Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Hoxe é Mer, 8 Xan 2025 |
Seguimento
Para realizar un correcto seguimento de como evoluciona a implementación do Plan Dixital, o Equipo de Dinaminación do PDC xuntarase unha vez ao mes para ir vendo a evolución na aplicación dos plantexamentes reflectidos e, deste xeito, ter a ocasión de ver a maneira de ir solventando os atrancos que se vaian presentando.
O mentor Adix reunirase, cando menos, unha vez por trimestre coa persoa coordinadora de forma presencial para ir comentando os avances e consultar as dúbidas que poidan ir xurdindo para, así, avanzar nos chanzos para que a avaliación das accións resultantes se vaian axustando o máis posible aos plantexamentos do PDC.
Baixo a supervisión da dirección do centro, a persoa coordinadora vai ter acceso á ferramenta EduCalidade para ir reflectindo o proceso evolutivo da implementación do PDC ao longo da temporalización pevista no mesmo, contando con permiso de Edición, outorgando permiso de Consulta ao resto dos integrantes do equipo.
O previsto para a implementación do PD no primeiro trimestre atópase en estado realizado, correspondendo aos obxectivos e accións que a continuación se detallan:
OBXECTIVO NÚMERO 1: Potenciar o uso e coñecemento dos PDI para a creación de recursos.
AO1.1: Petición de cursos de formación. (data prevista de fin- 27/10/2023) Petición realizada e concesión ao centro do PFPP con data 20/10/2023. Pedíronse diversos cursos de formación a través da solicitude do PFPP O2331004: Formación e uso de paneis dixitais e uso do plótter no ámbito educativo. (O2331004) ACADADO
AO1.2: Desenvolvemento da formación. (data prevista de fin- 30/11/2023) Formación aprazada para inicios do segundo trimestre por dispoñibilidade do relator. PENDENTE
OBXECTIVO NÚMERO 2: Analizar e salvar as carencias básicas do alumnado en competencia dixital e seguridade na rede
AO2.1: Estudo do comportamento do alumnado en Internet en xeral e nas redes sociais, en particular. Realización dunha enquisa por parte do alumnado de 5º e 6º sobre internet e uso das redes sociais. ACADADO
OBXECTIVO NÚMERO 3: Elaborar o inventario do equipamento dixital do centro
AO3.1: Recollida da dotación para equipo directivo e administración. Recollido en documento dos aparellos electrónicos dos espazos comúns do centro. ACADADO
O previsto para a implementación do PD no segundo trimestre atópase en estado acadado ou en proceso, correspondendo aos obxectivos e accións que a continuación se detallan:
OBXECTIVO NÚMERO 1: Potenciar o uso e coñecemento dos PDI para a creación de recursos.
AO1.2: Desenvolvemento da formación. (data prevista de fin- 30/11/2023) Formación aprazada para inicios do segundo trimestre por dispoñibilidade do relator. ACADADO
AO1.3: Creación de actividades para PDI (data prevista de fin- 15/01/2024) Actividades TIC para paneis dixitais elaboradas polo equipo docente e cargadas na Aula Virtual do centro. ACADADO
OBXECTIVO NÚMERO 2: Analizar e salvar as carencias básicas do alumnado en competencia dixital e seguridade na rede
AO2.2: Elaboración e aplicación duns obxectivos mínimos por ciclo (data prevista de fin- 15/3/2024). Elaborados obxectivos xerais para cada un dos ciclos sobre uso seguro de Internet. ACADADO
AO2.3: Aplicación práctica dos obxectivos plantexados. (data de desenvolvemento dos obxectivos: marzo-xuño). Charla con posterior reflexión co alumnado de 6º sobre uso seguro das redes sociais aplicando de forma práctica os obxectivos propostos. EN PROCESO
OBXECTIVO NÚMERO 3: Elaborar o inventario do equipamento dixital do centro
AO3.2: Recollida da dotación nos espazos comúns. Recollido en documento dos aparellos electrónicos dos espazos comúns do centro. ACADADO
O previsto para a implementación do PD no terceiro trimestre atópase en estado acadado ou en proceso, correspondendo aos obxectivos e accións que a continuación se detallan:
OBXECTIVO NÚMERO 1: Potenciar o uso e coñecemento dos PDI para a creación de recursos.
AO1.4: Videotitoriais para compartir en redes. (data prevista de fin- 21/06/2024) Elaboración de videotitorias para compartir en redes e no espazo compartido do profesorado na Aula Virtual do centro. Prevése acadar esta acción do obxectivo paraq o vindeiro curso. EN PROCESO.
OBXECTIVO NÚMERO 2: Analizar e salvar as carencias básicas do alumnado en competencia dixital e seguridade na rede
AO2.3: Aplicación práctica dos obxectivos plantexados. (data de desenvolvemento dos obxectivos: marzo-xuño). Charla con posterior reflexión co alumnado de 6º sobre uso seguro das redes sociais aplicando de forma práctica os obxectivos propostos. Navega con Rumbo 5º e 6º. ACADADO.
OBXECTIVO NÚMERO 3: Elaborar o inventario do equipamento dixital do centro
A03.3: Obtención dos datos do equipamento das aulas. (data de desenvolvemento dos obxectivos: outubro-xuño).Obtidos os datos de equipamento das aulas. ACADADO.
Avaliación
Realizarase ao finalizar do proceso, ao tentar interpretar, valorar e xulgar os resultados alcanzados en función dos obxectivos marcados na planificación xeral do Plan de Acción. Permitiranos razoar sobre os obxectivos levados a término, o grao de satisfacción das necesidades establecidas, ver os puntos positivos e negativos para tentar darlles solución. Permitirá determinar os obxectivos culminados ou en proceso de desenvolvemento nun momento determinado.
Non vai constituír un acto illado, independente ou último do proceso, senón que vai forma parte dunha actuación continua en conexión coa avaliación procesual. Establecerase unha investigación preto da práctica, unha cuantificación e cualificación que se reflectirá no período posterior.
Unha vez rematado o curso, os compoñentes do equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro do CEIP Princesa de España, facemos un balance moi positivo. Cumpríronse todos os obxectivos plantexados coas súas respectivas accións, obtendo un resultado de ACADADO, agás un deles. Esta acción, calificada de EN PROCESO, cóntase acadála durante o próximo curso 2024/2025.
Unha das propostas de mellora do curso pasado foi a seguinte:
- As accións relacionadas coa "Creacion de actividades para EDI e PDIs" (A01.3) e cos "Videotitoriais para compartir nas redes" (A01.4) non obtiveron o resultado de "ACADADO", polo tanto propomos que para o ano se leven a cabo PFPPs no claustro, que permitan un maior coñecemento de todos/as os/as mestres/as e así, facilitar o desenvolvemento de ditas accións.
Neste curso 2023-2024 levouse a cabo un PFPP sobre o uso dos paneis dixitais, o que levou á creación de actividades e xogos para o seu uso nos paneis dixitais. A creación de videotitoriais para compartir en redes, continúa pendente para o próximo curso.
Outra das propostas de mellora:
- Maior uso dos Polos Creativos. Tamén sería necesario levar a cabo formacións entre o profesorado para aproveitar máis o material que nos chegou de Polos Creativos (Plóter de corte, impresora 3D, son combinado con imaxe...) e, deste xeito levar a cabo un proceso de ensinanza moito máis motivador, constructivo, enriquecedor e adaptado ás esixencias tecnolóxicas da sociedade moderna na que vivimos.
Neste curso, o claustro, dentro do PFPP realizou unha formación en uso do plotter de corte co fin de dar un maior uso a materiais do Polo Creativo.
Neste curso 2023-2024 o balance que facemos é moi positivo, posto que se completaron a meirande parte dos obxectivos marcados con éxito. Aínda así, establecemos propostas de mellora:
- As acción "Videotitoriais para compartir nas redes" (A01.4) non obtivo o resultado de "ACADADO" polo tanto, para o vindeiro curso procuraráse perfilar nas primeiras reunións de equipo as características destes videotitorias e realzar o reparto de tarefas para a realización dos mesmos.
- Maior uso dos materiasi dos Polos Creativos. Unha das propostas maioritarias xurdidas na valoración da liña do PFPP "Un centro conectado ás TIC e Polos Creativos" foi a necesidade de formarse no uso de materiais e ferramentas que impliquen máis directamente ao alumnado, como é o croma.
Comunicación e difusión
A primeira comunicación da existencia do PDC será, como se di na norma, o coñecemento por parte do Claustro, dado que hai que informalo e darán a súa opinión sobre a idoneidade do mesmo. A continuación, pasará ao Consello Escolar, a quen se lle fará un achegamento do mesmo, presentándolle o produto final xurdido de todo o proceso e que terán que emitir a súa opinión e voto que, de ser favorable, resultará aprobado para o seu desenvolvemento e aplicación.
Superados os trámites anteriores, a difusión do plan levarase a cabo a través da páxina web do cole, cando se informe ao claustro de mestres e sexa aprobado polo consello escolar, así como nas reunións de principio de curso coas familias e aos novos membros do claustro.
O enlace para o acceso ao PDC en EduCalidade é o seguinte:
Ao longo do curso tamén se difundirá a través doutros medios como dípticos, carteis e outras actuacións a través da rede que irán dando a coñecer as partes máis importantes do PDC para que todos os membro da comunidade educativa o sintan como propio.
Hoxe é Mer, 8 Xan 2025 |