Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do Plan Dixital realizouse a través das actas das reunións do equipo EDPD e das reunións coa mentora ADIX. Comprobouse en cada reunión o estado dos obxectivos e analizáronse os motivos da evolución de cada un deles.
As funcións que se levaron a cabo durante este trimestre foron:
- Nomeamento de novos coordinadores.
- Funcións de cada equipo.
- Nomeamento do novo equipo dinamizador.
- Proposta de novos obxectivos para este curso 23/24.
- Posta en marcha das accións dos obxectovos, en concreto:
- Obxectivo 1 (dinamización das AV do centro): Informouse en claustro dos mínimos esixidos aos docentes para cumprir este obxectivo.
- Obxectivo 2 (emprego dos paneis dixitais en primaria): Creouse un PFPP sobre o uso dos paneis dixitais, Canva e Genially.
- Obxectivo 4 (Edixgal en 3º ESO): Implementouse Edixgal en 3º ESO. Hai moitos docentes que non están contentos e cabe a posibilidade de que cando remate o compromiso de 4 anos se decida abandoar o programa.
- Obxectivo 5 (formación inicial en Grid 3): Creouse a liña de PFPP sobre Grid 3 para iniciar aos docentes novos neste software de comunicación alternativa. Os traballos relacionados con esta liña serán recursos elaborados específicamente para as características das NEAE do alumnado co que traballa cada docente.
- Obxectivo 6 (Polos Creativos): Creouse un PFPP de forografía e edición de vídeo que da continuidado ao iniciado o curso pasado. Preténdese tamén ao marxe do PFPP explorar as posibilidades que nos ofrece o plotter de corte e a cortadora láser.
A evolución dos obxectivos nestre trimestre foi como se indica a continuación:
- Obxectivo 2 (emprego dos paneis dixitais en primaria): celebrouse a formación do PFPP sobre o uso dos paneis dixitais, Canva e Genially. Marcáronse as datas das entregas dos diferentes traballos empregando estas ferramentas. Agúns xa se entregaron e outros aínda non.
- Obxectivo 5 (formación inicial en Grid 3): celebrouse a formación do Grid 3. Os traballos relacionados con esta liña van entregándose a bo ritmo, pero non está proposta a súa finalización a ta o terceiro trimestre.
- Obxectivo 6 (Polos Creativos): os participantes recibiron a formación de fotografía (emprego de cámaras réflex en manual) e edición de vídeo ( Kdenlive e Gimp). Non se comezou co Plotter nin coa cortadora láser.
- Obxectivo 1 (dinamización das AV do centro): Non hai interese neste obxectivo. As AV que si están en funcionamento son as ligadas ás materias de edixgal polo que consideramos o obxectivo acadado parcialmente.
- Obxectivo 2 (emprego dos paneis dixitais en primaria): Celebrouse con éxito a liña do PFPP sobre o uso dos paneis dixitais, Canva e Genially. Obxectivo acadado.
- Obxectivo 4 (Edixgal en 3º ESO): Implementouse Edixgal en 3º ESO. Hai moitos docentes que non están contentos e cabe a posibilidade de que cando remate o compromiso de 4 anos se decida abandoar o programa. O curso que ven introducirase Edixgal en 4º da ESO. Obxectivo Acadado.
- Obxectivo 5 (formación inicial en Grid 3): Levouse a cabo a formación con moita implicación dos participantes, conseguindo co traballo vinculado a el material para alumnado con TEA e co PC. Obxectivo acadado.
- Obxectivo 6 (Polos Creativos): No último docentes voluntarios autoformáronse no emprego de plotter de corte e máis da cortadora láser e con estas ferramentas o lumnado elaborou material en madeira para os compañeiros con necesidades educativas e para os máis pequenos. Obxectivo acadado.
- Obxectivo 7 (AV para aloxar documentación docente): Non se puxo en marcha este obxectivo. En cursos vindeiros deberán decidir se interesa ou non poñer en marcha este obxectivo. Obxectivo pendente.
Avaliación
Valoramos positivamente os resultados acadados xa que de 7 obxectivos propostos: 5 acadáronse, 1 cumpriuse parcialmente e só o último quedou sen poñerse en marcha.
En adiante, e vendo o seguimento dos diferente obxectivos, deberase decidir por que camiño ten que ir a dixitalización neste centro atendendo ao contexto, tanto do alumnado coma do profesorado.
Como propostas de mellora propoñemos que se insista ao clautro docente para que se aporten ideas por parte de todos. Ésta é a única forma de avanzar de xeito colectivo.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital do centro darase a coñecer a través da páxina web do CPI, ao mesmo tempo que se difundirá entre as familias a través da Asociación de Nais e Pais; Á hora de elaborar os trípticos para as xornadas de acollida do novo alumnado e difusión dos mesmos nas escolas infantís da zona, o Plan Dixital estará presente nel.