Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Durante o curso 2023/2024 están programadas reunións mensuais co equipo TIC, unha reunión trimestral co equipo directivo e dúas reunións ao trimestre ca asesora ADIX.
- No mes de setembro o centro anotouse no proxecto "Escuelas Visuales" da Fundación Orange, como parte da acción A.02.1 Localizar aqueles centros de educación educativos e entidades con prácticas educativas trasladables ao noso alumnado. O día 26/09/2023 foi o peche das candidaturas e o 27 houbo un encontro on-line dos centros candidatos ao que asistiu a Dirección do noso centro. Desafortunadamente non fomos seleccionados para este curso. https://www.escuelasvisuales.com/
- Con data 18/10/2023 reuniuse o equipo directivo e a coordinadora do PD para informar:
-Das novas accións para este curso
-De información relevante da aprobación do novo PD.
Nunha carpeta compartida para todo o claustro recollemos a acta de dita xuntanza celebrada o día 18/10/2023.
- O día 24/10!2023 celebrouse a 1ª reunión da coordinadora do PD ca asesora ADIX. Informouse dos cambios nos obxectivos do novo PD,asi como das accións programadas para este curso. A asesora resolveu as dúbidas xurdidas neste novo PD, recordatorio da aprobación do PD no claustro e CE, as formacións que levaremos a cabo no centro, quedando pendente as datas de celebracións das mesmas. A acta de dita reunión queda arquivada na carpeta compartida do centro.
- O día 27 de outubro dase a coñecer o novo PD enlazado na web do centro,nunha reuníón xeral de todo o equipo docente e o día 3 de Novembro se aproba no CE.
- O día 14/11/23 tivemos unha reunión informativa ca asesora ADIX sobre cambios nos indicadores dos obxectivos e aspectos a modificar no PD actual.
- Neste primeiro trimestre se pecharon as datas da formación " Protección de datos" cun total de 9 h e con datas: 15,22 e 29 de xaneiro.
- Nas reunións mensuais co equipo TIC a coordinadora foi informando das novidades do aplicativo e os logros e inconvintes das accións e obxectivos a cumplir.
No segundo trimestre o equipo docente recibiu:
- Formación presencial en PROTECCIÓN DE DATOS. os días 15, 22 e 29 de xaneiro en horario 17:00 a 20:00. Desta formación a coordinadora do PD elaborará un documento resumo para compartir co equipo docente e cas familias. como parte dunha das accións do PD (A.03.3).
-Formación presencial en REALIDADE VIRTUAL, os días 8 e 22 de febreiro en horario 17:00 a 20:00.Desta formación o equipo TIC establecerá un espazo virtual no centro, concretamente na biblioteca e un percorrido virtual polos espazos do centro como parte da acción do PD (A.03.5) temporalizado para o vindeiro curso.
-Pecháronse as datas da formación online de SAAC( linguaxe natural asistido) para o mes de abril ( 9,16,23).
-No mes de marzo tivemos unha reunión co equipo directivo para informar do seguemento do PD e os novos estados do PD.
Neste segundo trimestre acadáronse todas as accións do obxectivo A.02, agás a de formación SAAC:LNA que está programada para o terceiro trimestre.
No 3º trimestre:
-Recibimos a última formación: LNA ( linguaxe natural asistido) cun total de 9 horas online da mán de ALFASAAC, os días 9, 16 e 23 de abril en horario de 17:00 a 20:00. Logo da formación establecemos varias propostas de actuación: elaborar cuadrículas en paneis grandes, por diversos espazos do centro: patios, biblioteca, comedor e entrada.
-Creouse un bloque estático na web do centro "RADIO VELLE" onde se recollen todas as entrevistas feitas durante este curso escolar.
- Enquisa ás familias para valorar a creación dunha rede social para o centro.
-Creación dun documento sobre ciberseguridade para o equipo docente.
-Creación dun titorial sobre navegación pola páxina web para as familias.
Ditas accións forman parte do obxectivo A.03.
O día 4 de xuño celebrouse a reunión co equipo directivo para informar do seguimento do PD, obxectivos acadados, pendentes e posibles modificacións.Acadáronse todos os obxectivos cas súas respectivas accións, agás obxectivo A.03 que quedaría parcialmente acadado porque unha das accións 05 temporalizouse para o vindeiro curso.
O día 7 de xuño reuniuse o equipo TIC para informar sobre o seguimento anual do PD e a valoración do mesmo.Se recolleron tamén as propostas de mellora para o vindeiro curso.
Avaliación
Para que o presente Plan Dixital acade un grado óptimo de efectividade, cómpre deseñar unha folla de ruta para avalialo. Neste punto podemos diferenciar dous niveis de avaliación:
· A avaliación procesual.
· A avaliación anual
Unha vez ao trimestre, o coordinador TIC deberá revisar as liñas do Plan de Acción e reunirse co equipo directivo para valorar de xeito individual cada acción concretada no plan, de cara a introducir durante dito curso académico medidas de axuste ou organizativas. Así, por exemplo, se non se realizaron as revisións dos equipos máis antigos do centro (A01.1) por falta de dispoñibilidade horaria, deben introducirse axustes temporais para cumprir coa planificación ao final do curso.
Anualmente, todos os membros do equipo TIC reuniranse nunha sesión específica para valorar o logro de todos os obxectivos e facer achegas de mellora, que deberán ser redactadas por escrito, de cara a seren introducidas no seguinte curso.
Neste curso 2023-2024 se fixo un seguemento trimestral co equipo directivo para informar dos obxectivos a acadar.AVALIACIÓN PROCESUAL.
-No primeiro trimestre se fixo o seguemento do obxectivo A0.1 Mellorar as infraestruturas e asistencia dixital do centro:
- Estableceuse un valor inicial de 10 equipos e acadando no mes de decembro un valor obxectivo de 20 equipos.
- Tres accións: localizar os equipos maís antigos, revisar o funcionamento dos equipos maís empregados e propoñer a revisión e actualización dos equipos que o necesiten.Se informou ao equipo directivo deste seguemento.
No mes de decembro o obxectivo A0.1 resultou ACADADO.
Na reunión trimestral tamén se acordou buscar as ponencias das formacións propostas no segundo obxectivo A0.2 Mellorar a competencia dixital do profesorado que non pertence ao equipo TIC.
Na segunda reunión trimestral co equipo directivo se informa sobre o seguemento do Obxectivo A0,2 Mellorar a competencia dixital do profesorado que non pertence ao equipo TIC,con todas as accións acadadas agás A02.5: Formarse en LNA,que por motivos organizativos dos ponentes, queda adiada para o mes de abril.
- Establecemos para este segundo obxectivo un valor inicial de 8 horas de formación acadando finalmente un valor de 24 horas de formación.
- Para cada unha das accións formativas tamén marcamos un indicador de porcentaxe de asistencia inicial dun 50%, acadando este anclaxe en todas e nunha das formacións o 75%.
No terceiro trimestre :
- Realizamos a formación recollida no obxectivo A0.2 acción 5 LNA. Completando así o obxectivo A0.2.
- Publícanse na web do centro varias entradas relativas ás accións do obxectivo A0.3 Empregar a páxina web do centro como canle de comunicación e recursos:
-A.03.1 entradas informativas sobre o traballo diario do centro.Acadado.Valor inicial 1.Valor final 2.
-A.03.2 Titorial para as familias sobre a navegación pola páxina web.Acadado.
-A.03.3 documento visible sobre protección de datos e ciberseguridade.Acadado.
-A.03.4 Calendario de titorias na web do centro.Acadado.
-A.03.5 visita virtual polos espazos de centro.Temporalizado para o vindeiro curso.
No mes de xuño reuniuse o equipo TIC para AVALIACIÓN FINALdo PD:
- Informouse do seguimento procesual do PD.
- Propuxéronse aspectos a mellorar para o vindeiro curso.
Valoramos postivamente o traballo e os apoios recibidos sempre por parte da asesora ADIX.
O 7 de xuño se reúne o equipo TIC para tratar os seguintes puntos:
- Revisión e información do cumplimento dos obxectivos programados.
- Propostas de mellora para o vindeiro curso.
Informouse do cumplimento dos obxectivos: A.01 e A0.2 na súa totalidade. Se puxo en común a dificultade para organizar as formacións: atopar as ponencias e organizar horarios axeitados, asi como a asistencia dunha porcentaxe mínima establecida dun 50%.
O obxectivo A.03 aínda cumplindo co indicador final de 2 entradas por trimestre para cada membro do equipo docente, queda parcialmente acadado posto que unha das acións A.03.5 "crear unha visita virtual polo espazos do centro" está temporalizada para o vindeiro curso.
Porpostas de mellora:
- Establecer menos obxectivos,crear accións para un só obxectivo, medibles e concretas e realistas. Valóresa esta medida tendo en conta a cantidade de iniciativas que se levan a cabo a maiores do PD.
- Maior implicación na web do centro por parte do equipo directivo e equipo docente.
- Continuar co traballo derivado das formación recibidas dentro do marco deste PD: realidade virtual, SAAC.
- Solicitamos que a coordinación do PD non sexa simultánea ca coordinación TIC polo volume de traballo.
- Formacións centradas nas necesidades do alumnado e das familias do noso centro.
- Creación dunha rede social.
Comunicación e difusión
Do presente Plan Dixital, de acordo coa lexislación vixente, darase conta ao claustro e a consello escolar do CEE Miño. Na páxina web do centro publicarase unha nota informativa dirixida á comunidade educativa, recollendo a aprobación deste novo documento de centro. Toda acción proxectada no mesmo, de utilidade para as familias, será exposta nas titorías e demais reunións informativas.
Enlace ao aplicativo EduCalidade : https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32015463
Enlace ao PD: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceemino/system/files/PLAN%20DIXITAL_1.pdf