Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A contextualización normativa na que se enmarca o documento do Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

A raíz da Resolución do 3 de Setembro de 2021 pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, o noso centro formou un equipo de dinamización (do que forma parte todo o claustro) para a realización conxunta do Plan Dixital.

Tal e como deixamos constancia no día a día, e coma sempre se reflectiu no Proxecto Educativo de centro, o profesorado deste centro está aberto á innovación no ámbito pedagóxico e á incorporación de novos recursos no proceso de ensino-aprendizaxe.

O Plan Dixital aportará un soporte máis, un apoio tecnolóxico para seguir potenciando a innovación no noso centro. Pretendemos integrar as TIC no centro como un instrumento educativo máis que nos permita adecuarnos á realidade científico-técnica da nosa sociedade; utilizándoas como un dos eixos fundamentais da aprendizaxe escolar, integrándoas progresivamente na práctica usual da aula, potenciando as posibilidades de acceso á información de tódolos membros da comunidade educativa e contribuíndo á igualdade social ao propoñer o uso xeneralizado das mesmas.

Queremos con este Plan seguir garantindo e reflectir no noso documento a nosa aposta por unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas. Aumentar de forma significativa e progresiva o acceso á tecnoloxía da información e das comunicacións e esforzarse en proporcionar acceso universal (o centro conta con kits dixitais a disposición do alumnado sen dispositivos ou conexión a internet), intentando así resolver a fenda dixital aínda existente.

Traballarase para formar ao alumnado nos riscos vinculados ás novas tecnoloxías, mediante protocolos de actuación de modelos de boas prácticas, para previr a violencia dixital entre a poboación moza e adolescente.

Esta e outras medidas de acción positiva son actuacións concretas dende a idade escolar para adquirir coñecementos e competencias co fin de corrixir a fenda dixital en xeral, e de xénero en particular, e favorecer a incorporación do alumnado ao eido da educación dixital.

O Plan Dixital tamén quere contribuír a mellorar a propia formación do profesorado, solicitando cursos específicos que traballen a competencia dixital, compartindo experiencias, coñecemento, ideas, información, etc.

Preténdese seguir mellorando a comunicación entre o profesorado, alumnado e familias, mediante a posta a disposición de servizos que permitan e faciliten a conciliación da vida persoal e familiar. Para iso, aproveitaremos as posibilidades que as novas tecnoloxías nos ofrecen, utilizando as ferramentas da Consellería (páxina web do centro, AbalarMóbil, Webex, etc.). Pouco a pouco seguir modernizando e axilizando as xestións do centro e facilitando o acceso ás TIC á comunidade educativa: ANPA, asociacións, etc.

Polo tanto, existe unha relación directa entre o Plan Dixital e os outros documentos de centro. Ademais aportará á Programación Xeral Anual do curso 23/24 unhas liñas e obxectivos a seguir que continúen este proceso de transformación do noso centro nunha organización dixitalmente competente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración da nosa análise DAFO tivemos en conta tanto aspectos cuantitativos como cualitativos, extraídos das seguintes fontes:

  • Autoavaliación SELFIE: Incluímos a información do resumo das áreas do informe SELFIE acadados polo noso centro.
  • Test CDD: Tamén utilizamos a información recollida nas táboas 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do TestCDD de centro e na táboa 1.3. en relación co perfil do profesorado participante no test.
  • Outras fontes: a análise cualitativa realizouse coas opinións do persoal docente do centro.

Con estas aportacións, o equipo de dinamización do Plan Dixital do centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita elaboración das liñas fundamentais do plan en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Fomento da creatividade (debido á falta de tempo, poucas veces podemos propoñer e levar a cabo actividades para fomentar a imaxinación e a creatividade). Proxectos interdisciplinares (debido, unha vez máis, á falta de tempo así como ás características do grupo de primaria, na que están escolarizados poucos nenos/as en 5 niveles diferentes, e na que as materias están impartidas por diferentes mestras, existe unha grande complexidade para levar a cabo proxectos deste tipo). Alumnado Non
Debilidade Avaliación das capacidades. Retroalimentación adecuada. Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Comentarios a outros/as alumnos/as sobre o seu traballo. Emprego de datos para mellorar a aprendizaxe. (Dadas as características de centro: zona rural moi apartada de grandes núcleos de poboación, poucos recursos dentro e fóra da escola, grupos moi reducidos e mixtos, a realización da avaliación dun xeito innovador é moi complexa). Alumnado Non
Debilidade Comunicación coa comunidade educativa (debido a situación actual, a comunicación debe ser na súa maioría de xeito telemática. Isto supón unha debilidade dado que a maioría das familias do noso alumnado non posúe as habilidades informáticas precisas para levala a cabo). Infraestruturas Si
Debilidade Infraestrutura (o centro non conta coas instalacións de mobiliario suficientes para que o alumnado poda realizar as aprendizaxes de maneira cómoda). Dispositivos dixitais para a ensinanza (pese a ser un centro edixgal, non temos pizarras dixitais para todas as aulas na que os alumnos realizan sesións de ensinanza-aprendizaxe). Infraestruturas Non
Debilidade Tempo para explorar a ensinanza dixital (somos un claustro moi pequeno, cun alumnado que demanda moita atención e o noso horario non conta con tempo para desenvolver de xeito autodidacta ou mediante cursos as oportunidades que ofrecen as TIC). Persoal docente Non
Fortaleza Avaliación do progreso (dado que o número de alumnos/as que empregan edixgal é pequeno, podemos prestar unha atención individualizada ao seu progreso). Debate sobre o emprego da tecnoloxía (o claustro comparte os seus coñecementos nesta materia cando cómpre para levar a cabo unha metodoloxía común). Alumnado Non
Fortaleza Adaptación ás necesidades do alumnado (as mestras somos conscientes de que cada alumno/a é diferente e presenta unhas necesidades diferentes ás que temos que dar resposta para favorecer a súa aprendizaxe e desenvolvemento na totalidade das áreas de coñecemento así como nas competencias). Implicación do alumnado (a pesar da diferenza de valoración entre os alumnos/as e o claustro, o alumnado, ao realizar as súas tarefas con ordenador, motívase moito). Colaboración do alumnado (os nenos/as colaboran na súa aprendizaxe grazas á aportación motivadora do emprego de recursos dixitais). Alumnado Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a ensinanza (contamos con dispositivos informáticos suficientes para o noso alumnado). Acceso a internet (o acceso, pese a estar nunha zona rural, é bo e conta con boa cobertura e velocidade). Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (contamos con ordenadores suficientes para o noso alumnado). Dispositivos para o alumado (contamos cun para cada neno/a na etapa de EP). Infraestruturas Si
Fortaleza Recursos educativos en liña (coñecemos e empregamos recursos dixitais motivadores para o alumnado). Creación de recursos dixitais (a pesar dos poucos coñecementos que temos, gustaríanos aprender máis para poder ser creadores de contido). Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe (o centro participa na inciativa de educación dixital E-Dixgal, da que as mestras posuímos os coñecementos precisos para levala a cabo de xeito favorable). Infraestruturas Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia co profesorado (o claustro está disposto a desenvolver o seu traballo a partir das ferramentas proporcionadas). Novas modalidades de ensinanza (o claustro sabe modificar e adaptar a súa metodoloxía a situacións nas que sexa necesaria unha ensinanza virtual). Outras Non
Fortaleza Necesidade de DPC (o profesorado é consciente da necesidade de desenvolver actividades para continuar a súa formación para adaptarse ás novas necesidades do alumnado e da vida en xeral). Participación no DPC (o profesorado quere participar en actividades de aprendizaxe para eles, buscando a melloría na súa actividade profesional, aínda que o tempo é insuficiente). Intercambio de experiencia (o profesorado comparte os seus coñecementos cando o tempo dispoñible o permite). Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Asistencia técnica (atraso nas solucións cando hai problemas coas infraestruturas). Administración educativa Si
Ameaza Colaboracións (nalgúns casos a colaboración coa comunidade educativa non é produtiva e satisfactoria para o conxunto dado que as reunións e convivencias presenciais neste momento están comprometidas). Contorna Si
Oportunidade Estratexia dixital (dispoñemos e empregamos ferramentas dixitais proporcionadas pola Consellería). Administración educativa Si
Oportunidade Asistencia técnica (o alumnado considera que a asistencia técnica que recibe por parte do seu profesorado é axeitada as súas necesidades). Protección de datos (o profesorado é consciente da importancia da protección dos datos ampliamente sensibles que manexa e, por iso, emprega unicamente as aplicacións proporcionadas pola Consellería de Educación para garantir a protección dos mesmos). Administración educativa Non
Oportunidade Colaboracións (nalgúns casos a colaboración coa comunidade educativa é produtiva e satisfactoria para o conxunto). Contorna Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez recompilada a información de ambos test (SELFIE e TEST CDD) e tamén os comentarios e perspectivas aportados polos membros do claustro, realizamos unha sesión conxunta do equipo de dinamización para a elaboración do DAFO. Nela centrámonos tanto nunha análise cuantitativa cos aspectos reflectidos no SELFIE e no TEST CDD coma nunha análise cualitativa coas opinións propias sobre o centro, o seu funcionamento, a contorna que inflúe no mesmo, etc.

Tras esta primeira análise e tras compartir o DAFO co claustro, unha vez comentados e repasados os aspectos reflectidos, realizouse unha reunión conxunta na que establecemos as nosas prioridades de mellora para o curso, comentando os aspectos nos que nos gustaría incidir nos próximos cursos e que puidesen reflectir unha mellora na organización e nos nosos procesos de ensinanza-aprendizaxe con respecto ao ensino dixital.

Tras unha primeira aproximación dos puntos a tocar, o equipo de dinamización reuniuse para establecer os obxectivos SMART e as accións que poderían levarse a cabo para acadalos. Estes obxectivos enviáronse á totalidade do claustro e tras a súa aprobación incluíronse neste documento, no seguinte apartado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB1 Implementar proxectos interdisciplinares empregando ferramentas dixitais.
OB2 Fomentar a creatividade dixital do alumnado.
OB3 Acadar un comportamento seguro e responsable na rede.
OB4 Empregar as ferramentas dixitais corporativas entre toda a comunidade educativa.
OB5 Acadar unha infraestrutura e equipamento de calidade para desenvolver o proceso de ensinaza-aprendizaxe diario de maneira eficiente.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:

  • Realizaremos unha avaliación procesual trimestralmente. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións que se realizaron neste trimestre. Na avaliación trimestral farase unha recompilación das mesmas, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Seguimento trimestral na reunión formativa do mentor Adix.
1º Trimestre

OB1. Gravación de vídeos co alumnado para a celebración do Día Mundial dos Dereitos Humanos (10 de decembro). Elaboración dunha presentación CANVA con eles e publicación da mesma na páxina web do centro.

OB4. Actualización da web do centro ao presente curso e publicación de información na mesma. Utilización de abalarmóbil e correo electrónico para a comunicación coas familias.

2º Trimestre

OB1. Elaboración dun libro en CANVA durante a Semana da Prensa para recompilar as trasnadas dos elfos de Nadal.

OB2. Obradoiro de traballo en CANVA para a elaboración do libro do OB1.

OB3. Asistencia do alumnado de EP e do profesorado a charlas de Internet Segura, tamén abertas ás familias.

OB4. Actualización da web do centro ao presente curso e publicación de información na mesma. Utilización de abalarmóbil e correo electrónico para a comunicación coas familias.

OB5. Elaboración dunha plantilla para rexistrar o inventario. A ausencia de tempo para a Coordinación TIC ata mediados deste trimestre fará que o resto de accións deste obxectivo queden pendentes para o 3º T.

3º Trimestre

OB1. Continuación da elaboración dun libro en CANVA durante a Semana da Prensa para recompilar as trasnadas dos elfos de Nadal. Creación de códigos QR (mulleres deportistas).

OB2. Formación do profesorado en habilidades gráficas (CANVA, Genially). Obradoiro de CANVA (letras "PRIMAVERA"). Creación de Códigos QR (mulleres deportistas). Presentación de direfentes traballos (artes plásticas).

OB3. Asistencia do alumnado de EP e do profesorado ao Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos: TIC/Ciberseguridade.

OB4. Actualización da web do centro ao presente curso e publicación de información na mesma. Utilización de abalarmóbil e correo electrónico para a comunicación coas familias.

OB5. Elaboración do inventario. Determinar necesidades de actualización dos equipos. Solicitar retirada de equipamento obsoleto/inservible. Solicitude de equipos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Na avaliación final ao remate do curso académico, incluiremos, entre os aspectos a valorar, a avaliación do Plan Dixital en xeral e as propostas de mellora para o curso seguinte.

As propostas de mellora recollidas tanto nas sesións trimestrais como na sesión final (ao remate do curso) ditarán as posibles modificacións que o Plan Dixital precise no futuro, tanto no seu Plan de Acción como no documento en xeral.

Valoración xeral

O desenvolvemento do Plan Dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e require de máis tempo para optimizar o seu resultado.

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital: a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e a falta de tempo. O desenvolvemento dos obxectivos 1 e 2 víronse afectados por algúns destes factores, polo que se poderían reformular e/ou retomar para o vindeiro curso.

A avaliación do desenvolvemento do Plan Dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe do alumnado, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, familias, comunidade, etc. Ao ser este o segundo Plan Dixital que desenvolvemos, os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos, nos que voltaremos realizar o SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa. O DAFO realizado poderá verse actualizado en algúns dos seus ítems de cara ao vindeiro curso.

Proposta de mellora
  • Volver realizar unha avaliación das necesidades tecnolóxicas e dos recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.
  • Realizar unha actualización dos ítems do DAFO.
  • Reflexionar sobre a formulación dos obxectivos SMART para unha mellor adaptación dos mesmos á realidade educativa. Por exemplo:
    • valores a acadar facilmente medibles,
    • accións e obxectivos ben formulados, significativos e que ofrezan un impacto positivo no centros.
    • recuperar algún obxectivo parcialmente acadado que sexa de interese e reformulalo no caso de ser necesario.
  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional continuo do corpo docente en colaboración cos CFR, afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. Así mesmo, é importante seguir fomentando a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.
  • Integración curricular: promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico do alumnado. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.
  • Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, cREAgal (en construcción), INTEF, etc., para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro (PD) é público e está visible en Educalidade. No menú principal de EduCalidade aparecerá outro campo ("Plans dos centros") onde será posible visualizar ditos PD. Non será preciso loguearse para acceder ao contido dos mesmos.