Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:
    • O centro está situado preto do centro da cidade. No que respecta aos parámetros socioeconómicos, a cidade é actualmente un nó de comunicacións e servizos cuxo potencial industrial máis importante é o seu parque tecnolóxico, destacando os sectores da industria alimentaria e téxtil e construcións mecánicas. Tamén hai outras empresas relacionadas co automobilismo e algunha coa aeronáutica. A maioría do alumnado é natural da cidade pero tamén existe poboación estranxeira. O índice socioeconómico das familias é medio naquelas propias da zona, pero no caso de alumnado estranxeiro este nivel é máis ben medio-baixo, aínda que non en todos os casos é así.
    • Acolle actualmente a 168 alumnos distribuídos nas etapas de educación infantil e primaria. Todo o alumnado que presenta necesidades educativas é atendido polo profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL).
    • O colexio oferta os servizos complementarios de atención matinal e de comedor, así como una variedade de actividades complementarias xestionadas polo Equipo Directivo.
    • A proposta educativa é ao servizo da persoa, traballando valores de alegría, austeridade e promoción da paz. Preténdese acadar isto a través dunha estreita relación entre os membros da comunidade educativa, convertendo ao alumnado en persoas creativas e responsables que saiban, no futuro, afrontar diversas situacións de maneira crítica e humanizada.
    • Como persoal docente hai trece mestres os cales se distribúen da seguinte maneira: tres mestras titoras en educación infantil (unha por grupo); seis mestres/as titores/as en educación primaria (un por grupo) dos cales un é o mestre especialista en educación física; un mestre de PT que tamén imparte a materia de música; unha mestra de AL; un mestre de relixión; e unha mestra de lingua estranxeira.

 

  • Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa:
    • O centro amosa o seu compromiso por impulsar tecnoloxías dixitais entre a comunidade educativa, promovendo periodicamente sesión formativas e de concienciación ao alumnado en relación ao seu uso responsable. Desde 2018 tamén se reforzou de maneira exponencial o emprego da páxina web e a presenza nas redes sociais. Tamén se creou unha canle de Telegram e PíoBot (un bot con información automatizada) co obxectivo de fortalecer o compromiso de información coa comunidade educativa, achega que forma parte da identidade do noso proxecto educativo.
    • Aínda que na actualidade non hai participación en programas de innovación, si que se ten levado a cabo en cursos anteriores, colaborando con institucións e universidades nun proxecto europeo.

 

  • Contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 22/23:
    • O Plan Dixital do centro exercerá unha enorme influencia na planificación do vindeiro curso, posto que esixe novas propostas e compromisos de actuación, especialmente as relacionadas coa formación permanente do profesorado. Potenciará as reunións dos equipos de nivel, que deberán formular unha metodoloxía na que as demandas deste plan teñan cabida, favorecendo a competencia dixital da comunidade educativa.

 

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Proceso de elaboración

No curso 2021/22 formouse un Equipo de Dinamización integrado polos tres membros do Equipo Directivo, dos cales o xefe de estudos foi nomeado coordinador, e que recibiu formación por parte dunha mentora asignada ao centro mediante un curso da aula virtual con videoconferencias e contacto a través dun foro de dúbidas: https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/course/view.php?id=18

Establecéronse dúas fases con tarefas:

  • Fase I: análise e diagnose de situación dos centros:
    • Presentación e contacto co centro.
    • Comezo do SELFIE e preguntas personalizadas: trátase dunha ferramenta que permitiu realizar unha diagnose sobre a situación do profesorado, alumnado de cuarto de primaria en adiante e equipo directivo respecto a unha ampla variedade de categorías.
    • Informe de resultados do SELFIE: elaboración dun documento cos resultados.
    • Informe grupal do Test de Competencia Dixital Docente (test CDD): trátase dunha ferramenta para coñecer a competencia dixital de todo o profesorado e que se realizou desde FProfe.
    • Informe DAFO: documento que expón as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades detectadas grazas aos resultados obtidos do SELFIE e do Test CDD.
  • Fase II: deseño e elaboración do Plan Dixital:
    • Obxectivos do Plan de Acción: unha vez atopadas as necesidades do centro establecéronse obxectivos cunha serie de indicadores, procedementos, materiais e calendario de traballo.
    • Plan Dixital: documento final que recolle todo o realizado ata o momento.
  • Fase III: posta en marcha, seguimento e avaliación do presente plan (curso 2022/23)

No curso 2022/23 o Plan Dixital rexistrouse na plataforma EduCalidade quedaron obxectivos sen cumprir, acadándose o 50%. Neste curso 2023/24 retomaránse e formúlanse outros novos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital constituído no curso 2021/22 polos membros do Equipo Directivo recibiu formación durante varias fases a través das coordinacións ADIX, entre outros aspectos, para aplicar instrumentos de recollida de información que permitisen realizar unha diagnose do centro. 

Nunha primeira fase recolléronse datos aplicando o cuestionario SELFIE ao equipo directivo, profesorado e alumnado. Posteriormente tamén se someteu ao profesorado á aplicación do Test de Competencia Dixital Docente. Con todos estes datos procedeuse a unha análise DAFO (dificultades, ameazas, fortalezas e oportunidades) que permitiu coñecer con maior exactitude a situación actual no eido dixital.

Todos estes elementos sentaron a base do deseño de obxectivos SMART (específicos, medibles, alcanzables, relevantes e definidos no tempo) e que se concretaron en accións a desenvolver.  

As necesidades e fortalezas do centro é sempre unha cuestión viva e sometida a múltiples variables: contexto socioeconómico das familias, formación contínua do profesorado, actitude do alumnado, recursos materiais e dotación económica, etc... Por este motivo, ao inicio deste curso 2023/24 levouse a cabo unha fonda reflexión sobre a vixencia delas e realizáronse algúns axustes nos elementos DAFO, incorporando as achegas aportadas polo persoal docente, contemplando novas debilidades ou descartando outras que xa foron solventadas. 

Interno
53 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H6: Non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon na internet. Alumnado Non
Debilidade H11:Non aprende a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade H4: Non aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade H10: Non se utiliza a tecnoloxía en diferentes materias. Alumnado Non
Debilidade H7: Non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade H8: Non aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade H13: Non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade 1. Descoñecemento inicial da importancia dun bo uso dos dispositivos dixitais Familias Si
Debilidade C16: Non existen repositorios ou bibliotecas en liña con materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade C14: O centro non dispón de espazos físicos que faciliten o ensino e a aprendizaxe con dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade C15: O alumnado con necesidades educativas especiais non ten acceso suficiente a tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Debilidade C10: Non se conta con dispositivos portátiles para que o alumnado leve a casa. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Inseguridades persoais e escasa formación da maioría do persoal para seguir explorando novas entornas dixitais Oferta Non
Debilidade Publicacións escasas nas redes sociais (Facebook e Twitter) sobre as actividades diarias desenvolvidas no centro. Oferta Si
Debilidade G8: Non se facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade B4: Non se colabora con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade C11: No centro non se toman medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade C13: O alumnado non pode traer os seus propios dispositivos portátiles para utilizalos durante as clases. Organización de centro Non
Debilidade C12: Non se conta cun plan para axudar ao persoal docente a abordar os retos que xorden na aprendizaxe híbrida, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Debilidade A2: O profesorado non se involucra no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Organización de centro Non
Debilidade F6: Non fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G6: Non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros/as. Persoal docente Non
Debilidade D1: Non se produce un debate entre o persoal docente sobre as necesidades de Formación Permanente no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G5: Non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade B1: Non avalía os progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade D3: Non recibe axuda para que intercambie experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade E2: Unha parte non crea recursos dixitais suficientes para reforzar a súa labor docente. Persoal docente Non
Debilidade E5: Unha parte non utiliza recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Debilidade E3: Unha parte non emprega contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Unha parte do persoal non ten unha acreditación oficial da súa competencia dixital a pesar de posuír tales habilidades e coñecementos. Persoal docente Si
Fortaleza H3: Aprende a actuar de maneira responsable e a respectar aos demais cando utiliza a internet. Alumnado Non
Fortaleza H1: Aprende a actuar de maneira segura na internet. Alumnado Non
Fortaleza 1. Grande apoio das familias para apostar por un cambio na metodoloxía educativa que aposte polo emprego de ferramentas dixitais Familias Non
Fortaleza C3: Disponse de acceso a internet de boa calidade. Infraestruturas Non
Fortaleza C1: Disponse de infraestrutura dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza C2: Existen dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Variedade de canles na rede para ofercer información actualizada sobre o centro e as súas actividades: (web intuitiva, perfís en Facebook, Twitter, canle pública en Telegram, grupos privados de aula e PíoBot de Telegram (bot con información automatizada do centro) Oferta Non
Fortaleza C5: O centro dispón de asistencia técnica cando hai problemas coa tecnoloxía. Organización de centro Non
Fortaleza A1: O centro conta cunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza E1: Realíza búsquedas de recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza B3: O centro utiliza tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Persoal docente Non
Fortaleza A3: Recibe apoio para que explore novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Non
Fortaleza D2: Ten acceso a posibilidades de Plans de Formación Permanente no relativo ao ensino dixital. Persoal docente Non
Fortaleza B2: No centro debátese sobre as vantaxes e desvantaxes sobre o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza G9: O persoal docente utiliza datos dixitais sobre alumnado concreto para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza F4: Realiza actividades de aprendizaxe dixitais que motivan ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F5: Utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración/colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G7: O persoal docente axuda a utilizar tecnoloxías dixitais para fins de avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza G3: Utiliza tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F1: Utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F3: Utiliza actividades de aprendizaxe dixitais que fomentan a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1: Utiliza tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
53 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C8: O centro non conta con dispositivos dixitais nin os xestiona para que o alumnado os poida utilizar cando o necesita porque non recibe a dotación económica necesaria. Administración educativa Si
Ameaza A4: O persoal docente non conta con tempo suficiente para explorar como mellorar o seu método de ensino con tecnoloxías dixital porque existe unha sobrecarga burocrática que llo impide. Administración educativa Non
Ameaza 2. Falta de formación ou competencia dixital dos membros Contorna Non
Ameaza 1. Escaseza de propostas ou iniciativas con outros centros educativos Contorna Non
Ameaza C11: Dificultades para resolver os problemas provocados pola Fenda dixital Contorna Non
Ameaza A5. No centro respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Lexislación Non
Ameaza 1. Dificultades para coñecer os cambios lexislativos. Lexislación Non
Oportunidade 1. Ampliación da oferta de cursos de formación en materia dixital Administración educativa Non
Oportunidade 1. Elevado interese por ofertar actividades que melloren as competencias dixitais Contorna Non
Oportunidade 1. Escaseza de dispositivos para uso do alumnado en actividades extraescolares. Contorna Non
Oportunidade C7: No centro existen sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade 1. Elevado interese por ofertar actividades que melloren as competencias dixitais Outras Non
Oportunidade 1. Colaboracións puntuais con diferentes axentes externos (por exemplo, co Seminario Galán, creando recursos para dinamizar a lingua) Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar un inventario do equipamento de centro para detectar necesidades e optimizar os recursos existentes.
O02PD Difundir entre as familias accións formativas sobre a importancia do bo uso dos dispositivos dixitais.
O03PD Utilizar as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe.
O04PD Potenciar as redes sociais de Facebook e Twitter como ferramentas dixitais transmisoras das actividades desenvolvidas no centro.
O05PD Iniciarse no programa Polos Creativos
O06PD Conseguir que o 25% do profesorado acredite polo menos o nivel B1 de competencia dixital.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No momento en que un obxectivo se cumpra ou se detecten dificultades que impidan a súa consecución tamén se realizará unha avaliación da situación e non se agardará ao remate do trimestre para intervir.

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, ao remate do curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. 

Esta avaliación, realizada polo Claustro, será recollida por un equipo de apoio que lle remitirá todas estas cuestións ao Equipo de Dinamización do Plan Dixital e serán divulgadas ao Consello Escolar.

1º Trimestre

Dos obxectivos formulados para abordar durante o primeiro trimestre cómpre decir:

  • O02PD: Utilizar as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe: acadouse sen dificultade e segundo o programado, pero ao ter carácter trimestral retomarase no segundo e terceiro trimestre.
  • O04PD: Potenciar as redes sociais de Facebook e Twitter como ferramentas dixitais transmisoras das actividades desenvolvidas no centro: cumpriuse o calendario de traballo establecido. Procedeuse a crear o grupo de traballo e unha estratexia de publicacións. Estase aplicando e ao remate do curso realizarase unha valoración final.
  • O05PD: Iniciarse no programa Polos Creativos: creouse un grupo dinamizador pero ao non recibir o material de Polos Creativos non se puido continuar segundo o planificado.
2º Trimestre

Dos obxectivos formulados para abordar durante o segundo trimestre cómpre decir:

  • O01PD: Realizar un inventario do equipamento de centro para detectar necesidades e optimizar os recursos existentes: tivéronse que realizar adaptacións no calendario de traballo, demorándose algunhas accións de traballo. Con todo, contémplase conseguir este obxectivo no terceiro trimestre.
  • O02PD: Difundir entre as familias accións formativas sobre a importancia do bo uso dos dispositivos dixitais: conseguíuse sen dificultade segundo o programado. 
  • O03PD: Utilizar as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe: continuouse aplicando exitosamente.
  • O04PD: Potenciar as redes sociais de Facebook e Twitter como ferramentas dixitais transmisoras das actividades desenvolvidas no centro: mantívose un ritmo de traballo constante no cumprimento deste obxectivo. 
  • O05PD: Iniciarse no programa Polos Creativos: atópase paralizado este obxectivo ao non recibir a dotación de materiais que estaba previsto.

Respecto ao O06PD: Conseguir que o 25% do profesorado acredite polo menos o nivel B1 de competencia dixital, o Claustro aínda non abordou esta cuestión, quedando relegada para o terceiro trimestre.

3º Trimestre

De todos os obxectivos planteados para este curso puideronse acadar todos a excpción do seguinte:

O06PD: Conseguir que o 25% do profesorado acredite polo menos o nivel B1 de competencia dixital.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No momento en que un obxectivo se cumpra ou se detecten dificultades que impidan a súa consecución tamén se realizará unha avaliación da situación e non se agardará ao remate do trimestre para intervir.  

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, ao remate do curso. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Esta avaliación, realizada polo Claustro, será recollida por un equipo de apoio que lle remitirá todas estas cuestións ao Equipo de Dinamización do Plan Dixital e serán divulgadas ao Consello Escolar.

Valoración xeral

Tal e como se pode observar no seguimento dos obxectivos formulados ao comezo do curso, a valoración xeral da implantación do plan dixital no centro foi moi boa.

Proposta de mellora
  • Iniciar un programa piloto de aula dixital con tablets Chromebook para o terceiro ciclo de educación primaria.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será difundido a toda a comunidade educativa a través da páxina web, redes sociais do centro e reunións coas familias.

Ligazón web da secretaría virtual: https://colexiosanpiox.gal/secretaria