Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

NOME: EEI Santa Cruz

DIRECCIÓN:

Rúa da Escola, s/n,  Sta Cruz da Rabeda, 32911 San Cibrao das Viñas, Ourense

CORREO: eei.santacruz@edu.xunta.gal

ETAPAS EDUCATIVAS: Infantil.

ALUMNADO: 9 total; 2  nenas e 7 nenos.

6º Infantil; 5 alumnos.

5º Infantil; 1 alumno.

4º Infantil; 3 alumnos.

 

PROFESORADO: 1 a tempo total e 3 compartidas.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro.

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro A escola de Educación Infantil de Santa Cruz, atópase no concello de San Cibrao e na localidade do mesmo nome

- Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo. Relación con outros plans e proxectos de centro.

No Plan Dixital estará estruturado todo o relacionado coas novas tecnoloxías, contribuirá a desenrolar todo o relacionado coas novas tecnoloxías no Proxecto Educativo, será unha ferramenta básica á hora de elaborar os diferentes programas e proxectos e centro así como a Programación Xeral Anual e as programacións das diferentes materias.

Estará moi relacionado cos seguintes proxectos: Biblioteca creativa.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do Curso 2023/2024 O plan de acción que se deseña nesta versión estará totalmente integrado na Programación do vindeiro curso, recollendo os obxectivos e as accións á levar a cabo

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración da matriz DAFO tivéronse en conta o informe SELFIE, o informe do test CDD e a análise cualitativa.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non participou por tratarse dunha escola infantil. Alumnado Non
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para docentes Infraestruturas Si
Debilidade Uso activo e creativo de aulas virtuais. Oferta Non
Debilidade Carecemos. Persoal non docente Non
Fortaleza Participación das familias. Familias Si
Fortaleza Creación de recursos educativos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Actuacións da administración educativa. Administración educativa Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. Lexislación Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Outras Non
Oportunidade Relación coa ANPA ANPA Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Solicitar no PFPP de formación sobre Actualización Dixital
O02PD Creación de contidos dixitais aplicables á nosa práctica docente
O03PD Difusión das actividades realizadas empregando as redes de difusión do centro docente
O04PD Solicitar autorización de imaxe e son do alumnado e profesorado.
O05PD Dar a coñecer á comunidade educativa o protocolo de protección de datos.
O06PD Buscar novos contactos con centros educativos que desenvolvan boas prácticas no uso da tecnoloxía dixital na Educación Infantil,
O07PD Intervir nos cursos de formación dos CFR,Explicando os principios,proxectos...
O08PD Inventariar todos os recursos TIC da escola.
O09PD Revisar o equipamento para detectar posibles incidencias

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD que consiste en Solicitar no PFPP de formación sobre Actualización Dixital  para esto estamos levando a cabo un grupo de traballo durante o curso,en relación ao O02PD Creación de contidos dixitais aplicables á nosa práctica docente para tal fin recibimos formación e seguimos creando actividades O03PD Difusión das actividades realizadas empregando as redes de difusión do centro  para elo utilizamos a páxina web das súas accións mellorar a comunicación coas familias empregando a ferramenta abalar móbil está acadado todas as familias xa o usan.O04PD Solicitar autorización de imaxe e son do alumnado e profesorado, esta foi levado a cabo con gran aceptación por parte da comunidade educativa. En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O04PD Solicitar autorización de imaxe e son do alumnado e profesorado e fixemos diferentes gravacións có Croma en canto O O05PD Dar a coñecer á comunidade educativa o protocolo de protección de datos xa está iniciado non acadado por completo. O O06PD Buscar novos contactos con centros educativos que desenvolvan boas prácticas no uso da tecnoloxía dixital na Educación Infantil estamos en contacto con varios centros pero seguiremos traballando. En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai por bo camiño.

3º Trimestre

Ao longo do terceiro trimestre do presente curso xa acadamos a totalidade dos obxectivos, acadouse O  obxectivo O07PD Intervir nos cursos de formación dos CFR,Explicando os principios,proxectos... foi levado a cabo a través da formación para persoas coordinadoras dos polos creativos así como o O08PD   Inventariar todos os recursos TIC da escola acadado,  O09PD Revisar o equipamento para detectar posibles incidencias, o levarse a cabo, observamos que precisamos unha actualización do ordenador.En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso obtivo  bos resultados.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación levouse a cabo o longo do curso por parte do noso mentor,pola nosa parte fixemos unha avaliación continua de cada obxectivo logrado.

Valoración xeral

En xeral acadarónse a totalidade dos obxectivos na medida das idades do alumnado,tivemos colaboración total por parte das familias!

Consideramos bó traballo en xeral por parte de toda a comunidade educativa.

Proposta de mellora

As propostas de mellora son:

Unha páxina web máis intuitiva que permita actualizala de forma máis sinxela.

Un maior asesoramento e formación sobre o uso das funcionalidades da páxina web.

Poder ter un tempo asignado no horario para desenvolver os obxectivos do Plan Dixital.

Algo externos os nosos centros pero que consideramos importantisimo é manter operativos e en bo estado os recursos materiais TIC dos que dispón o centro.

E continuaremos elaborando recursos dixitais adaptados ás caracteristicas de cada grupo /clase para esto debemos continuar formandonos a totalidade do profesorado.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan difundirase a través da páxina web do centro.