Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro Nome do centro: CEIP Virxe da Pena da Sela. Dirección: Lagoa, s/n (Campo). O Irixo (32530). Correo electrónico: ceip.penadasela@edu.xunta.gal. Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceippenadasela/. Número de aulas: 4 (unha en EI: 4º e 5º, e 6º; e tres en primaria: 1º e 2º, 3º e 4º e 5º e 6º). Número de alumnado: 63. Número de profesorado: 7 mestres a tempo completo, dúas mestras itinerantes e outras dúas que traballan media xornada.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro CARACTERÍSTICAS XERAIS DO CENTRO Vertente externa O colexio está localizado nun dos concellos máis extensos de Galicia, pero que tamén é un dos máis despoboados, xa que só ten 1500 habitantes. Forma parte dunha comarca coa que mantén lazos comerciais e funcionais. É unha zona tradicionalmente madereira e ten unha poboación dispersa que presenta características propias do rural ourensán. Hai que resaltar a importancia da emigración tanto a América como a Europa. Así mesmo,nos anos sesenta a emigración dirixiuse cara ao País Vasco. Unha parte importante do alumnado non vive no concello no que se atopa o colexio, senón nun concello adxacente. O transporte público é practicamente inexistente, o que dificulta o desenvolvemento integral do alumnado, que depende nalgúns casos totalmente das actividades que se desenvolven no centro educativo, xa que a oferta cultural no concello é escasa, sendo especialmente salientable, por desgraza, que a biblioteca municipal estea case sempre pechada e non teña un horario fixo. As conexións para ter acceso ás novas tecnoloxíasson deficientes. As únicas actividades económicas con vitalidade na zona forman parte del sector primario (actividades agrícolas, gandeiras e forestais, principalmente). Recentemente, creouse unha denominación de orixe de produtos elaborados no concello, no que se atopa a última cooperativa leiteira da provincia. Vertente interna: O centro chegou a ter máis de trescentos alumnos na sua época de esplendor, nunha etapa previa á despoboación do rural galego. Chegou a perigar a continuidade do colexio hai algúns anos, cando a matrícula non pasaba de corenta alumnos, pero afortunadamente moitas familias dun concello adxacente apostaron polo proxecto educativo do noso colexio, o que permitiu que dende o curso pasado contemos con dúas novas aulas, sete mestras e dous mestre que forman parte do claustro do centro (hai só tres anos o claustro estaba formado por catro persoas exclusivamente) e que non perigue de novo. A pesar de contar ata hai só catro anos con pouco profesorado, sempre esforzámonos en realizar e participar en varios programas educativos ofertados pola Consellería de Educación: somos un centro PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende hai varios anos, fomos un colexio pioneiro en contar cunha hora máisde Educación Física á semana, impartimos clases de reforzo dentro do programa PROA, participamos en tres plans Proxecta e rodamos curtametraxes baseadas en obras literarias que estreamos nun festival de cine que celebramos na sala comercial do cine de Leiro, por citar só parte das actividades que desenvolvemos e dos programas nos que estamos inmersos. En canto ao personal non docente, temos una cociñeira no comedor escolar, e unha limpadora. Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24: O Plan Dixital será incluido unha vez sexa aprobado polo claustro e o consello escolar na Programación Xeral Anual substituíndo ao Proxecto de Introdución nas TIC que figura como un anexo na programación xeral do actual curso escolar. Susodito plandesenvolverase no proxecto educativo seguindo a folla de ruta marcada e de formacoordinada e integrada co resto de plans e proxectos que desenvolvemos e que xa foron citados con anterioridade.

1.3. Breve xustificación do mesmo A resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, ditou instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación iniciale permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeralde Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten. En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, a consellería) persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Situación de partida Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais ¿ Infraestrutura Infraestrutura de datos: temos conexión a internet en toda a escola principalmente por Wifi, aínda que tamén por cable (bibliotea, dirección, aula de desdobramento, aula de 3 e 4 anos). Infraestrutura de voz: temos dous teléfonos inalámbricos, os cales teñen cobertura en toda a escola. ¿ Equipamentos do centro por categorías: O total de equipamentos que temos, e empregamos a diario, no centro son 33 ordenadores (21 portátiles e 12 de mesa). Ademais tamén contamos cunha cámara de fotografía, con 5 tarxetas de memoria, 5 USB e 5 impresoras (2 blanco e negro e 3 decor). Salientar que todo pertence a escola, debido a que non estamos inscritos en ningún proxecto do cal poidamos dotarnos de material TIC. ¿ Todas as aulas están dixitalizadas tanto con conectividade (sen cableado) a rede, tendo cada unha o seu proxector e o seu taboleiro dixital. Así isto axuda moito a traballar de maneira máis significativa e interactiva co alumnado da nosa escola. Así cóntanse cun total de 5 portátiles e 5 encerados dixitais. ¿ Na biblioteca tamén contamos cun ordenador de mesa e unha impresora. Este emprégase principalmente para actualizar o catálogo de libros, para consulta e para o préstamo. ¿ En canto a administración e xestión do centro, ó ser unha escola de poucas unidades, todo recae no despacho de dirección contando para elo tamén cun ordenador de mesa e unha impresora. Ademais de estar alí situados os dous teléfonos da escola (inalámbircos). ¿ Para o uso na Sala de Mestres contamos con dous equipos de mesa e con dúas impresoras. ¿ No centro tamén contamos cunha aula de informática a cal está formada por 8 equipos de mesa, tendo cada un deles tamén uns cascos para poder escoitar distintos recursos multimedia. A maiores temos 16 portátiles Abalar.

¿ Servizos dixitais educativos: A xunta dota os centros de moitos servizos corporativos que facilitan a xestión docente como son: ¿ O correo electrónico edu.xunta.es ¿ A páxina web do centro: CEIP Virxe da Pena da Sela (xunta.gal) ¿ Aula virtual ¿ Blogs das aulas: As trapalladas do Irixo, As aventuras do Irixo, As Cativadas do Irixo, Bilbiogreta, SeteLúas). ¿ EspazoAbalar ¿ AbalarMóbil As propostas a mellorar destes servizos principalmente sería a app Abalar, xa que estaría moito mellor para os mestres/as poder ter, ó igual que os pais e nais, a aplicación nos nosos teléfonos móviles e non ter que empregar un ordenador sempre. Ademais, en canto a servizos non corporativos, no noso centro empregamos Whatsapp cun grupo para falar entre o profesorado da escola, debido a que é máis rápido e directo. ¿ Xestión do mantemento do equipamento do centro: Por un lado, a xestión dos equipamentos fainos o director do centro. Por outro para o mantemento o director chama a un técnico externo á Consellería sempre que é necesario, debido a que a UAC tarda moito tempo para resolver as incidencias ou problemas que poidan xordir na nosa escola. ¿ Enlaces a protocolos do centro relacionados coas TIC:

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Non
Debilidade Aproveitamento dos espazos para compartir recursos educativos dixitais. Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Non
Debilidade Tipoloxía da orferta educativa do centro. Oferta Non
Debilidade Estratexia dixital. Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación. Organización de centro Non
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza A motivación ante a tecnoloxía. Alumnado Non
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Resolución de incidencias técnicas. Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Creación de recursos educativos dixitais. Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado. Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Difícil implementación na aula por ter moitas aulas mixtas no centro. Administración educativa Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Tratamento das licencias e dereitos de autoría. Lexislación Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Actuacións da administración educativa. Dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Oportunidade Relación coa ANPA/s. Participación das familias. ANPA Non
Oportunidade Política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos ó centro. Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Colaboración con institucións alleas ó centro educativo. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Plan de Acción 3.1. Obxectivos, indicadores e accións A partir da análise DAFO establecemos na elaboración do Plan de Acción, as seguintes áreas prioritarias cos seus correspondentes obxectivos. Todos eles reflectidos nas táboas que se presentan a continuación.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Colaborar con institucións alleas ao centro educativo. (B3* e B4 OP*)
O02PD Conseguir que o alumnado se autoevalúe e coevalúe empregando ferramentas dixitais (*C8).
O03PD Formar sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. (A3*
O04PD Crear e seleccionar recursos dixitais apropiados para o alumnado de cada aula. (E2*)
O05PD Adoptar innovacións educativas (*A3).
O06PD Promover o uso de ferramentas e plataformas dixitais promovidas pola administración educativa (A2* e C1*).

Seguimento

Procedemento

Unha avaliación procesual, ao longo de cada trimestre, no que se iremos vendo o estado da execución das accións, analizaremos e valoraremos os resultados e buscaremos, de ser o caso, as posibles modificacións que teñamos que facerlle ao plan e incorporaremos propostas de mellora.

E unha avaliación final ao final de cada curso escolar. Na que se analizarán a consecución ou non dos obxectivos propostos e se fará unha proposta de mellora de cara ao vindeiro curso.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre o primeiro obxectivo do plan dixital, colaborar con institucións alleas ao centro educativo, empezou a levarse cabo xa que o colexio solicitou dous Plans Proxecta, Protexe os Animais e Plan de Vida Activa e Deportiva, por medio dos cales seguimos a colaborar coa protectora local, Arume, e coa Agrupación Deportiva Arenteiro. Así mesmo, todo o profesorado do centro utiliza dende setembro redes colaborativas profesionais coma o espazo Abalar para comunicarse coas familias.

En canto ao segundo obxectivo, crear e seleccionar recursos dixitais apropiados para o alumnado de cada aula, parte do profesorado seleccionou recursos dixitais que publicou nos blogs do centro, pero apenas se crearon recursos dixitais polo momento.

O obxectivo número tres, formar sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital, está programado para o segundo e terceiro trimestre dentro do PFPP que estamos a desenvolver no centro.

No obxectivo catro, adoptar innovacións educativas, só se levou a cabo polo momento a primeira acción (Inscribirse en actividades formativas para aprender e poder empregar todas as oportunidades que nos ofrecen as TIC), xa que non se fixo un horario para a aula de informática nin se creou unha escola de pais e nais para informar sobre os perigos das pantallas.

O obxectivo número cinco, promover o uso de ferramentas e plataformas dixitais promovidas pola administración educativa, conseguiuse dende o primeiro momento xa que tanto no primeiro claustro coma na reunión feita coas familias do alumnado antes de comezar as clases explicouse que o uso de Abalar era unha ferramenta fundamental de comunicación entre o profesorado e as familias do centro.

Por útilmo, o obxectivo seis, conseguir que o alumnado se autoevalúe e coevalúe empregando ferramentas dixitais, non se conseguiu en parte xa que non se elaboraron rúbricas dixitais, pero si se creou un espazo Maker, que é a principal novidade na biblioteca do centro, e introduciuse nese espazo tamén a robótica.

2º Trimestre

No segundo trimestre o primeiro obxectivo do plan dixital, colaborar con institucións alleas ao centro educativo, seguiuse a desenvolver facendo actividades sobre a protectora e organizando actividades deportivas a través da Agrupación Deportiva Arenteiro. Non houbo ningún cambio en canto ás redes colaborativas profesionais.

En canto ao segundo obxectivo, crear e seleccionar recursos dixitais apropiados para o alumnado de cada aula, parte do profesorado seleccionou recursos dixitais que publicou nos blogs do centro, pero apenas se crearon recursos dixitais polo momento. A situación é exactamente a mesma que no primeiro trimestre.

O obxectivo número tres, formar sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital, conseguiuse xa que dous mestres do centro impartiron sesións de docencia sobre a gravación dunha curtametraxe e sobre programas de edición de vídeo.

No obxectivo catro, adoptar innovacións educativas, non houbo ningunha modificación con respecto ao conseguido no primeiro trimestre: só se levou a cabo polo momento a primeira acción (Inscribirse en actividades formativas para aprender e poder empregar todas as oportunidades que nos ofrecen as TIC), xa que non se fixo tampouco un horario para a aula de informática nin se creou unha escola de pais e nais para informar sobre os perigos das pantallas.

O obxectivo número cinco, promover o uso de ferramentas e plataformas dixitais promovidas pola administración educativa, volveuse a lograr no segundo trimestre a través do uso diario de Abalar tanto por parte das familias coma do profesorado.

Por útilmo, o obxectivo seis, conseguir que o alumnado se autoevalúe e coevalúe empregando ferramentas dixitais, non se conseguiu en parte xa que non se elaboraron rúbricas dixitais, como xa se comentou no seguimento do trimestre anterior pero si se creou un espazo Maker, que é un éxito rotundo xa que parte do alumnado do centro prefire utilizalo nos recreos en vez de saír ao patio, e introduciuse nese espazo tamén a robótica nalgunhas sesións de primaria.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar a consecución do noso plan faremos dúas avaliacións: - Unha avaliación procesual, ao longo de cada trimestre, no que se iremos vendo o estado da execución das accións, analizaremos e valoraremos os resultados e buscaremos, de ser o caso, as posibles modificacións que teñamos que facerlle ao plan e incorporaremos propostas de mellora. - E unha avaliación final ao final de cada curso escolar. Na que se analizarán a consecución ou non dos obxectivos propostos e se fará unha proposta de mellora de cara ao vindeiro curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este plan foi presentado e aprobado polo Claustro e polo Consello Escolar. Unha vez aprobado publicouse na páxina web do centro así como nos distintos blog do colexio coa idea de que todos os membros da comunidade educativa teñan coñecemento do mesmo