Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Farase un seguimento trimestral do desenvolvemento do Pan de Acción a través das reunións que manteña o equipo TIC. Levarase un control a través das reunións que o Coordinador do PD manterá co ADIX correspondente.
Constitución do PFPP.: Con data do 2 de novembro de 2023 constitúese o PFPP con todo o profesorado participante e en reunións posteriores establecemos un calendario de temas e reunións a desenvolver durarte o curso.
Primeiras formacións en ciberseguridade.: Determinamos as xornadas formativas a desenvolver tanto co alumnado como coas familias sobre a ciberseguridade. Trasládanse estas accións formativas ao segundo trimestre.Establecemos o marco de traballo a desenvolver co alumnado sobre a aprendizaxe das ferramentas propias de ofimática.
Toma de contacto cos polos.: Dende a Xefatura de Estudos estase a coordinar a liña de Polos Creativos do PFPP, e como tal, o Xefe de Estudos, durante o primiero trimestre participou en actividades de formación sobre as posibilidades dos Polos Creativos e a súa dotación aos centros. Elixiremos dúas accións básicas a desenvolver tanto co profesorado coma co alumnado.
Elaboración de dípticos. : Elaboráronse os dípticos sobre a ciberseguidade e a navegación segura.
Proxectos a desenvolver cos polos. Estamos a desenvolver dous aspectos da liña de polos creativos: accións coa cortadora láser e impresora 3D e por outro lado actividades de robótica e formación dixital para o alumnado.
Formación do profesorado. Realizáronse dúas accións formativas para todo o profesorado do centro dentro da liña de polos, sobre cortadora láser e impresión 3D. Por outro lado, fixemos unha formación sobre o xogo e o videoxogo como ferramenta educativa aberta ás familias e ao profesorado.
Peche de accións pendentes.
Pecháronse en tempo e forma as accións que quedaban pendentes para este trimestre. Á data do 31 de maio tiñamos todas as accións desenvolvifas.
Publicación dos dípticos.
Os dípticos publicáronse tanto na Aula Virtual coma na páxina web do centro repartíronse en xuño a todo o alumnado e familias previsto.
Memoria de actividades.
Realízase unha memoria de actividades que se sube á Aula Virtual, ao curso que temos creado para o PLAN DIXITAL.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsacoarce/aulavirtual/course/view.php?id=102
Neste curso da Aula Virtual tamén se foron aloxando todos os materiais que se foron elaborando.
Avaliación
Para a avaliación do PD tomaránse como base os indicadores para cada un dos obxectivos do Plan de Acción.
Teremos tres momentos de avaliacion-revisión do PD: ao comezo do segundo trimestre, a comezo e a finais do terceiro.
Valorarase o estado da execución das accións previstas, os resultados en cada momento e que aspectos é preciso modificar para acadar satisfacoriamente o conxunto das accións previstas.
A avaliación final coincidirá coa ultima sesión de avaliación procesual, farase unha valoración global sobre o logro dos obxectivos e estableceremos as propostas de mellora que se consideren.
O coordinador do PD será o encargado de coordinar tamén a avaliación do PD e recoller as propostas de mellora.
Fóronse facendo avaliacións trimestrais sobre o desenvolvmento do PD, tal e como recollemos nas actas das reunións do Equipo TIC do centro, baixo a coordinación do Coordinador do PD.
A avaliación final corresponde coa última acta do equipo TIC, feita o 4 de xuño de 2024.
Fíxose unha valoración moi positiva do desenvolvemento do PD, da participación de todolos ámbitos: profesorado, alumnado e familias.
Queda pendente a dotación tipo que se esperaba para este curso, do material para os Polos Creativos.
Débese continuar coa profundización na formación do profesorado en TIC, particularmente, en ferramentas de elaboración de contidos e posibilidades de traballo cos materiais de Polos Creativos.
Singularmente debemos buscarlle unha maior aplicabilidade na aula de todas estas ferramentas e materiais que temos a man.
Son liñas que se deben incorporar ao novo PD incluíndo ademais algunha acción formativa para alumnado, familias e profesorado dirixida á prevención no acceso a contidos de carácter pornográfico a través das redes.
Débense manter as actuais accións formativas sobre prevención en ciberseguridade para alumnos, alumnas e familias.
Continuar co proxecto E-Dixgal, mellorando a capacidade de desenvolvemento que temos ate o momento sen perder a necesidade de desenvolver actividades nos cadernos tal e como ven sendo habitual.
Comunicación e difusión
Este PD unha vez aprobado pola Dirección do Centro, será presentado para a súa información e aprobación aos órganos colexiados, Claustro e Consello Escolar, na derradeira semana de outubro, en todo caso antes do 6 de novembro de 2023.
Asemade, establecemos este protocolo de difusión.
a) Información ao conxunto do profesorado. (A través dos correspondentes enlaces)
b) Información aos órganos colexiados.
c) Visado do PD por parte da Dirección do Centro
d) Anexalo á PXA para a súa comunicación á Unidade Territorial correspondente.
e) Publicación na páxina web do centro e na aula virtual.
f) Imprimirase unha copia que quedará na Secretaría do Centro a disposición de calquera membro da comunidade educativa.