Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre durante o curso 2023/2024. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. A avaliación procesual e final levarase a cabo tendo en conta as apreciacións propias do equipo do centro así como as indicacións do equipo ADIX.
Informar-recordar ao claustro os 3 obxectivos a levar a cabo do Plan de Acción do Plan Dixital.
Comezar a traballar sobre os 3 obxectivos do Plan Dixital:
Realización de actividades relacionadas con robótica: escornabots en 1º e 2º de primaria e scratch e mbot con 3º e 4º de primaria.
Cambia o ordenador de sobremesa da biblioteca para facilitar o traballo coa dixitalización da biblioteca.
Catalogación e espurgación dos libros da biblioteca.
Posta en marcha do servizo de préstamo da biblioteca.
Matriculación na aula virtual do alumnado e do profesorado.
Reunións mensuais coa mentora ADIX do Plan Dixital.
Reunións mensuais do equipo de dinamización das TIC.
Solicitude de formación para a utilización da aula virtual e dos polos creativos.
Comezo coa formación do profesorado na utilización de distintas ferramentas dixitais a través da liña de PFPP "Aula virtual e polos creativos: creación de contidos".
Solicitude de material de préstamo ao CEFORE para o terceiro trimestre.
Comezo coa realización de actividades cos alumnos no aula virtual do centro. Recordar usuarios e contrasinais dos mestres antigos e novos membros do aula virtual do centro. Breve recordatorio da utilización do aula virtual respecto ao uso cos alumnos.
Entrar na aula virtual do centro e anotar dúbidas respecto a creación de actividades por parte do profesorado e para solucionar a través da formación da liña do PFPP do aula virtual.
Realización de actividades para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º.
Realización de actividades relacionadas con robótica: escornabots en 1º e 2º de primaria e scratch e mbot con 3º e 4º de primaria.
Creación da biblioteca de infantil "Pequeteca" e a súa vez posta en marcha do servizo de préstamo dixital.
Creación e posta en marcha das redes sociais relacionadas coa biblioteca y publicación das actividades realizadas na mesma.
Fomento da utilización de notas informativas dixitais para que a información se transmita ás familias.
Reunións mensuais coa mentora ADIX do Plan Dixital.
Reunións mensuais do equipo de dinamización das TIC.
Creación de actividades por parte do profesorado na aula virtual do centro.
Realización de actividades para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º na aula virtual do centro.
Continuidade e finalización da liña do PFPP de aula virtual e polos creativos.
Préstamo do CEFORE da impresora 3d, escáner 3d, lápices 3d, croma e máquina de coser: realización de múltiples actividades con este material tanto do profesorado coma dos alumnos.
Préstamo do CEFORE de 7 kits diferentes relacionados con material de construcción.
Realización de audiocontos e videomontaxes a través da biblioteca en relación con distintas actividades conmemorativas.
Realización de actividades relacionadas con robótica: escornabots en 1º e 2º de primaria e scratch e mbot con 3º e 4º de primaria.
Actualización do inventario das TIC.
Reunións mensuais coa mentora ADIX do Plan Dixital.
Reunións mensuais do equipo de dinamización das TIC.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre durante o curso 2023/2024. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. A avaliación procesual e final levarase a cabo tendo en conta as apreciacións propias do equipo do centro así como as indicacións do equipo ADIX.O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre durante o curso 2023/2024. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. A avaliación procesual e final levarase a cabo tendo en conta as apreciacións propias do equipo do centro así como as indicacións do equipo ADIX.
Comunicación e difusión
As estratexias ou protocolos para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será o seguinte:
- Páxina web: publicación do plan dixital para o seu coñecemento por parte de toda a comunidade educativa así como da realización de actividades relacionadas con dito plan no centro educativo. O enlace da web é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelacunha/node/409 . Ademais tamén se pode acceder ao Plan Dixital actualizado a través da plataforma de Educalidade coa seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32008793 .
- Claustro: serán informados a través dos claustros que se realicen no centro así como a través do correo electrónico.