Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  •  XUSTIFICACIÓN: 

Tal e como se recolle na Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá ha acelerado cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros.

A Lei tamén insiste na necesidade de ter en conta o cambio dixital que se está producindo nas nosas sociedades e que forzosamente afecta á actividade educativa. Por tanto, o desenvolvemento da Competencia Dixital é clave para que, tanto o profesorado como o alumnado, poidan desenvolverse nos novos escenarios, de maneira que o alumnado poida desenvolver as habilidades e competencias do século XXI, e o profesorado poida mellorar e modernizar os procesos de ensino-aprendizaxe. É por iso,que todas as accións educativas que leven a cabo nos centros necesitan que se garantan tres piares básicos que conforman un trinomio indivisible: pedagoxía, tecnoloxía e espazos inspiradores, onde cada elemento só ten sentido pola súa conxunción co resto.

  • CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN E CONTRIBUCIÓAN AO PE: 

O alumnado de Infantil e Primaria de hoxe en día nace xa tendo acceso a novos equipos e ferramentas que fan que a súa motivación para aprender con estas tecnoloxías sexa moi superior á que lle ofrece o uso exclusivo do papel e do lapis. Non hai alumnos/as desmotivados, senón métodos que non son totalmente adecuados ás súas características. Así, o proceso de ensinanza-aprendizaxe evoluciona cara o uso das TIC na vida diaria do alumnado e do profesorado.

O Plan Dixital é un instrumento de planificación integrado no PE que persigue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza aprendizaxe. Será un documento vivo que contén os acordos acadados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares.

Atopándonos na era das tecnoloxías, e tendo en conta a importancia que estas teñen para o alumnado, tanto os proxectos individuais de aula, como os de centro, xiran en torno ás TIC, contribuíndo así á Competencia dixital do alumnado.

Este Plan Dixital 1.0 pretende ser o eixo central da nosa programacióndurante o curso 2023-2024. Para elo, disporemos dunha liña de formación específica en novas tecnoloxías, que nos faciliten novos coñecementos e facilidade para seguir integrándoas na vida diaria do centro. O proxecto "A Ribadavia medieval" levado a cabo a través de Polos Creativos está totalmente centrado no uso das TIC por toda a comunidade educativa. 

Será polo tanto, un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, do Proxecto de Dirección e da Programación Xeneral Anual (PXA) do curso 2023/24.

  • PROCESO DE ELABORACIÓN:

O deseño do Plan Dixital do Centro debe recoller as ideas principais, determinar as prioridades e establecer niveis de planificación (programas, proxectos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo da escola no seu proceso de cambio e mellora.

O plan dixital central permitirá á comunidade educativa visualizar onde se quere que chegue o centro, comprender onde está actualmente e debuxar o camiño que conduce dun estado ao outro.

Estas orientacións desenvolvéronse tendo en conta o marco europeo para organizacións educativas competentes dixitalmente (DigCompOrg), desenvolvidas polo Centro de Investigación Común (JRC, Centro de Investigación Mixta), da Comisión Europea.

Actualmente, o Marco Común de Competencia Dixital Docente está en proceso de revisión e actualización por unha comisión composta por representantes do Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado do Ministerio de Educación e Formación Profesional e Comunidades Autónomas.

O Plan Dixital deste centro comezou no mes de Novembro de 2021.

Cada centro está distribuído nun grupo ADIX; no noso caso, e tendo en conta a ubicación do centro, estamos no grupo ADIX_OU1. A mentora do noso centro, unha vez en contacto con nós, facilitounos acceso á aula virtual onde se ían programando tarefas.

(https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/enrol/index.php?id=18)

 

A primeira parte de Plan foi a creación do cuestionario SELFIE, que posteriormente cubríu o alumnado e profesorado do centro.

A segunda parte consistiu na realización do Test CDD, informe que ofrece resultados de autorreflexión do profesorado do centro que participou no test, para comprobar o nivel de competencia dixital de cada un deles e así poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.

Unha vez obtidos os resultados de ambos cuestionarios, o equipo de dinamización do Plan Dixital comezou ca súa análise para a posterior elaboración do DAFO e así establecer os obxectivos prioritarios para o Plan de Acción que se levaron a cabo no curso 20022/2023.

A organización do noso equipo foi un proceso complexo xa que os horarios non nos permitían traballar conxuntamente, dificultando o momento de análise e reflexión, parte indispensable para a elaboración do DAFO. Tamén tivemos varias reunións cos membros do equipo directivo onde analizamos as características do centro e decidimos cales serían os obxectivos do Plan de Acción, que veñen reflectidos no punto 3.1 do presente Plan.

O proceso de elaboración remata coa redacción do Plan Dixital do centro.

En conclusión, a finalidade deste Plan Dixital é aumentar a competencia dixital dos docentes e do alumnado, de tal maneira que cambie a metodoloxía e o proceso de ensino–aprendizaxe esperte un maior interese polo estudo, chegando a todo o alumnado.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A primeira parte de Plan foi a creación do cuestionario SELFIE, que posteriormente cubríu o alumnado e profesorado do centro.

A segunda parte consistiu na realización do Test CDD, informe que ofrece resultados de autorreflexión do profesorado do centro que participou no test, para comprobar o nivel de competencia dixital de cada un deles e así poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital.

Unha vez obtidos os resultados de ámbolos cuestionarios, o equipo de dinamización do Plan Dixital comezou ca súa análise para a posterior elaboración do DAFO e así establecer os obxectivos prioritarios para o Plan de Acción que comezou no curso 20022/2023.

Interno
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H8. As novas tecnoloxías non se empregan como medio de comunicación, senón como recurso de ampliación, reforzo... Alumnado Non
Debilidade C5.O profesorado actúa como técnico informático, confundido á comunidade educativa ao pensar que son funcións propias do equipo tic. Infraestruturas Non
Debilidade C7.Sabemos da existencia da Lei de protección de datos, pero non a coñecemos en profundidade. Infraestruturas Non
Debilidade C8. Ordenadores antigos e obsoletos que xa non actualizan ou están fallando continuamente. Infraestruturas Non
Debilidade B1.Non existe unha avaliación do proceso. Organización de centro Non
Debilidade A1.Existencia dunha estratexia dixital, pero realmente é deficiente e precisa unha mellora. Organización de centro Non
Debilidade A2.Existencia de medios dixitais ao alcance pero non se emprega de xeito estratéxico Organización de centro Non
Debilidade B2. Dúbidas sobre o beneficio do ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade E2. Non creamos recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade E3. Uso esporádico de plataformas eaplicativos online como moodle, genially, canva, webex,aula virtual do centro. Persoal docente Non
Debilidade D3.Non existen intercambios de experiencias. Persoal docente Non
Debilidade G3. A retroalimentación por medio das TIC ten un uso esperádico no centro. Persoal docente Non
Debilidade F1.Emprego de métodos tradicionais para favorecer a retroalimentación co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F3. Uso esporádico de plataformas e aplicativos online como moodle, genially, canva, webex,aula virtual do centro. Persoal docente Non
Debilidade F6. Non utilizamos as TIC en proxectos interdiciplinares co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G1. Non se empregan tecnoloxías dixitais para a avaliación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G5. Non empregamos os recursos dixitais para levar a cabo a autorreflexión do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza -H1, H3, H4. Ensino adecuado da utilización de redes, ter sentido crítico coa información da que dispoñen e uso adecuado das redes sociais. Alumnado Non
Fortaleza C8. E-dixgal favorece o coñecemento e o uso das distintas ferramentas dixitais que teñen ao seu alcance. Alumnado Non
Fortaleza H6. Valoración dos traballos TIC dascompañeiras e compañeiros a través de exposicións. Alumnado Non
Fortaleza -H7.Proporción de nocións básicas de funcionamento en distintas ferramentas dixitais, para que poidan realizar de xeito autónomo diferentes traballos. Alumnado Non
Fortaleza C1.Emprego dos medios necesarios na vida diaria da aula. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Oportunidade para mellorar os dispositivos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C8.Dispositivos para todo o profesorado e alumnado E-dixgal, ademáis dun aula de informática e a sala de mestres. Infraestruturas Non
Fortaleza D2. Oportunidade de formación continua sobre contidos dixitais a través dos PFPP. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Comunicación continua coas familias a través de Abalar e outras ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza D1. Falta de tempo e experiencia no emprego de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza B2. Emprego diario das Tic. Persoal docente Non
Fortaleza E1. Búsqueda activa na rede de recursos educativos, pero poucos deles son recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E3.Emprego do entorno virtual a diario a raíz da implantación de Edixgal. Persoal docente Non
Fortaleza F4. Implicación e motivación á hora de traballar por medio das TIC. Persoal docente Non
Fortaleza F5. Traballo colaborativo en 3º ciclo por medio de ferramentas dixitais. Persoal docente Non
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de axudas económicas directas. Administración educativa Non
Ameaza Falta de apoio técnico gratuíto. Administración educativa Non
Ameaza A administración tarda en cubrir ou non cubre as baixas do persoal docente, o que supón unha sobrecarga aínda maior de traballo. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia e papeleo que restan tempo do xa inexistente. Administración educativa Non
Ameaza Falta de axudas económicas directas e de dotacións por parte da administración para actualizar os medios. Administración educativa Non
Ameaza Contratación de técnicos alleos ao centro para o arranxo dos equipos. Administración educativa Non
Ameaza Moita carga lexislativa e burocrática, que lle quita tempo para o ensinoaprendizaxe dixital. Lexislación Non
Ameaza Non se realizan colaboración con outras organizacións, ben por descoñecemento da súa existencia ou ben por falta de tempo. Outras Non
Ameaza O alumnado, en xeral, emprega algún medio dixital no fogar con fins de ocio; rara vez o fai con fins educativos. A maioría da competencia dixital das familias é mellorable. Outras Non
Oportunidade Aportación de fondos económicos pola participación en programas de innovación como os contratos programa, os plan proxecta ou as seccións bilingües. Administración educativa Non
Oportunidade Envía ocasionalmente algún material dixital solicitado. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia anual de diversos Proxectos de Formación Permanente do Profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral no persoal non docente. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de novas dotacións por parte da administración para actualizar os medios dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Máis do 90% do profesorado é definitivo no centro. Administración educativa Non
Oportunidade Envío dalgunha dotación económica para poder renovar as instalacións. Administración educativa Non
Oportunidade Elaboración do plan dixital de centro- Administración educativa Non
Oportunidade Constitución dunha nova ANPA. ANPA Non
Oportunidade Contorna cunha condición socioeconómica media-baixa. Contorna Non
Oportunidade Emprazamento nun entorno rural pero con potencial a nivel de educación ambiental que nos permite realizar actividades fóra do centro. Contorna Non
Oportunidade Boa conectividade, chegando a fibra a toda a vila. Contorna Non
Oportunidade Colaboración coas entidades da contorna(Concello, Biblioteca,Museo...) ofertándonos actividades. Outras Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Cabe destacar que, para establecer os diferentes ítems do presente análise, non se tiveron soamente en conta as puntuacións acadadas nos diversos modelos ou test realizados, pois considerouse que hai unha variedade de factores que inflúen nos resultados e debemos situar e trasladar os mesmos á realidade do centro educativo, para así poder establecer uns obxectivos que cumpran as características establecidas, e deste xeito poidan ser acadados de xeito óptimo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Realización de inventario do material informático existente no centro. (C2-C8)
O2PD Cambiar a apariencia e a funcionalidade da páxina web do centro.
O3PD Iniciar o uso do plóter
O4PD Coñecer a contorna da vila a través do proxecto A RIBADAVIA MEDIEVAL de Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

O presente PLAN DIXITAL é de obrigado cumprimento por parte de todos os membros da comunidade educativa deste centro. Realizaranse as revisións periódicas que se consideren oportunas para adaptalo as novas circunstancias ou a modificacións lexislativas.

As pautas de actuación para o correcto seguimento do Plan serían:

  • Para realizar o seguimento do noso Plan de Acción empregaremos para cada unha das táboas que cumprimentaremos con obxectivos a perseguir no Plan de Acción. deste xeito poderemos realizar o seguemento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.
  • Establecéronse os mecanismos de control e avaliación das actividades desenvoltas e a súa adecuación ao centro e ao alumnado.
  • Poderanse deseñar instrumentos de avaliación como enquisas e cuestionarios.
  • Estableceránse indicadores de calidade e propostas de mellora para cada unha das liñas de actuación propostas que se incluirán na memoria de autoavaliación anual.
  • Proporanse indicadores para a avaliación anual do Plan Dixital de Centro e das actuacións.

Devanditos indicadores poderán ser utilizados e revisados a principio de cada curso, para adecualos ás condicións concretas de cada centro.

1º Trimestre

Durante o 1º trimestre faremos o seguimento das seguintes accións:

  • AO1.1:Retirada do equipamento deficiente: Inventariouse e pedíuse que se recollera. Quedan por recoller 3 carros de carga estropeados.Tamén se pedíu unha mellora do cuarto de comunicacións que foi concedida para levar a cabo este verán.

  • AO2.1: Debate sobre as necesidades que ten que cubrir a páxina web: acadado.

  • AO2.2: Proposta de cambios a efectuar na páxina web: acadado

  • AO3.1: Creación dun grupo de traballo dentro do PFPP solicitado para a formación do profesorado: acadado

  • AO3.2: Solicitar a través do PFPP formación do profesorado nos aspectos básicos do plóter: acadado

  • AO3.3: Manexar o programa “Sign master”: acadado.

  • AO4.1: Reparto dos contidos a traballar polas aulas de Educación Primaria: acadado.

  • AO4.2: Comezo da elaboración das actividades propostas no proxecto: sen acadar.

2º Trimestre

Durante o 2º trimestre faremos o seguimento das seguintes accións:

  • AO1.2: Inventariar o material informático de Infantil: acadado.
  • AO1.3: Inventariar o material informático de Primaria: acadado
  • AO2.3: Reestruturación e modificación dos bloques da páxina web: acadado
  • AO3.3: Creación de materiais de elaboración propia: acadado
  • AO4.2: Elaboración das actividades propostas no proxecto: o claustro mostrou desmotivación co proxecto e decidíuse non seguir con el.

 

 

 

3º Trimestre

Durante o 3º trimestre faremos o seguimento das seguintes accións:

  • AO1.4: Inventariar o material informático do equipo directivo e administración: acadado
  • AO1.5: Inventariar o material informático da aula de informática e da sala de mestres: acadado
  • AO2.4: Difusión na comunidade educativa da páxina web do centro: acadado
  • AO3.3: Creación de materiais de elaboración propia: acadado
  • AO4.2: Recreación da festa da Istoria: o proxecto da "Ribadavia Medieval" non se levou a cabo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación é un mecanismo de recollida de información que unha vez valorada serve para tomar determinadas decisións (Lagardera, 1999).

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

- No contexto da avaliación procesual: temos obxectivos que se irán revisando en función dos indicadores. Todos os obxectivos se avaliarán unha vez ao trimestre tendo en conta as accións propostas e a data prevista de finalización da mesma.

No caso de que os resultados non sexan os acadados, realizaremos posibles modificacións das accións e proporemos melloras.

 No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar serán a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora se fosen necesarias.

Valoración xeral

Valoramos o Plan Dixital levado a cabo este ano como moi realista e moi positivo. Todos os obxectivos foron acadados seguindo os pasos e os tempos establecidos. O único obxectivo que non se acadou foi o da "Ribadavia Medieval" por decisión do claustro a falta de motivación polo proxecto.

 

Proposta de mellora

A proposta de mellora para o curso 2024-2025 é seguir formándonos en todo o relativo a "Polos creativos", xa que é un espazo cheo de recursos para o noso alumnado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difundir calquera tipo de nova é imprescindible cando se trata de conseguir obxectivos a nivel de grupo. Sendo un centro educativo unha comunidade formada por profesorado, alumnado e familias, unha boa difusión será moi importante para poder avalialo de maneira positiva ao remate do curso. Este Plan Dixital será colgado no taboleiro de novas antes do claustro de fin de curso  para que o profesorado o poida valorar. Da mesma maneira, o Consello escolar tamén o poderá consultar e así poder proceder á súa aprobación. Unha vez aprobado, farase unha presentación onde explicaremos os obxectivos do plan de acción que teremos que levar a cabo e acadar entre todos. Asimesmo, publicarase na páxina web do centro.

En conclusión, o noso Plan Dixital pretende ser unha ferramenta que contribúa á formación de bos cidadáns, aqueles que se informen, sexan críticos, traballen polo ben e respecten as diversidades dentro dunha sociedade na que sexan parte activa dun benestar común.

 

O papel do profesorado e as TIC é fundamental, xa que “ Ás nenas e aos nenos de hoxe en día débeselles ensinar a pensar, non en que pensar” Margaret Mead.