Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Características socioeconómicas e culturais do contexto

Este municipio foi artellado ao redor do río Támega, tradicionalmente destino termal, e nel están asentadas as terras fértiles onde se cultivan os viños da Denominación de Orixe Monterrei. Verín é unha localidade situada no sureste da provincia de Ourense, na beira do río Támega. É coñecida polas  súas augas minerais: Cabreiroá e Sousas. Tamén é moi coñecido polo castelo que o preside, Monterrei, e polo seu Parador Nacional.

Nas súas festas destaca, sobre todo, o Entroido, declarada Festa de Interese Turístico Nacional, no que destaca a personaxe do cigarrón, de gran antigüidade.

Limita ao norte co municipio de Castrelo do Val, ao este co  de Vilardevós, ao sur con Portugal, ao oeste co de Oímbra e ao noroeste co municipio de Monterrei.

A Mancomunidade  é unha entidade local integrada por sete concellos: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós. 

Riós pertence á Mancomunide de Conso - Frieras.

Segundo os datos publicados polo INE,  xaneiro de 2021, o número de habitantes en Verín é de 13.625, 19 habitantes menos que no ano 2021 e 95 menos que no 2019.

Atendendo o gráfico do banco de series  do INE, podemos observar un gran descenso de poboación dende o ano 2013 que tiña 14.760 habitantes.

O fenómeno do envellecemento na comarca non se escapa da tendencia rexional aos niveis provincial e autonómico.

A comarca experimentou nos últimos anos un forte proceso de terciarización centrado na capital da comarca, polo que pasou de ser eminentemente agrícola, a ter un 10% menos de poboación ocupada no sector primario, que a media provincial.

Destaca así mesmo a importancia dos subsectores da construción como os de pedra e os de extractivas.

Hai unha taxa moi elevada de xente traballando na hostalería, supermercados, balnearios, coidado de persoas maiores, Hospital de Verín, empresa vitivinícolas e nas instalacións de Verín de Roberto Verino.

                Paro rexistrado a agosto de 2023.

               Segundo os datos publicados polo SEPE no mes de agosto de 2023, o número de desempregados é de 1094 persoas, das cales 420 son homes e 674 son mulleres. Hai un descenso notable de parados con respecto a setembro de 2021 onde a cifra estaba en 1200 persoas (459 homes e 741 mulleres).

               O total de desempregados é de 1.200, dos cales 459 son homes e 741 mulleres.

               As persoas maiores de 45 anos con 603 desempregados son a franxa de idade máis afectada polo paro, seguida das de entre 25 e 44 anos con 413 desempregados, o grupo menos numeroso son os menores de 25 anos.

               Por sectores, o sector servizos é onde hai un maior número de parados no municipio, seguido do sector da agricultura, industria e construción.

Incandirnación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo

A integración do Plan Dixital dentro do Proxecto Educativo virá a darlle unha maior dimensión ao único plan que recolle algunhas das súas premisas como é o Plan TIC.

O Plan Dixital do Centro debe ser un piar de apoio dentro do noso Proxecto Educativo que evidencie a transformación dixital que debemos abordar e do proceso de alfabetización asociado, abarcando a toda a comunidade educativa. Polo tanto, abrangue un amplo abano en torno á actividade xeral do centro (actividades de ensino-aprendizaxe, comunicación-relación interna da comunidade educativa, relación do centro co entorno...).

Calquera das accións nas que participamos poden servir de soporte para a transformación da cal estamos a falar. Algunha delas son as seguintes:

·         Actividades ligadas ao proceso de internacionalización do centro dentro do Erasmus+.

·         Actividades  STEM.

·         Actividades de calquera das catro liñas do PFPP.

·         Actuacións da nosa participación dentro dos diferentes Contratos-Programa (EduSaúde, EduSostibilidade, EduCalidade Iguála-T, Convive-T, Emociona-T, Inclúe-T).

·         Actividades ligadas ao programa de Educación Responsable.

1.3  Breve xustificación do mesmo.

Os referentes que marcan a traxectoria para a elaboración do Plan Dixital son:

1.- A resolución do 3 de setembro de 2021.

2.-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio.

3.- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral

4.- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral

5.- Artigos 37.1. do DECRETO 156/2022  35.1 do DECRETO 157/2022 xunto coas respectivas ORDES do 26 de maio de 2023.

 

1.4  Proceso de elaboración.

O punto de partida é o marcado pola primeira versión datada no curso 2021-22 como consecuencia do traballo ligado ao seminario que daquela conformou  o Equipo de Dinamización Dixital, integrado dentro dunha das liñas de actuación do noso PFPP:  Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

A seguinte URL corresponde a unha infografía na que se detalla a temporalización de actividades desenvoltas:

https://view.genial.ly/61bdf9a274907f0e36a54e3a/interactive-content-historia-colores

No curso actual, conformouse un equipo de Dinamización integrado na liña de Competencia en Innovación e Investigación  do noso Plan de Formación Permanente do Profesorado que ademais se ocupa de dinamizar o programa de Polos Creativos. O devandito equipo é o que figura no apartado vixencia, docentes dos dptos de Debuxo, EF, Francés, Mat e Tecno

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

 

Autoavaliación  SELFIE

Antes de chegar á elaboración da matriz DAFO, houbo que analizar o cuestionario SELFIE (Self-reflection on Effective Learning by Fostering Innovation through Educational technology; «reflexión persoal sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas»), feito polo equipo directivo, profesorado e alumnado para cada unha das etapas.

A partir dos informes obtidos do cuestionario, obtívose a primeira instantánea do punto no que nos atopamos. Da ferramenta SELFIE pódense extraer diferentes baleirados. Un deles é o que se reflicte na seguinte táboa, onde se amosa a media das respostas dos membros do equipo directivo, profesorado e alumnado para cada unha das etapas en relación a cada unha das áreas sobre as que se formularon diversas preguntas.

Dado que é relativamente recente o único cuestionario feito (curso 2021-22) podemos aínda aproveitar os seus resultados establecendo pequenos retoques de cara á formulación dos novos obxectivos. Deste xeito, seguiremos partindo do SELFIE feito polo equipo directivo, profesorado e alumnado para cada unha das etapas do que se obtivo a primeira instantánea.

Autoavaliación  Test de Competencia Dixital Docente

 

O Test de Competencia Dixital Docente (TCDD) foi a segunda instantánea que tivemos que ollar.

O Marco Europeo para a Competencia Dixital Docente (DigCompEdu), publicado por primeira vez en 2017 polo Joint Research Centre da Comisión Europea (Centro Común de Investigación), pretende proporcionar un marco de referencia xeral do conxunto de competencias dixitais necesarias do persoal docente e específicas para a súa profesión a fin de poder aproveitar o potencial das tecnoloxías dixitais para innovar e mellorar a educación.

Distingue seis áreas diferentes que dan lugar a un total de 22 competencias.

Manteremos a autoavaliación do Test para o PD actual dado que é moi recente, se ben é certo que sendo un centro cun gran movemento de docentes asociado ao CADP podería haber algunha matización diferencial aínda que sería mínima.

Interno
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca participación e desenvolvemento de traballo en grupo por medio da tecnoloxía. Descoñecemento do que conleva a identidade dixital Alumnado Non
Debilidade Fenda dixital Familias Si
Debilidade Falta de proxectos interdisciplinares Ausencia dun espazo de compartición, consulta de recursos, repositorios do centro ou consulta para a resolución de incidencias Organización de centro Non
Debilidade Pouco uso de métodos de avaliación mediante tecnoloxía dixital Persoal docente Non
Debilidade Baixa aplicación na aula de metodoloxías innovadoras (Aula Invertida, Gamificación, Traballo por proxectos, etc). Persoal docente Non
Debilidade Dificultade na organización de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade Escasa formación en recursos dixitais Persoal non docente Non
Fortaleza Favorable ao emprego de Tecnoloxías Dixitais Alumnado Non
Fortaleza Participacións encamiñadas á seguridade na rede e empregos das RRSS Alumnado Non
Fortaleza Canles de comunicación axeitadas Familias Non
Fortaleza Centro ben dotado con equipos actualizados e boa conexión de rede Infraestruturas Non
Fortaleza Espazos de Polos Creativos Espazos de cooperación Infraestruturas Non
Fortaleza Ampla participación en programas/ proxectos/plans con impacto positivo no alumnado e na práctica docente Oferta Non
Fortaleza Boas canles de comunicación interna Resolución efectiva das incidencias técnicas Organización de centro Non
Fortaleza Claustro con predisposición favorable na procura de novas formas de ensino con Tecnoloxías Dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición do Claustro en materia de formación Persoal docente Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Poucos socios. Pouca implicación ANPA Non
Ameaza Situacións desfavorecidas que dificultan o emprego de dispositivos propios Contorna Non
Ameaza Uso inadecuado e de auto-engano das Redes Sociais Contorna Si
Ameaza Elevada carga horaria que impide dispoñer de tempo para a exploración do ensino dixital Lexislación Non
Oportunidade Entornos virtuais de aprendizaxe Potencial das aulas virtuais (comunicacións, feedbacks, rúbricas, etc) Administración educativa Non
Oportunidade Acreditación dixital docente Administración educativa Non
Oportunidade Creación de Escola de Nais e Pais ANPA Non
Oportunidade Comunicación fluída con centros da contorna (localidade e limítrofes) e outros Contorna Non
Oportunidade Detección por parte do centro da fenda dixital. Recoñecemento da autoría (licenzas Creative Commos) Lexislación Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partires da DAFO establecemos o Plan de Acción e a definición de obxectivos e accións que se deben concretar para acadalos obxectivos escollidos.

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción deberá ter en conta os recursos materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital.

Os obxectivos nacen da DAFO elaborada e deben ser específicos, medibles, alcanzables, relevantes e temporalizados. 

Durante o curso académico coa súa debida temporalización, iremos analizando o planificado ao través das diferentes accións para que mediante o seguimento axeitado podamos ir vendo a consecución de cada un dos obxectivos coa referencia dos indicadores empregados.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Potenciar a Educación STEAM
O02PD Potenciar a comunicación interna
O03PD Acadar un funcionamento correcto dos equipos das aulas

Seguimento

Procedemento

O  seguimento establecido sobre cada un dos  obxectivos en gran medida será o instrumento que de conta do proceso de avaliación do Plan Dixital. Esta parte correspóndese coa avaliación procesual que será efectiva como mínimo unha vez ao trimestre. Sobre ela será valorado  o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

A avaliación do PD farase fundamentalmente mediante as correspondentes reunións mantidas co asesor ADIX asociado ao centro.

Tamén o equipo de profesorado que forma parte do Plan Dixital poderá ir formulando propostas ao través das diferentes tarefas asociadas na Aula Virtual, ligado ao seminario Abordando O Plan Dixital Versión_1 do noso Plan de Formación de Profesorado baixo a Competencia Dixital.

Nos seguintes puntos figuran enlaces que nos levan as actas das reunións co asesor ADIX e tamén as actas de traballo asociadas ás actividades do PFPP.

 

1º Trimestre

Actas das reunións do equipo de dinamización do PD:

1ª Acta de traballo:

ORDE DO DÍA
1.- Presentación dos integrantes do seminario.
2.- Aspectos a ter en conta da liña de traballo Competencia Dixital
TEMAS TRATADOS
Presentáronse os integrantes do seminario comentando a ausencia do Coordinador por permiso.
Fíxose unha aproximación das accións a desenvolver e comezouse a repartir tarefas entre o profesorado integrante.

2ª Acta de traballo:

ORDE DO DÍA
1.- Seguimento feito polo asesor ADIX nas súas reunións co coordinador do PD Iago Rodríguez.
2.- Lectura e análise das accións a levar a cabo dentro de cada obxectivo.
3.- Seguimento da acometida das devanditas accións.
4.- Análise dos obxectivos fixados no Plan Dixital.

TEMAS TRATADOS
Amósanse as actas redactadas polo asesor ADIX nas reunións establecidas e explícanse os cambios que se deben realizar.
Exponse o Plan Dixital elaborado no curso pasado facendo un visionado máis profundo no tocante aos obxectivos a cubrir e ás accións dos mesmos.
Valórase o grao de consecución dalgunhas das accións.
Coméntase o estado actual das tarefas repartidas.

 

2º Trimestre

Actas das reunións do equipo de dinamización:

1ª Acta de traballo:

ORDE DO DÍA

1.- Aplicación Educalidade.


TEMAS TRATADOS
Información da utilidade da aplicación.
Revisión de cada un dos campos reflectidos na aplicación

2ª Acta de traballo:

1.- Seguimento feito polo asesor ADIX na súa reunión co coordinador do PD Iago Rodríguez.
2.- Actividades do Polo Creativo en relación ao Plan Dixital
3.- Seguimento da acometida dos obxectivos marcados.
TEMAS TRATADOS
Amósanse as actas redactadas polo asesor ADIX nas reunións establecidas e explícanse os datos que se deben corrixir e continuar a realizar.
Expóñense as actividades que se están a realizar dentro do programaPolos Creativos como parte dos obxectivos STEAM.
Valórase o grao de consecución dalgunhas das accións.
Coméntase o estado actual das tarefas repartidas.

3ª Acta de traballo:

ORDE DO DÍA
1.- Seguimento feito polo asesor ADIX na súa reunión co coordinador do PD Iago Rodríguez.
2.- Exposición das actividades de innovación e novas metodoloxías reflectidas no seminario
3.- Seguimento da acometida dos obxectivos marcados.

TEMAS TRATADOS
Amósanse as actas redactadas polo asesor ADIX nas reunións establecidas e explícanse os datos que se deben corrixir e continuar a realizar.
Examínanse as actividades que os compoñentes do seminario do PD colgaron no apartado de actividades STEAM e abórdase como se levaron ás aulas
Valórase o grao de consecución dalgunhas das accións.
Coméntase o estado actual das tarefas repartidas.

 

3º Trimestre

Actas das reunións do Equipo de Dinamización:

1ª Acta de traballo:

1.- Seguimento feito polo asesor ADIX na súa reunión co coordinador do PD Iago Rodríguez.
2.- Seguimento da acometida dos obxectivos marcados.
TEMAS TRATADOS
Amósanse a acta redactada polo asesor ADIX na reunión establecida e explícanse os datos que se deben corrixir e as tarefas que deben continuar a realizarse.
Valórase de xeito trimestral o grao de consecución dalgunhas das accións e ponse o foco nos obxectivos que faltan por acadarse.
Coméntase o estado actual das tarefas repartidas.

2ª Acta de traballo:

1.- Seguimento feito polo asesor ADIX na súa reunión co coordinador do PD Iago Rodríguez.
2.- Propostas de mellora e valoración en Educalidade.
3.- Actuacións non completadas dentro do PD.
4.- Resumo final das accións completadas.
TEMAS TRATADOS

Amósanse a acta redactada polo asesor ADIX na reunión establecida e explícanse os datos que se deben corrixir e as tarefas que deben continuar a realizarse.Abórdanse as accións que non se puideron levar a cabo e a súa xustificación para que quede reflectida na aplicación Educalidade xunto coas propostas de mellora. 
Faise balance de todas as accións levadas a cabo dentro do programa e, como resulta, temos unha impresión bastante positiva do traballo que se levou a cabo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Será ao finalizar cada curso académico no que se fará unha avaliación final. Nela os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral

Obxectivo 1: Potenciar a educación STEAM

Considérase que o obxectivo número 1 foi acadado con éxito e, incluso, sobrepasado. Ó longo do curso a potenciación do STEAM desde o centro foi algo primordial e un proxecto no que todo o persoal colaborou de forma activa. Como exemplo, podemos ver a inmensa cantidade de actividades que se realizaron ó longo do curso e que foron expostas a toda a comunidade social a travéns de múltiples canles de difusión.

 

Obxectivo 2: Potenciar a comunicación interna.

Con respecto a este obxectivo, existe unha satisfacción moderada. Isto débese a que se acadaron pequenos obxectivos que axudaron a mellorar a comunicación do centro tanto internamento como coas familias. A creación dunha base de datos para obter a información de cantas familias teñen acceso a Abalar, foi un paso importante neste obxectivo. A cara B é a non consecución do segundo aspecto do obxectivo: a Revisión do Plan de Comunicación Interno. Este apartado queda como principal obxectivo de cara o vindeiro curso 24/25.

.

Obxectivo 3: Acadar un funcionamento correcto dos equipos das aulas

De cara a este obxectivo tamén se está satisfeito co traballo realizado e considérase acadado. Neste curso logrouse actualizar o material informático dispoñible e poñelo ó día con respecto a súa ubicación e as súas Ips. Esto facilita enormemente o traballo dos técnicos informáticos que deber solventar algunha incidencia que o coordinador TIC non logra.

 

Proposta de mellora

Obxectivo 1: Potenciar a educación STEAM

Para este obxectivo pódese propoñer que exista algún proxecto interdisciplinar trimestral e que se trate de involucrar ó máximo número de profesorado en cada un deles.

Obxectivo 2: Potenciar a comunicación interna.

Como feito primordial temos a Revisión do Plan de Comunicación Interno e, a maiores, deberase manter actualizada a base de datos de familias con acceso a Abalar.

Obxectivo 3: Acadar un funcionamento correcto dos equipos das aulas

Actualizar trimestralmento os datos adquiridos este curso e solventar os problemas de deterioro de material na aula de Informática 2.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez presentado ao Claustro o Plan Dixital e seren aprobado polo Consello Escolar, daráselle difusión e publicidade entre a comunidade educativa mediante a súa publicación na páxina web do centro e mediante o espazoAbalar.

Por outra banda, dende o curso 2022-23 o Plan Dixital é trasladado á aplicación corporativa Educalidade que a Consellería de Cultura, Formación Profesional e Universidades pon á disposición dos centros educativos para poder establecer a pilotaxe dos Plan Dixitais. Así, baixo esta premisa é posible acceder aos plans dos demais centros  e tamén poder facer públicas as ligazóns que dan acceso á visibilidade do Plan Dixital dentro da propia Educalidade.

No noso caso a devandita ligazón é a seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32013612