Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP O Couto é o centro público de referencia no barrio do mesmo nome. É un barrio que ten uns 7.000 habitantes, dos cales un 5% é de procedencia estranxeira. O nivel socioeconómico é medio-baixo e os ingresos/actividades da poboación proveñen na maioría de actividades comerciais, sector servizos, traballadores en empresas do entorno da cidade, pensionistas e funcionarios.
O Plan Dixital 1.0 entrará a formar parte da Programación Xeral Anual do curso 22/23 de modo transversal e intégrandose nas áreas e cursos nos que está previsto maior incidencia dos obxectivos marcados polo Plan de Acción.

O Plan Dixital xurde como necesidade de promover a utilización das tecnoloxías da información e comunicación dentro do proceso ensino-aprendizaxe. Dita importancia ven especificada nas principais leis educativas.
A Lei 2/2006 (LOMCE) fala no seu artigo 111 bis da promoción do uso das TIC como medio didáctico. Tamén especifica a relevancia do Marco Común de competencia dixital docente.
A Lei 3/2020 (LOMLOE) mantén esas definicións no artigo 111 bis, apartados 5 e 6.
A concreción lexislativa máis recente aparece no comezo do curso 2021-22 na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

O proceso de elaboración do Plan Dixital comeza coa constitución ao principio do curso dun Equipo de Dinamización do Plan Dixital, integrándonos no apartado correspondente do PFPP que estamos facendo no centro. O equipo está formado pola directora, María Pérez; a xefa de estudos, Eulalia Armada; a mestra Rebeca Fernández; a mestra Mónica Álvarez e o coordinador das TIC e coordinador do Plan Dixital, Jorge Paz. Fixose o Test SELFIE con equipo directivo, alumnado e profesorado; o TestCDD e o DAFO. E a partir daí, decidirónse os obxectivos a incluir no Plan de Acción. Todo isto coordinado e asesorado en todo momento pola nosa asesora, Belén Opazo.

Neste novo curso 2023-24 a vinculación do Plan Dixital co Proxecto de Centro centrarase en traballar distintos aspectos para mellorar a dixitalización do centro, e farase desde a coordinación do equipo de dinamización do Plan Dixital

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información para realizar o DAFO foron fundamentalmente o test SELFIE (agrupado en equipo directivo, profesorado e alumnado) e o test CDD realizado polo profesorado destinado (definitivo ou interino) no noso centro no curso 2021-22. 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7 - O alumnado non ten demasiadas oportunidades para crear contidos dixitais no centro. Alumnado Si
Debilidade Non existe unha alta participación por parte das familias no proxecto do centro. Familias Non
Debilidade C14 - Falta de espazo físico para ubicación de dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade A1 - Non existe unha estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Debilidade E2 - O profesorado crear recursos dixitais pero considera que pode producir máis cantidade. Persoal docente Non
Debilidade A4 - O equipo directivo e o profesorado consideran que o tempo é insuficiente para explorar novos métodos de ensino con tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Debilidade F6 - Non se fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza H1 - H3 - O alumnado considera que está preparado para un comportamento seguro e responsable na rede. Alumnado Non
Fortaleza C2 - O profesorado considera que existe un bo nivel de dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza C14 - O centro ten 2 edificios dentro do mesmo barrio pero separados por 800 metros. Oferta Non
Fortaleza E1 - O profesorado fai bo uso dos recursos dixitais en liña. Organización de centro Si
Fortaleza D2 - O profesorado recoñece que ten posibilidades para o desenvolvemento do DPC Persoal docente Non
Fortaleza A3 - O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de desenvolver novas metodoloxías de ensino con recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza O persoal administrativo fai uso das aplicacións e tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Administración educativa Non
Ameaza C3 - Pobre calidade do acceso a Internet no centro. Administración educativa Non
Ameaza Escasa implicación e iniciativa para apoiar os proxectos educativos do centro. ANPA Non
Ameaza H7 - O alumnado é consumidor de productos dixitais pero non ten destrezas para crealos. Contorna Non
Ameaza Falta unha mellor estratexia coa política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de formación dixital continua para o profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA xestiona as actividades extraescolares das tardes, o servizo de comedor e a acollida temperá. ANPA Non
Oportunidade Un alto porcentaxe do alumnado dispón de recursos dixitais e acceso a Internet nas súas casas. Contorna Non
Oportunidade B3 - Colaboracións con outras asociacións da contorna, co Concello, etc... Outras Non
Oportunidade B3 - Colabórase con outras organizacións para promover o desenvolvemento dixital. Exemplo actual: Digicraft. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO anterior (unha análise cuantitativa), e das análises cualitativas (testCDD, SELFIE e análise interna) chegouse á conclusión de que as áreas de mellora que deberíamos incluir nos obxectivos do Plan Dixital de Centro son: 1- Liderado (Potenciar a adopción do uso da tecnoloxía no centro educativo), 2-Liderado (estratexia dixital do centro), 3-Competencias dixitais do alumnado e 4-Liderado (explorar novos métodos de ensino con tecnoloxía dixital). 

Coa finalidade de cubrir estas áreas de mellora priorizadas escolléronse os seguintes obxectivos: 1- Crear un repositorio con ferramentas dixitais básicas (corporativas), 2- Fomentar o uso das ferramentas básicas do repositorio do centro, 3- Promover a comunicación entre os titores e as familias a través de AbalarPro, 4- Mellorar as habilidades do alumnado na creación de contidos dixitais (alumnado de 3º ciclo), 5- Empregar Agueiro para compartir actividades dentro da comunidade educativa 

Despois de analizar e valorar o plan dixital, na súa primeira versión 2022-23, e tendo en conta o punto de partida no DAFO deste ano, concretaremos o noso plan de acción seguindo o seguintes eixos: a) Formar un equipo de dinamización das TIC e do Plan Dixital máis funcional, activo e práctico. b) Involucrar a máis xente tanto na Aula Virtual como en Agueiro. Non ambicionamos chegar a un porcentaxe concreto, conformámonos con aumentar a participación c) Establecer propostas para crear contidos dixitais d) Ter un calendario e unha organización para utilizar os dispositivos portátiles do centro, creando contas para cada un e comprobando o funcionamento da wifi en todo o edificio de Rampa de Sas (para o edificio Greco seguimos solicitando instalación). e) Plantexar algunha actividade coas PDI unha vez que os titores coñezan ben o seu funcionamento f) Recibir formación no uso das novas PDI

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Ampliar o repositorio de ferramentas dixitais básicas (corporativas)
O02PD Fomentar o uso das ferramentas básicas do repositorio do centro
O03PD Promover a comunicación entre os titores e as familias a través de AbalarPro
O04PD Establecer propostas para mellorar as habilidades do alumnado na creación de contidos dixitais valorando a importancia da seguridade e benestar no uso das redes.
O05PD Empregar Agueiro para compartir actividades dentro da Comunidade Educativa
O06PD Realizar un horario para organización do uso dos dispositivos dixitais portátiles
O07PD Plantexar algunha actividade cos Paneis Interactivos para potenciar o seu uso

Seguimento

Procedemento

O plan será avaliado ao final de cada trimestre, analizando o estado de execución das accións observando os datos agardados para cada prazo, e valorando os resultados para plantexar, dado o caso, posibles modificacións nos obxectivos.

1º Trimestre

Durante o 1º trimestre avanzouse en varios obxectivos do Plan de Acción. Entre eles, configurouse un horario semanal para o uso de dispositivos portátiles nas aulas, tras decidir que grupos participarían dos mesmos. Por outra banda, de cara o obxectivo de optimizar o uso de Agueiro na nosa Comunidade Educativa, varios mestres están participando na formación en diversos cursos de Fprofe. Creouse 1 aula en Agueiro, das que todavía non tiñamos activas, a petición da titora. 

Aínda que non está contemplado como obxectivo neste curso, decidiuse comezar a facer un inventario detallado dos equipos informáticos do centro, tanto no edificio de Sas como no edificio de Greco. 

Realizouse unha saída (por parte do alumnado de 5º de Primaria) á actividade de ciberseguridade e confianza dixital (organizada entre o Concello de Ourense e INCIBE - Instituto Nacional de Ciberseguridade). 

2º Trimestre

Durante o 2º trimestre avanzouse pouco nos obxectivos. Está en marcha o horario para uso dos dispositivos portátiles nas aulas, conectados á wifi do centro. Configuráronse novos dispositivos portátiles e tabletas para que poidan utilizar a wifi do centro. Engadiuse contido aos grupos de Agueiro, pero non se fixo unha actividade de compartir entre aulas. E avanzouse no inventariado informático do centro. O profesorado está participando en cursos de FProfe para a mellora da competencia dixital e para acadar os distintos niveis competenciais, A2, B1, B2, etc... 

3º Trimestre

Durante o 3º trimestre instalouse un RACK no edificio Greco que permitirá finalmente ter cobertura wifi a partir do vindeiro curso. Seguimos avanzando no inventariado informático, que temos previsto finalizar ao longo do curso. Na última semana do curso chegaron novos equipos para uso por parte de profesorado de PT, AL e Orientación. Serán configurados e repartidos ao principio do curso 2024-25. Crearonse contidos dixitais no programa Proxecta+ "Consumópolis" no que acadamos o primeiro premio a nivel galego. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan será avaliado ao final de cada trimestre, analizando o estado de execución das accións observando os datos agardados para cada prazo, e valorando os resultados para plantexar, dado o caso, posibles modificacións nos obxectivos.

Ao final do curso tamén se fará un avaliación final onde se valorará con detalle o logro dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso sucesivo.

Valoración xeral

Valoramos o éxito do Plan Dixital de modo aceptable, sen máis. Por segundo ano o equipo de dinamización funcionou cun número maior de persoas que en anteriores cursos. Conseguimos avanzar nalgúns puntos como a configuración de portátiles e uso por parte de profesorado e alumnado. Tamén avanzamos no inventariado dos dous edificios para detectar carencias nos equipos. E aumentou a participación en Agueiro por parte de 1 aula. Pero tamén valoramos negativamente que segue sen haber unha implicación global do profesorado en utilizar aulas virtuais para compartir contidos e tampouco na creación de contidos dixitais. Sempre son os mesmos os que están implicados. Así pouco se avanza. 

Proposta de mellora

As propostas do mellora adoitan a ser as mesmas ano tras ano. Está ben que haxa cada vez máis equipos dixitais, pero se iso non vai dunha implicación por parte de todos, dun aumento de recursos humanos que poidan optimizar e organizar todo a cantidade de equipos que temos, non vale para nada. Precísase que haxa maior oferta de formación e maiores incentivos para todos. Precísase que nos centros haxa profesorado con horario para ter un mantemento e un control dos equipos que pasan por tantas mans. Para o anos seguiremos co inventariado e procuraremos que se utilicen máis as aulas virtuais (tanto Moodle como Agueiro)

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A presentación (e aprobación) do Plan Dixital, así como as distintas avaliacións trimestrais terán puntual seguimento nos pertinentes Claustros e Consellos Escolares do curso.
Tamén se fará público o plan e as súas actualizacións a través da web do centro e das redes corporativas para o coñecemento de toda a comunidade educativa.

Plan dixital 1.0 publicado na web

Neste curso 2023-24 darase difusión do novo Plan Dixital a toda a comunidade educativa a través dunha ligazón URL á aplicación Educalidade: Plan Dixital 2.0 (2023-24)