Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Roberto Blanco Torres está situado no concello da Peroxa (Ourense). A súa dirección é A peroxa s/n. O correo electrónico é ceip.roberto.blanco@edu.xunta.gal. A súa páxina web é https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprobertoblanco/ . O centro conta con unha unidade de Educación Infantil mixta (3, 4 e 5 anos) e con dúas unidades de primaria mixtas (1º, 2º e 3º) (4º, 5º e 6º). O centro conta neste momento con 42 alumnos e alumnas e con 5 mestres e mestras.

O CEIP “Roberto Blanco Torres” atópase ubicado no Concello da Peroxa, a unhos 15 Km da cidade de Ourense. Consta cunha extensión de 55 Km2 e dispón dunha poboación aproximada de 5.000 habitantes, agrupados nas parroquias de: Armental, Beacán, Carracedo, Celaguantes, Graíces, Gueral, Mirallos, Os Peares, San Xinés, Santiago da Peroxa, Souto, Toubes e Vilarrubín.

Os habitantes do Concello adícanse sobre todo o sector primario, tendo como principal fonte de recursos a gandería e a agricultura. Outra fonte importante de ingresos é a explotación forestal e as residencias que se atopan no Concello: tres residencias xeriátricas, unha de enfermos mentais e unha de diminuídos psíquicos (ASPANAS).

Actualmente, o Concello atópase nunha etapa de expansión, estanse construíndo numerosas vivendas a prezos accesibles que xunto coa súa proximidade a cidade fan da Peroxa un lugar moi atractivo para novas familias.

O presente plan dixital está relacionado co plan TIC, plan lector e a dinamización da biblioteca escolar. Este curso académico traballaremos en torno a pizarra interactiva e os polos creativos.

Respecto ao proceso de elaboración, pasaremos a indicar moi brevemente a descrición da organización e do proceso de elaboración do Plan Dixital dentro do Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

No mes de setembro (día 8)  mándanos un correo o coordinador ADIX-2 de Ourense para verificar a edicción do plan dixital do ano pasado, asignación de roles,...

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Reunímonos o equipo docente para determinar unha serie de conclusións que se van a reflectir no DAFO.

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Verificar a calidade da información: desde a comunidade educativa queda pendente traballar con eles a fiabilidade e precisión da información que buscan e empregan. Alumnado Non
Debilidade As características do centro e a escaseza de profesorado provocan que a cantidade de proxectos que inclúen as familias sexan limitados. Familias Si
Debilidade Proxectos interdisciplinares: tendo en conta o que explicábamos, a posta en marcha de este tipo de proxectos vese limitada. Oferta Si
Debilidade Tempo para explorar os recursos dixitais: a xornada do centro dificulta reunións para dito fin. Organización de centro Si
Debilidade Participación no desenvolvemento profesional continuo: a escaseza de profesorado definitivo no centro e en número, en xeral, dificulta a participación deste. Persoal docente Si
Debilidade O centro non conta con persoal de secretaría, administrativo ou de mantemento, o que reduce a capacidade do profesorado para levar a cabo proxectos por ter que encargarse das devanditas funcións. Persoal non docente Si
Fortaleza Comportamento seguro e responsable á hora de facer uso das novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa: a través das plataformas educativas(abalar,páxina web do centro...) o profesorado e a dirección manteñen o contacto coas familias. Organización de centro Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A escasa bontade de algunhas familias para tomar parte no proceso de ensinanza-aprendizaxe dos seus fillos e as limitacións de acceso a recursos son algunhas das dificultades ás que as familias se teñen que enfrontar. ANPA Non
Ameaza Acceso a internet: a localización do centro dificulta unha boa conexión. Contorna Non
Ameaza Os continuos cambios lexislativos afectan negativamente. Lexislación Non
Ameaza As características do centro limitan a colaboración con entidades externas posto que a oferta de actividades non sempre teñen en conta ós grupos mixtos e reducidos. Outras Non
Oportunidade O centro conta desde este ano con máis equipos informáticos, e o lote de Polos Creativos que chegará durante este curso, así como as pizarras interactivas. Administración educativa Non
Oportunidade A evolución lexislativa axuda a que o profesorado se adapte ao uso de novas tecnoloxías. Lexislación Si
Oportunidade O concello amósase receptivo á hora de recibir propostas que melloren o centro educativo. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa
reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel
externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas
prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes
temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán  de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que
trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes  accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Escoller e participar nun programa dixital enmarcado na oferta do PFPP
O02PD Facer uso dun test que proporcione feedback sobre o proceso de aprendizaxe.
003PD Conquerir que a comunidade educativa faga uso do Espazo Abalar cada vez con máis asiduidade

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas trimestrais ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo.
A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse parcialme o obxectivo O01PD que consiste na realización dun PFPP. Neste centro a realización desta tarefa é primordial xa que o cambio de profesorado neste centro é continuo. Os resultados viñeron a reflectir que o nivel dixital do profesorado é cativeiro. No mes de outubro e seguindo o itinerario do plan dixital e os resultados da REUNIÓN INICIAL, inscribímonos nun PFPP titulado "Introdución no manexo do material de Polos Creativos e o uso das pizarras interactivas". 


En relación ao O02PD  no mes de outubro, elabórase un Google Docs para ver a competencia dixital docente e as posibles liñas de implementación dixital dos alumnos. Vese que a competencia dixital dos alumnos é cativeira, centrándose sobre todo en xogos que realizan na casa, pero amosando descoñecemento en eutilización da aula virtual... Por todos estos resultados, decídese ir introducindo tanto a profesorado e alumnado na aula virtual. Os mestres elaborarán actividades sinxelas a través da aula virtual e os alumnos intentarán recibilas e ter un feedback nestas actividades. Foron matriculados os alumnos e alumnas na aula virtual e creamos espazos para os mestres e mestras do centro.

Con respecto o obxetivo 3 dende inicio de curso e desde as diferentes titorias, demos a coñecer o espazo Abalar, que estamos utilizando dende principio de curso nas comunicacións bidireccionais. Neste primeiro trimestre os boletíns de notas a través desta plataforma. Continuaremos con este obxetivo ó longo dos diferentes trimestres.

2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre continuamos co PFPP, perfeccionando o uso dos aplicativos, así como a aula virtual do centro. Con relación o obxetivo O02PD os mestres e mestras relizaron subidas de material e actividades para o alumnado á aula virtual. Realizamos un titorial para as familias sobre como acceder á aula virtual. As familias do segundo agrupamento entraron na plataforma, así como o alumnado dentro do horario lectivo, para realizar as tarefas propostas.

Con relación ao O03PD, destácase a utilización cada vez con máis pulo do espazo Abalar, tanto por parte do profesorado como por parte das familias.

3º Trimestre

En relación ao O01PD, unha vez rematado o PFPP, o profesorado continuou a empregar as pizarras e a Aula Virtual para mellorar as aprendizaxes do alumnado. O alumnado accede á Aula Virtual tanto dentro do horario lectivo como fóra del.

Elaborouse un banco de actividades na aula virtual, onde as familias interactuaron. Intentarase continuar nesta liña para os vindeiros cursos.

En canto ao O03PD, as comunicacións mediante o espazo Abalar é cada vez máis fluida, tanto para a recepción de avisos como para peticións de titorías ou xustificar faltas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Durante este curso académico, realizaranse as avaliacións trimestrais do plan, ás cales forman parte da avaliación procesual. Ditas avaliacións serán realizadas polo coordinador ADIX. No mes de xuño realízase unha avaliación final do Plan Dixital a través dunha enquisa, tanto o alumnado como o profesorado,realizada a través de Google Forms.

Valoración xeral

A valoración final do Plan Dixital é positiva, posto que se implicou ao conxunto da comunidade educativa para acadar os obxectivos marcados, acadándoos completamente.

Así mesmo, mellorouse o proceso de ensino-aprendizaxe e a competencia dixital do alumnado.

Proposta de mellora

Proponse continuar mellorando a Aula Virtual como elemento motivante para o alumnado, tratando de que teña unha mellor estrutura e un banco aínda máis rico de tarefas,

Do mesmo xeito, o uso do Espazo Abalar debe seguir sendo o medio de comunicación coas familias. Neste sentido, tentarase que cada vez máis familias o empreguen.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Dito plan dixital será difundido a todos os membros do equipo docente, alumnos e familias. Dito plan dixital está exposto na marxe dereita da páxina web do centro para que todas as familias teñan acceso ao seu funcionamento. Existen tres vías principais para a presentación e difusión do plan dixital: a reunión de claustro de profesorado en setembro na que se lle presentará ás mestras e mestres dito plan. A reunion do consello escolar que se levará a cabo a finais de setembro ou principios de outubro na que toda a información do plan será presentada aos asistentes. A través da páxina web do centro estará disponible xunto co resto de documentos oficiais e novidades do centro.