Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome: IES O Couto

Dirección: Rúa Rampa de Sas S/N, Ourense

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescouto/

Correo electrónico: ies.couto@edu.xunta.gal

Ensino: ESO e bacharelato

Total alumnado: 543

Total profesorado: 55

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O IES O Couto é un instituto de barrio da cidade de Ourense. Trátase dun barrio populoso, de arredor de trinta mil habitantes, e na mesma área educativa existe un centro de ensino concertado e un centro de educación permanente de adultos. O perfil socioeconómico máis común dos pais e nais do noso alumnado correspóndese a traballadores por conta allea, aínda que tamén existen porcentaxes relevantes de funcionarios e pequenos empresarios. Parece de interese destacar que o barrio do Couto é un dos que de maneira preferente acolle desde hai anos poboación inmigrante que chega á cidade de Ourense, e iso ten o seu reflexo na nosa comunidade educativa, en que convive alumnado con pais de distintas procedencias, tanto comunitarias como extracomunitarias.

Nun centro das nosas características, o Plan Dixital ten que dar acollida a todas as realidades presentes na nosa comunidade educativa. A eficacia do Plan Dixital medirase tamén, entre outros indicadores de logro, á hora de establecer en que medida mellorou o noso traballo de aula e a inserción escolar do alumnado máis desfavorecido, así como no que tivo de mellora da nosa actividade docente e de xestión de documentos docentes e relativos á administración escolar. O IES O Couto participa en distintos plans e proxectos de mellora educativa (PROA, Proxecta, seminarios e grupos de traballo do CFR…). De todos eles, se cadra son o Club de ciencias e os Polos creativos dos máis acaídos no que fai aos contidos do PD. Agardamos, e ese é un dos nosos indicadores de logro máis relevantes, que o labor que desenvolvamos desde o grupo do Plan Dixital teña unha traslación, cando menos parcial, ao Proxecto Educativo de centro así como ao resto dos documentos e prácticas docentes polas que se ordenan as actividades no seo da nosa comunidade educativa, no entendemento que o que aquí se elabore non pode quedar circunscrito ao ámbito exclusivo dos integrantes do grupo elaborador e ten que ter algún tipo de aplicación para o conxunto da comunidade educativa.

Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia

Proceso de elaboración

Para a elaboración do plan dixital o centro solicitou un PFPP Análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital, fíxose un grupo de traballo para discutir ideas en pequeno grupo levalas ante o resto do claustro e alí recoller ideas para o grupo de traballo. Dese xeito recollemos a opinión da maioría das persoas do claustro para elaborar de maneira fundamentada o noso plan, ao tempo que conseguimos implementar un proceso que abrangue un maior número de membros da comunidade educativa, circunstancias ambas que entendemos que contribuirán a mellorar o resultado final do traballo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O centro conta con conexións cableadas en todas as aulas do centro, tamén dispón de wifi propia, wifi de edu.xunta e a wifi Abalar.

Hai un ordenador para o profesor/a en cada aula do centro (algún moi vello), hai varios ordenadores a disposición do alumnado na biblioteca, e dispón tamén de dúas aulas de informática unha grande e outra pequena (que quedan curtas coas novas materias, nomeadamente as que dependen do departamento de Tecnoloxía, por exemplo Tecnoloxía e dixitalización). Nos departamentos tamén hai un ordenador con conexión a internet, temos varios portátiles para o club de ciencias e tamén dispomos de varios ordenadores na sala de profesores con conexión a internet.

O centro dispón dos servizos propios da consellería, aula virtual, páxina web, galería de fotos, abalar móbil, etc

O mantemento dos equipos informáticos lévaos unha empresa externa ao centro e o mantemento da aula virtual, páxina web lévase a cabo por profesores do centro

Fontes empregadas para o análise DAFO

Autoavaliación SELFIE

ÁreasGruposEnsinanzasESOBacharelatoA-LideradoEquipo directivo3.83.3Profesorado3.33.4Alumnado  B-Colaboración e redesEquipo directivo3.43.2Profesorado2.73.0Alumnado3.42.7C-Infraestruturas e equiposEquipo directivo3.83.5Profesorado3.54.1Alumnado3.73.4D-Desenvolvemento profesional continuoEquipo directivo3.43.4Profesorado3.43.2Alumnado  E-Pedagoxía: Apoio e recursosEquipo directivo4.03.9Profesorado3.84.0Alumnado3.93.8F-Pedagoxía: Implementación na aulaEquipo directivo3.13.0Profesorado3.32.9Alumnado2.82.5G-Prácticas de avaliaciónEquipo directivo2.82.5Profesorado2.73.0Alumnado3.02.6H-Competencias dixitais do alumnadoEquipo directivo3.53.1Profesorado3.23.2Alumnado3.43.2

Test CDD

Participación segundo perfil do profesorado

  • Definitivo: Participan 20 de 32 un 62.5%
  • Provisional: Participan 2 de 5 un 40%
  • Interino: Participan 4 de 13 un 30.8%
  • Substituto: Participan 1 de 5 un 20%
  • Desprazado: Participan 1 de 1 un 100%

Puntuación e nivel de competencia do centro

O centro ten unha puntuación media de 74.9 (sobre 192) o nivel de competencia é Integrador/a (B1). Está próxima á media galega que é de 76.4

Puntuación e nivel de competencias por etapas

 Puntuación media do test (sobre 192)Nivel de competenciaPuntuación media do test en GaliciaNivel de competencia en GaliciaESO72.9Integrador/a (B1)79.2Integrador/a (B1)Bac66.1Integrador/a (B1)77.9Integrador/a (B1)

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -(G5) Pouca autorreflexión -(G6) Avaliación entre iguais Alumnado Non
Debilidade -(C2,C8) Boa parte dos equipos para ceder aos alumnos están obsoletos ou deteriorados. -Só hai un par de aulas de informática para todos os grupos do centro, e unha delas é pequena Infraestruturas Si
Debilidade -A resolución de problemas non é todo o áxil que debería Organización de centro Non
Debilidade -(G1, G3, G6) Pouca retroalimentación e coavaliación Persoal docente Non
Fortaleza -(E3) Emprego de plataformas en liña -(H7) O alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Non
Fortaleza -(C2,C8) Na ESO hai dispositivos dixitais para a ensinanza -O alumnado dispón de dispositivos portátiles que pode levar á casa no caso que sexa necesario. -(C3) Bo acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza -(C3) Bo acceso a internet Organización de centro Non
Fortaleza -(E1) O profesorado usa recursos educativos en liña Persoal docente Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Incremento da carga burocrática en detrimento da productividade -Moito profesorado con carácter provisional nos centros -Os problemas que xorden nos equipos non obteñen solución rápida -A comunicación coas familias non é suficientemente áxil Administración educativa Non
Ameaza -Brecha dixital na contorna ANPA Si
Ameaza -Falta de estabilidade normativa no sistema educativo Lexislación Non
Ameaza -Os recursos para repartir son finitos Outras Si
Oportunidade -Financiación europea -Existen plans de formación para o profesorado Administración educativa Non
Oportunidade -As familias ven necesaria unha educación dixital ANPA Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
Instalación de software libre no IES O Couto
Emprego de software libre no IES O Couto
Coñecer os tipos de licencias de uso dos recursos dixitais (Primeiro e segundo da ESO)
Habilitación dunha aula para impartir clases con ordenadores

Seguimento

Procedemento

Comprobación polas persoas responsables de cada obxectivo do cumprimento do mesmo.

1º Trimestre

Verificación da instalación de software libre en ordenadores do centro.

Habilitación dunha aula para impartir clases de informática.

2º Trimestre

Instalación e emprego de software libre nos ordenadores do centro. Incluídos aquí os equipos que non estaban no centro ao principio do curso

3º Trimestre

Realización e seguemento de tarefas deseñadas para comprobar o coñecemento dos tipos de licencias de uso dos recursos dixitais (Primeiro e segundo da ESO)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cuestionario de avaliación.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan

Para o profesorado que se incorpore o curso que vén a información darase no inicio do curso no claustro inicial e tamén se transmitirá a través dos responsables do plan de acción. Tamén se explicará que se pode consultar no aplicativo educalidade da Xunta de Galicia.

O enlace na web do centro é <http://www.edu.xunta.gal/centros/iescouto/node/973>

O novo plan dixital poderase consultar directamente en <https://www.edu.xunta.gal/educalidade/>