Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A elaboración deste Plan Dixital representa unha oportunidade de mellora para o noso centro, ao tempo que da cumprimento ao establecido na actual lexislación educativa. 

A Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se Modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOMLOE) establece no seu artigo 111 bis que “as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) na aula”. Para acadar isto, as entornas virtuais que se empreguen nos centros deben estar deseñados polos propios docentes para prever a consecución dos obxectivos concretos do currículo ao tempo que se teñen en conta as características do alumnado, do tempo e espazos do centro. En definitiva, os docentes deben elaborar unha estratexia dixital adaptada ao centro.

Esta idea concretase no artigo 121 da LOMLOE, no cal ao abordar a importancia do Proxecto Educativo se establece que este “recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro”. O feito de encadrar esta estratexia dixital dentro do Proxecto Educativo amosa a importancia que as Administracións educativas lle queren dar ao Plan Dixital e, por tanto, a relevancia que este documento debe ter no funcionamento do noso centro. Nesta liña pero xa no ámbito autonómico, a Resolución do 17 de xuño do 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas no curso académico 2021/22, concreta aínda máis a base lexislativa deste documento cando establece na súa Disposición adicional quinta que “os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu Plan Dixital acordo coas instrucións que se diten”.

Finalmente, estas instrucións das que fala a resolución anterior foron publicadas a comezos do curso 2021 por medio da Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital. Estas instrucións son o compás que nos permitiu poder deseñar e elaborar o presente documento, facilitándonos unha guía para poder coñecer os obxectivos que debíamos acadar, cales eran os pasos que tiñamos que dar para acadalos, que docentes do centro debían implicarse na elaboración do documento, que papel tiña que cumprir o resto da comunidade educativa, etc.

Para elaborar este Plan Dixital tivéronse en conta os demais plans e proxectos do centro, de xeito que a súa elaboración servise de polo multiplicador doutros aspectos do centro escolar. Neste sentido, no Proxecto Educativo do centro ven recollido que se tentará potenciar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), permitindo ao alumnado adquirir as destrezas necesarias para acadar a Competencia Dixital. Ademais, a lexislación educativa establece que todos os centros deben impulsar as novas tecnoloxías, encamiñándose, así, cara unha educación 2.0 que permita dotar aos centros de recursos tecnolóxicos e ao profesorado desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe de maneira dixital.

Especial mención require, no noso caso, a relación deste Plan Dixital coa Programación Xeral do curso 23/24. Neste sentido, para o vindeiro curso, tal e como está recollido nese documento, vaise implementar o Plan E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria. Esta mellora no noso centro educativo foi froito da decisión consensuada e convencida de todo o claustro de profesores que considerou imprescindible implementar este plan para desenvolver as competencias dixitais e tecnolóxicas do noso alumnado. 

Así, no vindeiro curso, a posta en marcha do Plan E-Dixgal nos derradeiros cursos da etapa xunto co desenvolvemento deste Plan Dixital vai permitir ao noso centro avanzar de xeito decisivo na adquisición de recursos dixitais e, sobre todo, no desenvolvemento de destrezas e competencias que lle permitan ao alumnado dominar as Tecnoloxías da Información e da Comunicación.

O noso centro educativo conta con menos de 8 unidades polo que atendendo á Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital, no noso centro non se debía establecer Equipo de Dinamización do Plan Dixital se non que un membro do equipo directivo ou persoa que el delegase debía de elaborar este plan.

A pesar do anterior, e tendo en conta que dende o CFORE se ofreceu aos centros un PFPP para desenvolver as destrezas necesarias para elaborar este Plan Dixital, no noso centro decidimos solicitar ese grupo de traballo do PFPP para que así todo o claustro do centro puidese participar na elaboración do mesmo, construíndo este novo documento do centro de xeito colaborativo e participativo e así enriquecelo coa participación de todos os docentes. Finalmente, todos os docentes do claustro inscribíronse para participar no grupo de traballo e, por tanto, este documento é o resultado das súas opinións e contribucións.

Concretamente, para elaboralo, aproveitáronse as horas de obrigada permanencia no centro, os mércores a tarde, de xeito que nese tempo, os docentes reuníamos na sala de profesorado para abordar aqueles aspectos que nos esixía o grupo de traballo do PFPP e así, pouco a pouco, elaborar os apartados que finalmente ten o noso Plan Dixital. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

SELFIE: Unha das fontes empregadas para elaborar este plan foi SELFIE, unha aplicación que permite aos centros educativos de Europa ter un análise dalgúns parámetros das competencias dixitais do seu centro. Este aplicación interactiva é moi sinxela e só require que os distintos membros da comunidade educativa (equipo directivo, profesorado, alumnado) respondan a unha serie de preguntas sobre a situación do seu centro. Rematado o tempo, o responsable do centro pode extraer os datos reflexados en SELFIE e analizalos, atopando as fortalezas e debilidades desa comunidade educativa.

TEST CDD: Outros dos recursos empregados para elaborar este plan foi o test CDD. Neste caso trátase dunha aplicación similar a anterior que permite sacar conclusións das competencias dixitais que se desenvolven nun centro partindo das respostas dadas polos seus docentes.

Interno
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C10 Dispositivos propiedade do centro para alumnos/as Alumnado Si
Debilidade H8 Aprender a comunicarse Alumnado Si
Debilidade H13 Resolver problemas técnicos Alumnado Si
Debilidade C8 Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Alumnado Si
Debilidade H10 Habilidades dixitais para distintas materias Alumnado Si
Debilidade C8 Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Si
Debilidade C10 Dispositivos propiedade do centro para os alumnos/as Infraestruturas Si
Debilidade C16 Bibliotecas/repositorios en liña Infraestruturas Non
Debilidade C14 Espazos físicos Infraestruturas Si
Debilidade B1 Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado Organización de centro Si
Debilidade G8 Documentación da aprendizaxe Organización de centro Non
Debilidade A1 Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade B1 Avaliación do proceso Persoal docente Non
Debilidade E5 Recursos educativos abertos Persoal docente Si
Debilidade F6 Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade A4 Tempo para explorar o ensino dixital Persoal docente Si
Debilidade G1 Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Debilidade E2 Creación de recursos dixitais Persoal non docente Si
Debilidade F5 Colaboración do alumnado Persoal non docente Si
Debilidade F4 Inclusión do alumnado Persoal non docente Si
Fortaleza Comportamento seguro Alumnado Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza A4 Tempo para explorar o ensino dixital Organización de centro Si
Fortaleza C5 Asistencia técnica Organización de centro Si
Fortaleza B2 Bebate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza D2 Participación no PDC Persoal docente Non
Fortaleza A3 Novas nodalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza D1 Necesidades do PDC Persoal docente Non
Fortaleza E1 Recursos educativos en liña Persoal non docente Si
Fortaleza D3 Intercambio de experiencias Persoal non docente Si
31 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C14 Espazos físicos Administración educativa Si
Ameaza C1 Infraestrutura Administración educativa Si
Ameaza C16 Biblioteca/repositorios en liña Administración educativa Non
Ameaza C11 Fenda dixital: medidas para identificar dificultades Contorna Non
Ameaza C12 Fenda dixital: apoio para abordar dificultades Contorna Non
Ameaza A5 Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso Lexislación Non
Ameaza B3 Colaboracións Outras Non
Ameaza B4 Sinerxias para a aprendizaxe mixta Outras Si
Oportunidade C3 Acceso a internet Administración educativa Si
Oportunidade C5 asistencia técnica Administración educativa Si
Oportunidade C7 Protección de datos Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e do test CDD, os docentes que conformamos o grupo de traballo do PFPP xeramos unha análise DAFO. Esta análise, como se pode ver, permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a revisión, xestión e seguimento do Plan Dixital do Centro (PDC) A1
O02PD Reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais C14
O03PD Realizar un inventario do material dixital do que consta o centro C8
O04PD Crear recursos dixitais para levar a cabo na práctica docente E2
O05PD Usar a aula virtual como ferramenta habitual de traballo nos diferentes materias H10

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Neste primeiro trimestre conseguiuse desenvolver algúns dos obxectivos do Plan Dixital do noso centro (PDC).

Así, o primeiro obxectivo que se planteou a principio deste curso (relacionado con "establecer un equipo de profesores/as para a revisión, xestión e seguimento do PDC") desenvolveuse por completo e pódese dar por acadado. Neste sentido, estableceuse que sería o propio claustro, na súa totalidade, quen se farían cargo de colaborar e axudar ao coordinador do PDC, para revisar, xestionar e realizar un seguimento do plan. Trátase, o noso, dun centro pequeno no que o reducido número de profesorado (7 mestres/as) posibilita que todo o claustro participe na revisión e seguimento deste plan.

O segundo obxectivo que se planteou (relacionado con "reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais") tamén se desenvolveu, en gran medida, neste primeiro trimestre, aínda que neste caso non se pode dar por acadado xa que pode haber modificacións dos espazos ao longo do que queda de curso. Neste sentido, instalouse no centro unha nova pizarra dixital e trasladouse un antigo proxector táctil para a aula de Inglés, co cal aproveitáronse os novos recursos que deu a administración pública ao tempo que se reestructuraban os vellos recursos dixitais. Ademais, na biblioteca fixéronse pequenos cambios para ser utilizada, se é o caso, como aula dixital. A nivel de acceso a Internet, realizouse, por parte de empresas especializadas, un novo cableado da rede do centro, instalando novos puntos de acceso (vía cable) e mantendo os puntos Wifi na situación na que xa estaban antes.

2º Trimestre

Neste segundo trimestre continuouse a traballar no segundo obxectivo deste Plan Dixital (relacionado con "reorganizar os espazos do centro educativo para facilitar o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais"). Neste sentido, preparouse un espazo físico para gardar os ordenadores portátiles, que facilita o seu acceso e utilización  (antes estaban almacenados dentro dun armario da biblioteca, nas súas propias caixas de embalaxe, uns por encima dos outros; agora preparouse un espazo moi práctico na antiga secretaría de modo que cada ordenador está nunha estantería xunto ao seu cargador, facilitando así a carga dos ordenadores nese mesmo lugar e o seu acceso). Así mesmo, na remodelación que se fixo da biblioteca, realizouse una nova distribución do mobiliario de xeito que se libera espazo para facilitar a visualización do proxector.

O cuarto obxectivo deste Plan Dixital (relacionado con "crear recursos dixitais") desenvolveuse ao realizar algúns recursos dixitais que serviron para pór en práctica nalgunhas datas sinaladas, como por exemplo coa visita dunha escritora (para a cal se fixeron encrucillados e cuestionarios tipo tes na aula virtual cos cales traballar de xeito lúdico a biografía e obras desa autora).

No relativo ao quinto obxectivo deste Plan Dixital (relacionado con " usar a aula virtual como ferramenta habitual"), tendo en conta que o alumnado do 3º ciclo xa utiliza ese espazo virtual por estar implantado no centro o proxecto E-Dixgal, simplemente se comezou a traballar co alumnado de 3º de EP e, ocasionalmente, co de 1º e 2º de EP, para introducilos no coñecemnto e manexo dos ordenadores e así poder abordar no terceiro trimestre o traballo coa aula virtual propiamente dito. Neste sentido, ao longo deste trimestre utilizouse unha sesión semanal para que este alumnado comezase a empregar e familiarizarse cos ordenadores, descubrindo as súas posibilidades e ferramentas dixitais, como paso previo a introducirse no coñecemento e utilización da aula virtual.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre continuose a traballar no cuarto obxectivo deste Plan Dixital (relacionado con "crear recursos dixitais"). Neste aspecto, os docentes do centro elaboraron recursos dixitais que serviron para utilizar nalgunhas datas sinaladas, como por exemplo no día Mundial do Medio Ambiente (elaborouse un conto cunhas preguntas de comprensión interactivas).

En canto ao quinto obxectivo deste Plan Dixital (relacionado con " usar a aula virtual como ferramenta habitual"), continuouse introducindo ao alumnado de 3º de EP no uso e manexo dos ordenadores. Así, abordouse, entre outros contidos, a navegación pola Internet, o uso de ferramentas de escrita (LibreOffice Writer), o uso de ferramentas de debuxo (Draw), o manexo das preferencias do sistema... Para iso, tal e como se fixo no trimestre pasado, utilizouse unha sesión semanal para que este alumnado traballase cos ordenadores, descubrindo as súas posibilidades e ferramentas dixitais, como paso previo a introducirse no coñecemento e utilización da aula virtual. Ademais, o alumnado do 3º ciclo, por ser alumnado E-Dixgal, continuou a traballar coa Aula Virtual de xeito ordinario, tal e como o levaba facendo dende principio de curso

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O equipo do Plan Dixital encargarase do procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Ao longo deste curso tentáronse cumplir os obxectivos plantexados a principio de curso.

Neste sentido, considérase totalmente acadado o obxectivo 1 (relacionado con "establecer un equipo de Plan Dixital"), xa que a comezos de curso creouse este equipo docente e conseguiuse afianzar e desenvolver as súas funcións ao longo do curso. Do mesmo xeito considerase acadado o obxectivo 2 (relacionado con "reorganizar os espazos"), xa que como se sinalou nos apartados de seguemento, nos primeiros meses deste ano realizáronse certas modificacións na distribución do colexio así como na adquisición de ferramentas dixitais que permitiron mellorar as prestacións tecnolóxicas coas que contaba o centro.

Considéranse acadados parcialmente (en tanto, todos os anos se deberían ter en conta estes obxectivos) o obxectivo 4 (relacionado con "crear recursos dixitais") e o obxectivo 5 (relacionado con "usar a Aula Virtual"). Neste sentido, tal e como se sinalou no seguimento deste Plan Dixital, estes obxectivos fóronse desenvolvendo ao longo do 2º e 3º trimestre, nos cales os docentes en maior ou menor medida, elaboraron ferramentas dixitais para traballar algunhas datas sinaladas e abordaron o manexo da Aula Virtual. Este último punto non se acadou por completo co alumnado de 3º curso de EP, co cal se iniciou o seu coñecemento do manexo dun ordenador pero non se chegou a utilizar nunca a Aula Virtual, tal como si se fixo co alumnado de 4º, 5º e 6º de EP.

Finalmente sinalar que o obxectivo 3 (relacionado con "realizar un inventario do material dixital") non se chegou a acadar. Neste punto, a comezos do curso, valorouse necesario ter un inventario detallado de todos os recursos dixitais dos que dispuña o centro (ordenadores, tabletas, pizarras dixitais...), para así poder saber en todo momento con que recursos se contaba e cales estaban a disposición do profesorado. Neste sentido, por falta de tempo, foi imposible acadar este obxectivo, pospoñéndose para o seguinte curso.

Proposta de mellora

En vistas ao vindeiro curso, valórase necesario dar continuidade ao traballo realizado neste curso, polo que ademais de establecer un equipo de docentes do Plan Dixital, deberíase continuar o traballo coa Aula Virtual, elaborando, por parte do profesorado, recursos dixitais que poidan estar adaptados ao alumnado do centro e, por tanto, ser utilizados por estes ao longo do curso, así como dando un maior uso á Aula Virtual, especialmente nos cursos inmediatamente anteriores aos cursos E-Dixgal (5º e 6º de EP).

Igualmente, ao longo do vindeiro curso terase que realizar o inventario do material dixital do centro que non se chegou a elaborar neste curso, identificando todo o material dixital do centro xunto coas súas referencias e antigüidade no centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital está publicado e exposto na páxina web do centro para o seu coñecemento por parte de todos os membros da comunidade educativa