Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

  • Nome: CPI Laureano Prieto Código de centro: 32005305

  • Dirección: Rúa Toural S/N, 32540 A Gudiña (Ourense)

  • E-Mail: cpi.laureano.prieto@edu.xunta.gal

  • Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cpilaureanoprieto/

  • Etapas educativas: Educación infantil, Educación primaria, ESO

  • Nº de Alumnado: 82

  • Nº de Profesorado: 19

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

  • O centro, CPI Laureano Prieto, atópase na Gudiña (provincia de Ourense), nunha vila de 1200 habitantes aproximadamente, e que conta cun nivel socioeconómico medio.

  • O Plan Dixital contribúe ao Proxecto educativo xa que cambia o método de ensino ao introducir a aula virtual e o Encerado Dixital, dous elementos que apenas se utilizaban.

Breve xustificación do mesmo

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O equipo de dinamización do Plan Dixital está formado por 13 docentes, tanto de primaria como da ESO. O proceso de elaboración realizouse a través dun PFPP, no cal nas diferentes reunións seguíronse os seguintes pasos:

  1. Enquisa SELFIE realizada ao profesorado, xunta directiva e alumnado de 5º e 6º de Primaria e alumnado da ESO.

  2. Análise dos resultados da enquisa SELFIE

  3. Realización do Test de Competencia Dixital (CDD) por parte do profesorado e xunta directiva.

  4. Análise dos resultados do Test CDD.

  5. Análise cualitativa, cuantitativa e 3 por qué.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado: Non poden traer os seus equipos. Alumnado Si
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais: De momento non se utilizan estas formas de avaliación. Alumnado Si
Debilidade Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias: Hai poucas materias nas que poidan obter habilidades dixitais. Alumnado Si
Debilidade Competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais: De momento non. Alumnado Si
Debilidade Existencia dunha estratexia dixital: De momento non existe estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría: Hai pouca costume de utilizar software libre. Organización de centro Si
Debilidade Tipoloxía da oferta educativa do centro ( por exemplo familias de FP): Ao ser un centro moi pequeno, non ten moita oferta. Organización de centro Non
Debilidade Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado: De momento non demasiadas, pero desde a crise do COVID-19 a tendencia está cambiando. Persoal docente Si
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares: De momento non se realizan demasiados proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade Creación de recursos educativos dixitais: Non se crean demasiados recursos dixitais. Sen embargo desde a crise do COVID-19 a tendencia está cambiando. Persoal docente Si
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación: Aínda que se fai uso da aula virtual, non se utilizan demasiadas tecnoloxías para avaliar. Persoal docente Si
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio etc): De momento esto solo faise nun par de materias en toda a ESO. Persoal docente Si
Debilidade Transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais: Pese que hai certo alumnado que responde moito mellor ás ferramentas dixitais, nesta zona hai unha gran brecha e certos alumnos funcionan moito pior. Persoal docente Si
Fortaleza Competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais: En 3º e 4º da ESO teñen materias optativas nas que aprenden a programar. Alumnado Si
Fortaleza Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc: Cada vez que usan dispositivos dixitais con internet, lémbraselle ao alumnado cómo comportarse correctamente. Tamén se fan charlas sobre o uso seguro de internet. Organización de centro Si
Fortaleza Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos: Hai un centro adscrito de primaria (CEIP Augusto Assia), e outro de secundaria e bachiller (IES Carlos Casares) con algún profesor compartido. A comunicación é fluida. Organización de centro Non
Fortaleza Resolución de incidencias técnicas: En xeral as incidencias técnicas resólvense rápidamente. Organización de centro Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro: Ao tratarse dun CPI con xunta directiva compartida, a comunicación entre etapas é bastante sinxela. Organización de centro Non
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais: A aula virtual do centro funciona bastante ben. Organización de centro Si
Fortaleza Características do software instalado nos equipos: A finais de 2022 cambiouse o sistema operativo dos ordenadores do centro a Linux e utilízase software libre. Organización de centro Si
Fortaleza Características das plataformas e aplicativos online utilizados: A aula virtual funciona ben. Organización de centro Si
Fortaleza Política de protección de datos: É unha fortaleza a nivel de todo Galicia Outras Non
Fortaleza Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino: Ao ser un centro de pequeno tamaño, hai menos carga de traballo en outro tipo de areas. Persoal docente Non
Fortaleza Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital: No centro realizáronse varios PFPP sobre tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado: No centro todos os anos realízase algún PFPP con alta participación do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía: Desde a crise do COVID-19 reflexiónase moito sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas: Desde a crise do COVID-19 empezouse a utilizar moito máis a aula virtual e recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa: De momento utilízase a plataforma xade e a aula virtual. Persoal docente Si
Fortaleza Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos: A aula virtual facilita moito este apartado. Persoal docente Si
Fortaleza Uso activo e creativo de aulas virtuais: Desde a crise do COVID-19, empezou a utilizarse moito máis activamente. Persoal docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Estabilidade laboral do persoal docente: Hai moito persoal provisional ou interino. Administración educativa Non
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro: Ao ser un centro pequeno, ten menos achegas económicas. Administración educativa Si
Ameaza Existencia de proxectos externos: De momento non. Administración educativa Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna: A contorna non ten condicións moi boas. Contorna Non
Ameaza Participación das familias: Non hai demasiada participación por parte das familias. Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo: Hai alumnado que non pode acceder. Contorna Si
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal non docente: O persoal non docente non soe cambiar. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación: Hai unha oferta razoable por parte da Xunta. Administración educativa Non
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico: O centro está razoablemente ben equipado. (Aínda que se pode mellorar bastante). Administración educativa Si
Oportunidade Relación coa/a ANPA/s: Hai unha relación estreita. ANPA Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo: Hai colaboración estreita con organizacións como a Cruz Vermella para a realización de charlas e actividades. Contorna Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Plan de Acción

Para o Plan de Acción do curso 2022-2023 farán falta os seguintes recursos materiais e humanos:

  • Aula Virtual: Utilizarase a aula virtual do centro, baseada en Moodle. Durante o PFPP de este curso realizáronse varias prácticas na creación de contidos da Aula Virtual.

  • Encerado Dixital: Instalaranse 2 encerados dixitais, nas aulas de 1º e 3º da ESO.

  • Recursos Humanos: Como recursos humanos, participará o equipo de dinamización do Plan dixital na supervisión e avaliación do Plan de Acción. O profesorado terá que realizar un esforzo para acadar os obxectivos de cara ao curso que ven.

  • Tamén se tratará de ensinar, tanto ao alumnado como ás familias, o uso da aula virtual do centro para a entrega de traballos en formato dixital.

Obxectivos, indicadores e accións

O Plan de acción elaborouse a partir da análise DAFO onde se podían observar as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas do CPI Laureano Prieto. Aínda que hai bastantes cousas nas que se pode actuar ao final o equipo de dinamización acordou que onde máis se debía actuar é no uso da Aula Virtual do Centro e no uso do encerado dixital na aula.

  • En canto a aula virtual, hai 3 obxectivos a acadar:

    • Convertela nun instrumento de uso diario, pasando dun 20% das materias nas que se usa agora mesmo a un 80% en Decembro de 2022.

    • Que o alumnado presente algúns dos traballos de xeito dixital en todas as materias en Maio de 2023. Nestes momentos, so un 20% das materias conta con traballos presentados de xeito dixital polo alumnado.

    • Crear repositorios en liña na aula virtual para un 60% das materias. Agora mesmo so un 20% das materias conta con información e apuntes que os alumnos poidan consultar.

  • En canto ao encerado dixital, agora mesmo non se utiliza na ESO. Antes de que de comezo o curso, instalaranse 2 encerados dixitais nas aulas de 1º e 3º da ESO para que comecen a utilizarse durante o curso.

Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

Para acadar os obxectivos do plan de Acción necesitarase o seguinte equipamento:

  • Encerado dixital en cada aula da ESO

  • Aula Virtual do centro correctamente estruturada

  • Equipos para o profesorado (Actualmente hai 2 ordenadores nas salas de profesores)

  • Equipamento para a dixitalización de recursos para o alumnado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01 Promover o uso do software libre no ámbito educativo
02 Familiarizar ao alumnado e profesorado co emprego do encerado dixital
03 Fomentar o uso do equipamento do programa "Polos Creativos"
04 Fomentar a entrega e avaliación de traballos dixitais

Seguimento

Procedemento

Avaliación do plan

  • Avaliación procesual: Haberá unha reunión trimestral do equipo de dinamización do plan dixital, máis outra nas datas previstas que finaliza cada un dos obxectivos do plan de acción para valorar o estado da execución das accións, as modificacións que haxa que realizar e a valoración dos resultados (nas outras 3 reunións.

  • A avaliación final, realizarase en xuño de 2023, na última reunión, onde se considerará a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre:

  • Instalouse a maqueta Abalar nos ordenadores do centro e explicaronse os programas de software libre que trae instalados para poder utilizalos nas diferentes materias.
  • Explicouse o programa "Polos Creativos" no que participa o centro este ano e explicouse o material que se vai a enviar.
  • Promoveuse o traballo coa aula virtual de cara á entrega e avaliación de traballos do alumnado.
2º Trimestre

Durante o segundo trimestre:

  • Avaliaronse traballos na aula virtual en diferentes materias como Tecnoloxía, Educación dixital e plástica.
  • Traballouse con programas de diseño gráfico e impresión 3D de cara ao manexo do material que envíen dos polos creativos.
  • Traballouse cos robots mbot de cara ao material que envíen dos polos creativos.
  • Seguimos á espera da instalación dos paneis dixitais nas aulas da ESO.
  • Nas aulas de infantil e primaria están utilizando os paneis dixitais con total normalidade.
  • Particípase no proxecto "CanSat" con alumnado de 3º e 4º da ESO
3º Trimestre

No terceiro trimestre:

  • Traballouse con programas de deseño gráfico con vectores de cara ao manexo do material que envíen dos polos creativos.
  • Traballáronse diversos programas de software libre instalados na maqueta abalar para utilizar en diferentes materias.
  • Traballouse coa aplicación Openboard para utilizar os paneis dixitais.
  • Estamos á espera da instalación dos paneis dixitais nas aulas da ESO. Nas aulas de Infantil e primaria os están utilizando con normalidade.
  • Síguese a traballar na avaliación de traballos a través da aula virtual nas diferentes materias, e no proxecto "CanSat"

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación Procesual

Realizarase unha reunión trimestral para ver cómo avanza o plan dixital.

Realizarase unha autoavaliación por parte do profesorado responsable donde se valorarán os seguintes aspectos:

  • Obxectivos acadados
  • Obxectivos non acadados
  • Problemas atopados
  • Propostas de mellora
Valoración xeral
  • Durante o curso o Plan Dixital desenvolveuse con normalidade e acadaronse prácticamente todos os obxectivos do curso.
  • Estamos á espera de que instalen os paneis dixitais nas aulas da ESO.
  • Tamén estamos á espera de que envíen todo o material correspondente ao programa "Polos creativos"
Proposta de mellora
  • Os equipos da aula de informática do centro son bastante antiguos, non estaba de máis que os renovaran, xa que empezan a dar fallos en certas aplicacións de edición de fotografía, video, ou de deseño gráfico.
  • Nas probas de acreditación dixital do alumnado fanse moitas preguntas sobre software privativo como o sistema operativo Windows, Mocrosoft Office, Photoshop ou Outlook. Non sei ata que punto poderíamos utilizar licencias de ese tipo no centro para que o alumnado se acostumbre a usalo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
  • O plan de acción presentouse ao profesorado no primeiro claustro do curso. Tamén se presentou ao consello escolar durante a última reunión do curso 2022-2023, o 30 de xuño.
  • Publicarase na páxina web do centro a principio de cada curso para facilitar a súa consulta.
  • Para anos vindeiros, presentarase ao profesorado e ao consello escolar durante o claustro e a reunión do consello a final do curso (previsiblemente o día 30 de xuño de cada ano).