Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
- O Equipo de Dinamización do PD realiza xuntanzas no 1º trimestre para avanzar na consecución dos obxectivos fixados no PD.
- A persoa coordinadora xunto co seu equipo teñen acceso á ferramenta Educalidade para:
1. Actualizar a versión do PD
2. Rexistrar os avances no PD de centro
3. Traballar na consecución das diferentes accións de cada un dos obxectivos ata xuño
- A persoa mentora ADIX realiza como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do mesmo, resolvendo dúbidas e transmitindo a información de servizos centrais levantando acta.
Practicamente a totalidade das accións previstas para o primeiro trimestre cumpríronse. A continuación detallamos cada un dos obxectivos:
Acadamos o 1º obxectivo: Empregar as canles de comunicación para solucionar as incidencias dixitais. Consideramos que funcionou ben a canle (caderno de mantemento) e seguirémola empregando para rexistrar as incidencias dixitais xurdidas no centro ao longo dos seguintes cursos. Os prazos fixados para o desenvolvemento das accións deste obxectivo cumpríronse á perfección. Estaba acadado na data fixada 21 de decembro do 2023 para o profesorado no centro educativo, e continúa a informares ao persoal docente substituto cando se incorpora ao noso centro. OBXECTIVO ACADADO
Acadamos o 2º obxectivo “Xestionar o curso de Documentación IES O Ribeiro do centro”. Cumpríronse todas as accións en prazo: actualización dos participantes do curso "Documentación IES O Ribeiro", difusión do curso "Documentación IES O Ribeiro”, elección e subida dos documentos, emprego do curso polos docentes para consultar e entregar documentación, actualización de participantes con cada nova incorporación de persoal docente substituto e comunicación da existencia do curso "Documentación IES O Ribeiro". OBXECTIVO PARCIALMENTE ACADADO
Acadamos o 3º obxectivo “Identificar os equipos de alumnado e profesorado do IES O Ribeiro”. O equipamento de alumnado e profesorado do IES O Ribeiro está identificado por medio de etiquetas plásticas. OBXECTIVO ACADADO.
Acadamos parcialmente o 4º obxectivo “Actualizar e xestionar o equipamento E-Dixgal" (estudantes, profesorado, aulas) coa nova maqueta Abalar 11”. Actualizáronse todos os equipos de aula e de alumnado á maqueta Abalar 11, e soluciónanse as incidencias relacionadas coa nova maqueta xurdidas no equipamento E-Dixgal ao longo do curso. pero faltan algúns equipos de profesorado por ser actualizados, e ao longo do curso hai que resolvendo as incidencias que van xurdindo nos equipos e que na maioría dos casos supoñen reinstalar a nova versión da maqueta Abalar. OBXECTIVO PARCIALMENTE ACADADO
Acadamos o 5º obxectivo “Implantar ferramentas para supervisar o comportamento do alumnado na competencia dixital nas aulas E-Dixgal”. O equipamento de alumnado é supervisado polo programa de xestión Epoptes do equipo de aula en todas as clases da ESO. Aínda que está acadado, ao longo do curso continúa traballándose na resolución das incidencias que van xurdindo, así como incorporando ao novo alumnado e os equipos que son substituídos por avarías. OBXECTIVO ACADADO.
Acadamos parcialmente o 6º obxectivo “Xestionar o equipamento do proxecto Educa en Dixital". A maioría do alumnado do centro con necesidades do equipamento de Educa en Dixital recibiuno; queda pendente a asignación do alumando de Formación Profesional Básica. Está completado no resto de ensinanzas (Bacharelato e Ciclos Formativos Medios e Superiores). OBXECTIVO PARCIALMENTE ACADADO.
Acadamos parcialmente o 7º obxectivo “Mellorar a páxina web para mellorar a comunicación coa comunidade educativa do centro”, dado que depende das necesidades que van xurdindo en cada momento. OBXECTIVO PARCIALMENTE ACADADO.
Acadamos parcialmente o 8º obxectivo “Aumentar o uso da aplicación Abalar entre o profesorado e as familias”. As accións máis importantes, previstas para o primeiro trimestre, están completadas; falta a última que está prevista ao longo de todo o curso.
Neste trimestre non había accións de ningún obxectivo previstas para ser acadadas e pechadas, pero continúase o traballo de actualización e solución de incidencias previstas nas que o necesitan. Das dúas accións non completadas no primeiro trimestre, completouse a do obxectivo 6º, “Xestionar o equipamento do proxecto Educa en Dixital", dado que o alumnado de Formación Profesional Básica con necesidades do equipamento de Educa en Dixital recibiuno, polo que soamente queda pendente a recollida dos equipos de todo o alumnado a final de curso. OBXECTIVO PARCIALMENTE ACADADO.
Practicamente a totalidade das accións previstas para o terceiro trimestre cumpríronse. A continuación detallamos cada un dos obxectivos:
Acadamos o 2º obxectivo “Xestionar o curso de Documentación IES O Ribeiro do centro”. Cumpríronse todas as accións en prazo: actualización dos participantes do curso "Documentación IES O Ribeiro", difusión do curso "Documentación IES O Ribeiro”, elección e subida dos documentos, emprego do curso polos docentes para consultar e entregar documentación, actualización de participantes con cada nova incorporación de persoal docente substituto e comunicación da existencia do curso "Documentación IES O Ribeiro". OBXECTIVO ACADADO
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será levado a cabo polo Equipo Directivo e as persoas responsables TIC, empregando para isto as táboas incluídas no Plan Dixital para cada obxectivo do plan de acción. Esta avaliación incluirá tanto unha avaliación procesual como unha avaliación final:
-
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre, dependendo das datas concretas sinaladas no seu caso nas táboas de obxectivos do plan de acción. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Calendario de seguimento do Plan de Acción do curso 2023-2024
-
A avaliación final se realizará no final de curso, entre os meses de maio e xuño. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros:
-
Grao de cumprimento dos obxectivos do Plan de Acción
-
Modificacións introducidas no Plan de Acción
-
Xustificación das modificacións introducidas no Plan de Acción
-
Análise do impacto do Plan Dixital no centro.
-
05/11/2023: A valoración do Plan Dixital polo momento é boa, xa que todos os obxectivos (8) previstos inicialmente están todos acadados parcialmente, vaise cumprido as datas fixadas no seguimento das acccións dos obxectivos.
Sen embargo, como aspectos que valoramos negativamente están a non dotación do equipamento e infraestruturas tecnolóxicas previstas no PD, así como a necesidade de formar un equipo máis amplo encargado do desenvolvemento do PD e cunha maior dispoñibilidade horaria.
27/06/2024: A valoración final do Plan Dixital para este curso é moi satisfatoria xa que todos os obxectivos menos un acadáronse por completo.
No apartado de dotación, actualmente a valoración é moi positiva debido á chegada nos últimos meses de diferentes dispositivos ao centro (18 equipos portátiles de aula, 16 equipos de sobremesa para as aulas de informática, 3 equipos de sobremesa para docentes) e a previsión de chegada de máis equipamento (equipos portátiles -5 para o Departamento de Orientación e 4 para docentes- e 18 paneis dixitais).
Con respecto á primeira versión do Plan Dixital, que foi demasiado ambiciosa e non conseguimos acadar moitos dos obxectivos, nesta segunda versión consideramos que fomos máis realistas e acadamos practicamente todos os obxectivos.
Como principal proposta de mellora consideramos imprescindible que o equipo responsable do plan dixital estea constituído por un maior número de profesorado e que posúa dispoñibilidade horaria.
Para a seguinte versión do PD, curso 2024-2025, propoñemos obxectivos relacionado con:
- Renovación do DAFO.
- A chegada dos novos paneis dixitais que van substituír ás PDI, debido a que será necesaria formación do profesorado nesta nova tecnoloxía, así como elaborar un protocolo de emprego para o bó uso destes dispositivos.
- A organización e distribución do novo equipamento.
- Mellorar o comportamento pouco seguro e pouco responsable do alumnado na competencia dixital, polo que vemos conveniente propoñer novos obxectivos relacionados con esta debilidade do centro.
- Organizar as IP da rede do centro ED3201475.
- Actualizar a páxina web, Aula Virtual e documentación seguindo as indicacións do manual de identidade corporativa publicado neste curso pola Xunta de Galicia.
- Revisión, actualización e mellora do inventario do equipamento dixital do centro.
Comunicación e difusión
A través dun enlace, obtido da plataforma Educalidade, enviadado ao Claustro e ao Consello escolar o 30/10/2023.