Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para a realización do seguemento do Plan Dixital contamos co apoio e asesoramento do coordinador ADIX (Manuel Rolán), que nos asesorará e realizará un seguimento conxunto mensual de cada un dos obxectivos e actividades desenvolvidas.
Por outro lado a implicación do profesorado dentro do seminario permitiu que o avance durante todo o curso se realizase nunha boa proporción do profesorado e poder chegar a algún dos obxectivos plantexados.
A avaliación do Plan Dixital durante o curso 2023-2024, realizarease mediante unha avaliación procesual con frecuencia bimestral, na que se analizará o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e as posibles modidificacións de accións ou propostas de mellora.
Durante o 1º Trimestre comezouse a analizar a realidade inicial do centro na nova implementación do Plan Dixital, tamén se comezaron a dar pasos tanto na detección das necesidades por parte do profesorado, incorporación dentro dos Polos Creativos e vinculación coas formacións correspondentes e a realización dos pasos a seguir durante os seguintes trimestres.
Durante o 2º Trimestre a persoa responsable de Polos Creativos participou nas formacións de Novos Polos Creativos e un profesorado do centro estivo impartindo formación nos diferentes CFR e CAFI tanto para os novos Polos Creativos como para os Polos Creativos Plus. Durante o segundo trimestre desenvolveronse as formacións relacionadas cos Polos Creativos por parte do profesorado centrado tanto no emprego da técnica de Chroma como da Impresión e escáner 3D. Tamén se solicitou diferente material ao CFR como material de radio, impresión e escáner 3D, croma e dispositivos de captura de imaxe e vídeo, para a relización de experiencias por parte do profesorado. Tamén se estiveron desenvolvendo tarefas para organizar as formacións correspondentes por parte do profesorado sobre o manexo da IA e Excel que terán lugar durante o terceiro trimestre.
Tamén se incorporaron ao centro material informático enviado por AMTEGA que se instalará tanto na sala de profesorado como na aula de informática. Aínda se está a espera da instalación das rosetas necesarias para a instalación dos equipos informáticos nas aulas dos grupos de Dual.
Durante o 3º Trimestre desenvolveronse as formacións correspondentes por parte do profesorado sobre o manexo da IA e Excel, ademáis de seguir publicando información de interese tanto no Instagram do centro, como na páxina web. Seguiuse solicitando a través da UAC a toma de rosetas para os diferentes espazos onde ubicar os novos ordenadores, pero a final de xuño aínda estamos a espera da colocación destas conexións que permitan mellorar a conectividade nas diferentes aulas.
Avaliación
Na avaliación final, que se levará a cabo ao finalizar o curso 2023-2024, analizaranse o logro dos obxectivos e as propostas de mellora de cara a actualización do Plan Dixital.
Este proceso de avaliación do Plan será realizada polo seminario encargado da dinamización do Plan Dixital durante o curso 2023-2024.
A valoración xeral do Plan Dixital durante o curso 2023/2024, indica que hai obxectivos dos cales dependiamos de programas externos ou servizos externos ao Centro como pode ser os Polos Creativos ou a mellora da conectividade nas aulas a través da toma de redes que impediron que algúns deses obxextivos se alcanzasen quedando acadados parcialmente.
A formación do profesorado a nivel de competencia dixital mellorou e tamén a acreditación da competencia dixital por parte do alumnado foi un punto a favor, tanto para o alumnado de Bacharelato como de Ciclos Medios.
Poder contar desde o comezo de curso cos dispositivos que chegarán para poder planificar a conectividade e poder usar os dispositivos e que non queden almacenados sen poder instalalos por falta de equipamento necesario para a súa colocación.
Comunicación e difusión
A estratexia de difusión do plan empregará varias liñas. Por un lado unha vez aprobado, colgarase na páxina web do centro, xunto co resto de documentos organizativos do mesmo. Tamén se lle dará difusión a través da aula virtual para poder chegar a todo o alumnado e a través de Abalar para poder chegar a todas as familias. O acceso ao Plan Dixital tamén pode ser posible a través da aplicación de Educalidade.
Esta difusión permitirá ser un primeiro paso no establecemento de liñas de comunicación con toda a comunidade educativa relacionadas coa estratexia dixital, que permitan seguir traballando de cara a novas versións do Plan Dixital.