Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN E NORMATIVA VIXENTE

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro.

No noso caso, a contribución do Plan Dixital ao Proxecto Funcional e ao Plan Anual é esencial, concretándose nos seguintes aspectos:

- Mellorar a capacidade dixital de centro con repercusión no alumnado (Un dos obxectivos estratéxicos da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia).

- Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa, incluído como obxectivo do Plan Anual.

Polo que atinxe á relación do Plan Dixital con outros Plans e proxectos, cabe destacar:

- PFPP coas liñas de xestión integral dixital do centro e dos recursos bibliográficos, e a propia adicada á elaboración do Plan Dixital.

- Presentación de cinco PFFP de base tecnolóxica como centro coordinador e catro PFPP como centro colaborador.

- PFFP premiado na convocatoria “Premios de Innovación na FP 2022”.

- Participación en “Galiciencia 2022” co proxecto “Aplicación para a optimización da análise de mostras por electroforese”.


Marco normativo

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022


CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro

 A área de influencia, de onde procede a maioría do alumnado do CIFP A Carballeira, abrangue a provincia de Ourense, sur da provincia de Lugo e norte e oeste da provincia de Pontevedra. No que atinxe ao ámbito económico os sectores preponderantes son, por esta orde, o sector servizos seguido do industrial, a construción e a agricultura.

O perfil do persoal contratado na área de influencia do CIFP A Carballeira, por nivel formativo, segundo o último informe do SEPE (2020), o 32,70 % dos contratados cursou Educación Secundaria Obrigatoria, o 13,61 % Bacharelato e equivalentes, o 18,95 % Formación profesional de grao medio ou superior. Os titulados universitarios supoñen o 11,39 %.

 A distribución por sexo difire segundo os niveles formativos. Nos niveles máis elementais (Estudos primarios ou sen acreditar) o 57,35 % son homes e as mulleres, o 42,65 %. Entre os universitarios cambia a situación e son maioría as mulleres, o 68,82 % fronte ao 31,18 % de homes, máis de 37 puntos a favor de as mulleres.

Nos niveis de Formación Profesional as distancias entre homes e mulleres quedan atenuadas: 44,51 % de homes e 55,49 % de mulleres.

O sector servizos representa máis das tres cuartas partes da contratación nesta área de influencia. A evolución deste sector nos últimos anos foi de incremento a partir do 2015, aumentando un 12,74 %, un 10,53 % en 2016, un 4,01 % en 2017, un 8,57 % en 2018 e un 2,07 % en 2019.

Traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías:

Desde o curso 1984/85 impártense no noso centro ensinanzas relacionadas coas novas tecnoloxías (iniciándose coa especialidade “Informática de Xestión” da Rama Administrativa).

Na actualidade, no CIFP A Carballeira impártese a totalidade de niveis de ensinanzas da Familia Profesional Informática:

- CB de Informática de Oficina

- CM Sistemas Microinformáticos e Redes

- CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede

- CS Desenvolvemento de Aplicacións Web

- CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

- CE Desenvolvemento de Videoxogos e Realidade Virtual

Desde o curso 2021/2022 o centro pertence á Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), e alberga a sede do grupo Adix_Ourense2.

Programas de innovación nos que participou e participa o CIFP A Carballeira- Marcos Valcárcel:

- Curso 2014/2015: Análise da presencia de metais en solos de viñedos e as posibles consecuencias na industria vitivinícola (Proxecto premiado).

- Curso 2015/2016: Vinculación de ciclos formativos da Familia Profesional de Química co entorno produtivo a través de prácticas de laboratorio (Proxecto premiado). Deseño dunha aplicación informática que simula un servizo de teleasistencia.

- Curso 2017/2018: Contextualización á realidade socioeconómica dos contidos de ciclos das Familias Profesionais de Química e Sanidade: unha aproximación experimental (Proxecto premiado).

- Curso 2018/2019: Técnicas analíticas aplicables ao sector alimentario (Proxecto premiado)

- Curso 2019/2020: Métodos analíticos de control medioambiental (Proxecto premiado).

- Curso 2020/2021: Proxecto seleccionado na convocatoria de Espazos de Tecnoloxía Aplicada 2021: Espazo tecnolóxico de Cultivo Celular.

- Curso 2021/2022: Simulación 3D: condución de ambulancias en realidade virtual (Proxecto premiado). Sistema de control horario optimizado para centros educativos. Modelado 3D do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel e xeración de aplicacións de realidade virtual e aumentada para a comunidade educativa. Aplicación da impresión 3D ao desenvolvemento das actividades de control de calidade. Dixitalización e xestión de protocolos de evidencias sintomatolóxicas. Robótica colaborativa aplicada a procedementos de laboratorio biomédico. Virtualización de escritorios (VDI). Viaxa connosco sen te mover. PAS APP: Aplicación para axuda e adestramento para primeiros auxilios.

Contribución do PD ao Plan Anual do curso 2022/2023.

- Obxectivo estratéxico da Rede de CIFP’s “Mellorar a capacidade dixital de centro con repercusión no alumnado”.

- Obxectivo de centro “Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa”

- Liña do PFPP, coa implementación do Plan Dixital

 

PROCESO DE ELABORACIÓN

O Plan Dixital iniciouse organizativamente a partir dunha liña do PFPP do curso 2021/2022

Partiuse das ferramentas SELFIE e do CDD que a comunidade educativa tiña á súa disposición para, posteriormente, o profesorado integrante da liña do PFPP e o equipo de dinamización, analizar a matriz DAFO e configurar colaborativamente o Plan de Acción.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise do DAFO utilizáronse as seguintes fontes:

SELFIE

As figuras que se mostran a continuación resumen as distintas áreas do informe SELFIE. A información atópase categorizada segundo as repostas dos membros do equipo directivo, do profesorado e do alumnado.

Imaxes PAX 26 e 27 da memoria nos Anexos.

TEST CDD

Outra fonte de información utilizada para a realización do DAFO e a que atopa recollida no informe grupal do Test CDD do centro.

1.3. Participación segundo perfil do profesorado

 

N.º profesorado que participa

N.º profesorado total

% participación

DEFINITIVO

24

43

55,8 %

PROVISIONAL

9

17

52,9 %

INTERINO

8

17

47,1 %

SUBSTITUTO

8

19

42,1 %

DESPRAZADO

0

0

0

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

94

Integrador/a (B1)

76,4

Integrador/a

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas

 

Puntuación media do test (sobre 192)

Nivel de competencia

Puntuación media do test en Galicia (sobre 192)

Nivel de competencia en Galicia

FP

93,7

Integrador/a (B1)

80,2

Integrador/a (B1)

FP: C. Espc.

101

Experto/a (B2)

100,1

Experto/a (B2)

2.3. Distribución do profesorado por niveis

 

Total profesorado no nivel de competencia

% de profesorado participante neste nivel

Principiante A1

3

6,1 %

Explorador/a A2

11

22,4 %

Integrador/a B1

13

26,5 %

Experto/a B2

12

24,5 %

Líder C1

7

14,3 %

Pioneiro/a C2

3

6,1 %

TOTAL

49

99,90%

 

 

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado considera que non teñen acceso a información de prácticas remuneradas e de outras posibilidades de formación Alumnado Non
Debilidade Gran diferencia de visión/formación do alumnado que non é de informática Alumnado Non
Debilidade Unha parte do alumnado considera que non aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade O alumnado consideraran que non aprenden a solucionar problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade Contornos familiares de alumnado menor de idade con dificultades de acceso ás novas tecnoloxías nos fogares Familias Non
Debilidade Equipos insuficientes para a docencia nas ensinanzas non relacionadas co departamento de informática Infraestruturas Si
Debilidade Descoñecemento do catálogo de bibliotecas en liña con material de aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade O alumnado con necesidades educativas especiais non acceso a tecnoloxías asistenciais Organización de centro Non
Debilidade Falta de información do alumnado no préstamo de equipamento informático Organización de centro Si
Debilidade Ausencia do plan dixital do centro Organización de centro Non
Debilidade Pouca colaboración con outros centros ou organizacións para o uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Debilidade No centro hai pouca utilización de tecnoloxía para a orientación laboral Organización de centro Non
Debilidade A utilizan de tecnoloxías para actividades creativas non é moi alta Persoal docente Non
Debilidade Escaso tempo para explorar a ensinanza dixital Persoal docente Non
Debilidade Gran diferencia de visión/formación do profesorado que non é de informática Persoal docente Non
Debilidade Pouca retroalimentación da aprendizaxe empregando ferramentas dixitais Persoal docente Non
Debilidade Pouca comunicación e implicación no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Persoal docente Non
Debilidade Mellora na utilización das tecnoloxías dixitais para proxectos que combinen diferentes materias Persoal docente Si
Debilidade A utilización de tecnoloxías para traballar en equipo é mellorable Persoal docente Non
Debilidade Baixa utilización de tecnoloxías para a observacións dos traballos dos compañeiros Persoal docente Si
Debilidade Baixa utilización de tecnoloxías para a autoreflexión sobre o aprendizaxe do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Pouco debate e colaboración das vantaxes de desvantaxes da ensinanza dixital Persoal docente Non
Debilidade Non todo o profesorado utiliza contornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade Parte do profesorado non cumpre as normas sobre dereito de autor e licencias de uso Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado interesado e comprometido co ensino dixital. Alumnado Non
Fortaleza Alta destreza do alumnado na utilización das novas tecnoloxías Alumnado Non
Fortaleza Elevada utilización das aplicacións informáticas corporativas na comunicación co centro educativo Familias Non
Fortaleza As infraestruturas do centro apoian o ensino e aprendizaxe dixital. Infraestruturas Non
Fortaleza Equipos suficientes para a docencia nas ensinanzas relacionadas co Departamento de Informática Infraestruturas Non
Fortaleza No centro hai acceso a Internet dispoñible para a comunidade educativa . Infraestruturas Non
Fortaleza Alta implicación do equipo directivo e do profesorado na exploración de novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza Eliminación paulatina de soporte papel en favor da dixitalización do centro Organización de centro Non
Fortaleza Estreita colaboración con empresas e entidades públicas especificamente tecnolóxicas Organización de centro Non
Fortaleza Pertenza activa na Rede Galega de Educación Dixital (DixitalGal), sendo sede do Equipo "Adix-Ourense2" Organización de centro Non
Fortaleza Alta implicación do equipo directivo nas iniciativas relacionadas coa estratexia dixital Organización de centro Non
Fortaleza Elevada utilización de tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Organización de centro Non
Fortaleza Amplo emprego de ferramentas dixitais para avaliación do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten posibilidades de FPP no relativo ao ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Alta implicación do profesorado na utilización, creación e procura de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para comunicarse co alumnado Persoal docente Non
Fortaleza Elevada prospección de recursos educativos en liña para a docencia Persoal docente Non
Fortaleza Alto grao de satisfacción coa implementación de xestión integral dixitalizada (Área privada da web) Persoal non docente Non
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Incremento da oferta formativa sen a correlativa ampliación de espazos Administración educativa Non
Ameaza Non procede, non existe o ser centro integrado ANPA Non
Ameaza Non procede, non existe o ser centro integrado ANPA Non
Ameaza Pouca participación das empresas na elaboración da estratexia dixital Contorna Non
Ameaza Empresas de formación con oferta similar á do noso centro Contorna Non
Ameaza Parte do profesorado non cumpre as normas sobre dereito de autor e licencias de uso. Lexislación Non
Oportunidade Predisposición positiva da administración educativa na estratexia dixital Administración educativa Non
Oportunidade Existencia da rede de educación dixital Administración educativa Non
Oportunidade Visión externa como centro de referencia en ensinanzas relacionadas co eido dixital. Contorna Non
Oportunidade Sucesivas convocatorias para a participación en programas de innovación tecnolóxica Lexislación Non
Oportunidade Proxección externa do centro a través de tecnoloxías dixitais Outras Non
Oportunidade Optimizar e ampliar colaboracións con empresas e entidades públicas especificamente tecnolóxicas Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez desenvolvida a matriz DAFO faise unha análise da mesma que permita establecer cales van ser as áreas prioritarias ás que debe estar dirixido o Plan Dixital.

Da análise da matriz DAFO obtéñense os obxectivos, os cales son o máis específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados posibles e teñen como referencia o marco temporal de actuación do Plan Dixital.Os obxectivos obtidos están contextualizados nas distintas áreas de mellora do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes e detállanse nas táboas do Plan de Acción e resúmense a continuación:

1.       Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.

  • Área de mellora: infraestrutura e equipos.
  • Preguntas SELFIE: C10, C16, C17.
  • Responsable: Dirección do centro, Coordinación TIC e do Plan Dixital.
  • Indicadores: Porcentaxe da comunidade educativa que coñecen os recursos dixitais dispoñibles nos centros.
  • Valor de partida: 10% da comunidade educativa coñece os recursos dixitais dos que dispón o centro.
  • Valor previsto: 60% da comunidade educativa coñece que recursos dixitais están dispoñibles no centro.
  • Temporalización: xuño, final de curso.

 

2.       Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais.

  • Área de mellora: Infraestrutura e equipos, Competencias dixitais do alumnado
  • Preguntas SELFIE: C5, H13, H1.
  • Responsable: dirección do centro, Coordinación TIC e do Plan Dixital
  • Indicadores: número de accións realizadas.
  • Valor de partida: 0 accións feitas.
  • Valor previsto: 5 accións feitas.
  • Temporalización: xuño, final de curso.

 

3.       Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros.

  • Área de mellora: Pedagoxía: implementación na aula
  • Preguntas SELFIE: F6.
  • Responsable: dirección do centro, Coordinación TIC e do Plan Dixital, Coordinación de Formación.
  • Indicadores: número de proxectos creados.
  • Valor de partida: un proxecto creado.
  • Valor previsto: tres proxectos creados.
  • Temporalización: xuño, final de curso.

 

4.       Crear repositorios de proxectos e traballos realizados pola comunidade educativa.

  • Área de mellora: Colaboración e redes.
  • Preguntas SELFIE: B3, B4, G6.
  • Responsable: dirección do centro, Coordinación TIC e do Plan Dixital.
  • Indicadores: número de proxectos publicado durante o curso escolar.
  • Valor de partida: cero proxectos publicados.
  • Valor previsto: máis de 10 proxectos publicados.
  • Temporalización: xuño, final de curso.

Para cada uno dos obxectivos indicados xerouse unha táboa que recolle toda esta información e tamén se indica con detalle as accións a desenvolver para levar a término cada un dos obxectivos. Nas táboas tamén se detalla a temporalización e con que recursos serán precisos.

A propia táboa utilizarase para facer o seguimento do logro de cada unha das acción que se van desenvolver para acada o obxectivo, e que logo será analizada polo miúdo na fase de avaliación do Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.
O2PD Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais
O3PD Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros
O4PD Crear repositorios de proxectos e traballos realizados pola comunidade educativa

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguimento programarase reunións periódicas cos distintos responsables descritos en cada un dos obxetivos do Plan Dixital:

  • Equipo directivo
  • Coordinación TIC
  • Coordinación Plan Dixital
  • Coordinación de Formación
  • Coordinación de Calidade
  • Responsable páxina Web do centro.
  • Titores/as de cada grupo. 

Neste seguimento expoñense os 4 obxetivos marcados no Plan de Acción, os obxetivos van acompañados das distintas accións a desenvolver e indícase o seu estado en cada unha das avaliacións.

1º Trimestre

O1PD    Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar a estratexia de comunicación. Realizado.

  • Creado o PFPP O2231107 Plan dixital do centro. Posta en marcha do plan dixital feito no curso pasado, en toda a comunidade educativa do centro.

AO1.2: Creación das enquisas trimestrais. Adiado 2º Trimestre
AO1.3: Difusión dos recursos dixitais dispoñibles no centro. Realizado.

  • Na presentacións dos módulos.
  • Nova sección na Web de alumnado.
  • Incluido na guia de alumnado.
  • Diapositivas no Hall da entrada.

AO1.4: Realización da enquisa por parte da comunicación educativa. 
AO1.5: Análise dos resultados das enquisas
AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados obtidos


        
O2PD    Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de impartir formación á comunidade educativa. Realizado.

  • Creado o PFPP O2231107 Plan dixital do centro. Posta en marcha do plan dixital feito no curso pasado, en toda a comunidade educativa do centro

AO1.2: Creación da escola para a comunidade educativa. Realizado.
AO1.3: Planificación da axenda para impartir as xornadas de formación. Adiado 2º Trimestre
AO1.4: Impartición das xornadas.
AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados.


O3PD    Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros        

AO3.1: Difusión das distintas convocatorias de formación e innovación. Realizado.
AO3.2: Promoción de oportunidades de creación de proxectos. Realizado.
AO3.3: Publicación dos proxectos no repositorio


O4PD    Crear repositorios de proxectos e traballos realizados pola comunidade educativa.

AO4.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar o obxectivo. Realizado.
AO4.2: Deseño do repositorio de proxectos. Adiado 2º Trimestre
AO4.3: Creación do repositorio no sitio Web do centro
AO4.4: Publicitación do repositorio de proxectos do centro. 
AO4.5: Publicación dos proxectos no repositorio

2º Trimestre

O1PD    Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar a estratexia de comunicación. Realizado.

  • Creado o PFPP O2231107 Plan dixital do centro. Posta en marcha do plan dixital feito no curso pasado, en toda a comunidade educativa do centro.

AO1.2: Creación das enquisas trimestrais. Realizado.

  • Creación, publicación da enquisa para o alumnado.

AO1.3: Difusión dos recursos dixitais dispoñibles no centro. Realizado.

  • Na presentacións dos módulos.
  • Nova sección na Web de alumnado.
  • Incluido na guia de alumnado.
  • Diapositivas no Hall da entrada.

AO1.4: Realización da enquisa por parte da comunicación educativa. Realizado.
AO1.5: Análise dos resultados das enquisas. Adiado 3º Trimestre
AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados obtidos


        
O2PD    Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de impartir formación á comunidade educativa. Realizado.

  • Creado o PFPP O2231107 Plan dixital do centro. Posta en marcha do plan dixital feito no curso pasado, en toda a comunidade educativa do centro

AO1.2: Creación da escola para a comunidade educativa.Realizado.
AO1.3: Planificación da axenda para impartir as xornadas de formación. Realizado.
AO1.4: Impartición das xornadas.
AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados.


O3PD    Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros        

AO3.1: Difusión das distintas convocatorias de formación e innovación. Realizado.
AO3.2: Promoción de oportunidades de creación de proxectos. Realizado.
AO3.3: Publicación dos proxectos no repositorio.  Adiado 3º Trimestre


O4PD    Crear repositorios de proxectos e traballos realizados pola comunidade educativa.

AO4.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar o obxectivo. Realizado.
AO4.2: Deseño do repositorio de proxectos. Realizado.
AO4.3: Creación do repositorio no sitio Web do centro. Adiado 3º Trimestre
AO4.4: Publicitación do repositorio de proxectos do centro. 
AO4.5: Publicación dos proxectos no repositorio

3º Trimestre

O1PD    Implementar unha estratexia de comunicación para dar a coñecer entre a comunidade educativa os recursos dixitais que están dispoñibles no centro.  ACADADO.

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar a estratexia de comunicación. Realizado.

  • Creado o PFPP O2231107 Plan dixital do centro. Posta en marcha do plan dixital feito no curso pasado, en toda a comunidade educativa do centro.

AO1.2: Creación das enquisas trimestrais. Realizado.

  • Creación, publicación da enquisa para o alumnado.

AO1.3: Difusión dos recursos dixitais dispoñibles no centro. Realizado.

  • Na presentacións dos módulos.
  • Nova sección na Web de alumnado.
  • Incluido na guia de alumnado.
  • Diapositivas no Hall da entrada.

AO1.4: Realización da enquisa por parte da comunicación educativa. Realizado.
AO1.5: Análise dos resultados das enquisas. Realizado.

  • Numero de equisas contestadas: 419
  • Mais do 60% da comunidade educativa coñece os recursos dixitais do centro.

AO1.6: Retroalimentación segundo os resultados obtidos. Realizado.


        
O2PD    Formar á comunidade educativa na resolución de problemas dixitais. ACADADO.

AO1.1: Creación dun grupo de traballo encargado de impartir formación á comunidade educativa. Realizado.

  • Creado o PFPP O2231107 Plan dixital do centro. Posta en marcha do plan dixital feito no curso pasado, en toda a comunidade educativa do centro

AO1.2: Creación da escola para a comunidade educativa.Realizado.
AO1.3: Planificación da axenda para impartir as xornadas de formación. Realizado.
AO1.4: Impartición das xornadas. Realizado.

  • Traballo con documentos en liña. (6 horas)
  • Ferramentas de Gamificación. (6 horas)
  • Abalar o Abalarbox (3 horas)
  • Excel Básico (5 horas)
  • Excel para profesorado (5 horas)

AO1.5: Retroalimentación segundo os resultados.Realizado.

  • Traballo con documentos en liña. (Valoración nas enquisas 4,91)
  • Ferramentas de Gamificación. (Valoración nas enquisas 4,92)
  • Abalar o Abalarbox (Valoración nas enquisas 4,92)
  • Excel Básico (Valoración nas enquisas 4,97)
  • Excel para profesorado (Valoración nas enquisas 4,60)


O3PD    Crear proxectos interdisciplinares entre as distintas familias profesionais e intercentros. ACADADO.

AO3.1: Difusión das distintas convocatorias de formación e innovación. Realizado.
AO3.2: Promoción de oportunidades de creación de proxectos. Realizado.
AO3.3: Publicación dos proxectos no repositorio.  Realizado.

  • Condución 3D: simulación de ambulancia en realidade virtual (Premio FPInnova 2023)
  • Implantación dunha xestión centralizada de trámites e documentación de centro. (Interdisciplinar)
  • Plan dixital do centro. Posta en marcha do plan dixital feito no curso pasado, en toda a comunidade educativa do centro.
  • Extensión da impresión 3D. (Interdisciplinar)
  • Determinación de patóxenos mediante qPCR. (Interdisciplinar)
  • Xestión informática de infraestruturas docentes. (Intercentros)


O4PD    Crear repositorios de proxectos e traballos realizados pola comunidade educativa. ACADADO.

AO4.1: Creación dun grupo de traballo encargado de implementar o obxectivo. Realizado.
AO4.2: Deseño do repositorio de proxectos. Realizado.
AO4.3: Creación do repositorio no sitio Web do centro. Realizado.
AO4.4: Publicitación do repositorio de proxectos do centro. Realizado.
AO4.5: Publicación dos proxectos no repositorio. Realizado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos levarase a cabo a través dunha avaliación trimestral (procesual) e unha avaliación final.

- A avaliación procesual levarase a cabo formalmente nos claustros de fin de trimestre, con informes puntuais ao Consello Social, nos que se incluirá:

  • Estado de execución das acción do Plan Dixital.
  • Análise e valoración de resultados.
  • Modificacións das accións, se procede.
  • Propostas de mellora.

A avaliación final realizarase coincidindo co Claustro de fin de curso, con informe dirixido ao Consello Social a desenvolver no mes de xullo. Nesta avaliación estudarase e valorarase:

  • Logro dos obxectivos.
  • Propostas de mellora.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O protocolo a seguir para a publicidade e difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa será a o seguinte:

  • Información xeral na xornada de acollemento de alumnado, profesorado e persoal non docente.
  • Información nas sesións de titoría coas familias do alumnado menor de idadyo cree.
  • Publicación na páxina web do centro e información nas redes sociais do mesmo, relativa ás accións a desenvolver, a través da sección “Plan Dixital”.
  • Informes de seguimento dirixidos á Inspección educativa, segundo proceda, e ao Claustro de Profesorado, como punto exclusivo na orde do día das sesións trimestrais.