1.1.Datos básicos do centro
DATOS XERAIS DO CENTRO.
Denominación:
CEIP “OTERO NOVAS”
Titularidade:
PÚBLICO
Nº código de centro:
32015268
Municipio (Localidade):
CORTEGADA
Provincia:
OURENSE
CP:
32200
Tfno:
988483117
Enderezo:
BAIXADA AO BALNEARIO S/N
Enderezo electrónico:
ceip.otero.novas@edu.xunta.gal
Páxina Web:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoteronovas/
O Ceip Otero Novas de Cortegada é un Centro rural do Ribeiro Ourensán. Conta con pouco alumnado, 30 nenos de Infantil e Primaria.
Hai profesorado suficiente, bos recursos materiais e boa coordinación.
No tocante ás novas tecnoloxías o Centro contaba cunha aula de informática que quedou totalmente obsoleta, pola contra, hai moi boa conexión wifi, dotación de Pizarras Dixitais e proxectores en todas as aulas e material actualizado informático en cada aula.
O Plan Dixital ten cabida neste centro ao igual que todos os plans e proxectos que se desenvolven con normalidade dende hai anos no noso colexio. É un plan que ven a organizar todas as nosas accións relacionadas co mundo dixital que xa desenvolvíamos a diario como parte do proceso de ensino aprendizaxe.
1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
Este Plan de Centro Dixital debe ser un instrumento para favorecer e promover o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co fin último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado.
Por iso, debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual e debe ser compartido por todos os membros da comunidade educativa. O Proxecto Dixital de Centro orientará tamén con coherencia o uso das tecnoloxías.
1.3.Breve xustificación do mesmo
Coa finalidade de adaptarnos a un mundo de dixital e de preparar tanto ao profesorado como ao
alumnado para enfrontarse aos retos dixitais aos que se deben enfrontar tanto no persoal como no
académico elabórase este plan dixital tendo en conta a seguinte normativa vixente:
-
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
-
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
-
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
-
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
1.4.Proceso de elaboración
Primeiramente comezamos designando o equipo para a elaboración do plan dixital e entrando na plataforma da Xunta habilitada para tal fin. No primeiro trimestre fixemos a diagnose do estado inicial a través da ferramenta SELFIE. Máis adiante medimos o nivel de competencia en tecnoloxía dos docentes usando o Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD).
A partir dos datos obtidos a través destes medios o centro elaborou o informe de sobre as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que nos permitiu guiarnos na definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.
O seguinte paso foi concretar xa o plan de acción, núcleo fundamental deste Plan, no que se recolleron os obxectivos que nos interesa implementar no curso seguinte.
Todo o proceso foi guiado a través da rede galega de mentores usando para iso a plataforma PLATEGA.