Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Plan Dixital do CEIP Plurilingüe Raúl Fernández é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe. Este plan debe ser “o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado”. Para iso, é fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual (PXA).

Breve xustificación do mesmo

Para a súa elaboración baseámonos na lexislación pertienente. No artigo 111 bis da Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio do 2006 estáblece a importacia da dixitalización.

No seu artigo 121 estabécese queo proxecto educativo do centro recollerá asimismo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no  artígo 111 bis.

 

Tamén tivemos en conta a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

No DECRETO 150/2022, de 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia no seu artigo 30.1 os centros docentes deberán incluir dentro do seu proxecto educativo e funcional un plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensinanza e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións.

No artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa O plan dixital concíbese como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e incluirá, como mínimo, os seguintes elementos:

 a) Introdución, cunha breve contextualización do plan no centro e unha xustificación deste.

b) Análise do contexto, que recollerá como mínimo a situación de partida no centro respecto do uso das tecnoloxías dixitais.

c) Obxectivos, dos cales se especificarán indicadores.

 d) Procedemento de seguimento, avaliación e modificación do plan e, de ser o caso, de difusión.

 

No artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, de 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia os centros docentes deberán incluir dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías digitales en el proceso de enseñanza y aprendizaje y la transformación de los centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións.

 A ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece no seu artigo 14 tamén se recollen os elementos que como mínims debe conter o Plan dixital.

Proceso de elaboración

Para a elaboración do presente plan realizamos un grupo de traballo no que participamos a inmensa maioría. Ao tratarse dun plan novo tivemos que recibir unha formación previa. Elaboramos o Plan en diferentes fases: SELFIE, Test CDD, DAFO, Plan de Acción e finalmente, Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información realizamos unha autoavaliación SELFIE e un test de Competencia Dixital Docente. 

Posteriormente foi realizada unha posta en común dos resultados de SELFIE e CDD e analizados cuantitativamente os resultados, elaboramos a táboa DAFO, tomando como debilidades e ameazas aqueles cunha baixa porcentaxe ou na cal exista moito desfase dirección-profesorado-alumnado. Aqueles cunha porcentaxe alta e sen dito desfase son consideradas fortalezas e oportunidades.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O 52% do profesorado pensa que o alumado non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade O 60% do profesorado cre que o alumnado non debe traer dispositivos propios e utilizalos durante as clases. Alumnado Si
Debilidade Menos da metade do alumnado pensa que o profesorado lle asigna diferentes actividades acordes ás súas necesidades Alumnado Non
Debilidade A metade do alumnado non participa máis cando se emprega a tecnoloxía. Alumnado Si
Debilidade O 56% do alumnado cre que no centro o alumnado aprende a verificar a calidade da información en Internet. Alumnado Si
Debilidade O 46% do profesorado e ó 56% do alumnado pensa que o alumnado non aprende a programar e codificar no centro. Alumnado Non
Debilidade Aínda que para a maioría do profesorado e do equipo directivo considera que o acceso a Internet é unha fortaleza, a metade alumnado considera que é insuficiente. Alumnado Non
Debilidade O 58% do alumnado considera que non aprende a actuar de maneira segura en Internet no centro. Alumnado Si
Debilidade O 56% do profesorado pensa que o alumnado non aprende a comunicarse usando TIC. Alumnado Si
Debilidade O 38% do alumnado utiliza TIC nas diferencias materias. Alumnado Si
Debilidade O 50% do profesorado pensa que o alumnado aprende a solucionar problemas técnicos que xorden ó utilizar as TIC Alumnado Non
Debilidade Máis da metade do alumnado e do profesorado cre que son insuficientes os dispositivos dixitais que o alumnado dispón no centro ou poida levar para casa. Infraestruturas Si
Debilidade O 56 % do profesorado cre insuficientes os espazos físicos para a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade O 40% do profesorado considera necesario unha mellora na infraestrutura. Infraestruturas Si
Debilidade Un 32% afirma que non hai no centro dispositivos dixitais suficientes para a ensinanza. Oferta Si
Debilidade O 40% do profesorado e equipo directivo considera que non hai sistemas suficientes de protección de datos. Oferta Non
Debilidade Máis da metade do profesorado pensa que a estratexia dixital do centro non se concorda co profesorado e a maioría do profesorado opina que non existe ou existe de forma parcial unha estratexia dixital en o centro. Persoal docente Non
Debilidade Pouco máis da metade do profesorado utiliza TIC para que o alumnado poda reflexionar sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade O 58% do profesorado facilita que o alumnado empregue Tics para facilitar a súa aprendizaxe e o equipo directivo pensaba o contrario. Persoal docente Non
Debilidade Case a metade do profesorado e do equipo directivo avalía os nosos progresos en materia de E-A con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Pouco máis da metade do profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando as TICs e o equipo directivo non é consciente desta situación. Persoal docente Non
Fortaleza O 68% do profesorado emprega tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado Alumnado Non
Fortaleza O 86 % do profesorado e o equipo directivo considera que o acceso a internet é bo e seguro. Infraestruturas Non
Fortaleza O 60% do profesorado e o equipo directivo utilizamos as TIC ó colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Fortaleza O 76% do profesorado emprega contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O 70% do profesorado emprega TICs para facilitar a retroalimentación. Persoal docente Non
Fortaleza O 64% do profesorado e do equipo directivo e a maior parte do alumnado debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Un 88% do profesorado e do equipo directivo busca recursos educativos en internet. Persoal docente Non
Fortaleza O 76% do profesorado utiliza TICs para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O 62 % do profesorado emprega TICs para avaliar ó alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Máis do 70% do profesorado e do equipo directivo son conscientes e promoven o cumprimento das normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza A maior parte del profesorado (72 %) crea recursos dixitais para as súas clases. Persoal docente Non
Fortaleza O 80% do profesorado utiliza recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza O 78% do profesorado emprega tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado e realiza actividades dixitais motivadoras. Persoal docente Non
Fortaleza O 64% do profesorado emprega TICs para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza O 62% do profesorado emprega datos dixitais sobre alumnos/as concretos para mellorar a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Menos da metade do profesorado lle parece suficiente o tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Non
Ameaza Máis da metade do profesorado (56%) cre que non existe un plan para axudalos a afrontar os desafíos que xorden coa aprendizaxe mixta. Administración educativa Si
Ameaza Menos da metade do profesorado e o equipo directivo non colaboramos con outros centros e organización para apoiar o uso de TICs. Contorna Non
Ameaza Aínda que para o equipo directivo (70%) cre que a asistencia técnica cando xorden problemas coa tecnoloxías dixitais é axeitada, o profesorado (58%) pensa o contrario. Outras Si
Oportunidade O 72% do profesorado considera que ten oportunidade de debater, as necesidades de DPC dos docentes. Administración educativa Non
Oportunidade Máis do 70% dos membros do equipo directivo e do profesorado cren que se apoia ó profesorado para que explore en novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Máis do 80 % dos membros do equipo directivo e máis do 50 % do profesorado pensa que hai oportunidades para o desenvolvemento profesional continuo en o ámbito de as tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Á vista dos resultados do informe SELFIE, o test CDD e a análise DAFO realizada plantexaremos un plan de acción no que tentaremos achegarnos a mellorar a competencia dixital no noso centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar os espazos físicos para a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
O02PD Facilitar que o alumnado empregue as TIC na súa aprendizaxe
O03PD Lograr que a utilización da tecnoloxía na aprendizaxe sexa unha motivación para o alumnado
O04PD Utilizar programas que faciliten a súa aprendizaxe e favoreza a adquisición de habilidades, destrezas e coñecementos.
O05PD Saber consultar información na rede relacionada cos contidos traballados.
O06PD Promover o uso das tecnoloxías dixitais para a avaliación, a autoavaiación e a convalidación, facendo este proceso más consciente e reflexivo.
O07PD Fomentar e mellorar o uso de ferramentas educativas TIC por parte do alumnado, familias e equipo docente.
O08PD Seleccionar e poñer en marcha app adaptadas ao alumnado con NEE
O09PD Realizar un inventario sobre o material propio das TICS que hai no centro
O10PD Concienciar ás familias e ao alumnado da importancia da ciberseguridade.

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado ou se é necesario realizar variacións no plantexamento das accións durante o curso (trimestralmente) para que as propostas materialicen. No caso das accións que rematan antes do trimestre, cada unha será avaliada no momento previsto de remate, deseñando uns instrumentos adecuados para elo. Estes resultados serán analizados para realizar as modificacións requeridas.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre en relación co obxectivo 1 e 9,   centrámonos en facer o inventario xeral do equipamento dixital presente no centro e clasiónión e autoavaliacificalo por seccións para coñecer en que sección non había suficiente material. Fíxemos unha solicitude de material.

Con respecto ao segundo obxectivo, elaboramos unha lista de recursos dixitais presentes na web para que o profesorado o puidera empregar nas súas clases. E tamén no que respecta ao obxcetivo 4, buscamos ferramentas dixitais que serviran para a avaliación. Todos os recuros foron postos a disposición do profesorado.

2º Trimestre

Durante o 2º trimestre, no mes de marzo e en relación co obxectivo 1 recibimos dous ordenadores de mesa que foron colocados na sala de mestres para o traballo do profesorado.

Ademais reunímonos en varias ocasións para repartir o traballo e centrarnos en buscar apps e programas tanto para o alumnado NEE, como para o uso do profesorado co alumnado dentro da aula. Tamén buscamos apps para a avaliación a a autoavaliación. Todas estas accións relacionadas cos obxectivos 5, 6 e 8. Unha vez realizada a búsqueda e feita a selección, tales recursos foron postos a disposición do profesorado.

3º Trimestre

Durante este último trimestre só tiñamos pendentes traballar co obxectivo 7 e 10.

Con respecto ao 7, nos cursos de 5º e 6º de Primaria realizáronse máis actividades dixitais para fomentar o correcto uso das novas tecnoloxías así como traballar e mellorar a competencia dixital do alumnado.

Con respecto ao obxectivo 10, programouse unha charla por parte dos servizos da mancomunidade orientada ás familias sobre ciberseguridade e o uso das redes sociais.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Coa análise dos indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores. Deseñaranse ferramentas oportunas para a análise do resultado final.

Valoración xeral

Fíxeronse pequenas melloras tendo en conta que os recursos espaciais e materiais son moi limitados. Todos os obxectivos foron traballados, uns acadados parcialmente e outros totalmente. 

Proposta de mellora

O ideal sería programar menos obxectivos e que estes conduciran máis cara á dixitalización. Se o material que ían mandar chegara poderíanse programar outro tipo de cousas moito máis interesantes.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Despois da aprobación polo Consello Escolar, previa información ao Claustro do plan, este será colgado na web do centro enviando unha mensaxe por Abalar ás familias para que poidan consultalo en educastrelo:

https://educastrelo.com/index.php/descargas

O enlace ao Plan é:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015682