Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Carlos Cid Arregui atópase no rural do sur da provincia de Ourense, no concello de Rairiz de Veiga, este concello está afectado polo despoboamento e presenta un contexto socio-cultural empobrecido. O alumnado tamén procede do concello de Vilar de Santos, así como outros lindantes. Os 60 alumnos/as teñen na súa maioría acceso a dispositivos conectados como tablets ou teléfonos intelixentes. A competencia dixital do alumnado vai mellorando progesivamente e non difire da do alumnado urbano.

O proxecto educativo do centro contempla como obxectivo para todas as etapas educativas o emprego das TIC tanto por parte do alumnado como do profesorado. O programa de formación de profesorado do centro conta cunha liña de formación no plan dixital de centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As ferramentas empregadas na recollida de datos foron:

- Selfie

- Test CDD

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O profesorado, alumnado e equipo directivo descoñecen como programar e resolver problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade O alumnado non crea contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade O alumnado aprenden a comunicarse empregando as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade O alumnado non desenvolve habilidades dixitais en distintas materias Alumnado Si
Debilidade As familias non dispoñen de recursos dixitais nin a competencia dixital para empregar no centro educativo Familias Non
Debilidade Non hai dispositivos dixitais que apoien o proceso de E-A fóra do centro educativo Infraestruturas Non
Debilidade As familias, así como o alumnado en xeral e o alumnado con NEAE, non contan cos dispositivos dixitais para facilitar o proceso de E-A Infraestruturas Non
Debilidade O proceso de E-A respáldase minoritariamente con recursos e/ou dispositivos dixitais Infraestruturas Non
Debilidade Non hai dispositivos dixitais, nin repositorios en liña idóneos para o proceso de E-A nin espazos habilitados a tal fin Infraestruturas Non
Debilidade Non existe feedback comunicativo coas familias mediante a ferramenta dixital Abalar Oferta Non
Debilidade Non se empregan tecnoloxías dixitais para a colaboración con outras organizacións e/ou centros Organización de centro Non
Debilidade Non hai dispositivos dixitais, nin repositorios en liña idóneos para o proceso de E-A nin espazos habilitados a tal fin Organización de centro Non
Debilidade Non se empregan tecnoloxías dixitais na colaboración con outras entidades Persoal docente Si
Debilidade Non se empregan as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado nin a súa colaboración interdisciplinar Persoal docente Si
Debilidade Non se crean por parte do profesorado recursos dixitais en liña Persoal docente Si
Debilidade Non existe tempo para a mellora continua nas metodoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade Non existen procedementos de autoavaliación docente para os procesos de E-A dixitais Persoal docente Non
Debilidade Non se empregan as tecnoloxías dixitais na hetereoavaliación e auto-avaliación do alumnado e profesorado Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado recoñece o traballo obtido na rede polos demais Alumnado Si
Fortaleza O alumnado ten un comportamento seguro e responsable no manexo e internet así como a comprobación da veracidade da información obtida Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse empregando as tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Fortaleza Existe soporte técnico para problemas dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Existen procedementos de protección da datos Infraestruturas Non
Fortaleza Existe asistencia técnica para os recursos dixitais e aplicacións corporativas Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado síntese apoiado pola dirección para aprobar novas formas de ensinanza dixital Persoal docente Non
Fortaleza Existen espazos de comunicación abertos para o profesorado, alumnado e familias sobre o uso das Tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Existen accións formativas e o intercambio de experiencias no desenvolvemento profesional continuo para o profesorado no ámbito das tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse entornas virtuais de aprendizaxe no proceso de E-A co alumnado e coas familias Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse as tecnoloxías dixitais para adaptar as metodoloxías ás necesidades do alumnado, fomentar a súa creatividade e motivación Persoal docente Non
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carecemos de espazos físicos e repositorios en liña que faciliten o proceso de E-A con tecnoloxía Administración educativa Non
Ameaza Non temos suficientes dispositivos dixitais axustados ás necesidades e realidade tecnolóxica do centro Administración educativa Non
Ameaza Desactualización tecnolóxico no referente ós escasos dispositivos dixitais do centro Administración educativa Non
Ameaza Falta de soporte técnico para os dispositivos adquiridos polo centro Administración educativa Non
Ameaza Non existe proposta de actividades extraescolares relacionadas coas tecnoloxías ANPA Non
Ameaza Non hai dispositivos dixitais, nin repositorios en liña idóneos para o proceso de E-A nin espazos habilitados a tal fin ANPA Non
Ameaza Non existe oferta formativa no ámbito dixital por parte da administración pública da contorno Contorna Non
Ameaza Falta de cobertura dixital Contorna Non
Ameaza Respéctanse parcialmente os dereitos de autor e licenzas de uso ó empregar as novas tecnoloxías Lexislación Non
Ameaza Colaboración con entidades externas público-privadas que ofertan actividades dixitais para centros educativos Outras Non
Ameaza Pouca oferta educativa dixital público-privada para os centros educativos Outras Non
Oportunidade Foméntase no proceso de E-A o emprego de tecnoloxías e dispositivos dixitais, o acceso a internet e existe unha óptima asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade Existen procedementos de protección da datos no ámbito dixital Lexislación Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte
delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións.
Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Deseñar instrumentos de validación para o alumnado, e que sexan quen de identificar información falsa
O02PD Deseñar un plan de formación para o profesorado sobre ferramentas dixitais educativas
O03PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso quedou pendente a primeira acción programada do obxectivo O01PD que consiste en "creación de equipos de detectives informativos".
En relación ao O02PD Deseñar un plan de formación para o profesorado sobre ferramentas dixitais educativas, está realizada as acción AO2.1.
Iniciouse o O03PD que, na actualidade, atópase en proceso pero está a espera da activación da aplicación educativa de inventario.
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai progresando aínda coas adaptacións temporais acontecidas.

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre do presente curso quedou realizada a primeira acción programada do obxectivo O01PD, AO1.1  que consiste en "creación de equipos de detectives informativos". Tamén se completou o AO1.2 co alumnado.
En relación ao O02PD Deseñar un plan de formación para o profesorado sobre ferramentas dixitais educativas, está realizada a acción AO2.2.
Iniciouse o O03PD que, na actualidade, atópase en proceso pero está a espera da activación da aplicación educativa de inventario. Desenvolveuse o AO3.2 durante o trimestre mellorando a aula TIC.
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso vai progresando axeitadamente logo das reprogramacións acontecidas.

3º Trimestre

Para rematar o curso realizouse a primeira acción programada O01PD, completando durante este último trimestre o AO1.3 co alumnado.
En relación ao O02PD Deseñar un plan de formación para o profesorado sobre ferramentas dixitais educativas, quedou concluído coa acción AO2.3, mediante aplicación nas aulas das ferramentas empregadas nas formacións.
Finalmente o O03PD que, quedou posposto para ser completado no vindeiro curso, coa previsible activación da aplicación educativa de inventario. En canto a última acción AO3.3 durante o trimestre e verán espéranse a instalación dos equipos de pantallas interactivas e nova dotación de portátiles que axudarán a iniciar o curso con este conseguido.
En xeral, o EDPD e a mentora ADIX, consideran que o proceso cumpriuse axeitadamente logo das reprogramacións acontecidas, e que se cumpriu en gran parte os obxectivos . Quedan recollidas as valoracións na avaliación e as propostas de mellora das que partir para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do plan valorouse tanto o proceso como os resultados finais de consecución dos obxectivos propostos.

- No contexto da avaliación procesual, realizouse unha avaliación trimestral no que se deu conta do estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados, e das modificacións das accións e listaxe das propostas de mellora. Foron comentadas coa asesora trimestralmente.
- No contexto da avaliación final, deuse conta do acadado na avaliación anual onde se expuxo a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora para o vindeiro curso.

Valoración xeral

A valoración xeral do plan foi de cumplimento alto e polo tanto satisfactoria. Dase detalle dos tres obxectivos do plan:

- O01PD O alumnado desenvolveu dinámicas que permitiron desenvolver as accións do obxectivo e así acadalo amplamente. A maioría dos nenos e nenas acadaron a competencia suficiente para detectar noticias falsas e prácticas negativas a través da desinformación, maipulación e engano.

- O02PD Avanzouse a través da posta en práctica do plan e da formación que conlevou, logrando mellorar a competencia dixital do profesorado, aínda que non se considera que se elevara tanto como para acadar un nivel B2, aínda que si algún dos docentes máis implicados mellorou cara un nivel intermedio. Na práctica educativa reverteu significativamente, desenvolvéndose na aula traballos con recursos dixitais antes non empregados.

- OO3PD A dotación tecnolóxica do centro mellorou modestamente, aínda que se conseguiu manter un servizo axeitado e mellorar en lugares claves, como foi nas aulas, ofrecedo mellores recursos dixitais onde se produce máis aprendizaxe. A aula tecnolóxica viuse reforzada e revisada. Aínda que non se cumpriu cun inventariado estrito, si se recolleron os datos dos equipos en uso.

Proposta de mellora

- Realizar formación sobre as pantallas interactivas dispoñibles nas aulas de nova instalación.

- Fomentar no alumnado hábitos saudables en torno ao uso de novas tecnoloxías.

- Inventariar centro, renovar equipos, manter equipos actualizados seguros.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o PD, este púxose a disposición da comunidade educativa na páxina web do centro, quedando tamén no centro para a súa consulta aberta a calquera interesado.