Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. INTRODUCIÓN

1.1. Datos básicos do centro O Centro de Educación Especial Miño (en adiante, CEE Miño) é un centro educativo sostido con fondos públicos, o cal oferta as etapas educativas de infantil, primaria e programa formativo básico, dirixidas a aquel alumnado no que concorran necesidades educativas especiais que non poden ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios. Así mesmo, ofrece servizo de internado para aqueles alumnos/as que o necesitan, segundo as súas circunstancias persoais.

No presente curso 2021/2022, o CEE Miño ten matriculados 35 alumnos/as, atendidos polos seguintes profesionais: PROFESIONAL NÚMERO Persoal docente 22 Coidadores e auxiliares coidadores 17 Persoal de cociña e limpeza 3+5 Subalternos 2 Gobernante 1 Administrativo 1 Persoal sanitario (médico, enfermero/a, fisioterapeutas) 1+1+2 Adxunto de taller 1

Os datos identificadores e de contacto do centro son: ¿ Nome: Centro de Educación Especial Miño ¿ Dirección: Rúa Juan Fernández Gres 13, 32960, Santa Marta de Velle (Ourense) ¿ Teléfono: 988 23 85 50 ¿ Correo electrónico: cee.mino@edu.xunta.gal ¿ Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceemino/.

1.3. Breve xustificación do mesmo.

A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, constitúe o marco legal que ampara a introdución das Tecnoloxías da Información e Comunicación nos centros sostidos con fondos públicos, tales como os centros de educación especial, categoría na que se adscribe o CEE Miño. E, en concreto, o apartado 5 do citado artigo sinala que: “Las Administraciones educativas y los equipos directivos de los centros promoverán el uso de las tecnologías de la información y la comunicación (TIC) en el aula como medio didáctico apropiado y valioso para llevar a cabo las tareas de enseñanza y aprendizaje.” Así mesmo, a estratexia dixital de cada centro deberá estar recollida no Proxecto Educativo (artigo 121 da citada LO 2/2006), sendo unha das funcións da dirección exercer o liderado pedagóxico, impulsando plans para a consecución deste (artigo 132 da LO 2/2006).

No plano autonómico, a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (Xunta de Galicia), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, cita, entre as liñas xerais a seguir, a mellora da competencia dixital do alumnado. Na Disposición adicional quinta desta resolución recóllese a obriga de que todos os centros elaboren o Plan Dixital durante o presente curso, segundo as instrucións que se diten.

As instrucións a seguir para a elaboración do Plan Dixital aparecen recollidas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Seguindo as referencias deste documento, baixo a supervisión dos asesores asignados, elaborouse o presente Plan Dixital.

1.4. Proceso de elaboración.

En todo o proceso de elaboración de Plan Dixital participou o equipo TIC, composto por catro membros do claustro e unha coordinadora, e en permanente colaboración cos membros do equipo Directivo. Durante estes meses de elaboración, a asesora dixital asignada pola Consellería mantivo comunicación coa coordinadora TIC, quen, a súa vez, foi a encargada de informar ao claustro dos pasos que se ían dando. A intención foi que todos os mestres/as do centro participasen facendo as súas achegas ao proxecto. Este aspecto é de suma importancia, xa que as características especiais deste centro esixen un alto nivel de coordinación entre o profesorado, superando a organización por materias de xeito independente como noutros contextos educativos. É o caso, por exemplo, da comunicación no alumnado que non conta con linguaxe oral, un aspecto que atinxe a todos os profesionais e non só os de Audición e Linguaxe ou ao titor/a. Se o alumnado necesita recursos tecnolóxicos para mellorar a súa comunicación,  estamos ante unha ferramenta que se empregará en todas as áreas e tamén nos tempos de recreo, comedor ou internado.

PARTICIPANTES:

Coordinadora TIC: Coordinación, comunicación ca asesora dixital.

 Equipo TIC: Discución e elaboración.

Equipo Directivo: Supervisión.

Claustro: Achegas funcionais.

Asesora Dixital: Asesoramento a través da coordinadora TIC.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1.1.  Fontes empregadas para a análise DAFO

Partindo da autoavaliación a través da ferramenta SELFIE (Comisión Europea), podemos extraer información relativa a diferentes áreas, a cal ofrece unha visión global da situación dixital do centro. Os resultados fíltranse igualmente por grupos, diferenciándose a avaliación dos membros do equipo directivo, do profesorado e do alumnado. Cómpre sinalar que o alumnado no noso centro non realizou a enquisa, tendo en conta as súas características e o seu grado de discapacidade.

 

 

 

 

Ensinanzas

Areas

Grupos

Educación

Especial

A -Liderado

Equipo

3.3

Profesorado

3.9

Alumnado

 

B- Colaboración e redes

Equipo

3.3

Profesorado

3.3

Alumnado

 

C- Infraestruturas e

Equipos

Equipo

3.7

Profesorado

4.2

Alumnado

 

D- Desenvolvemento

profesional continuo

Equipo

3.7

Profesorado

3.7

Alumnado

 

E- Pedagoxía:

Equipo

4.3

 

 

Apoio e Recursos

Profesorado

4.1

Alumnado

 

F- Pedagoxía:

Implementación na aula

Equipo

3.4

Profesorado

3.4

Alumnado

 

G- Prácticas de avaliación

Equipo

2.3

Profesorado

2.6

Alumnado

 

H- Competencias dixitais

do alumnado

Equipo

4

Profesorado

2.7

Alumnado

 

 

Tamén resulta de utilidade recoller neste documento a información extraída do TEST CDD, sobre formación do profesorado. Segundo as porcentaxes obtidas nesta avaliación, cada docente obtén un nivel de competencia (de A1, o máis inicial, ata o máis avanzado, o C2). Os resultados obtidos neste curso 2021/2022 arroxan a seguinte realidade no CEE Miño:

1.3. Participación segundo perfil do profesorado:

DEFINITIVO 10/13 76,9%,PROVISIONAL 3/ 4 75%,NTERINO 3/ 4 75%,SUBSTITUTO 1/ 3 33,3%.

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro:

75,5% Integrador (B1) 76,4% Integrador (B1).

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas:

PRIMARIA: 76,8% Integrador (B1,) 77% Integrador (B1).

F.P: 90,2% Integrador (B1) 77,4% Integrador (B1).

2.3. Distribución do profesorado por niveis:

A2: 6. 35,3%.

B1:6. 35,3%.

B2: 5. 29,4%.

TOTAL: 17. 100%

 

 

 

 

 

 

Interno
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O centro dispón de asistencia técnica limitada Infraestruturas Si
Debilidade 1. O centro non conta cunha estratexia dixital 2. A estratexia dixital non se realiza implicando a todo o profesorado Organización de centro Non
Debilidade 1. O profesorado non coñece as posibilidades de DPC no ámbito dixital 2. O profesorado non emprega contornas virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza 1. O alumnado aprende a comunicarse utilizando recursos dixitais Alumnado Non
Fortaleza 1. O centro conta con infraestrutura dixital suficiente 2. O centro conta con dispositivos dixitais para o seu uso no proceso de ensino-aprendizaxe. 3. No centro facilítase acceso a Internet Infraestruturas Si
Fortaleza 1. Reflexiónase sobre as necesidades de un DPC no ámbito dixital 2. Prodúcese intercambio de experiencias dentro da comunidade educativa 3. Búscanse recursos educativos en liña e créanse recursos educativos dixitais 5. Empréganse tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro 6. Utilízanse as tecnoloxías para adaptar o ensino ao alumnado, favorecendo a motivación e a inclusión do mesmo Persoal docente Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. O profesorado percibe falta de tempo para formación e accións de DPC 2. As visitas e programas acreditados para mellorar a competencia dixital da comunidade educativa non están suficientemente desenvolvidos Administración educativa Non
Ameaza 1. A competencia dixital das familias é moi baixa 2. O profesorado percibe dificultades para implicar ao alumnado en actividades para desenvolver a competencia dixital Contorna Non
Oportunidade 1. O profesorado colabora con outras organizacións especializadas Outras Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise DAFO Tomando como punto de partida a información extraída do informe SELFIE, e tendo en conta tamén os resultados do test CDD, deseñouse un cadro DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) para reflectir a realidade do centro no eixo dixital. O criterio para determinar que áreas debían ser consideradas debilidades e amezas, e cales debían clasificarse como fortalezas e oportunidades, foi de tipo cuantitativo; é dicir, valorouse a puntuación numérica da autoavaliación. Tendo en conta que a práctica totalidade dos apartados superaban o 2,5 (a barreira do 50% para considerar aprobado o suspenso dito ítem) tivemos que aplicar a maiores un criterio cualitativo. Aqueles apartados nos que a puntuación superaba o 3,5 valoráronse como positivos, mentres que os que non superaban esta cifra, clasificáronse negativamente; aínda que este criterio numérico, nalgúns casos, tendo en conta as características do noso centro, non se aplicou estritamente.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a infraestrutura e asistencia dixital do centro
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado que non pertence ao equipo TIC
O03PD Empregar a páxina web do centro e a aula virtual como canles de comunicación e recursos

Seguimento

Procedemento

Durante o curso 2022/2023 están programadas reunións mensuais co equipo TIC, unha reunión trimestral co equipo directivo e dúas reunións ao trimestre ca asesora ADIX.

 

1º Trimestre

Na primeira reunión ca asesora establecemos como obxectivo deste trimestre o cumplimento do obxectivo: O01PD Mellorar da infraestrutura e asistencia dixital do centro

Na segunda reunión incidimos no segundo obxectivo: O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado que non pertence ao equipo TIC, concretamente en dúas accións que foron acadadas:A.02.1 – Creación dun grupo de titoría entre iguais e A.02.2 – Creación  dunha canle de comunicación para informar da oferta formativa externa, quedando pendiente a terceira acción. Engadiuse para este obxectivo unha formación en edición de vídeo que posteriormente se adiou a xaneiro.

Na reunión de fin de trimestre co equipo directivo informouse puntualmente dos obxectivos  acadados no trimestre e tamén se comunicou na  CCP: actualización dos equipos, creación na web do centro dun bloque estático para formación externas, webinarios de interés e lecturas recomendadas.

2º Trimestre

Na primeira reunión ca asesora ADIX, comunicamos unha formación en edición de vídeo (Adobe Premiere Pro),como ACCIÓN A.02.4 dentro do obxectivo O0.2 MELLORAR A COMPETENCIA DIXITAL DO PROFESORADO QUE NON PERTENCE AO EQUIPO TIC.Dita formación consistirá en 4 sesións formativas recibidas ( xaneiro-febreiro).

Se realizou o volcado do PD na nova plataforma EduCalidade,quedando pendentes as partes de seguimento e avaliación.

Reunión trimestral co equipo directivo para informar do seguimento e consecución de obxectivos: 

  • O1: acadado.
  • O2:A.1: acadado agás A.3,engadida unha nova acción A.4 Formación en edición de vídeo.
  • O3: A.1 acadada e pendentes A.2 e A.3 por modificación.

Na segunda reunión ca asesora ADIX comunicamos o fin da formación do obxectivo O02, pendente modificar a acción A.02.3, de cumplimento para o vindeiro curso.Comunicamos a decisión na reunión trimestral co equipo directivo, modificar parte do O03.

3º Trimestre

Na primeira reunión ca asesora Adix, o 25/04/2023 informamos do seguimento do PD, informamos do cumplemento parcila do obxectivo 2, quedando pendente a acción 3 para o vindeiro curso, tal e como estaba programada, porque se vai modificiar parcialmente, isto é de " Localizar aqueles centros de educación especial con prácticas trasladables ao noso alumando " a " Localizar aqueles centros educativos e entidades relacionadas con prácticas trasladables ao noso alumnado".

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para que o presente Plan Dixital acade un grado óptimo de efectividade, cómpre deseñar unha folla de ruta para avalialo. Neste punto podemos diferenciar dous niveis de avaliación:

·       A avaliación procesual.

·       A avaliación anual

Unha vez ao trimestre, o coordinador TIC deberá revisar as liñas do Plan de Acción e reunirse co equipo directivo para valorar de xeito individual cada acción concretada no plan, de cara a introducir durante dito curso académico medidas de axuste ou organizativas. Así, por exemplo, se non se realizaron as revisións dos equipos máis antigos do centro (A01.1) por falta de dispoñibilidade horaria, deben introducirse axustes temporais para cumprir coa planificación ao final do curso.

Anualmente, todos os membros do equipo TIC reuniranse nunha sesión específica para valorar o logro de todos os obxectivos e facer achegas de mellora, que deberán ser redactadas por escrito, de cara a seren introducidas no seguinte curso.

Durante o presente curso 2022/2023 realizáronse as reunións estipuladas para o seguimento, as trimestrais co equipo directivo ( 7/12/2022, 13/03/2023 e 23/06/2023) e a anual co equipo TIC (23/06/2023) quedando reflectidas por escrito nos equipos informáticos do centro para a súa visibilidade por parte do equipo docente.

Avaliación trimestral:

-1º TRIMESTRE: 

Obxectivo AO1 " Mellorar a infraestrutura e asistencia dixital do centro" .Estado:ACADADO PARCIALMENTE.

Acción AO1.1: Localizar os equipos maís antigos do centro, realizado na data prevista 21/12/2022.

-2º TRIMESTRE:

Obxectivo AO.1 " Mellorar a infraestrutura e asistencia dixital do centro".ACADADO

Acción AO1.2: Revisar o funcionamento dos equipos máis empregados diariamente no centro, realizado na data prevista 15/03/2023.

Acción AO1.3: Propoñer revisión e actualización dos equipos que o necesiten ao servizo técnico, realizado antes da data prevista Marzo 2023.

O obxectivo AO.1 acadouse antes da data prevista. A acción AO.1.2 adiouse a MARZO por un dos equipos que quedaran sen revisar, ainda así se fixo no tempo programado inicialmento no PD.

-Obxectivo AO.2: "Mellorar a competencia dixital do profesorado que non pertence ao equipo TIC".ACADADO PARCIALMENTE.

Acción AO.2.1 Creación dun grupo de titoría entre iguais.Realizado antes na data prevista xuño 2023.

Acción AO.2.2 Creación dunha canle de comunicación para informar da oferta formativa externa.Realizado na data prevista xuño 2023.

Acción AO.2.3 Localizar aqueles centros de educación especial con prácticas educativas trasladables ao noso alumnado.Pendente de realizar.

Acción AO.2.4 Formación en edición de vídeo.Realizado febreiro 2023.

O segundo obxectivo queda pendente pola 3ª acción que estaba prevista para o vindeiro curso.Modificouse a redación do mesmo quedando da seguinte maneira: Localizar aqueles centros educativos e entidades relacionadas, con prácticas educativas trasladables ao noso alumnado. Asemade engadiuse ao PD unha nova acción dentro do segundo obxectivo, AO2.4 Formación en edición de vídeo , cun total de 6h presenciais en xaneiro e febreiro de 2023.

3º TRIMESTRE:

Obxectivo AO.3: "Empregar a páxina web e a aula virtual como canles de comunicación e recursos".ACADADO PARCIALMENTE.

Acción AO.3.1: Publicación de entradas informativas sobre o traballo diario do centro na páxina web, realizado na data prevista, xuño 2023.

Acción AO.3.2: Actualización da aula virtual (contas, paneis,etc), non realizado.

Acción AO.3.3: Creación de titoriais para que as familias accedan aos contidos, non realizado.

Neste 3º obxectivo acordouse, desde a 1ª reunión trimestral co equipo directivo, modificalo eliminando a aula virtual pola falta de opertividade co alumnado do noso centro, quedando redactado da seguinte maneira:

"Empregar a páxina web do centro como canle de comunicación e recursos".

As accións 2 e 3 deste obxectivo tamén se reformulan para a súa posterior consecución no curso 2023/2024, quedando da seguinte maneira:

AO.3.2: Actualización da páxina web ( contas de usuario, etc).

AO.3.3: Creación de titoriais para que as familias accedan a todos os apartados da páxina web.

Avaliación final na reunión do Equipo TIC celebrada o 23/06/2023:

Valoración do cumprimento dos obxectivos e achegas de memoria.

Se deu lectura a acta da reunión de fin de trimestre co grao de consecución dos obxectivos do PD.Valoráronse positivamente os cambios na redacción do obxectivo 3 e na incorporación da acción AO.2.4 e se fixeron propostas para novas formacións a incorporar ao PD.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Valoración xeral

A valoración xeral do plan fíxose dentro dos puntos da orde do día da reunión final co equipo TIC.Valorouse positivamente a plataforma EduCalidade como idónea para este PD pola súa operatividade e facilidade de acceso e visualización. No tocante ao propio PD do centro agradeceuse o traballo de todos os membros asi como do equipo docente en xeral.Considerouse tamén positivo as visitas da asesora Adix que sempre nos tivo puntalmente informados e foi de gran axuda nas múltiples dúbidas que xurdiron ao longo do seguimento do susodito plan.

Proposta de mellora

Nas reunións finais tanto co equipo directivo como co equipo TIC expuxéronse distintas propostas de mellora para o vindeiro curso.Son as que seguen:

-Continuación o vindeiro curso co Obxectivo AO.1"MELLORAR A INFRAESTRUTURA E ASISTENCIA DIXITAL DO CENTRO.

-Ampliación do obxectivo AO.2 "MELLORAR A COMPETENCIA DIXITAL DO PROFESORADO QUE NON PERTENCE AO EQUIPO TIC".Neste obxectivo engadiráse nova ou novas accións de formación en protección de datos e realidade aumentada, podendo engadirse outras se os tempos e a organización o permiten, tales como: ABJ, DUA, METODOLOXÍAS ÁXILES, VISUAL THINKING,ETC.

-Ampliación do obxectivo AO.3, xa reformulado,:"EMPREGAR A PÁXINA WEB DO CENTRO COMO CANLE DE COMUNICACIÓN E RECURSOS",engadindo unha nova acción AO.3.4 Creación de titorías online para as familias.

Como conclusión, o equipo TIC acordou a revisión destas propostas o vindeiro curso, asi como o seu deselvolvemento e organización para seren realizadas.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Do presente Plan Dixital, de acordo coa lexislación vixente, darase conta ao claustro e a consello escolar do CEE Miño. Na páxina web do centro publicarase unha nota informativa dirixida á comunidade educativa, recollendo a aprobación deste novo documento de centro. Toda acción proxectada no mesmo, de utilidade para as familias, será exposta nas titorías e demais reunións informativas.

Enlace ao PD:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceemino/system/files/PLAN%20DIXITAL_1.pdf