Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro


A Escola de Formación Profesional Santo Cristo é un centro concertado de educación, dependente da
Consellería de Educación da Comunidade de Galicia.
Situada na Rúa San Pedro, 2, 32002 Ourense.
Web: escolasantocristo.com
Mail: info@escolasantocristo.com
Ciclos de Formación Profesional dos tres niveis da Formación Profesional:
Nivel 1: FP Básica:
Imaxe Persoal: Peiteado e estética.
Nivel 2: Ciclos de Grao Medio:
Familia Sanitaria: Coidados auxiliares de Enfermaría e Farmacia e Parafarmacia.
Familia de Administración: Xestión Administrativa.
Nivel 3: Ciclos de Grao Superior:
Familia de Administración: Administración e Finanzas.
Equipo docente formado por 14 profesores e 200 alumnos.


1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto
Educativo do Centro


O nivel económico das familias caracterízase por ser medio-baixo. A principal ocupación da poboación da
cidade está relacionada directa ou indirectamente co sector servizos ou o funcionariado.
A maioría do alumnado provén da Ensinanza Secundaria Obrigatorio ou doutros Ciclos de Formación
Profesional.


O Plan Dixital enmárcase dentro da programación anual do centro coma un impulso renovador tanto a nivel
de infraestructura como de aptitude dixital docente. Contribúe ao Proxecto Educativo brindando recursos
tecnolóxicos ao alumnos e aos docentes para poder levar a cabo as súas labores.


1.3. Breve xustificación do mesmo


-  Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

-  Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos
ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional,
pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos
centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso
2021-2022.


1.4. Proceso de elaboración


Formación dun equipo de traballo para a elaboración do plan dixital.
Asesoramento dun mentor Adix para o centro e comunicación mediante a plataforma
https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual.


Elaboración varias fases:


• Elaboración e execución do SELFIE.
• Realización do testCDD.
• Realización do informe DAFO.
• Obxectivos do Plan de Acción.
• Redacción do Plan Dixital.


Todas estas fases deron lugar a reunións do equipo encargado da elaboración do Plan Dixital, das cales
constan actas na plataforma Fprofe.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE.

Test CDD.

Reunións de equipo.

Test cualitativo e cuantitativo.

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Mostran dificultade á hora de filtrar información (H4) Alumnado Si
Debilidade Reconocen con pouca frecuencia o traballo dos demáis (H6) Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Algúns equipos de proxección teñen unha calidade de imaxe deficiente e son incompatibles con determinadas resolucións. (C2) Infraestruturas Non
Debilidade A cantidade de memoria dalgúns equipos é insuficiente (C3). Infraestruturas Non
Debilidade Non se difunde na publicidade, web e redes sociais do centro, a oferta de recursos tecnolóxicos (portátiles, wifi, aula virtual) ao alumnado (A3) Oferta Si
Debilidade Non todas as materias facilitan as avaliacións e correccións por vía telemática. Organización de centro Non
Debilidade Nalgúns casos reticencia ao uso das novas tecnoloxías (E2). Persoal docente Si
Debilidade A penas existe un debate sobre a mellora da capacitación docente daqueles que más a precisan (B2) Persoal docente Non
Debilidade Falta de proxectos interdisciplinares que impliquen ao alumnado (F6). Persoal docente Non
Debilidade Non existen accións de colaboración con outros centros. (B3) Persoal docente Non
Debilidade Falta de proyectos interdisciplinares (F6) Persoal docente Non
Fortaleza Usa eficiente e respetuosamente as ferramentas de comunicación dixital facilitadas polo centro (H3) Alumnado Non
Fortaleza Comunícanse eficientemente entre eles e co profesorado mediante a mensaxería electrónica e Aula Virtual (H8) Alumnado Non
Fortaleza Dispoñen de medios dixitais suficientes para usar as ferramentas de comunicación facilitadas. Familias Non
Fortaleza Portátiles dispoñibles para uso individual na aula. (C8) Infraestruturas Non
Fortaleza A conexión a Internet cumpre as expectativas de velocidade e dispoñibilidade. (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Existe un coordinador TIC e dúas empresas de servicios informáticos que dan un soporte adecuado as incidencias técnicas. Organización de centro Non
Fortaleza Facilita equipos informáticos aos membros do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Existen e son efectivas políticas de protección de datos en arreglo á RGPD. Organización de centro Non
Fortaleza Uso ordinario da Aula Virtual para a comunicación co alumnado e a transmisión de contidos (E1) Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse entornos virtuais de aprendizaxe (E3). Persoal docente Non
Fortaleza Puntuación de nivel de competencia obtida no test CDD: 100,4 (Experto). Persoal docente Non
Fortaleza Ofrécense cursos de formación para o persoal docente (D2). Persoal docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Control minucioso e adecuado dos procesos de comunicación e dos procesos internos para respectar a regulación relativa a protección de datos persoais (RGPD). Lexislación Non
Oportunidade Impulso de plan dixital co obxectivo de acadar un nivel de dixitalización adecuado. Administración educativa Non
Oportunidade Adhesión a programas TIC. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración con empresas cercanas para emprender proxectos mediante os que o alumnado aporte novas solucións ao negocio e aprenda do mesmo. Contorna Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o
coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan
Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Aumentar o número de docentes que usan a Aula Virtual.
O2PD Formar ao alumnado no uso de fontes válidas de información
O3PD Implementar a avaliación en moodle en tódolos módulos.
O4PD Levar a cabo accións publicitarias para comunicar mediante a web do centro os recursos tecnolóxicos ofrecidos e implementados no centro.
O5PD Levar a cabo accións publicitarias para comunicar os recursos tecnolóxicos ofrecidos e implementados no centro en redes sociais.

Seguimento

Procedemento

Ao final de cada data prevista de remate dos obxectivos que corresponda.
- Unha vez ao trimestre levarase a cabo auditoría de forma interna a evolución dis obxectivos,
analizando os resultados obtidos e planificando de novo a execución dos mesmos se fose
necesario.
- Ao final do vindeiro curso levarase a cabo a avaliación final valorando o logro dos obxectivos e as
tendo en conta as propostas de mellora.

1º Trimestre

- Creación dun grupo de traballo formado por profesores do centro que redacte os textos a incluír na web do centro. (5/12/2022)

- Creación dun grupo de traballo formado por profesores do centro que valore as posibles campañas de marketing a levar a cabo. (15/12/2022)

2º Trimestre

- Creación dun grupo de traballo encargado de organizar sesións de concienciación e formación interna ao alumado con respecto ao filtrado de fontes de información.(15/02/2023)

- Creación dun grupo de traballo formado por profesores do centro do departamento TIC encargado de formar ao profesorado nas accións a realizar na Aula Virtual do centro para facilitar a avaliación mediante a mesma. (15/02/2023)

- Petición de presupostos acordes ao orzamento dispoñible para a modificación da páxina principal da web do centro. (15/01/2023)

- Aprobación do presuposto e execución as modificacións na web. (20/03/2023)

- Petición de presupostos acordes ao orzamento dispoñible para a realización de campañas de marketing en redes sociais. (15/01/2023)

- Aprobación e execución das campañas de marketing a través das redes sociais do centro. (20/03/2023)

- Realización de sesións formativas con respecto ao filtrado de fontes de información ao alumnado por parte de profesores do equipo TIC do centro.

3º Trimestre

- Realización de sesións formativas con respecto ao filtrado de fontes de información ao alumnado por parte de profesores do equipo TIC do centro.

- Recopilación estadística das referencias usadas nos traballos realizados polos alumnos nos distintos módulos para comprobar que porcentaxe constitue fontes de información fiable.

- Realización de sesións formativas específicas sobre a funcionalidade da Aula Virtual relativa aos formatos de avaliación aos profesores por parte dos membros do equipo TIC do centro.

- Recompilación do número de módulos que usan a avaliación mediante moodle.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

 

- Unha vez ao trimestre auditarase de forma interna a evolución dis ibxectivos, analizando os resultados obtidos e replanificando a execución sdos mesmos se fose necesario.

 

 

- Ao final do vindeiro curso levarase a cabo a avaliación final valorando o logro dos obxectivos e as tendo en conta as propostas de mellora.

Valoración xeral

Acadáronse de forma satisfactoria os obxectivos plantexados nun principio.

Proposta de mellora

Incorporar novas ferramentas TIC que complememten a labor docente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Incluiranse no Plan de Comunicación do Centro as accións de difusión necesarias para dar a coñecer a
presencia e a evolución de determinados puntos do Plan Dixital.


• Na páxina web do centro.
• Nos canles de redes sociais (Facebook e Instagram).