1.1. Datos básicos do centro
IES As Lagoas, Rúa Eduardo Blanco Amor nº2 32004 OURENSE TLFNO. 988 685 020 e-mail: ies.aslagoas@edu.xunta.es
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesaslagoas/
• OFERTA EDUCATIVA:
ESO (1º, 2º, 3º, 4º).
Bacharelato (1º e 2º) nas modalidades de Artes (na vía de Artes Escénicas, Música e Danza), Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais.
O curso 2019-2020 comezou o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía: o STEMbach.
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
A Programación Xeral Anual do centro (PXA) do presente curso 2023-24, inclúe como obxectivos relacionados total ou parcialmente co Plan Dixital os seguintes:
n.º 2: Dar continuidade ao desenvolvemento do Plan Dixital.
n.º 3: Dar continuidade e facer insistencia nos aspectos do IES que viñeron funcionando de forma satisfactoria e corrixir aqueles que temos avaliado como susceptibles de mellora, principalmente os referidos ao mundo dixital e ao mundo da innovación.
n.º 5: Impulsar a formación docente, incidindo nos aspectos que nos permitan un proceso de mellora constante.
n.º 9: Asentar o funcionamento de determinadas áreas da vida do centro con importantes dedicacións e actividades: titorías, biblioteca, mediación e convivencia, educación dixital e equipos informáticos, saúde e medio ambiente, innovación, etc.
Na actual PXA aparece un apartado dedicado ao PLAN DIXITAL DO CENTRO, no que se insiste na formación na ferramenta da Aula Virtual (coa homologación do nivel competencial B.1) de cara a mellorar o desenvolvemento deste recurso, co Seminario xa aprobado PFPP 02331078 Aula Virtual: recursos didácticos e comunicativos, de 40 horas, coordinado polo profesor de grego do centro, e coordinador das TIC, Daniel García Cancio.
1.3. Marco legal
Este Plan Dixital de centro ten a súa base legal na seguinte normativa:
• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
1.4. Proceso de elaboración
Na elaboración deste plan hai que salientar a creación dunha liña de formación PFPP no curso 2021/22 coa participación dunha parte do profesorado do centro, coordinado por María Cristina Fernández-Arruty Ferro, que contiña unha liña de formación para desenvolver o Plan Dixital.
Creouse un equipo de dinamización do Plan Dixital, coordinado por José Manuel Gargallo Abelairas (coordinador TIC do centro), en colaboración cos equipos ADIX a través dun espazo na aula virtual na seguinte dirección: Plan Dixital: Acceder ao sitio (xunta.gal)
Creouse un espazo, dentro da aula virtual do IES, para compartir documentos, traballar en equipo e xestionar as tarefas en relación coa elaboración do borrador do PD.
Organizouse o diagnóstico da situación do centro coa axuda da ferramenta Selfie proporcionada pola Comisión Europea.
Coa axuda dos resultados acadados co Selfie e os do Test de CDD, fíxose a análise da situación do centro a través dun DAFO.
Elaboráronse as táboas de obxectivos e debatéronse ata chegar ás definitivas.
Houbo reunións periódicas do equipo de dinamización do Plan Dixital para traballar e chegar acordos.
No curso 2022-23 comezou a implantación do Plan Dixital: aprobouse o Proxecto de Polos creativos e iniciouse a súa creación; outras novas prácticas adquiridas: Bibliotecas escolares, CP Inclúe, CP Innova, Proxecta+, STEAMBACH, PROA+, ERASMUS+. Implementación das ferramentas Abalar e AV no uso cotiá do profesorado.
No curso actual, que é o último do proceso de implantación do proxecto, o equipo dinamizador do Plan Dixital está formado polos seguintes membros:
Responsable e coeditora: Elisa Rodríguez Barés, Directora do centro.
Coordinador e coeditor: Daniel García Cancio, xefe do departamento de Grego e coordinador das TIC.
Equipo consultor e coeditor:
Francisco Xabier Álvarez Cid, profesor do departamento de Lingua e Literatura Galega.
Manuel Ángel Fernández Dopazo, profesor do departamento de Tecnoloxía.
María Cristina Fernández-Arruty Ferro, Secretaria e profesora do departamento de Matemáticas.
Carmen González Serodio, Xefa de Estudos e profesora do departamento de Bioloxía.
Persoa mentora: Belén Opazo Quintas, mestra do CEIP Mestre Vide, do ADIX OU 1.
1.5. Plan de traballo do EDPlanDixital para o primeiro trimestre do curso 2023-24
Na 1ª sesión do equipo, que tivo lugar o xoves 26 de outubro ás 16:00 no IES As Lagoas na Aula de 4º ESO B, chegouse ó acordo de repartir a adaptación dos obxectivos á nova situación do presente curso, do seguinte xeito:
O1: María Cristina Fernández-Arruty Ferro
O2: Elisa Rodríguez Barés
O3 e O5 : Francisco Xabier Álvarez Cid
O4 O8 e O10: Daniel García Cancio
O6 e O7: Carmen González Serodio
O9 e O11 : Manuel Ángel Fernández Dopazo