Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento farase nas reunións do equipo do Plan Dixital, facendo as reunións necesarias co equipo directivo, e os profesores que sexan necesarios
Nesta reunión tratamos o tema da intranet do centro,como nexo de comunicación do profesorado.Tamén daqueles contidos de mellora da web..
Comunícase ao profesorado de secundaria a importancia no uso do libro de cualificación da aula virtual.
Participou o grupo TICs e Polos Creativos no PFPP sobre edición de vídeo e cortadora láser.
Estudase a posibilidade de crear a ferramenta SELFIE. para os grupos de 1ª ESO.
Utilizouse a aplicación Selfie para os alumnos e alumnas de 1º curso da ESO coa finalidades de ter en conta os resultados para formalizar os obxectivos para o vindeiro curso.
Avaliación
A avaliación procesual será como mínimo una vez o trimestre na cal o centro por parte dun cuestionario ou rubrica dependendo do aspecto a analizar valorará os resultados acadados ata ese momento; modificando as accións e os recursos necesarios para seguir os obxectivos previstos nun principio. Unha vez acadados os resultados dos ítems estableceranse as propostas de mellora en función da área, obxectivo e valor previsto.
En canto a avaliación final teranse en conta o análises dos resultados acadados en cada trimestre en función dos aspectos xa conseguidos e estableceranse un análise final sobre os obxectivos conseguido así coma das propostas de mellora tendo en conta todos os aspectos tanto os positivos coma os negativos para abordar un análise real da situación do centro nese momento.
A valoración xeral é positiva.
Seguiremos a traballar nos obxectivos que aínda non se conseguiron na súa totalidade.
Comunicación e difusión
En primeiro lugar información o claustro sobre os pasos que se van a seguir así coma a organización do Plan dixital e comunicación o resto da comunidade educativa a través do Consello.
Para isto especificarase en que consiste, quen son os responsables do mesmo e que pasos se seguirán o longo do curso para a súa realización e exección durante o curso escolar.
A continuación terase en conta no Plan de comunicación de centro e por último publicitarase a través da paxina web do centro, aula virtual e redes sociais para a completa difusión do mesmo.