Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital no centro. 

O Centro de Educación Infantil e Primaria Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso, é un centro educativo plúblico que se sitúa no barrio Os Rosais,  da cidade de Ourense. Conta cun alumnado maioritariamente dun nivel medio en canto recursos económicos e un nivel socio-cultural medio tendendo a elevado.

O profesorado é principalmente definitivo no centro, e o número de docentes provisionais é  reducido, e ademaisrepiten no centro durante varios anosconsecutivos.

Ao longo de xa moitos anos ocentro está a desenvolver un Plan de Formación en Centro, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado –PFPP-, cunha liña de formación adicada á formación en TIC. Polo que pódese, dicir que a maioría dos docentesten unha ampla formación en educación dixital.

Misión

O obxectivo principal do centro é formar ao alumnadocomo cidadáns responsables e dixitalmente competentes.

“Quéreseque ocentro acade niveis de desenrolotecnolóxico que permita aoalumnado cando remata a educación Primaria sercompetente para aprender a aprender”.

“Preténdeseque sexa un centro dixitalmente competente xa que se asumeque a tecnoloxía enriquece o proceso de aprendizaxe e este, é máis eficaz e duradeiro”.

Visión / valores

O proceso de ensino-aprendizaxe empregando Contornas Virtuais de Aprendizaxe (EVA), ademais de ferramentas e dispositivos dixitais, debe de ir acompañado dun cambio metodolóxico que facilite ao alumnado adquirir un coñecemento máis competencial, “saber facer”. Porén, levar a cabo a esta muda metodolóxicasupón un gran reto que se asumea través deste Plan Dixital.

2. Breve xustificación do mesmo

O Plan Dixital de centro concíbese como un instrumento para mellorar o desenvol-vemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixi-tais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organiza-cións educativas dixitalmente competentes.

O ano 2020 supuxo un punto de inflexión a nivel de integración das ferramentas tec-nolóxicas nas aulas. A era Covid forzou un cambio na metodoloxía educativa, no que a dixitalización nos procesos de ensino-aprendizaxe convértese nunha necesidade pa-ra poder seguir avanzando con seguridade no proceso formador dos alumnos e alum-nas.

Alén diso , o curso 20/21 foi caracterizado pola incerteza, polo que os centros educa-tivos víronse na obriga de trazar un Plan de Dixitalización de Centro. Promoveuse a actualización do antigo “Plan TIC”, que nos serviu de base para a elaboración duran-te o curso 21/22, o Plan Dixital de Centro. Un plan que servirá para poder avanzar con seguridade no emprego de ferramentas dixitais; para ser desenvolto a medio pra-zo; un plan cunhas liñas de traballo que axuden a desenvolver as competencias profe-sionais docentes, e elaborado, co fin último, de que os alumnos e alumnas acaden competencias dixitais ao rematar a etapa de Educación Primaria.

Ser competente dixital, garante que o alumnado poida aproveitar as oportunidades vindeiras, e fomenta a equidade na educación.

Porén, o desenvolvemento da competencia dixital non se acada co simple uso de fe-rramentas senón que hai que promover o uso crítico, creativo e seguro das tecnoloxí-as da información e da comunicación (TIC). Para poder alcanzar un boa competencia dixital en educación, as TIC non poden ser introducidas como un fin en si mesmo se-nón como un medio a través do cal se produza un cambio na metodoloxía no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Dispoñer un plan de dixitalización promoverá a innovación e axudará a sacar o má-ximo partido ás tecnoloxías da información e comunicación, así como aos recursos educativos dixitais.

Bases lexislativas

-    Ao abeiro da lei orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no Art. 121.1. establece que "... proxecto educativo de centro recollerá a ESTRATEXIIA DIXITAL DE CENTRO, de acordo co establecido no art. 111 bis 5." no cal establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como me-dio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desen-volvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.       

-  RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22, establece na disposición adicional quinta o “Plan dixital de centro: os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten”.

-   Por Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional dítanse instrucións para o deseño e elaboración e im-plementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públi-cos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

3. Proceso de elaboración

O Plan dixital de centro foi elaborado polos membro do Equipo de Dinamización do Plan dixital. Para a súa elaboración dentro do PFPP O2131052, creouse a liña de formación “ Análise da Competencia Dixital do Centro e elaboración do Plan Dixital”.

A metodoloxía empregada foi activa, coa posta en marcha dunha liña do PFPP, cun enfoque esencialmente práctico e cunha única finalidade: a análise da competencia dixital do centro e a elaboración do Plan Dixital de Centro.

Polo que tras a formación no marco competencial dixital a metodoloxía de traballo foi colaborativa, empregando a Aula Virtual do centro e documentos colaborativos a través do Drive.

Alén diso as xuntanzas foron claves para realizar a posta en común, debater o xeito de analizar a competencia dixital do centro e a proposta de obxectivos e accións es-tablecidas no devandito Plan Dixital.

Os materiais que se empregou, foron os ordenadores con conexión a internet, así como a Aula Virtual do centro Ceip Amadeo Barroso , para a creación o curso Plan Dixital e traballar de xeito colaborativo, a través dela e de documentos compartidos a través do Drive.

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Contamos con moito equipamento dixital obsoleto. Infraestruturas Non
Debilidade O servizo de mantemento debe acudir ao centro máis a miúdo Infraestruturas Si
Debilidade Os docentes non teñen tempo en horario lectivo para buscar e preparar contidos así como ferramentas dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Debido ao número de proxectos non é posible reunirse e consensuar propostas tanto como se precisa. Organización de centro Non
Debilidade Existe diferenzas notables entre os docentes na competencia dixital docente. Persoal docente Non
Fortaleza Gran motivación do alumnado polas ferramentas dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Recursos/infraestrutura TIC suficiente en tódalas aulas do centro Infraestruturas Non
Fortaleza Alta competencia dixital de algún profesorado impartindo Robótica e Impresión 3D Persoal docente Non
Fortaleza Profesorado comprometido. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O mantemento de Edixgal interfire na aula. Administración educativa Non
Ameaza Mensaxería da aula virtual/ edixgal Administración educativa Non
Ameaza A novidades tecnolóxicas prodúcense demasiado rápido e polo xeral os docentes non somos capaces de interiorizalas. Contorna Non
Oportunidade Alumnado con recursos TIC nos seus domicilios. Contorna Non
Oportunidade Alumnado con conexión a internet na casa. Contorna Non
Oportunidade Poucos alumnos con necesidades económicas Contorna Non
Oportunidade Implicación das familias na educación dos seus fillos Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar o cambio metodolóxico coa axuda da dixitalización
O02PD Guiar aos docentes de nova incorporación ao centro no uso das ferramentas virtuais de uso no centro así como espazos .
O03PD Incentivar o desenvolvemento do Ecosistema Dixital Galego
O04PD Elaborar una estratexia de comunicación de Centro
O05PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital.
O06PD Creación espazo LIA .3 e Polos Creativos
O07PD Mantemento dos espazos virtuais - Aula Virtual.
O08PD Manter das liñas de formación dentro do PFP, formación en Centros: Liña Tic, sobre ferramentas e recursos dixitais e Liña - Creación de proxectos STEAM.
O09PD Fomentar o uso dos libros dixitais das editoriais e a Aula Virtual nos cursos de 1, 2, 3 e 4 de Primaria e ed. Infantil.
O10PD Aumentar o uso dos REA na docencia introducíndoos na Aula Virtual do Centro.
O11PD Creación de proxectos educativos dentro do ámbito STEAM
O12PD Implementación do plan E ELBE. Préstamo de libros dixitais
O13PD Fomentar a Radio -Os Rosais.
O14PD Emprego de formatos dixitais a través da Aula Virtual ou Edixgal para levar a cabo a cualificación en 4,5 e 6 de primaria
O15PD Documentar o aprendizaxe do alumnado a través de ferramentas dixitais.
O16PD Formar ao alumnado no uso de Internet Seguro

Seguimento

Procedemento

Unha vez ao trimestre realizarase unha pequena valoración das accións levadas a cabo, tendo en conta os resultados destas para posibles modificacións e propostas de mellora. E ao final de cada curso académico, e unha vez que se consoliden as actuacións implementadas, volverase a avaliar globalmente a competencia dixital do centro, empregando a ferramenta Selfie. Alén diso, propoñerase realizar aos docentes de forma anual un test de Competencia Dixital Docente baseado no Marco Común Europeo das Competencias Dixitais Docentes (DigCompEdu), do que sacará un informe que axudará a tirar conclusións para concretar o Plan de Formación en centro, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP).

1º Trimestre
2º Trimestre

Ao longo do segundo trimestre rematamos  de montar a  aula LIA e poidémola inagurar de xeito oficial.

A través do programa RED.es, chegaron ao noso centro dous Carros de carga, para equipos informáticos individuais. Estes crarros de carga foron situados nas aulas de 4ºA e de  2º A de educ. Primaria.

O alumnado de 4º de educ. primaria experimentou coa Realidade Aumentada con contidos curriculares da materia de Ciencias da Natureza 

O alumnado de 4º de primaria  puido segurir traballando coa robótica. 

3º Trimestre

Lévase a cabo o "Encontro tecnolóxico Interxeneracional" os días 11 e 12  de maio.

Instalación pantallas Dixitais Interactivas  en tódalas aulas de   Edu. Infantil e 1º e 2º de Primaria.

O alumnado 6º Primaria levan a cabo unha aproximación á Realidade Virtual en colaboración co CEFORE_Ourense.

Celebramos unha sesión de Internet  Segura grazas ao programa de bavega con rumbo.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

4. Avaliación do Plan Dixital.


4.1. Seguimento do Plan de Acción
Unha vez ao trimestre realizarase unha pequena valoración das accións levadas a cabo, tendo en conta os resultados destas para posibles modificacións e propostas de mellora.
E ao final de cada curso académico, e unha vez que se consoliden as actuacións implementadas, volverase a avaliar globalmente a competencia dixital do centro, empregando a ferramenta Selfie.
Alén diso, propoñerase realizar aos docentes de forma anual un test de Competencia Dixital Docente baseado no Marco Común Europeo das Competencias Dixitais Docentes (DigCompEdu), do que sacará un informe que axudará a tirar conclusións para concretar o Plan de Formación en centro, dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP).


4.2. Propostas de mellora (revisión)
Ademais baseándose nos indicadores dos obxectivos de cada área, do Marco  Común Europeo de Organizacións Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), elaborarase un plan de mellora para o seguinte curso escolar. Esta cadencia anual, dará pé á revisión e actualización do devandito Plan Dixital de Centro, entendido como un Plan de Mellora do Centro educativo.

Valoración xeral

Ao longo deste curso tratamos de axustarnos ao establecido no presente Plan Dixital de Centro, que debido a que é moi ambicioso en moitos momentos tivemos serias dificultades para poder desenvolvelo plenamente ou ben por falta de tempo material para levalo a cabo ou por falta de recursos humanos para podelo acadar.

Unha das grandes dificultades  que nos atopamos é a evolución tecnolóxica que  é demasido rápida, polo que xera  incerteza, ao non ter tempo para  reflexionar sosegadamente sobre o seu uso na educación. Porén, a pesares das dificultades fomos quen de desenvolver un alto grao o presente Plan Dixital e incluso  levar a cabo algunas actividades  de innovación educativa:

  • Levouse a cabo o I Encontro Tecnolóxico Interxeneracional, onde o alumnado do centro e residentes do centro Interxeneracional da Farixa, durante unha xornada en grupos de tres nenos e unha persoa maior, tiveron que realizar varios proxectos tecnolóxicos de forma colaborativa. Pódese ver a través da seguinte Ligazón Encontro Tecnolóxico.

  • Actividades de achegamento á Realidade Virtual en colaboración co CEFORE Ourense, para o alumnado de 6º de Primaria, que se pode ver a través da seguinte ligazón Realidade Virtual.

  • Iniciación no uso da aula Lia.3 ao longo do segundo e terceiro trimestre.

 

A valoración xeral é satisfactoria e de cara ao vindeiro curso 23/24 pretendemos actualizar o presente Plan Dixital de Centro co fin de acadar un centro plenamente competente dixitalmente.

 

 

 

Proposta de mellora

As propostas de mellora para o vindeiro curso 2023/2024 son:

  • Renovación de equipamento  Edixgal, 5º e 6º de primaria, así como das PDI por pantallas dixitais en 3º e 4º de primaria. 

  • Substitución de equipos informáticos de aula que co paso dos anos quedaron obsoletos. 

  • Solicitude Polos Creativos e Digicraf. 

  • Deseño  actividades Aula LIA.3 e dinamización do espazo. 

  • Formación en ferramentas e metodoloxías para realizar avaliacións  a través da ferramentas das que dispomos tanto na Aula Virtual do Centro  como Edixgal. 

  • Formación en creación de proxectos vinculados ao ámbito STEAM. 

  • Aumentar a formación en ciberseguridade e benestar dixital, tanto do profesorado como do alumnado. 

  • Mellora da Competencia Dixital dos Docentes. 

  • Emprego AbalarBox, AbalarPro de xeito xeneralizado.

  • Reciclaxe material TIC

  • Renovar material de robótica.

  • Ter tempo para levar a cabo a posta en marcha os proxectos.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Coa finalidade de dar a coñecer o Plan Dixital de Centro, expoñerase nunha xuntanza de claustro, convocada para tal fin e posteriormente elevarase ao Consello Escolar para ser aprobado. De ser aprobado daráselle difusión para toda a comunidade educativa a través da Páxina Web do Centro e estará na Aula Virtual no espazo documentos de Centro, para a súa consulta por calquera membro da comunidade educativa.