Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O Colexio de Prácticas está situado na marxe norte do rio Miño, enclavado no barrio denominado “A Ponte”, pertencente ao Concello de Ourense. Este barrio está unido á cidade mediante catro pontes sobre o río. Conta con boas comunicacións. Ademais das reseñadas de unión coa cidade pola “Ponte Romana”, que é peonil, a “Ponte Nova”, a “Ponte do Ribeiriño”, a “Ponte do Milenio” e a do tren, ten outras coma a chegada e saída de autobuses urbanos dende todos os puntos da cidade, unha estación de autobuses procedentes de fóra de Ourense, e unha estación de ferrocarril que une Ourense coas principais vilas e cidades de Galicia. A súa actividade económica desenvólvese ao redor do pequeno comercio, da construción e dos servizos, como Correos e Renfe. Dispón tamén de Centro de Saúde.

O CEIP de Prácticas de Ourense ten unha Asociación de Nais e Pais de Alumnos/as moi activa. Organizan un bo número de actividades complementarias polas tardes, excursións e encárganse da xestión e o funcionamento do servizo de Comedor Escolar, que atende nestes momentos a case trescentos alumnos/as. Tamén xestiona o servizo diario de Atención Temperá, desde as 7:30 h. ata as 9:00 horas. O alumnado que solicita este servizo pode facelo co almorzo.

O nivel educativo e cultural das familias do alumnado é de tipo medio, aínda que nestes últimos anos apréciase máis heteroxeneidade, de acordo aos tempos que vivimos.
O centro, desde o curso 2010-2011 forma parte do Proxecto Abalar. Desde esa data, o centro foi progresivamente dotando as diferentes aulas con ordenadores, proxectores e encerados dixitais. A partir do curso 2020-2021 participa no Proxecto E-Dixgal.
O centro participa nos seguintes programas innovadores:
E-Dixgal
Contratros-programa inclúe: emocióna-t, inclúe-t, iguála-t, convive-t
Plan Proxecta: Vexo, veo xacobeo
Contratros-programa recupéra-t: Arco, proa +
PLAMBE
3 club de lectura
Seccións bilingües
Alerta escolar
Proxecto de formación en centros (6 itinerarios)
Equipos de dinamización da lingua galega
Plan dixital

Este Plan Dixital contribuirá á Programación Xeral Anual do curso 22/23 incidindo en aspectos como a organización do profesorado, os horarios da aula de informática, na temática a tratar nas diferentes reunións de coordinación do profesorado tanto a nivel de ciclo e de dinamizacións como nas reunións da CCP, o Claustro e Consello Escolar. Tamén terá incidencia na metodoloxía a seguir nas diferentes áreas que redundará nunha mellora do proceso de ensino-aprendizaxe que se desenvolve nas aulas, sendo, en último termo, o alumnado o protagonista deste cambio.

1.3.Breve xustificación do mesmo
Este plan está xustificado lexislativamente polas seguintes leis orgánicas, ordes, resolucións e disposicións adicionais:

LO 2/2006 de 3 de maio → Art. 111 bis, que trata da incorporación da Tecnoloxía da Información e da Comunicación á xestión educativa e ao ensino-aprendizaxe nos centros e nas aulas; Art. 121, no que se establece o Proxecto Educativo de Centro como eixo fundamental que amosa os valores, os fins e as prioridades de actuación, incorporará a concreción dos currículos establecidos pola Administración educativa, e impulsará e desenvolverá os principios, obxectivos e metodoloxía propios dunha aprendizaxe competencial orientada ao exercicio dunha cidadanía activa; no que se establece o Proxecto Educativo de Centro como eixo fundamental e Art. 132, no que se establecen as competencias do director/a.
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 na que se establece que durante o curso 20-21 os centros deseñarán un plan dixital.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4.Proceso de elaboración
A elaboración do Plan Dixital comezou no mes de novembro no seo do Equipo de Dinamización TIC constituído por representantes de E Infantil e os diferentes cursos de E. Primaria. Este equipo traballou sobre a enquisa SELFIE, seleccionando as preguntas pertinentes, incorporando as preguntas establecidas pola administración, elaborando as preguntas propias e específicas do noso centro e difundindo a realización da enquisa entre o profesorado. Esta enquisa desenvolveuse entre 3 e o 20 de decembro. Tamén xestionou a realización do Test CDD.

Posteriormente, cando no mes de marzo ía realizarse a análise dos datos obtidos da enquisa SELFIE e do Test CDD, e ante a necesidade de asistir ás sesións formativas organizadas por ADIX-OU1, creouse dentro do Equipo de Dinamización TIC unha comisión formada polo profesorado interesado na participación, que posteriormente se abriu a todo o claustro. Isto obrigou a modificar a relación do profesorado do Grupo de Traballo do Plan Dixital que, inicialmente, estaba constituido polo mesmo profesorado que participaba no Seminario de Profundización en E-Dixgal, pertencente ao mesmo PFPP.

Este equipo participou nas xornadas de formación, reflexionou sobre os resultado das enquisas e elaborou o DAFO participando nas reunións pertinentes. Na seguinte fase, en varias sesións de traballo, deseñou os obxectivos SMART e as liñas de actuación previstas para desenvolver o plan no vindeiro curso. Nunha última fase, redactou este plan dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de datos foron:

  • Enquisa SELFIE, desenvolvida no mes de decembro de 2021 (Anexo 1)
  • Test CDD, realizado en febreiro de 2022. (Anexo 2)
Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. O alumnado non aprende a codificar ou programar. Alumnado Si
Debilidade H13. O alumnado non é capaz de resolver problemas técnicos por sí mesmo. Alumnado Non
Debilidade H7. O alumnado non aprende a crear contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade A1. O centro conta cunha estratexia dixital, pero non está ben concretada. Organización de centro Si
Debilidade D3. Non se establecen as canles necesarias para un eficiente intercambio de experiencias no centro, sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade F6. No centro non se fomenta suficientemente o emprego da tecnoloxía dixital en proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade E2. A maioría do profesorado non crea recursos dixitais para reforzar o seu labor docente. Persoal docente Non
Debilidade G.1-G.3-G.7. O profesorado utiliza con pouca frecuencia instrumentos de avaliación dixitais do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G10. As habilidades dixitais do alumnado que desenvolve fóra do centro, non son valoradas suficientemente. Persoal docente Non
Debilidade F5. Non se emprega a tecnoloxía dixital para facilitar a colaboración /cooperación entre o alumnado Persoal docente Si
Fortaleza H1.-H3. O alumnado aprende a actuar de maneira responsable e segura na Internet. Alumnado Si
Fortaleza H4. O alumnado aprende a consultar varias fontes de información para contrastar a súa fiabilidade. Alumnado Si
Fortaleza H10. O alumnado utiliza a tecnoloxía en diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza PDC. As familias empregan de xeito xeralizado a plataforma AbalarMóbil para solicitar titorías, xustificar faltas e comunicarse cos titores/as e profesorado. Familias Non
Fortaleza C2. No centro contamos con dispositivos dixitais que se poden utilizar no labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Dispoñemos dunha asistencia técnica rápida e eficiente. Infraestruturas Non
Fortaleza O servizo de comedor emprega a páxina web do centro para comunicar normas e mostrar os menús mensuais Oferta Non
Fortaleza DPC. O profesorado fórmase en colaboración cos seus compañeiros/as do centro e a través da formación en liña. Organización de centro Non
Fortaleza D2. O centro oferta a posibilidade de acceder a FPP no relativo ao ensino e á aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1. O profesorado do centro busca e emprega recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza B2. Debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza E3. O profesorado utiliza a aula virtual do centro e o proxecto E-DIXGAL. Persoal docente Non
Fortaleza E4. O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais (AbalarMóbil, correo electrónico¿) para a comunicación relativa ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza F1. O profesorado adapta os seus métodos de ensino ás necesidades individuais do alumnado utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F4. O profesorado utiliza actividades de aprendizaxe dixitais para motivar ao alumnado Persoal docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza O profesorado non dispón do tempo necesario dentro do horario escolar para levar a cabo o proceso de ensinanza-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Gran parte do profesorado ten que empregar os seus propios medios dixitais no seu propio domicilio para o ensino a distancia, cando teñen que recurrir puntualmente a este tipo de ensino. Administración educativa Non
Ameaza A ANPA deixou de ofertar actividades extraescolares relacionadas coas tecnoloxías dixitais. ANPA Non
Ameaza O acceso limitado de parte do alumnado a unha conexión estable de calidade prexudica a ensinanza mixta. Contorna Non
Ameaza A limitada competencia dixital dalgunhas familias prexudica á aprendizaxe mixta. Contorna Non
Ameaza B3. O noso centro non colabora con institucións alleas no ámbito das TIC Outras Si
Oportunidade 3. O centro conta con acceso a internet para a ensinaza-aprendizaxe en todas as instalacións Administración educativa Non
Oportunidade C1. O centro pertence e desenvolve o programa E-Dixgal. Administración educativa Non
Oportunidade PDC. A maioría do alumnado ten acceso a dispositivos dixitais na casa. Contorna Non
Oportunidade C7. O centro aplica a lexislación de protección de datos nas distintas actividades propostas e só emprega as plataformas dixitais fornecidas pola administración educativa. Lexislación Non
Oportunidade A5. Respectamos os dereitos de autor e as licenzas de uso. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Para elaborar Plan de Acción a partir da análise DAFO partimos de dúas ideas básicas: afianzar algunhas fortalezas e oportunidades que consideramos básicas para unha dixitalización realmente efectiva en todo o centro e comezar a paliar algunhas das debilidades e ameazas que pensamos que este plan pode abordar no vindeiro curso.

As área prioritarias de actuación son:

A. Liderado. Difundir o plan dixital entre toda a comunidade educativa e avalialo periódicamente.

B. Colaboración e redes, abrindo o centro á colaboración con outros centros e á difusión de novas experiencias e posibilidades de educación dixital .

E. Pedagoxía – Apoios e recursos, normalizando o uso da aula virtual do centro polo alumnado ata cuarto de Primaria.

F. Pegagoxía - implementación na aula, creando repositorios de materiais didácticos dixitais por etapa, ciclo e centro e participando no proxecto de creación dun Polo Creativo para que o alumnado poida aprender de xeito manipulativo e experiencial e o profesorado poida investigar con novas metodoloxías empregando as TIC.

G. Avaliación, mellorando o uso do sistema de avaliación presente na AV de E-Dixgal, de xeito que permita a avaliación entre iguais.

H. Competencias dixitais do alumnado, empregando a aula de informática de xeito periódico e, de darse a posibilidade, a aula do Polo Creativo.

Os obxectivos que nos propoñemos son os seguintes:

1. Dar a coñecer a estratexia dixital establecida por este plan dixital a todo o profesorado definitivo, de nova incorporación e á comunidade educativa.

2. Realizar un seguimento trimestral da implementación do plan dixital.

3. Crear un repositorio de recursos dixitais por ciclos e a nivel de centro que favoreza o intercambio de materiais dixitais.

4. Empregar os libros de cualificación no Moodle do E-Dixgal (5º-6º de Primaria).

5. Utilizar a aula de informática do centro polo alumnado ata cuarto de Primaria cun horario establecido

6. Participar no proxecto de innovación de Polos Creativos.

7. Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital.

8. Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características.

9. Normalizar o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dar a coñecer a estratexia dixital establecida por este plan dixital a todo o profesorado definitivo, de nova incorporación e á comunidade educativa
O02PD Realizar un seguimento trimestral da implementación do plan dixital
O03PD Crear un repositorio de recursos dixitais por ciclos e a nivel de centro que favoreza o intercambio de materiais dixitais
O04PD Empregar os libros de cualificación no Moodle do E-Dixgal (quinto e sexto de Primaria)
O05PD Utilizar a aula de informática do centro polo alumnado ata cuarto de Primaria cun horario establecido.
O06PD Participar no proxecto de innovación de Polos Creativos.
O07PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital
O08PD Favorecer o intercambio de experiencias, no contexto da transformación dixital dos centros, tanto entre o profesorado do propio centro coma doutros centros de similares características
O09PD Normalizar o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado

Seguimento

Procedemento

Tal como vén reflectido nas táboas do plan de acción, realizaremos o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos do seguinte xeito:
- Trimestralmente, na CCP, realizarase unha valoración do estado da execución das accións programadas no trimestre, o cumprimento dos prazos establecidos e un breve avance dos resultados obtidos. Estes aspectos incluiranse na acta e serán comunicados aos diferentes ciclos no primeira reunión de ciclo despois de CCP. Na última CCP, terase en conta a valoración dos logros obtidos e proporanse melloras para ser incluidas na revisión anual do plan.

Trimestralmente, á vez que se realiza o seguimento iranse recollendo as propostas de mellora que vaian xurdindo.A final do curso, elaborarase unha memoria anual na que se recolla unha valoración final do seguimento realizado e se propoñan melloras para ser incluídas na redacción do plan para o curso seguinte.

1º Trimestre

Obxectivo 1 →Todas as accións previstas foron completadas en tempo e forma.

Obxectivo 2 → O seguimento do plan realizarase, por cuestións de organización do centro, na primeira reunión da CCP do trimestre seguinte, que se adoita convocar na primeira semana.

Obxectivo 3 → Os repositorios de recursos dixitais do centro xa están creados na aula virtual. Creáronse un para Infantil e tres para Primaria, un por cada ciclo. A eles accédese a través da ruta Curso 22-23 → Profesorado → Equipos - Infantil/Primaria - Repositiorio de recursos. Todo o profesorado de cada ciclo pode engadir os recursos que estime oportunos. Todo o profesorado do centro pode acceder como convidado a calquera destes repositorios. A chave foi enviada por correo-e.

Obxectivo 4 → Dado o gran volume de traballo desenvolvido polo profesorado para o deseño das programacións a través de PROENS, non houbo tempo material para configurar a avaliación no EVA E-DIXGAL.

Obxectivo 5 → A mellora da disposición da aula de informática non se levou a cabo durante este trimestre posto que a empresa encargada da retirada e reciclaxe dos equipos obsoletos acumulados nun lateral da mesma non se puxo en contacto connosco ata finais do trimestre. Por outra banda, os equipos informáticos do alumnado foron mellorados tecnicamente co cambio do seu disco duro por SSD (14 unidades), que aumentan a velocidade. Unha vez realizada esta acción, procedeuse á instalación da maqueta Abalar Libre 20 en todos os equipos. O horario de utilización da aula foi confeccionado por todo o profesorado en quendas de dúas semanas, para que haxa flexibilidade no mesmo. Este cadro foi colocado na porta da aula de informática así como nas salas do profesorado.

Obxectivo 6 → A realización do proxecto para a participación no programa de Polos Creativos non se puido iniciar ata o mes de outubro. Cando estabamos en pleno proceso de elaboración, publicouse a última relación de centros admitidos en dito programa. Deste xeito, decidiuse prestar atención a unha nova convocatoria. O proxecto tal cual estaba deseñado aproveitarase como PDI da bilioteca do centro.

Para compensar a carencia de formación do profesorado para desenvolver a creatividade do alumnado a través de actividades dixitais, decidimos a participación no PFPP na liña de impresión dixital e robótica, cuxa fase formativa desenvolverase durante o segundo trimestre. Algún profesorado participou nas xornadas Scratch Day organizadas en outubro polo CEPETIG en Santiago.

Obxectivo 7 → Solicitouse a participación do centro do "Plan Director" cunha charla sobre seguridade na rede para alumnado de 5º e 6º de Primaria. A charla foi desenvolvida neste trimestre. Aínda non foi convocado o programa "Navega con rumbo".

Obxectivo 8 → Desenvolveuse unha actividade de iniciación a E-Dixgal entre o profesorado que inicia a súa participación no proxecto intercambiando información e experiencias.

Obxectivo 9 → Durante os meses de setembro-outubro procedeuse á actualización da Aula Virtual do centro. Creáronse os cursos novos, actualizáronse os usuarios tanto en profesorado e alumnado, matriculouse a todo o persoal docente e alumnado no seu nivel e nos seus cursos, creouse a parte reservada ao profesorado para a coordinación e formación. Envióuselle a todos os titores os usuarios e contrasinais do seu alumnado e resolvéronse as dificultades atopadas. No mes de outubro, o centro participou nunha enquisa de convivencia a nivel nacional e empregamos a aula virtual para que o alumnado de 3º e 4º de Primaria contestase desde o centro.

Unha vez ao mes desenvolveuse unha reunión coa asesora ADIX para tratar distintos aspectos do proceso de implementación do plan.

2º Trimestre

Obxectivo 2 → Incluíuse na orde do día da primeira reunión da CCP o seguimento deste plan durante o primeiro trimestre.

Obxectivo 3 → Unha vez creados os repositorios, autorízase a edición ao profesorado con acceso para editar e ao resto de profesorado comunícaselle que pode acceder a el como convidado para consultar e empregar os recursos.

Obxectivo 4 → Trabállase conxuntamente co profesorado de 5º de Primaria para empregar o sistema de avaliación do EVA E-Dixgal nas áreas correspondentes, de tal xeito que xa está operativo para este trimestre.

Obxectivo 5 → A porcentaxe de profesorado que emprega a aula de informática co seu alumnado é baixa, hai un uso testemuñal, non esperado. Analizaremos as causas para tentar no seguinte trimestre de mellorar neste aspecto.

Obxectivo 6 → Comezou a desenvolverse a actividade "Aprendo programando" do plan Proxecta +. Elaborouse un curso na aula virtual do centro para o profesorado implicado no proxecto, as ligazón ás páxinas con recursos e as actividades a realizar. Na convocatoria establecíase que os centros disporían dunha formación sobre o programa Scratch, formación da que non disfrutamos. Consideramos que esta non pode ser única e exclusivamente unha relación de páxinas con vídeos e actividades.

Por outra banda, dentro do PFPP deste curso, no itinerario TIC, desenvolveuse durante 12 h a formación presencial no centro en impresión 3D, deseño 3D, programación e robótica. Tamén se realizaron un par de sesións de traballo en grupo e individual.

Obxectivo 7 → Solicitouse a participación no programa educativo Navega con rumbo para o alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Obxectivo 8 → Para compensar a falta de formación específica en Scratch non organizada polo Plan Proxecta +, desenvolvimos para o profesorado, desde o equipo de dinamización TIC, unha xornada de introdución ao programa e o deseño dun xogo sinxelo.

Obxectivo 9 → A aula virtual do centro ten recursos e actividades subidos en moitos cursos. O acceso á mesma non se realiza a través da aula de informática do centro.

Neste trimestre comezou o paso do plan dixital á plataforma Educalidade.

Desenvolvéronse as reunións programadas coa asesora ADIX, que se enfocaron en grande medida á resolución de dúbidas e problemas xurdidos do paso do plan a Educalidade.

A finais do trimestre a Consellería dotou ao centro con 13 pantallas dixitais que se instalaron nas aulas de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Queda pendente unha xornada de formación do profesorado implicado coa asesora AMTEGA sobre as súas caraterísticas, o seu uso e a posibilidades que se abren con este hardware.

 

 

 

3º Trimestre

Obxectivo 2 → Incluíuse na orde do día da primeira reunión da CCP o seguimento deste plan durante o segundo trimestre.

Obxectivo 3 → Os repostorios están creados, hai recursos dixitais, pero aínda poderían ser máis.

Obxectivo 4 → O profesorado de 6º de Primaria xa configurou e empregou na terceira avaliación o sistema propio do EVA E-Dixgal. O profesorado de 5º seguiu empregándoo.

Obxectivo 5 → Aumentou lixeiramente o emprego da aula de informática do centro.

Obxectivo 6 → O programa "Aprendo programando" desenvolveuse, máis intensamente, ao longo deste trimestre en 4º e 5º de Primaria dedicando unha hora cada semana ou quince días na hora de Educación Plástica e Visual (Arts & Crafts). O tema do produto final é os refuxiados. Este tema foi traballado ao longo do curso, e sobre todo, no mes de xaneiro (Día Escolar da Paz) polo profesorado titor. Coñeceron os diferentes bloques, os principais bloques en movemento, aparencia, control, eventos, sons e variables. Programáronse uns xogos sinxelos previos para familiarizarse co programa e a forma de traballar e ao final deseñáronse personaxes e programáronse un diálogo (4º) e un pequeno xogo de pantallas (5º).

En canto ao PFPP "Modelando a nosa contorna" desenvolvéronse as reunións programadas para traballar conxuntamente e, ante a falta de impresora 3D, centrámonos na robótica grazas ao 6 robots Mbot que nos prestou o CFR de Ourense. Algún grupo de alumnos/as iniciouse na programación destes robots. O alumnado de Infantil empregou beebot e escornabots.

Obxectivo 7 → A Consellería non nos concedou a actividade de "Navega con rumbo". No mes de xuño, un pai dunha alumna (profesor de FP) presentou ao alumnado de 5º e 6º as gafas VR nun obradoiro por clases.

Obxectivo 9 → As aulas virtuais dos diferentes cursos conteñen actividades publicadas e dispoñibles para o alumnado, pero non todas as materias nin todos os cursos. Loxicamente, o alumnado de 4º de Primaria foi o que máis empregou a aula virtual.

A principio do trimestre tivo lugar unha sesión de formación coa asesora AMTEGA para coñecer o funcionamento e as posibilidades das pantallas dixitais que a Consellería enviou para Infantil e 1º e 2º de Primaria.

Desenvolvéronse as reunións programadas coa asesora ADIX, que se enfocaron en grande medida á resolución de dúbidas e problemas xurdidos do paso do plan a Educalidade.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Tal como vén reflectido nas táboas do plan de acción, realizaremos o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos do seguinte xeito:
- Trimestralmente, na CCP, realizarase unha valoración do estado da execución das accións programadas no trimestre, o cumprimento dos prazos establecidos e un breve avance dos resultados obtidos. Estes aspectos incluiranse na acta e serán comunicados aos diferentes ciclos no primeira reunión de ciclo despois de CCP. Na última CCP, terase en conta a valoración dos logros obtidos e proporanse melloras para ser incluidas na revisión anual do plan.

Trimestralmente, á vez que se realiza o seguimento iranse recollendo as propostas de mellora que vaian xurdindo.A final do curso, elaborarase unha memoria anual na que se recolla unha valoración final do seguimento realizado e se propoñan melloras para ser incluídas na redacción do plan para o curso seguinte.

 

Valoración xeral

O grao de consecución dos obxectivos e a realización das tarefas considérase bastante aceptable. O deseño do plan partíu da análise do documento SELFIE, do Test CDD, da análise do DAFO e da situación que se vivía no centro no curso da elaboración do mesmo. O que se pretendeu foi, non só dar unha resposta á debilidades e ameazas detectadas, senón tamén reforzar nalgunha medida todo aquilo que o considerábamos fortalezas.

Os obxectivos que mellor se desenvolveron foron o 1, 2 e 4. Os obxectivos 3, 7, 8 e 9 conseguíronse arredor dun 50-60%. O obxectivo 5 non superou o 50%. Consideramos que o obxectivo 6 literalmente non foi logrado, porén, ante a necesidade detectada de realizar actividades creativas, innovadoras e de programación coas TIC, o profesorado e o centro, pola súa conta, realizaron as accións deseñadas nese obxectivo nunha porcentaxe satisfactoria.

A aplicación do plan dixital deseñado o curso pasado supuxo unha novidade dentro da cultura do noso centro. Ademais, pasamos de non ter claro a onde queremos chegar coa dixitalización do ensino a ter un documento que establece unhas formas de traballar con determinadas esixencias que, dalgún xeito, non foron fáciles de seguir. Por outra banda, o profesorado participou en bastantes programas e actividades diversas e unha gran parte do mesmo realizou un esforzo importante na formación e na elaboración das programacións PROENS. Estes condicionamentos poden explicar certa falta da implicación necesaria por parte do profesorado para a realización dalgunhas das accións que se programaron nos obxectivos parcialmente conseguidos.

Proposta de mellora

Propoñemos manter as liñas prioritarias de actuación que se estableceron para este plan variando o seu enfoque:

A. Liderado. Manteremos a difusión e normalización do plan entre o profesorado así como a información á comunidade educativa. O seguemento do mesmo realizarase na última CCP de cada trimestre.
B. Colaboración e redes. Deseñaranse estratexias para a compartición de experiencias de emprego das TIC na metodoloxía entre o profesorado do centro. Seremos receptivos á colaboración con outros membros da comunidade educativa e con outras institucións para amosar prácticas innovadoras coas TIC.
E. Pedagoxía – Apoios e recursos. Normalizar o uso periódico e complementario da aula virtual do centro polo alumnado do segundo ciclo de Primaria, preferentemente. O alumnado do primerio ciclo empregaríaa nos casos estipulados pola administración. Este alumnado e o de Educación Infantil poderán acceder á páxina web do centro para desenvolver actividades coas TIC.
F. Pegagoxía - implementación na aula. Completaranse e actualizaranse os repositorios de contidos de cada ciclo creados este curso. Implementaranse na práctica educativa na medida do posible a realización de actividades competenciais que partan da manipulación e da realización de experiencias nas que o emprego de tecnoloxías como a programación, a robótica, o deseño e a impresión 3D, a radio e a televisión escolar, por exemplo, colaboren e enriquezan este proceso de aprendizaxe. Deste xeito potenciaremos o uso do espazo Polo creativo para que, ademais, o profesorado desenvolva prácticas innovadoras con eses materiais e recursos que van ser aportados pola administración educativa e polo propio centro.
G. Avaliación. Enriqueceremos a avaliación do EVA E-Dixgal con estratexias e actividades encamiñadas á autoavaliación e á avaliación entre iguais.
H. Competencias dixitais do alumnado. Potenciaremos o uso periódico da aula de informática por parte do alumnado do primeiro e segundo ciclo de Primaria. O alumnado de Infantil poderá usar os convertibles do armario móbil. Empregarase a aula de Polo creativo para a realización de actividades que fomenten o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado xunto coas demais competencias. Propoñerase unha secuenciación progresiva por curso/ciclo de habilidades e destrezas dixitais a desenvolver polo alumnado.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a aprobación deste plan, enviarase tanto aos membros do claustro como do consello escolar unha copia para o seu coñecemento e análise.

Nas ordes do día do claustro e consello escolar do curso 2022-2023, incluirase unha referencia ao plan dixital mencionando os obxectivos establecidos para ese curso. Ao profesorado de nova incorporación enviaráselle unha copia do mesmo á súa conta corporativa de correo-e.

Ao comezo do curso, entregaráselle unha copia dixital do plan ás persoas coordinadoras dos diferentes ciclos, departamentos e dinamizacións. O plan será publicado na páxina web do centro para o coñecemento de toda a comunidade educativa.

Para acceder ao Plan Dixital 22-23 premer aquí.