Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O centro educativo CEIP do Xurés pertence ó Concello de Lobios, situado ó sur de Galicia e tamén da provincia de Ourense. Limita ó Norte cos Concellos de Lobeira e Entrimo, ó Leste cos de Lobeira e Muíños e ó Sur e ó Oeste  coa veciña Portugal.

 

Denominación oficial:   CEIP  Plurilingüe do Xurés

Código do Centro:         32006358

Concello:                       Lobios

Enderezo:                      Paraño 31

Código Postal:              32870

Teléfono / Fax:             988448007

Correo electrónico:      ceip.doxures@edu.xunta.es

A relación de postos de profesorado no curso 2023-2024 é a seguinte:              

Posto

Nº mestres/as

Educación Infantil: 1

Educación Primaria: 2

Lingua Estranxeira: 1

Educación Física: 1

Educación Musical: 1

Relixión Católica: 1[+]

Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe: 1[+]

Audición e linguaxe:1

Orientación: 1 [+]

PROA+: 1*

Auxiliar Conversa: 1*

Total: 12 mestres/as

 

 [+] O profesorado de relixión, orientación e audición e linguaxe non están no centro tódolos días. A mestra de audición e linguaxe está no centro educativo luns, mércores e venres (itinera co CEIP Curros Enríquez de Celanova o resto dos días); a orientadora permanece no centro luns e mércores (itinera resto dos días cos centros educativos de Entrimo, Muíños e Bande); o profesor de relixión pertence ao claustro do IES Aquis Querquernis (Bande), soamente está no noso centro os martes.

* O profesorado non estará todo o curso académico (mestre PROA+ comezou o 4 de outubro de 2023 e rematará o 14 de xuño de 2024; a auxiliar conversa comezou o 4 de outubro de 2023 e rematará o 31 de maio do 2024).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe Selfie e Test CDD

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Facer énfase na creación de contidos recoñecendo e valorando o traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Baixa implicación das familias en estratexias, actividades que impliquen recursos dixitais. Familias Non
Debilidade Limitacións da maqueta libre abalar. Infraestruturas Non
Debilidade Cadro de persoal cambiante e non estable, o que con leva que non teñan a continuidade que se desexase os programas, proxectos e iniciativas que se desenvolven no centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de coñecementos en materia de protección de datos por parte da comunidade educativa. Descoñecemento da lexislación referente a licencias de creación e compartir contados. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para desenvolver toda a creatividade dixital do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza A competencia do alumnado aumenta segundo avanza a súa idade. Alumnado Non
Fortaleza A dotación de equipos do centro é boa en número. E-dixgal, Aulas virtuais, Biblioteca creativa; Digicraft. Infraestruturas Non
Fortaleza Implementación e Aulas Virtuais e outros recursos dixitais antes da realización do propio Plan Dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación e predisposición ante novas metodoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de recursos dixitais no centro na actualidade a través de aulas virtuais; Edixgal; Liveworksheet. Persoal docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Oferta formación limitada en prazas para acceder profesorado. Limitacións maqueta abalar. Limitacións equipos E-dixgal. Puntualmente falla a conexión e a asistencia técnica demorase cando é en persoa debido a situación xeográfica do centro. Administración educativa Non
Ameaza Pouca implicación respecto a aplicación de estratexias dixitais na súa oferta de actividades. ANPA Non
Ameaza Perfil socio-demográfico baixo. Contorna Non
Ameaza Escasas ou inexistentes entidades na contorna relacionadas co Plan Dixital. Outras Non
Oportunidade Propor á ANPA de realizar actividades que fomenten os obxectivos do Plan Dixital. ANPA Non
Oportunidade Involucrar ás entidades presentes na contorna a participar en actividades co centro educativo. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
AO1 Aumentar coñecementos en materia de protección de datos
AO2 Aumentar o tempo empregado no centro para o desenvolvemento da creatividade dixital do profesorado
AO3 Aumentar implicación da familia en estratexias/recursos dixitais

Seguimento

Procedemento

Reunión a comezo de curso, trimestralmente e reunión a final de curso; xa  que ó tratarse de un centro de menos de 6 unidades, o equipo do PLan Dixital está conformado unicamente pola figura do director do centro educativo

1º Trimestre
  • Reunión ao comezo do 1º trimestre para explicar o Plan Dixital do centro e os obxectivos porpostos para o curso.
  • Organización do Equipo do Plan Dixital (centro de menos de 6 unidades correspóndelle á dirección do centro a coordinación do equipo).
  • Organización das actividades do 1º trimestre.
2º Trimestre
  • Seguemento do 2º trimestre: Estado dos obxectivos fixados para planificar as actividades para alcanzar os obxectivos fixados para o curso 2023-2024
  • Os obxectivos fixados para o 1º trimestre conseguironse
3º Trimestre
  • Seguemento do 3º trimestre: Estado dos obxectivos fixados para planificar as actividades para alcanzar os obxectivos fixados para o curso 2023-2024
  • Os obxectivos fixados para o 1º e 2º trimestre conseguironse

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual: A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre e valoraranse os aspectos indicados a continuación.

-Estado de execución das accións e análise e valoración dos resultados

Para avaliar si hai avances poderíase pasar unha enquisa aos mestres e alumnos, así como comparar os datos recadados a principio de curso coa observación do seguimento da web, redes sociais e uso da aula virtual, multimedia, etc.

Análise de necesidades:

  • Que necesidades colectivas de desenvolvemento profesional relacionadas coa integración das tecnoloxías dixitais de aprendizaxe xorden.
  • Potenciar o uso dos medios de comunicación dixitais do centro: páxina web, abalar....
  • Mellorar o uso do servidor documental.
  • Que necesidades individuais de desenvolvemento profesional relacionadas coa integración das tecnoloxías dixitais de aprendizaxe xorden?
  • Aprender-mellorar o manexo e uso na aula de ferramentas como o encerado dixital, tablets, aula virtual.
  • Compróbase que hai docentes que teñen un nivel elevado no uso de certas tecnoloxías, polo que as súas necesidades serían as de mellorar o seu manexo. Outros docentes non amosan ningún interese polo que a necesidade individual sería a de sentir motivación cara o uso das tecnoloxías na aula, antes de explicar o seu uso.
  • Como detectamos estas necesidades colectivas e individuais.
  • Seguimento de petición dos recursos do centro, xa que para usar as aulas multimedia hai que apuntarse nun caderno. Tamén para dispor de aula virtual, o responsable TIC debe dar de alta ao mestre-usuario, polo que é sinxelo comprobar cada ano quen usa ou non usa a aula virtual.
  • Conta o centro con recursos suficientes para satisfacer estas necesidades ou é necesario recorrer a axentes externos.
  • O centro podería dispor de recursos suficientes xa que existe a opción de facer grupos de traballo a través dos centros de formación do profesorado.
  • Que tipo de actuacións de desenvolvemento profesional se organizarán para satisfacer esas necesidades.
  • Poderíase empezar por buscar documentación sobre o uso da tecnoloxía para fomentar o interese do profesorado.
  • Como se avaliaran esas actuacións
Valoración xeral

O plan que se desenvolveu durante o presente curso 2023-2024, foi recollida a súa avaliación e estado de consecución das accións propostas para acadar os obxectivos planificados na Memoria Final de curso.

  • O obxectivo 1: Aumentar coñecementos en materia de proptección de datos; non se considera acadado xa que faltou desenvolver aaccicón AO1:3: Formación sobre protección de datos. Non se acadou o valor previsto: O 50% do profesorado aumentou a súa competencia en protección de datos.
  • O obxectivo 2: Aumentar o tempo de creatividade dixital do profesorado; non se considera acadado, xa que se aprazou a acción AO2.1: Establecer 2 sesións de 45 minutos para a creatividade en recursos dixitais. Aprazouse debido a organización do centro, quedando nunha única soa sesión, coincidindo co valor de partida e non acadando o valor previsto: 1 hora e media semanasl dedicada á creación de recursos dixitais.
  • O obxectivo 3: Aumentar impicación da familia en estratexias/recursos dixitais, considérase acadado; xa que o valor de consecución: 8 familias implicadas en estratexias/recursos dixitais; acadouse, porque participaron nalgunha das iniciativas de concursos empregando recursos dixitais.

 

Proposta de mellora

Propóñense como propostas demellora para o Plan Dixital no vindeiro curso 2024-2025, as seguiuntes:

Acadar os obxectivos pendentes e continuar afianzando a implicación das familias a través de recursos/estratexias dixitais.

Polo tanto os obxectivos que se propoñen para o vinceiro curso, son os seguintes:

1. Aumentar coñecementos en materia de protección de datos

2. Aumentar o tempo de creativade dixital a unha hora semanal

3. Aumentar a implicación das familias en estratexias/iniciativas dixitais. (12 familias como mínimo)

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será a páxina web do centro. https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdoxures/