Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • A través deste documento deseñaranse atuacións encamiñadas á consecución dos obxectivos plantexados no presente plan para dar resposta á esta problemática e poder acadar unha alfabetización dixital dos alumnos e mestres.

  •  

  • O plan dixital do noso centro é un instrumento de planificación que ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento do tratamento da información e a competencia dixital así como a integración das novas tecnoloxías como ferramentas didácticas nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

  • Mediante o presente documento preténdese o seguinte:

  • ·         Avaliar a situación do centro con respecto ao uso das TIC para poder deseñar actuacións que nos leven a acadar os obxectivos propostos.

  • ·         Analizar os aspectos a mellorar na competencia dixital da comunidade educativa.

  • ·         Recoñecer o plan dixital como un recurso clave para a planificación das estratexias dixitais.

     

2.Breve xustificación do mesmo


 

Para elaborar o plan dixital tomouse como referencia a seguinte lexislación:

 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

 

·  Decreto 150/2022 , do 8 de setembro, polo que se establee a ordenación do currículo de educación infantil na comunidade autónoma de Galicia. 

  • Artigo 15 da Orde do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022
  • Artigo 34.1 do Decreto 155/2022 polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na comunidade autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o decreto 155/2022.
  • ·         Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instruccions para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

3.Proceso de elaboración

  • Durante o primeiro trimestre o grupo de traballo reuniuse para comezar a elaboración do plan dixital. O máis resaltable que se fixo durante o priemrio trimestre foi analizar o punto de partida do centro para determinar a situación do mesmo no plano das TIC e da competencia dixital. Para levar a cabo este análise empregouse a ferramenta SELFIE proposta pola Comisión Europea.

    1. Para elaborar o plan dixital os mestres do centro formaron parte dun PFPP no que se traballou durante todo o curso escolar para formarse e poder redactar o presente documento.

 

  • Para a realización do análise coa ferramenta SELFIE, tanto mestres, alumnos e equipos directivos fixeron o correspondente cuestionario. A partir dos datos obtidos puidemos comezar a analizar os puntos fortes e as debilidades do noso centro con respecto ás TIC e á competencia dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Durante o primeiro trimestre o grupo de traballo reuniuse para comezar a elaboración do plan dixital. O máis resaltable que se fixo durante o priemrio trimestre foi analizar o punto de partida do centro para determinar a situación do mesmo no plano das TIC e da competencia dixital. Para levar a cabo este análise empregouse a ferramenta SELFIE proposta pola Comisión Europea.

    1. Para elaborar o plan dixital os mestres do centro formaron parte dun PFPP no que se traballou durante todo o curso escolar para formarse e poder redactar o presente documento.

                  2. Para a realización do análise coa ferramenta SELFIE, tanto mestres, alumnos e equipos directivos fixeron o correspondente cuestionario. A partir dos                           datos obtidos puidemos comezar a analizar os puntos fortes e as debilidades do noso centro con respecto ás TIC e á competencia dixital.

Interno
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Evaluación das capacidades desarrolladas fora do centro. Alumnado Si
Debilidade Aprender a comunicarse Familias Non
Debilidade Necesidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza Documentación do aprendizaxe Alumnado Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Necesidade de aumentar e actualizar os aparellos informáticos do centro. Administración educativa Non
Ameaza Falta de infraetructuras Administración educativa Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir dos resultados do informe SELFIE, o Test CDD, as análises posteriores feitas a partir da análise cualitativa desenvolvimos o DAFO para deseñaremos un plan de acción cuns obxetivos apropiados ás necesidades do noso centros centradas na consecución dunha mellor competencia dixital de alumnado, profesorado e o resto da comunidade educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.
002PD Mellorar o uso das TIC na aula para favorecer a aprendizaxe individualizada.

Seguimento

Procedemento

-Avaliación procesual:

 

Unha vez por trimestre reunirase o claustro para avaliar a consecución de cada un dos obxectivos proposros.

No caso de que os obxectivos non se vaian acadando, os mestres establecerán as posibles modificacións para poder acadalos

1º Trimestre

 

Durante o primeiro trimestre vanse desenvolvendo actividades de cara a acadar os obexectivos propostos para o presente curso escolar. Os alumnos da clase educación primaria comezan a facer máis actividades que implican o uso das TIC e o tratamento da información.

Así mesmo desenvolvéronse actividades que favorecen a aprendizaxe de conceptos de diferentes xeitos, favorecendo así a individualización da ensinanza e poder adaptarse ás necesidades de aprendizaxe de cada alumno, dado que as TIC proporcionan diferentes xeitos de presentar a información, co que é máis fácil dar resposta a estas difeerencias.

Comentar que o curso de 6º de EP este ano conta con EDIXGAL, o que nos permite introducir totalmente ao alumnado nunha eduación na que as TIC son a ferramenta fundamental de traballo.

2º Trimestre

No segundo trimestre, continuamos na liña de traballo do primeiro trimestre de cara a ter adquiridos os obxectivos plantexados para o mes de marzo. 

Valoramos moi positivamente o avance dos alumnos en termos de competencia dixital. Son máis autónomos no uso das TIC e tamén no tratamento da información que chega a través da tecnoloxía. 

Consideramos que as TIC están totalmente integradas na vida diaria da aula.

O obxectivo previsto para marzo acádase dentro do espazo de tempo marcado.

3º Trimestre

No terceiro trimestre a liña de traballo sigue sendo a mesma. Acádanse os obxectivos propostos para o presente curso escolar no PLAN DIXITAL.

Tanto o profesorado como o alumnado teñen un aumento positivo en canto ao uso das TIC na vida diaria da aula e mesmo comázase a empregar a tecnoloxía como unha ferramenta de traballo para o alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Valoramos positivamente o cumprimento dos obxectivos propostos de cara ao presente curso escolar. O centro de Medeiros atópase nun contexto onde a competencia dixital é escasa. Isto plantexaba un gran reto para os profesionais do centro.

Durante este curso escolar consideramos que o avance foi moi grande. Dito avance veuse favorecido pola cantidade de material dixital proporcionado ao centro durante o curso pasado e o presente. 

As TIC están totalmente integradas na vida diaria da aula, tanto como unha ferramenta no proceso de ensinanza por parte do profesorado do centro, como tamén unha ferramento no proceso de ensinanza dos propios alumnos.

As TIC ofrecen unha gran variedade de recursos e  presentación da información, o que nos permite poder adaptarnos ás necesidades dos alumnos e ás distintas maneiras de aprender que poden xurdir nun grupo-clase.

Proposta de mellora

As propostas de mellora para o vindeiro curso serían:

  • Seguir aumentando a competencia dixital tanto de mestres como alumnos/as.
  • Control e mantemento dos dispositivos do centro.
  • Aumento da variedade de ferramentas tecnolóxicas.
  • Dotar a biblioteca de ferramentas dixitais.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para que toda a comunidade educativa poida ter acceso ao plan dixital, no centro sempre haberá unha copia dispoñible para a súa consulta.

Ademáis publicarase o documento na páxina web do centro para que quede a disposición de familias, alumnos,… e que toda a comunidade educativa o poida consultar integramente.

 O enlace do noso plan dixital é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015657