_BA.

A comarca das Terras de Trives integrada polos concellos de A Pobra de Trives, Manzaneda, San Xoan de Río e Chandrexa trátase dun espazo rural con un débil peso demográfico con menos de 5000 habitantes. Nas últimas décadas estase a producir un claro devalo demográfico debido ao éxodo cara a cidade que se produciu nas últimas catro décadas, este factor está acompañado polo avellentamento da poboación con medias superiores aos cincoenta anos. As actividades económicas principais da comarca son o sector primario, sendo principalmente a gandeiría o que maior peso ten nos concellos de Chandrexa, Manzaneda e San Xoán de Río. O sector secundario é escaso, focalizado na existencia dunha importante cunca hidrográfica ( río Sil) conformada por 19 encoros, que ten actividade dende a súa creación en 1945. O sector servizos é ao que se adica a maior cantidade da poboación (en torno a un 60 %) e que radica principalmente na vila de referencia que é Trives, este sector está potenciado pola existencia da única estación invernal de Galicia que dinamiza a actividade económica dos tres concellos e áreas limítrofes. Por outra banda, existe un importante fluxo turístico en períodos estivais, propiciado principalmente pola existencia de emigrantes retornados que nos periodo de lecer retornan ao seu lugar de nacemento. No que atinxe á actividade cultural, esta comarca tivo sempre un gran dinamismo na creación de cultura nas súas diferentes manifestacións, destacando a existencia dun gran número de grupos de música, asociacións culturais e festividades que se realizan en torno á cultura. Destacar tamén o carácter emprendedor nestes senso, existindo asociacións que promoven o deporte e a cultura como elementos clave no crecemento da poboación nova, que é a que está escolarizada no noso centro. Sinalar que estes estímulos fan que o noso alumnado sexa dinámico, realice un gran número de actividades extraescolares ( moitas delas no noso centro en horario de tarde) e que polo tanto teñan unha especial sensibilidade cara a cultura e o deporte como formas de crecemento persoal.

Páxina web materiais: https://www.edu.xunta.gal/portal/educalidade

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Adxúntanse os documentos de información previa á elaboración do plan dixital que son: documento SELFIE, test CDD e matriz DAFO

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado 2. Verificación da calidade da información que atopa en Internet 3. Comportamento seguro e responsable en Internet Alumnado Non
Debilidade 1. Non existe unha estratexia dixital 2. Crear sistemas de certificación académica. 3. Implementar organización de gardas lectivas cun procedemento dixitalizado (avisos de inasistencias e actividades a realizar durante estas sesións) 4. Control de uso de instalacións (aulas de informática, aulas comúns de uso, etc). 5. Ampliación da rede de impresión telemática na conxerxería do centro. 6. Dotar ás aulas de novos dispositivos informáticos/audiovisuais nas diferentes aulas onde se imparte docencia. Familias Non
Debilidade 1. Asistencia técnica 2. Política de protección de datos 3. Bibliotecas/repositorios en liña 4. Ausencia de programas e dispoisitivos dixitais de almacenamento de equipamentos e recursos (utilización de beacons) 5. Inexistencia dunha aplicación/programa de xestión de espazos (para avarías, incidencias nos espazos). 6. Sen rede interna corporativa. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Non existe unha estratexia dixital 2. Crear sistemas de certificación académica. 3. Implementar organización de gardas lectivas cun procedemento dixitalizado (avisos de inasistencias e actividades a realizar durante estas sesións) 4. Control de uso de instalacións (aulas de informática, aulas comúns de uso, etc). 5. Ampliación da rede de impresión telemática na conxerxería do centro. 6. Dotar ás aulas de novos dispositivos informáticos/audiovisuais nas diferentes aulas onde se imparte docencia. Organización de centro Non
Debilidade 1. Na actualidade ningunha institución pública ou privada da conta cun proxecto de dixitalización que afecte a algúns dos membros da nosa comunidade educativa. 2. A comarca está a vivir na actualidade un período de certa inestabilidade laboral que se traduce nas condicións socioeconómicas da contorna. 3. Existencia de alumnado e profesorado sen conexión eflciente a internet ou velocidade limitada no seu uso (adsl) non existindo en case ningún dos casos fibra óptica en núcleos pequenos de poboación do concello. 1. O noso centro non colabora con outros centros e/o organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Outras Non
Debilidade 1. Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino 2. Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado 3. Posibilidades de DCP centradas no uso de tecnoloxías dixitais específicas para as materias 4. Diversidade de competencia dixital 5. Participación en proxectos interdisciplinares 6. Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital 7. Emprego de prácticas de avaliación facilitadas pola tecnoloxía, incluindo información e retroalimentación ao alumnado 8. Estratexias para facilitar a participación do alumnado en proceso de avaliación entre iguais 9. Utilización dos recursos dixitais para observar e documentar os progresos Persoal docente Non
Debilidade 1. Ausencia de programas e dispoisitivos dixitais de almacenamento de equipamentos e recursos (utilización de beacons) 2. Aplicación/programa de petición de materias, recursos e equipamentos a secretaría 3. Inexistencia dunha aplicación/programa de xestión de espazos (para avarías, incidencias nos espazos) Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Valoran o emprego das ferramentas dixitais 2. Coñecedores das vantaxes do emprego do software libre 3. O alumnado ten acceso a unha base de datos de provedores de formación no lugar de traballo 4. O alumnado desenvolve competencias dixitais relacionadas coa súa cualificación profesional 5. Existencia de puntos de información e publicidade de información dixitalizada no centro (pantalla informativa) Alumnado Non
Fortaleza 1. Uso de ferramentas corporativas de comunicación e consulta académica (abalar) e outras complementarias (mensario). 2. Existencia de fondos bibliográficos electrónicos e dispositivos na biblioteca do centro. 3.Dispositivos dixitais para levar a casa cando sexa preciso Familias Non
Fortaleza 1. Acceso a Internet 2. Infraestructura, espazos físicos e dispositivos dixitais para o ensino 3. O centro emprega servizos dixitais corporativos (correo, páxina web, abalar, etc) Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Acceso a Internet 2. Infraestructura, espazos físicos e dispositivos dixitais para o ensino 3. O centro emprega servizos dixitais corporativos (correo, páxina web, abalar, etc) Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Existencia no centro de conexión por fibra que permite unha mellor e máis eficiente uso de internet para o alumnado da vila. 2. Facilidade para establecer redes de colaboración e traballo en equipo ao tratarse dun contexto de pouca poboación cunha cultura de base colaborativa. Outras Non
Fortaleza 1. Uso das tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa co centro educativo . No noso centro debatimos en canto o emprego da tecnoloxía dixital 3. Posibilidades de participación no DCP 4. Uso activo e creativo de aulas virtuais 5. Creación de recursos dixitais que reforzan o método de ensino 6. Emprego de recursos educativos en liña 7. Uso de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado 8. Uso de recursos educativos abertos 9. Uso das tecnoloxías dixitais para adaptar o o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado 10. Uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado 11.Emprego das tecnoloxías dixitais con fins de orientación profesional Persoal docente Non
Fortaleza 1. Dotación dos espazos con ordenadores e máquinas de reprografía telemáticas. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Formar ao alumnado no emprego da Aula Virtual
02PD Empregar ferramentas dixitais de control ou monotorización de aula
03PD Empregar o dominio Google do centro para as funcións de titoría
04PD Usar a radio escolar como espazo creativo, de traballo interdisciplinar e colaborativo.
05PD Instalar soportes de datos (beacons) en almacenes, aulas de taller, aula de tecnoloxía, aulas de informática e nas que sexa necesario
06PD Solicitude para o curso 2022/2023 do proxecto ¿POLOS CREATIVOS¿ da Consellería de Cultura, educación e Universidade

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Obxectivo no.01 “Formar ao alumnado no emprego da Aula Virtual”

No presente curso como en todos os anos académicos, os/as titores/as empregaron varias sesións das titorías para darlle instruccións ao alumnado sobre as funcionalidades, tarefas e estrutura da aula virtual do centro. Ademais nas clases de tecnoloxía a profesora empregou varias sesións no primeiro trimestre para estas tarefas.

 

Obxectivo no.02 “Empregar ferramentas dixitais de control ou monitorización da aula”

Durante o primeiro perídodo do curso valíranse diferentes ferramentas para monitorizar os equipos das aulas de informática. Finalmente decídese adiar a decisión e instalación a un periodo que non supoña unha complicación no desenvolvemento con normalidade das xornadas educativas.

Obxectivo no.03 “Empregar recursos dixitais para compartir e traballar de forma colaborativa documentación relevante do centro e nas funcións de titoría”.

No presente curso implantáronse aplicacións ao ensino que partiron de varios seminarios realizados no centro en cursos anteriores: O2106149 -  PFPP O2131108 A radio escolar, O2106151 -  PFPP O2131108 Realidade, O2006100 -  PFPP O2031081 Moodle: abrindo portas a novas actividadesvirtual aumentada, O2005095 -  PFPP O2031081 Novas ferramentas tecnolóxicas na biblioteca, O2005094 -  PFPP O2031081 A aula virtual como ferramenta pedagóxica, O2002130 -  Actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes, O2106151 -  PFPP O2131108 Realidade virtual aumentada, O2206130 -  PFPP O2231067 Novas tecnoloxías aplicadas ao ensino, entre outros. Estes seminarios nos proporcinaron ao profesorado ferramentas complementarias para a actividade docente.

Obxectivo no.04 “Usar a radio escolar como espazo creativo, de traballo interdisciplinar e colaborativo”

Este sería o segundo curso no que a radio está en marcha e utilizouse en diversas materias curriculares na realización de podcast e outras grabacións que foron divulgadas á comunidade educativa por medio da páxina web e redes sociais do centro.

Obxectivo no.05 “Instalar soportes de datos (beacons) en almacenes, aulas de taller, aula de tecnoloxía, aulas de informática e nas que sexa necesario”.

Non poidemos instalar os beacons debido á dificultade de poder poñer en marcha esta tecnoloxía polo custo que teñen e pola ausencia de unha aplicación que os xestione.

Obxectivo no.06 “Solicitar para o curso 2023-2024 a participación no proxecto Polos Creativos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade”

Todos os centros estamos incluídos dende este curso nos polos creativos da consellería, de feito recibimos dotación de este programa. Nos vindeiros cursos aos centros que nos acabos de incorporar nos dotarán de novos equipamentos.

2º Trimestre

Obxectivo no.01 “Formar ao alumnado no emprego da Aula Virtual”

Tras as sesións adicadas no primeiro trimestre, constatamos que o alumnado coñece e fai uso da aula virtual do centro.

Obxectivo no.02 “Empregar ferramentas dixitais de control ou monitorización da aula”

O que fixemos este curso foi establer un perfil de administrador nos equipos das aulas de informática e outro de usuario para o alumnado. Con esto nos evitamos que se instalaran programas ou se modificaran os sofware dos equipos. 

Obxectivo no.03 “Empregar recursos dixitais para compartir e traballar de forma colaborativa documentación relevante do centro e nas funcións de titoría”.

A propia consellería proporciona aos centro unha serie de ferramentas/aplicacións que nos permiten traballar co alumnado sen necesidade de implementar outras que non son corporativas. De modo que este obxectivo queda totalmente anulado ante as directrices da propia consellería de utilizar soamente as ferramentas propias.

Obxectivo no.04 “Usar a radio escolar como espazo creativo, de traballo interdisciplinar e colaborativo”

A radio convertiuse nunha ferramenta colaborativa do alumnado e do profesorado. No imstagram da biblioteca do centro hai un conxunto de podcast que atestiguan o uso de esta ferramenta.

 

Obxectivo no.05 “Instalar soportes de datos (beacons) en almacenes, aulas de taller, aula de tecnoloxía, aulas de informática e nas que sexa necesario”.

Como xa explicamos anteriormente a ausencia dunha aplicación específica para os beacons non facilita a súa xestión nin instalación.

 

 

 

 

3º Trimestre

Ademais dos obxectivos xa plantexados nas avaliacións anteriores nos plantexamos principalmente unha dobre línea:

Para o vindeiro curso o obxectivo é continuar as liñas de formación de polos creativos e competencia dixital didáctica en coordinación co Centro de Formación e recursos de O Barco e en cordinación co noso asesor dixital do centro. Tamén se plantexarán obxectivos novos debido ao gran dinamismo e cambio que está a experimentar o procesos de dixitalización no ensino.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase dúas valoracións: • Unha avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo ao final do trimestre. Os aspectos a valorar serán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados así como as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. • Unha avaliación final do curso 2022-23 onde se valorará se se acadaron os obxectivos e as posibles propostas de mellora.

Valoración xeral

Obxectivo no.01 “Formar ao alumnado no emprego da Aula Virtual”

01B.-Valores acadados nos indicadores deste obxectivo.

Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador e no que se obtiveron os seguintes valores:
Porcentaxe de alumnado ESO que amosa coñecemento e emprego da Aula Virtual do centro

  • valor de partida: 0
  • valor previsto: 100
  • valor acadado: 100

01C.-Conclusión
Todo o alumnado do grupo de ESO editou o seu perfil en Aula Virtual. Tamén participaron nos foros e no espazo de mensaxería, así como entrega de tarefas e resposta a cuestionarios polo que o
obxectivo “Formar ao alumnado no emprego da Aula Virtual” considerase acadado.

Obxectivo no.02 “Empregar ferramentas dixitais de control ou monitorización da aula”

02B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
Porcentaxe de profesorado que emprega ferramentas dixitais de control/monitorización da aula

  • valor de partida: 0
  • valor previsto: 100
  • valor acadado:90

02C.-Conclusión
Logo de sopesar as vantaxes a inconvenientes que presentaba a instalación de aplicacións para a monitorización das aulas de informática, tómase a decisión de, no canto de empregar ese tipo de
aplicacións se crea un perfil máis restrinxido para o uso do alumnado.
Unha vez se acorda co profesorado aquelas aplicacións que estarán presentades en dito perfil e co apoio de parte do profesorado créanse ditos perfís.
O obxectivo non se pode considadar acadado dado que non se monitorizaron as aulas de informática aínda que sí se conseguiu un maior control no emprego dos ordenadores do centro polo que se
pode considerar parcialmente acadado.

Obxectivo no.03 “Empregar recursos dixitais para compartir e traballar de forma colaborativa documentación relevante do centro e nas funcións de titoría”.

03B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
Porcentaxe de profesorado que emprega recursos dixitais para a edición compartida e compartición de documentación relevantes do centro

  • valor de partida: 0
  • valor previsto: 60
  • valor acadado: 80

03C.-Conclusión
Decídese o emprego de aplicación corporativas en lugar de unha conta de dominio Google por razóns de confidencialidade.
Créase unha carpeta en Abalarbox que se comparte con todo o profesorado e na que calquera pode aportar arquivos para compartir.
Así mesmo, nas funcións de titoría, tamén se emprega Abalar para a creación de informes do alumnado, xestionando así este apartado dentro de unha aplicación que cumple axeitadamente os parámetros de seguridade e confidencilidade.
Dado que aproximadamente un 80% do profesorado emprega estas aplicacións pode considerarse que o obxectivo n.03 se considera acadado.

Obxectivo no.04 “Usar a radio escolar como espazo creativo, de traballo interdisciplinar e colaborativo”

04B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
Número de podcasts creados como traballo interdisciplinar por departamento e na materia de oratoria

  • valor de partida: 0
  • valor previsto: 1
  • valor acadado:  1

04C.-Conclusión
Dende a materia de oratorio traballouse na radio en varias ocasións, algunha delas mesmo se publicou no seguinte enlace: https://www.ivoox.com/podcast-sen-medo-aoexito_sq_f11974840_1.html
Tamén se traballa na radio Pousafoles na creación de traballos nos que se ven implicados varios departamento como por exemplo un podcast sobre filósofos, para o día das Letras Galegas, entrevistas sobre ciencia ou concursos sobre morcegos, entre outros.
“Usar a radio escolar como espazo creativo, de traballo interdisciplinar e colaborativo” é un obxectivos acadado.

Obxectivo no.05 “Instalar soportes de datos (beacons) en almacenes, aulas de taller, aula de tecnoloxía, aulas de informática e nas que sexa necesario”.

05B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo
Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
Porcentaxe de departamentos que teñen actualizados os seus inventarios cos soportes das novas tecnoloxías

  • valor de partida: 0
  • valor previsto: 100
  • valor acadado: 0

05C.-Conclusión
A pesar de ter inventarios ao día non se puido levar a cabo co soporte das novas tecnoloxías polo que o obxectivo non se acadou.

Obxectivo no.06 “Solicitar para o curso 2023-2024 a participación no proxecto Polos Creativos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade”

06B.-Valores acadados no indicador deste obxectivo

Para este obxectivo marcouse o seguinte indicador no que se obtiveron os seguintes valores:
Lograr a concesión para o centro do Polo Creativo (sendo, 0 a non concesión e 1 a obtención dese espazo)

  • valor de partida: 0
  • valor previsto: 1
  • valor acadado: 1

06C.-Conclusión
As accións máis salientables no presente curso foron as que se orientaron á acreditación dixital do alumnado e do profesorado, dotación dos espazos/aulas do centro con novos equipamentos informáticos, acadar un uso maioritario da aula virtual, emprego de ferramentas corporativas co profesorado, alumnado e familias, entre outros.

Proposta de mellora

Queda pendente a implementación de procesos administrativos sempre a cando sexa posible, para matrículas e outros procedementos.

Nos próximos dous cursos será tamén importante dotar ao centro de novos equipos que supoñan unha renovación de varias aulas de informática, optimizar equipamentos do centro como a impresora 3D, macrotablet da biblioteca, e-books, etc.

Potenciar as aplicacións educativas que proporciona a xunta (abalar-box, etc.)

Nos plans de formación do profesorado formar a maior número de profesorado.

Coordinar co centro de primaria da zona materiais para a realización de actividades de polos creativos xa que eles son polos creativos plus.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difundirase na páxina web do centro e nas distintas Comisións Pedagóxicas e claustros. O plan está a disposición da comunidade educativa na páxina web do centro para a súa consulta pública