Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

1.1. Datos básicos do centro

CEIP PLURILINGÜE PROFESOR ALBINO NÚÑEZ
CASARDOMATO Na 1 – O PINO
32001 OURENSE
correo: ceip.albino.nunez@edu.xunta.gal
web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez/

Etapas educativas que se imparten no centro:
• Educación Infantil
• Educación Primaria
Número de alumnado: 257 repartidos en 15 aulas
Número de profesorado: 28

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez está situado no barrio de O Pino, na entrada oeste da cidade de Ourense, a tres kilómetros do núcleo urbano.
O alumnado procede do mesmo barrio, de dous barrios limítrofes (A Ponte e O Vinteún) e de zonas rurais póximas pertencentes ao concello de Ourense.
O centro conta cun edificio principal e dúas pistas polideportivas, unha semipechada e a outra descuberta.
A maior parte dos pais e nasi do alumnado só posúen os estudoselementais ou medios, sendo unhaminoría os que realizaron estudos universitarios.
Con todo isto podemos concluír que o nivel socioeconómico e cultural das familais é, en xeral, medio-baixo.
O centro aposta pola dixitalización do centro. No curso 2010-2011 comezouse co proxecto Abalar, pasando a ter E-dixgal desde o curso  2020-2021 no que se comezou en 5º de EP ampliándose no curso 2021-2022 a 6º de EP, continuando na actualidade con E-Dixgal en todos os cursos do 3º Ciclo.
Coa dotación das aulas tamén se pretende acercar as TIC a docentes e alumnado.

Contribución do plan dixital á programación xeral anual do curso 2023-2024


- Mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado
- Dotación de equipamento e recursos necesarios para o traballo co alumnado.
- Mellora do equipamento en xeral para que estea actualizado e sexa funcional.

1.3. Breve xustificación do mesmo
Coa finalidade de adaptarnos a un mundo de dixital e de preparar tanto ao profesorado como ao alumnado para enfrontarse aos retos dixitais aos que se deben enfrontar tanto no persoal como no académico elabórase este plan dixital tendo en conta a seguinte normativa vixente:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

1.4. Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital para este curso 23-24 terase en conta a avaliación final do curso pasado para adaptalo máis á realidade do centro. O equipo reunirase establecer a novas prioridades e continuar co que se iniciou no curso pasado. Apreitarase para presentar os obxectivos a formación recibida no pasado curso nos itinerarios formativos do PFPP en materia de robótica e de creación de recursos dixitais.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación Selfie
  • Test CDD
  • Observación
  • Memorias TIC
  • Entrevistas a equipo directivo e persoal docente con antigüidade no centro.
Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia dixital baixa Alumnado Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas. Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Debilidade Competencia dixital baixa. Familias Non
Debilidade Aulas sen conexión wifi por falta de puntos de acceso que impide o uso de tablets ou portátiles do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Cursos sen equipo dixital individual. Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento tecnolóxico antigo e obsoleto Infraestruturas Non
Debilidade Conexión a Internet pouco fiable Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento dixital insuficiente para cubrir todas as necesidades do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Debilidade Política de protección de datos. Organización de centro Non
Debilidade Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital definida. Organización de centro Non
Debilidade Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Resolución de incidencias técnicas Persoal docente Non
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Non
Debilidade Claustro pouco estable Persoal docente Non
Debilidade Competencia dixital baixa. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para explorar e crear contidos dixitais Persoal docente Non
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais Persoal docente Si
Debilidade Utilización de recursos dixitais para observar e ocumentar os progresos Persoal docente Non
Fortaleza Pode facer un seguemento das tarefas a través da entorna virtual de aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Interese por dotar as aulas de equipamento tecnolóxico. Case todas as aulas contan con ordenador, proxector, encerado dixital e altofalantes. Infraestruturas Non
Fortaleza Participación en Edixgal en 5o e 6o e polo tanto o alumnado conta cun portátil para o ensino dixital que pode levar para a casa. Infraestruturas Non
Fortaleza No centro hai robots programables para traballar a programación co alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza Temos dispositivos para emprestarlle ao alumnado en caso de que así o necesiten e soliciten. Infraestruturas Non
Fortaleza Non hai limitacións de espacio que poidan afectar a un ensino dixital, contamos tamén cun aula de informática. Infraestruturas Non
Fortaleza Características do software instalado nos equipos Infraestruturas Non
Fortaleza Características das plataformas e aplicativos online tilizados. Infraestruturas Non
Fortaleza Interese por participar en proxectos dixitais (Abalar, Edixgal) Organización de centro Non
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua do profesorado Organización de centro Si
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Organización de centro Non
Fortaleza Competentes na busca de recursos educativos enliña. Persoal docente Non
Fortaleza Interese por aprender e empregar recursos dixitais na aula. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en actividades de desarrollo profesional continuo (DPC) Persoal docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta dedotación de equipamento tecnolóxico actualizado. Administración educativa Si
Ameaza Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Ameaza Apoio técnico limitado, só se recibe apoio telefónico o que implica que o profesorado ten que estar arranxando os problemas na aula co alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Implicación das familias. ANPA Non
Ameaza Baixa competencia dixital das familias. ANPA Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro. Contorna Non
Ameaza Lexislación en constante cambio. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de proxectos dixitais (EDIXGAL) Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Promove a educación dixital. Lexislación Non
Oportunidade Ofrece garantías xurídicas. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de proxectos dixitais (ex. Digicraft) Outras Non
Oportunidade Formación e charlas sobre tecnoloxía para o alumnado e o profesorado. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de participar en proxectos externos. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Buscar e crear recursos de robótica para empregar na práctica docente.
O02PD Implementar actividades de robótica e programación co alumnado.
O03PD Dotar a biblioteca de recursos bibliográficos sobre robótica, Scratch, programación das placas electrónicas makey makey e microbit
O04PD Empregar os libros de cualificación na contorna Eva-Edixgal
O05PD Continuar coa actualización de equipos antigos e valorar dar de baixa aqueles que se quedaron moi obsoletos.
O06PD Poñer en marcha os espazos dos Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

Revisión das actuacións levadas a cabo coa axuda da Asesora Adix.

1º Trimestre

No 1º trimestre soliciouse o itinerario de robótica e polos creativos dentro do PFPP do centro. Polo que os membros deste grupo formarán o equipo do Plan Dixital e de Polos creativos.

A coordinadora do itinerario, tamén coordinadora de polos creativos iniciou a formación en coordinación de polos creativos e ía trasladando a información que recibía ao equipo.

Fixemos unha sesión inicial para poñer en común os coñecementos previos e da a coñecer a todo o equipo os dispositivos cos que contamos e secuenciamos as tarefas que levaremos a cabo para acadar os obxectivos do plan dixital.

2º Trimestre

Recibimos a formación dun relator sobre o uso das placas Makey Makey e Microbit. Vimos diversas  páxinas en Internet na que se poden ver actividades para o noso banco de recursos.

Estanse revisando os equipos e estase a elaborar unha listaxe de equipos obsoletos que se retirarán a finais do curso.

A coordinadora continúa coa formación de Polos creativos trasladando toda a información ao equipo.

Fixemos diferentes prácticas de uso  das placas que se poden aplicar ás aulas.

Na biblioteca instalouse un panel de lego para que o alumnado poida xogar e crear no recreo e ademais mércaronse varios xogos para a manipulación e creación de diversas construcións.

3º Trimestre

Creouse na Aula Virtual do centro un espazo para que todos os membros do equipo poidan ir subindo as propostas de actividades que van atopando e así crear o noso banco de recursos. Cada participante no curso subiu actividades de robótica ou de polos creativos á aula virtual. Puxéronse en práctica co alumnado diversas actividades relacionadas coa robótica a cos Polos Creativos. 

- Creación de figuras planas e corpos xeométricos con paus e plastilina. 

- Creación de circuitos eléctricos con cinta de cobre adhesiva, lámpadas e led e pilas de botón. 

. Bonecos parlantes co uso das placas Makey Makey

- Iniciación aos audiocontos con diversos cómics e as Placas Makey Makey practicando a conexión dos distintos cables, a programacióln de secuencias en Scratus e grabación de son. 

Ademais mercáronse diversos libros para a biblioteca seleccionados previamente no equipo, así como xogos de manipulación, lámpadas led, cinta de cobre e de aluminio adhesivas, pilas de botón. 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A experiencia foi moi positiva. Durante  a formación fomos quen de ver as posibilidades do uso das placas Makey Makey para traballar diversos aspectos curriculares co alumnado. Introducíronse tanto no pensamento computacional como na formación de circuitos eléctricos o que lles axudou a entender o funcionamento da placa e o seu cableado. 

Descubrimos a utilidade deste recurso para a mellora da competencia lingüística co uso da grabación de son e estamos nun proceso de contante aprendizaxe de actividas manipulativas e creativas. 

O alumnado sorprendeunos coa súa creatividade á hora de realizar as actividades propostas. 

Proposta de mellora

Estando inmersos na creción dun espazo creativo no centro, estamos adaptando a aula de informática, que estaba en desuso. E para o próximo curso está previsto que se dote de recursos e recantos de traballo creativo. Para iso estase levan a cabo un expurgo de equipos informáticos obsoletos e doutros materiais alí gardados e que xa no se empregan. Logo tratarase de organizar os recursos cos que xa contamos no centro para que todo o profesorado coñeza a súa localización e poida usalos tanto neste espazo físico como na súa propia aula. 

Polo que propoñemos que o obxectivo principal do próximo curso sexa a creación  e o uso do espazo de Polos Creativos tanto na aula de informática como na biblioteca, onde xa se estaban levando algunhas actividadades con pezas de lego e o panel e outros xogos de construción. Formaremos un equipo que dinamice os espazos adicado aos  Polos Creativos coa finalidade de orientar ao profesorado no uso dos recursos para implementar actividades nas súas aulas. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital estará publicado na páxina web do centro para o coñecemento de toda a comunidade educativa. Infórmase ao claustro e ao consello escolar do mesmo.