Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para realizar o seguimento do Plan Dixital, o Equipo Dinamizardor xuntarase para ver a evolución dos obxectivos e as accións plantexadas e polo tanto poder incidir naquelas que teñan máis dificultades de consecución.
A mentora Adix poderá reunirse coa coordinadora para consultar dúbidas e valorar os avances de tal maneira que se consigan en maior medida os obxectivos plantexados e polo tanto a avaliación sexa positiva.
A persoa coordinadora vai ter acceso á ferramenta EduCalidade para ir reflexando o proceso e polo tanto a avaliación do Plan Dixital.
Deuselle visibilidade ao Plan Dixital na páxina web do centro. Seguimos desenvolvendo diversas actividades e levando a cabo varias accións de varios obxectivos. Rematamos a formación en ENESO e GRID 3.
Realizáronse as reunións correspondentes ao primeiro trimestre sobre Polos Creativos, recolléronse propostas e aprazouse para o segundo trimestre a posta en práctica das mesmas.
Empréganse como medios de comunicación, coordinación e difusión a páxina web, aula virtual e abalar.
Realizáronse as sesións de formación de Polos Creativos sobre impresión dixital en 3D e sobre robótica. Púxose en práctica co alumnado do 3º ciclo e posteiormente co resto do alumnado. Propúxose co alumnado do 3º ciclo faga as actividades co resto do alumnado, actuando como mestres/as, sendo guías.
Iniciáronse os retos que se propuxeron para realizar coas diferentes aplicacións dixitais e continuarán ata final de curso.
Empréganse como medios de comunicación, coordinación e difusión a páxina web, aula virtual, correo electrónico e abalar.
No terceiro trimestre rematáronse os retos de Polos Creativos:
- En Educación Infanti de 3 e 4 anos, e 1º e 3º de Educación Primaria e alumnado da aula específica e combinada: Iniciación á robótica e aplicación SCRATH (programación).
- Alumnado de 3º de Educación de Primaria: Explorando Galicia, con códigos QR.
- Alumnado de Educación Infantil de 3 e 4 anos, 3º e 5º de Educación Primaria: STOP MOTION.
- Alumnado de 6º de Educación Primaria: Coñecemos as ferramentas de LIBREOFFICE e empregámolas, edición de texto, elaboración dun cartel, presentación dunha tarefa e edición video.
- Alumnado de 5º e 6º: Experimentando coa aplicación SCRATH.
Rematáronse as liñas de formación relacionadas coas Tics:
- Liña 1: Inclusión a través dos comunicadores GRID 3 e ENESO Verbo en educación primaria, para a comunidade educativa.
- Liña 2: Fomento da inclusión a través da colaboración na aula virtual. Polos creativos.
- Liña 3: Posta en funcionamento da biblioteca escolar (catalogación en KOHA)
- Liña 4: Da multiculturalidade á dixitalización. Elaboración de recursos a través da ferramenta Stop Motion.
Alumnado de 5º KITS SINGULARIS: kit de autómatas, kit das letras galegas.
Participouse nas charlas e talleres dentro do PLAN DIRECTOR, e tamén nas ofrecidas polo concello sobre ciberseguridade dentro do PROGRAMA VIXÍA.
Avaliación
Para levar a cabo o seguimento do plan dixital de centro é preciso realizar:
• Unha avaliación procesual, que se realizará ao finalizar cada trimestre, para valorar o estado da
execución das accións propostas e realizar unha análise e valoración dos resultados.
• Unha avaliación final, que se realizará ao final de curso. A través da mesma valorarase o logro
dos obxectivos e as propostas de mellora trimestrais e recollerase un informe final de
avaliación,que recolla os indicadores superados e os non superados e a valoración oportuna.
A valoración xeral é positiva, acadáronse a maioría dos obxectivos plantexados e continuarase o curso que ven con actividades enfocadas a conseguir os que están en proceso.
Para o curso próximo esperamos a implicación da totalidade do profesorado.
Tamén contamos con que nos envíen material para poder serguir avanzando na aplicación das propostas de Polos Creativos, xa que este curso apenas recibimos material.
Comunicación e difusión
É necesario informar a toda a comunidade educativa ( familias, alumnado, profesorado ), a través da páxina web, de todo o que se está a realizar no referido á estratexia dixital. É importante concienciala da importancia do bo uso das TICs, para facelas chegar aos fogares do alumnado. Daremos a coñecer o proxecto, en tódalas aulas e a todo o profesorado do centro, para que poida ser comentado nas reunións coas familias, de cara ás dificultades ou dúbidas que poidan xurdir. Consideramos importante invitar ás familias a informarse na páxina web do Centro e implicarse na supervisión das tarefas dixitais propostas para os/as seus fillos/as, na aula virtual e na páxina web do centro. Para compensar as desigualdades das familias do alumnado, en canto as TICs, ofertaranse outras vías de axuda como: charlas informativas, escola de pais, elaboración de dípticos ou pequenos grupos colaborativos.