Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para o seguimento e avaliación do Plan Dixital creouse un grupo de traballo, dentro do PFPP, que levou a cabo esta tarefa. Devandito grupo de traballo estivo formado polos seguintes docentes:
- Alfonso Rodríguez , Margarita (Xefa de Estudos).
- Álvarez Rodríguez , Eva (profesora dpto. de Tecnoloxía).
- del Río Vázquez , Fernando Javier (profesor dpto. de Tecnoloxía).
- Suárez García , Carolina (Secretaria do Centro).
- Lorenzo Valdivieso , Daniel (Director).
- Quintana Devesa , Olga (Vicedirectora).
- González Pérez , Roberto Carlos. Coordinador Abalar (profesor dpto. de Tecnoloxía).
- González de Mena , María de los Ángeles. Coordinadora do grupo de traballo (profesora dpto. de Tecnoloxía).
O grupo de traballo reuniuse cunha periodicidade aproximada de mes e medio, os martes de 16:30 a 20:30 xa que era o día e hora que viña ben a todo os membros, xa que os luns hai clase polas tardes e os xoves adoita ser o día que se celebran Claustros, Consellos ou reunións de CCP.
A Coordinación TIC e Abalar foron un pouco os dinamizadores das devanditas reunións: propoñendo os temas para tratar, facilitando as formacións que foron necesarias e repartindo un pouco as tarefas entre os distintos membros do grupo. Normalmente as coordinacións reuníanse o mércores anterior para preparar a reunión.
A metodoloxía de traballo foi unha metodoloxía participativa e colaborativa.
As coordinadores TIC e ABALAR encargáronse da organización das reunións, a dinamización das mesmas e da planificación global do traballo.
O grupo encargouse de achegar ideas e de realizar aquelas tarefas específicas que se lle encargaron ou ás que se comprometeu en función das súas habilidades, capacidades ou competencia.
Os coordinadores tentaron de xestionar os tempos e as tarefas do xeito máis xusto para todos os membros de tal xeito que todos tiveran mais o menos a mesma carga de traballo, e este este adaptásese o máis posible aos seus gustos, habilidades e capacidades.
Relación de reunións levadas a cabo e temas tratados en cada unha delas:
- Reunión 28/11/2023: Esta foi unha primeira reunión de toma de contacto e de planificación do traballo para o próximo mes e medio. Nela expuxéronse os temas tratados na reunión coa coordinadora ADIX: a elaboración dun inventario TIC de centro xa que se vai a poñer en marcha unha aplicación onde os centros deberán cargar o seu inventario TIC, o priorizar a cuestións relacionadas coa formación en seguridade dixital e redes de toda a comunidade educativa, a existencia da ferramenta ABALAR BOX .. e a recomendación por parte da Coordinadora ADIX de incluír todas ou algunhas delas nos obxectivos do Plan Dixital para este curso 23-24. Tamén se revisaron os obxectivos de Plan 22/23 valorando a súa continuidade ou non para este 23-24, decidiron eliminarse algúns, xa que eran obxectivos finalistas e estaban alcanzados, manter outros que son de continuidade, modificar algúns e adaptalos á realidade actual e incluír algún obxectivo novo. Así mesmo fíxose unha repartición para a revisión e a actualización dos devanditos obxectivos polos distintos membros do grupo de traballo, fixando o final de trimestre como data tope para telos actualizados. Tamén se traslado ao grupo a información dada pola Coordinación ADIX sobre o feito de publicar o Plan Dixital de Centro na páxina web de Centro para, desta maneira e como os demais centros de Galicia, facelo público. Por iso instouse ao grupo para traballar coa maior celeridade posible na actualización do Plan Dixital para este curso 23-24.Presentáronse distintas actividades para desenvolver co alumnado, profesorado e familias en relación ao feito de facer un uso responsable da internet e decidiuse solicitar a maior parte delas englobadas no novo obxectivo: O14PD Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa.O profesorado que está a impartir o curso de Capacitación Dixital expuxo un pouco o traballo que se estaba desenvolvendo e as súas impresións e dificultades.
- Reunión 06/02/2024: Revisáronse os obxectivos do primeiro trimestre e avaliouse o grao de consecución daqueles que vencían no devandito trimestre e a consecución daqueles que teñen carácter anual, engadíronse as accións correspondentes de cada un destes. Polos creativos: achega de infomación por parte do responsable no Centro do explicado nas charlas de formación as que ten asistido, e constatouse a necesidade de formación do profesorado no uso dos materiais asociados á dotación de Polos Creativos e a posibilidade de solicitar ao CFR unha formación por parte dun asesor externo. Levouse a cabo, por parte dos Coordinadores TIC e ABALAR unha pequena formación no uso de Google Forms.
Xestionar e manter as AV do Centro
Creáronse todas a AV novas para este curso, mantivéronse as de cursos anteriores necesarias e elimináronse todas aquelas que non se ían a utilizar
Manter o asesoramento do profesorado no eido das AV
Púxose ao dispor do profesorado o AV aberta para a formación en AV MOODLE PARA O PROFESORADO titorizada pola coordinación TIC
Promover a comunicación entre os titores/as e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro
A Xefatura de Estudos proporcionou a todos os titores e titoras toda a información referente á aplicación AbalarPro e animounos ao seu uso.
Fomentar a participación do alumnado en actividades relacionadas cas TIC promovidas por distintas entidades
- O alumnado de 2º ESO participou na actividade VOANDO COS NÚMEROS, organizada nas Aulas Newton da Tecnópole en Ourense
Fomentar a participación do alumnado en actividades relacionadas co uso seguro da Internet e das redes socialis
- O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital participou na charla INICIACIÓN SEGURA Á PEGADA DIXITAL E ÁS REDES SOCIAIS, organizada pola Consellería de Educación en desenvolta por AMTEGA
Establecer e por en marcha un protocolo para detectar e xestionar as necesidade TIC do noso alumnado:
A direccion do Centro ca colaboración dos titores de cada un dos grupos levou a cabo a enquisa elaborada para coñecer as necesidades TIC do alumnado do Centro e darlle resposta as mesmas en función das posibilidades cas que contamos.
Establecer e dar a coñecer o protocolo de utilización das Aulas de Informática
No Claustro de decembro deuse a coñecer o protocolo de utilización das Aulas de Informática
Difusión da canle de comuniciación de incidencias relativas a equipamento dixital
No Claustro de principio de curso deuse a coñecer a canle para notificar as incidencias TIC
Inventariar a equipación TIC dos departamentos docentes
Na CCP lembrouselle ós Xefes/as de Departamento a necesidade de manter actualizados os inventarios TIC, segundo a folla de cálculo remitida a finais do pasado curso
PFPP Creación de recursos dixitais - avaliación en contornas Moodle:
En función dos resultados obtidos na enquisa realizada polo profesorado ao comezo de curso, ao profesorado interesado en formación avanzada en AV propuxéronselle os dous posibles grupos de traballo recolleitos neste Plan Dixital,
A maior parte do profesorado está interesado na realización de cursos relacionados ca obtención de horas para a acreditación da Competencia Dixital Docente.
Non se conta polo tanto con profesorado suficiente para ningún dos grupos de traballo.
Desenvolvemento de Cursos de Capacitación Dixital
Ao longo dos meses de Octubro, Novembro e Decembro levaronse a cabo catro cursos de Capacitación Dixital impartidas por tres docentes do centro pertencentes ao Departamento de Tecnoloxía.
Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa:
- Obra de teatro: MOZAS NA REDE O alumnado de 4ºESO asistíu no Paraninfo do Otero Pedrayo á función de peche da obra teatral didáctica "Mozas na rede", a través do programa de innovación educativa Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade". A sempre marabillosa Estíbaliz Veiga presentounos catro historias baseadas en feitos reais e unha quinta de autoficción, vivida por ela mesma, centradas no grooming ou ciberacoso.
Mellora dos recursos TIC do Centro:
Con fondos do Marco do Plan de Capacitación Dixital financiado polo Fondo Social Europeo adquiríronse para o centro
- 25 libros eléctónicos. 20 na Biblioteca para préstamo e 5 na Secretaría para uso docente nas aulas
- Equipos informaticos dos departamentos docentes. Un equipo por departamento.
Tamén compre destacar:
- A mellora na instalación / cableado do centro. Trasladando e actualizando o rack da Secretaría
- A achega de 16 equipos de sobremesa por parte da Consellería, os cales foron para a aula de Informática de InfoBilblo (no soto do Edificio Anexo), 3ª aula de Informática, creada o pasado curso e que ainda non estaba dotada de equipos propios. Serían necesarios outros 10 equipos para dotala axeitadamente.
Fomentar a participación do alumnado en actividades relacionadas cas TIC promovidas por distintas entidades
- Conferencia STEM: “As mulleres nas carreiras científicas”, Zulema Varela, alumnado 4º ESO. (18/03/2024)
- Visita á Unidade de innovación experimental, simulación clínica e seguridade do paciente da Área Sanitaria de Ourense por parte do alumnado de 1º de BAC.
Neste epígrafe compre sinalar tamén a realización das probas de certificación da competencia dixital do alumnado e 2º de bacharelato e 4º da ESO
Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa:
- Programa VIXÍA: Riscos de Internet, dirixido ao alumnado de 1º ESO (mes de abril)
- Programa de prevención de condutas violentas: uso das TICs e as redes sociais. Ciberacoso, dirixida ao alumnado de 3ºESO (mes de abril)
- Programa Navegando con Rumbo: 1º ESO (mes de mayo).
Formación do profesorado en Polos Creativos:
- Formación no CFR de Ourense, a cargo do relator Xurxo Cobelas, sobre algúns dos materiais de Polos Creativos, que neste momento atópase en emprestito no CFR. En concreto a formación versou sobre o kit croma, o kit da máquina de chapas e sobre a cortadora láser.
- Creación nas AV do centro dun curso para a formación do profesorado en Polos Creativos.
Desenvolvemento de Cursos de Capacitación Dixital
Ao longo dos meses de Abril e Mayo leváronse a cabo dous cursos máis de Capacitación Dixital impartidas por dous docentes do centro. Completando así un total de seis cursos ao longo do curso 23-24.
Promover a comunicación entre os titores/as e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro
Ao longo do curso a comunicación coas familias realizouse a través da aplicación ABALAR. Así mesmo a comunicación entre os titores e o profesorado de cada un dos grupos utilizou a aplicación ABALAR para a comunicación e a obtención de información do alumnado. Incrementándose aproximadamente nun 40% os titores que empregaron esta aplicación ao longo do curso.
Difusión das actividades na web do Centro e nas distintas redes sociais do mesmo (Facebook e Instagram)
Nas RRSS (web do centro, Facebook e Instagram) do centro foise dando difusión tanto á información de interese (prazos de matrícula, exames extraordinarios, charlas...) como ás distintas actividades tanto escolares como extraescolares que se realizaron ao longo deste curso 23-24.
Mellora do equipamento TIC do Centro
Con fondos do Marco do Plan de Capacitación Dixital financiado polo Fondo Social Europeo adquiríronse para o centro
- Dez tablets e dous armarios de carga
- Dezaseis ordenadores de sobremesa para completar a terceira Aula de Informática.
- Un canón de alta calidade
Sen estar recollido no PD compre destacar:
-
Activación do Punto Laranxa contra o Acoso escolar a web do IES
-
Na oferta educativa para o vindeiro curso engádense, ademáis das materias xa ofertadas de Educación Dixital (3º ESO), Dixitalización (4ºESO e 1º e 2º BAC), as materias de:
-
Intelixencia Artificial para a socidade (4ºESO)
-
Tecnoloxías Intelixentes (1º BAC)
-
Avaliación
Crearase un grupo de traballo dentro do PFPP composto por oito membros encargado de levar a cabo o Seguimento e Avaliación do Plan Dixital do centro para o curso 2023/24..
Cada un dos obxectivos propostos neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas materialícense, así como unha temporalización para facelo.
Polo tanto a avaliación do Plan Dixital centrarase principalmente na avaliación do grado de consecución dos indicadores concretos para cada un dos obxectivos fixados.
Levarase a cabo tanto unha avaliación procesual (trimestral) e unha avaliación final.
-
AVALIACIÓN PROCESUAL: a súa frecuencia será como mínimo unha vez ao trimestre, farase seguindo a temporalización fixada para cada un dos obxectivos. Valorarase o estado de execución dos indicadores sinalados en cada obxectivo, facendo propostas de corrección se se estes non están alcanzados, modificando as accións se é necesario para acadalos ou os recursos necesarios para elo.
-
AVALIACIÓN FINAL: levará a cabo a final do curso 2023-24, valorarase se se alcanzaron o indicadores de logro de cada un de obxectivos. Valorarase tamén, cando estes indicadores de logro non se conseguiron nas datas sinaladas, se as medidas introducidas para reverter esta situación foron efectivas. Tamén se hai valores previstos de logro que non se alcanzaron analizarase as razóns de porque non se conseguiu e se é posible que as expectativas de partida non fosen demasiado realistas.
Tamén se avaliará a adecuación da estrutura organizativa para a elaboración e implementación do plan, abrindo un debate sobre sobre iso no grupo de dinamización TIC
Reflexión no grupo de dinamización TIC sobre o efecto dos obxectivos fixados e acadados na mellora da realidade TIC do centro.
Ao longo de cada un dos trimestres fóronse revisando os obxectivos e vendo os indicadores de logros alcanzados en cada un diso e realizando os seguimentos pertinentes, que, na súa maioría foron alcanzados dunha maneira moi satisfactoria.
Os puntos nos que alcanzamos un logro maior que o inicialmente previsto a principio de curso foron:
- Mellora dos recursos TIC do centro (016PD): Esta mellora está relacionada directamente cos ingresos adicionais dos fondos do Marco do Plan de Capacitación Dixital financiado polo Fondo Social Europeo pola impartición dos 6 cursos de Capacitación Dixital desenvoltos ao longo do curso e as achegad de dotación de equipos informáticos da Consellería.
- Promover a comunicación entre os titores/as e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (O01PD)
- Consolidar a presencia do centro en redes sociais e internet (O02PD)
- Xestionar e manter as AV do Centro (O13PD)
- Formación en seguridade informática e boas prácticas na rede de toda a comunidade educativa (O14PD): Este ano centrámonos principalmente no alumnado, para o próximo curso queremos centrarnos tamén nas familias, xa que consideramos que hai moita necesidade diso.
- Desenvolvemento de Cursos de Capacitación Dixital (O15PD) dos tres cursos que tiñamos previstos a principio de curso, ao final realizamos seis, sendo unha experiencia moi enriquecedora, tanto para o profesorado que impartiu os cursos como para o alumnado ao que foron dirixidos.
Os puntos que non se desenvolveron na súa totalidade ou non se chegaron a de desenvolver foron:
- Continuar co proxecto das audioguias para as pezas do museo ( MUPEGA), en leste caso vídeo guías con linguaxe de signos (O04PD)
- Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle por parte do profesorado (O12PD)
- Creación de recursos dixitais para empregar na práctica docente. (O11PD)
De tal xeito que se expón a súa eliminación para o Plan Dixital 24-25, será algo que se decidirá na primeira reunión de curso.
O resto dos obxectivos forón acadados dentro dos parámetros previstos e manteránse como obxectivos para o PD 24-25.
De fronte ao próximo curso 24-25 temos xa casi decidido eliminar do Plan Dixital, aqueles obxectivos que non desenvolvemos durante o actual, xa que non vimos nin interese nin disposición niso, e tentaremos buscar alternativas, sobre todo no que formación do profesorado refírese, tentando buscar alternativas que se axusten máis ás súas necesidades (centradas principalmente en mellorar as súas CDD) ou intereses.
Con respecto á Formación en Seguridade Informática, Ética Dixital e boas prácticas nas RRSS, o nosos obxectivo, a parte de manter as charlas para o alumando, é implicar e ofertar charlas tamén ás familias e, si é posible, para o profesorado, xa que o vemos moi importante e necesario. Tentaremos implicar a AMPA do Centro nestas actividade que é un AMPA moi traballadora e preocupada en mellorar. Plantexamonos pasar un cuestionario sobre necesidades de formación dixital a principios de curso.
Con respecto á mellora da infraestrutura dixital, na que avanzamos este curso, dicir que estamos a espera dos taboleiros dixitais anunciados desde a Consellería, que se esperan para a o primeiro trimestre. De chegar plantexámonos dende o PD solicitar unha formación para o profesorado nos seus uso e aproveitamento didáctico.
Neste senso tamén o relacionado con Polos Creativos, estamos a espera de recibir o material procedente da Consellería, unha vez coñezamos a dotación, buscaremos o seu emprazamento creando un entorno STEM, diseñaremos o protocolo de uso, e, problemente solicitemos formación externa en Polos Creativos para o profesorado interesado en empregalo material.
Incidiremos así mesmo na formación no recoñecemento de dereitos de autor no ámbito dixital, a ética dixital e a IA, aínda lle temos que dar forma ao obxectivo que imos expor para iso.
Relacionado coa competencia dixital do alumnado vai ir perfilando o desenvolvemento dun Protocolo de Competencia Dixital do alumnado, empezando desde 1º ESO, e partindo na formación no uso da aula Virtual do Centro.
Comunicación e difusión
A difusión do Plan Dixital ao Claustro realizarase mediante o envío do documento a todos os seus membros a través do correo corporativo e a explicación do mesmo en Claustro.
Da mesma forma procederase cos membros do Consello Escolar, envío do documento a través do correo electrónico e explicación do mesmo en reunión do Consello Escolar.
Para a súa difusión a toda a comunidade educativa o documento, unha vez aprobado, incluirase no PEC para a súa difusión a través da páxina web do centro.